You are on page 1of 2

DEFINICIÓNS TEMA 4 ARTE PRERROMÁNICA

Arco de faixa (arco faixón)


É o arco que cingue a bóveda para
reforzala e se dispón transversalmente ao eixo
lonxitudinal da nave dividíndoa en tramos.

Arco peraltado
Aquel arco de medio punto con prolongación rectilínea no seu arranque de xeito que supera a
media circunferencia e a frecha é maior que o radio ou semiluz.

* Frecha: Altura do arco dende o arranque ata a clave

Bóveda de aresta
Cuberta que se forma ao se cruzaren perpendicularmente dúas
bóvedas de canon.

Bóveda de canón
Trátase da bóveda xerada polo desprazamento dun arco de medio punto
ao longo dun eixo lonxitudinal. Xeralmente está reforzada por arcos de
faixa.

*BÓVEDA: Estrutura de forma curva que cobre un espazo entre muros, piares ou columnas.
Ciborio
Construción elevada sobre o cruceiro en forma de torre de planta cadrada
ou octogonal, sirve para acoller unha bóveda ou cúpula e iluminar o interior do
edificio.

Contraforte
Peza arquitectónica de forma prismática que se une a un muro pola
súa parte exterior, e que contribúe a acentuar a solidez do mesmo.

Imposta
Faixa ou moldura horizontal, algo voada, sobre a que se asenta un arco ou unha bóveda. En
xeral saedizo que separa dúas plantas dun edificio.

Planta de cruz grega


Planta formada pola intersección de dous brazos (nave e transepto) de igual
tamaño.

Planta de cruz latina


Planta en forma de cruz, con tendencia lonxitudinal, cun travesaño máis curto que o outro. O
brazo menor denomínase transepto e o lugar no que ambos se cruzan é o cruceiro

You might also like