You are on page 1of 3

1 s f Peza honorable que resulta da unión do pau e da faixa.

Para distinguila das outras formas de cruz recibe, ás


veces, o nome de cruz plena ou chea, cando os seus catro extremos tocan os bordos do escudo, e cruz abscisa, se non
os tocan.
2 cruz acurtada Cruz que non alcanza o extremo do escudo.
3 cruz aguzada Cruz cos extremos puntiagudos.
4 cruz ancorada/de áncora Cruz cos brazos rematados en puntas curvas parecidas a áncoras.
5 cruz anelada Cruz cos brazos terminados en forma de aneis de chaves, de xeito que se ve, ó seu través, o
campo do escudo.
6 cruz apuntada Cruz cos extremos rematados en cabeza de cravo.
7 cruz arcebispal Cruz con dous traveseiros na que o inferior é meirande ca o superior, símbolo dos arcebispos.
8 cruz armiñada/de armiños Cruz grega cargada de catro colas de armiño entrelazadas.
9 cruz aspa/de santo Andrés/de santa Baia Cruz resultante da unión dunha banda e dunha barra. En latín
recibía o nome de crux decussata.
10 cruz axedrezada Cruz dividida en casas a xeito de xadreces, sen chegar ó bordo do escudo.
11 cruz baleira Cruz debuxada de perfil, de xeito que se ve dentro o campo do escudo.
12 cruz bastonada Cruz que ten uns paos na súa parte principal.
13 cruz bordada Cruz que ten unha cinta ou galón de diversa cor.
14 cruz bordonada Cruz adornada nos seus ángulos cuns globiños semellantes ós botóns dun bordón.
15 cruz bretesada Cruz que ten saíntes nos bordos a xeito de ameas.
16 cruz cabria Peza composta que resulta de substituír o extremo inferior da cruz por unha cabria.
17 cruz cantonada Cruz ornada nos seus extremos por figuras que enchen o oco do escudo.
18 cruz celta/céltica Cruz latina de pau e brazos intersecados por un círculo.
19 cruz cernada Cruz cos brazos rematados en losanxes, de xeito que o eixe meirande vai en horizontal.
20 cruz composta Cruz dividida en dúas ou máis partes esmaltadas en distintas cores.
21 cruz cordonada/cableada Cruz que parece formada polos fíos dun cordón en torsión.
22 cruz cruzada/recrucetada Cruz que ten os extremos acabados en pequenas cruces.
23 cruz cuarteada Cruz partida, de arriba a abaixo e de dereita a esquerda, en catro cuarteis de esmalte, cor ou
metal diferentes.
24 cruz da Resurrección Cruz latina co pau moi alongado que une a hasta cunha bandeirola de prata cargada
dunha cruz de goles.
25 cruz das catacumbas Representación gráfica do monograma de Cristo mediante unha cruz latina, cun
traveseiro vertical que representa a letra grega rho.
26 cruz de Alcántara Cruz grega floronada de sinople aberta, insignia da orde de Alcántara.
27 cruz de avelás Cruz formada por catro avelás heráldicas unidas pola base.
28 cruz de Borgoña Cruz aspa, decotada, insignia da casa de Borgoña.
29 cruz de Calatrava/de Avís Cruz grega floronada de goles moi aberta, insignia da orde de Calatrava.
30 cruz de Caravaca Cruz patriarcal, xeralmente sostida por dous anxos situados nas dúas bandas da parte
inferior do pao, insignia da orde de Caravaca.
31 cruz de cinco brazos Cruz, xeralmente ensanchada, con cinco extremos radiais, curvilíneos e cóncavos.
32 cruz de Constantino Cruz grega floronada de goles co monograma de Cristo sobreposto, de prata.
33 cruz de crismón Cruz formada polo cruzamento das letras gregas X e P, as primeiras do nome de Cristo.
34 cruz de chanzos Cruz que ten as súas aspas descansando en bases formadas amodo de chanzos.
35 cruz de Danebrog Cruz latina ensanchada, curvilínea e cóncava, de prata.
36 cruz de doce puntas Cruz grega ensanchada, normalmente recta, trifurcada.
37 cruz de hélice Cruz en forma de hélice de catro paos.
38 cruz de Lorena Cruz patriarcal, xeralmente de prata. Os duques de Lorena engadírona como badge ás súas
armas. Durante a Segunda Guerra Mundial foi símbolo da Francia libre e, posteriormente, do partido
gaullista.
39 cruz de Malta/de San Xoán de Xerusalén Cruz ensanchada de oito puntas, de prata.
40 cruz de Montesa Cruz semellante á de Calatrava, pero de sable e cargada dunha cruz grega de goles, de
brazos iguais, non floronada.
41 cruz de oito puntas Cruz ensanchada, normalmente recta, bifurcada.
42 cruz de palmas Cruz formada por catro palmas.
43 cruz de san Lázaro Cruz de oito puntas, de sinople.
44 cruz de san Mauricio Cruz grega trevoada, de prata.
45 cruz de san Pedro Cruz latina ranversada ou invertida.
46 cruz de san Xián Cruz aspa recruzada de sable.
47 cruz de san Xoán Bautista Cruz plena de prata sobre fondo de goles.
48 cruz de san Xurxo de Alfama Cruz plena de goles sobre fondo de prata.
49 cruz de santa Xulia Cruz de santo Andrés recruzada.
50 cruz de Santiago Cruz latina de goles en forma de espada cos extremos do traveseiro e a empuñadura
flordelisados e o brazo inferior terminado en punta de lanza. É o símbolo da orde de Santiago, fundada en
1161 para defender os peregrinos que chegaban a Compostela dos ataques musulmáns. Tamén distingue o
cabido da SAMI catedral de Santiago.
51 cruz de santo Andrés Cruz aspa, de goles.
52 cruz de santo Estevo Cruz de oito puntas, de goles.
53 cruz de Sobrarbe Cruz ensanchada e fixada cunha punta de prata.
54 cruz de tau/de santo Antón Cruz latina que carece de extremo superior; no seu lugar, ten unha asa ou anel. En
latín chamábase crux commissa.
55 cruz de tau bífida/de ípsilon Cruz de tau cos brazos bifurcados cara a arriba ou en forma de Y.
56 cruz de Xerusalén/de Terra Santa/do Santo Sepulcro Cruz grega potenzada e abscisa, cantonada de catro
cruces iguais, pero de menor tamaño, a xeito de puntas de frecha, xeralmente potenzadas. Esta cruz, de ouro
sobre campo de prata, constitúe o escudo do Reino de Xerusalén.
57 cruz decotada/demoucada/ebrancada Cruz formada por dous troncos cruzados, coas pólas arrincadas pero
coas esgazaduras á vista.
58 cruz dentada/anglesada Cruz que ten o bordo do pau e a faixa recortados por semicircunferencias tanxentes,
a xeito de dentes de serra.
59 cruz do Calvario Cruz latina con tres chanzos.
60 cruz do Espírito Santo Cruz patriarcal coas extremidades ancoradas.
61 cruz dobre Cruz latina cos dous traveseiros iguais na súa parte superior.
62 cruz ecotada Cruz que aparenta estar formada por troncos cruzados.
63 cruz en punta fixa Cruz que ten o pé acabado en punta.
64 cruz encadrada Cruz grega que ten os brazos saíndo dun cadrado central.
65 cruz ensanchada/ patada/paté Cruz que ten os brazos ensanchados cara ás extremidades.
66 cruz entada Cruz que se compón de pezas arredondadas encravadas unhas nas outras.
67 cruz espiñosa Cruz formada por espiños.
68 cruz espiral Cruz grega cos brazos recollidos por cintas en espiral.
69 cruz estreita Peza pequena equivalente á cruz plena, pero reducida á metade do seu ancho real.
70 cruz estrelada Estrela de catro puntas, curvilíneas ou non, que poden tocar as beiras do escudo.
71 cruz exipcia Cruz de tau rematada en asa. Tamén se denomina ankh. En latín recibía o nome crux ansata; de
aí que tamén se coñeza co nome de cruz asada.
72 cruz flordelisada Cruz que ten os brazos terminados en flores de lis nacentes.
73 cruz florenzada Cruz coas extremidades rematadas de forma curvilínea.
74 cruz floronada Cruz que ten os extremos rematados en floróns.
75 cruz fretada Cruz que ten os brazos con enreixados en forma de celosía.
76 cruz furada/afuracada Cruz cadrada co cadro central baleiro.
77 cruz gallada/bipartida Cruz cos brazos terminados en tres puntas, formando ángulos entrantes, semellantes a
forquitas.
78 cruz gammada/esvástica Cruz grega cos catro brazos acobadados en ángulo recto, coa forma da letra grega
gamma maiúscula ou de escuadra e cos dous brazos de igual lonxitude. Aparece na Idade do Bronce,
posiblemente simbolizando a rotación diúrna do Sol. Os nazis alemáns escollérona como símbolo do seu
partido e emblema do III Reich. Por extensión quedou vinculada ás correntes de extrema dereita.
79 cruz gammada aguda Cruz gammada de ángulos agudos e cos segmentos acobadados máis curtos.
80 cruz granada Cruz cos brazos formados por granadas xustapostas.
81 cruz grega Cruz cos catro brazos da mesma lonxitude. En latín recibía o nome de crux quadrata, de aí que
tamén se coñeza como cruz cadrada.
82 cruz hugonota Cruz de oito puntas, coas dúas inferiores sostendo unha pomba despenada que representa o
Espírito Santo.
83 cruz india Cruz grega cos brazos serpentiformes.
84 cruz lanceolada Cruz coas extremidades en forma de triángulo.
85 cruz latina/longa/da Paixón Cruz co traveseiro situado a tres cuartas da altura do pao. Ten os brazos laterais
de igual lonxitude ca o superior e con dobre longo o inferior, pero ningún deles leva adorno. En latín recibía o
nome de crux inmmissa ou crux capitata, de aí que tamén se coñeza como cruz capitada.
86 cruz laureada Cruz formada por catro espadas coas puntas cara a fóra, rodeadas de loureiro.
87 cruz nodosa Cruz que ten árbore e brazos con nós e desigualdades a xeito de tronco rústico.
88 cruz occitana/de Toulouse Cruz tricúspide, baleira e pometada de ouro en cada unha das tres puntas de cada
brazo. 8
90 cruz papal Cruz longa de tres paos, de lonxitude crecente, o superior máis curto ca o inferior.
91 cruz patriarcal Cruz dobre co pau inferior paralelo pero máis longo ca o superior, deste xeito os dous
traveseiros forman catro brazos.
92 cruz pisana Cruz xeralmente latina e clavicular, tricúspide, pometada de prata. É o emblema da cidade de
Pisa.
93 cruz pometeada Cruz cos brazos rematados nunha bóla.
94 cruz potenzada/de potenza Cruz cos brazos iguais e cuns traveseiros curtos nas súas extremidades semellantes
a cruces de santo Antón, porque a levaban os comendadores desta orde no peito e na capa, así como os
familiares e dependentes da orde de san Xoán. Segundo a lenda, adoptouse esta forma de cruz porque nunha
das visións do Apocalipse, entrou na cidade un notario que, por orde do Señor, foi sinalando cunha tau os
xustos, para poder distinguilos dos culpables na destrución; deste xeito, significa ‘elixido por deus’.
95 cruz portada Cruz latina posta en banda.
96 cruz recruzada Cruz composta por dous traveseiros, na que o de abaixo é meirande ca o de arriba. Chámase
cruz patriarcal nos escudos flamengos e alemáns, e cruz de Lorena nos franceses.
97 cruz resarcelada Cruz semellante á ancorada pero coas puntas máis retortas.
98 cruz rusa Cruz patriarcal cun terceiro brazo inclinado en banda.
99 cruz serpenteada/gringolada Cruz cos brazos rematados en cabezas de serpe ou víbora.
100 cruz sinxela Cruz dunha soa cor sen ningún carácter especial.
101 cruz teutónica Cruz longa latina ensanchada e cóncava, de sable e perfilada en prata.
102 cruz trevoada/de san Lázaro Cruz cos catro brazos rematados en follas de trevo.
103 cruz tricúspide Cruz que, nos seus extremos, termina en tres puntas, para simular a forma dunha caraveliña
de catro follas.

You might also like