You are on page 1of 9

Ano: 199

NTP 404: Escaleiras fixas


Échelles fixes
Fixed ladders

As NTP son guías de boas prácticas. As súas indicacións non son obrigatorias de quitado que se atopen nalgunha
normativa vixente. A efectos de avaliar a pertinencia das recomendacións contidas nunha NTP concreta, convén
ter en conta a súa data de edición.

Redactor:

José Mª Tamborero del Pino


Enxeñeiro Industrial

CENTRO NACIONAL DE CONDICIÓNS DE TRABALLO

Introdución

As escaleiras fixas son a orixe de moitos accidentes laborais, principalmente caídas a distinto nivel, representando
aproximadamente o 5 % do total de accidentes anuais rexistrados en España.

O obxectivo desta NTP é indicar os riscos derivados do uso das escaleiras que están permanentemente fixadas ás estruturas,
as características construtivas que deben ter e os elementos precisos para minimizar os posíbeis riscos

Descrición

Definicións

Unha escaleira é un medio de acceso ós andares de traballo, que permite ás persoas subir e baixar cara diante servindo para
comunicar entre si os diferentes niveis dun edificio. Consta de planos horizontais sucesivos chamados chanzos que están
formados por mesas e tabicas e de relanzos. Os principais elementos dunha escaleira fixa son os seguintes (Fig. 1 a, b e c):

Fig. 1: Representación das partes dunha escaleira

● Tabica: É a parte vertical do fondo do chanzo


● Mesa: É a largura do chanzo, medido na planta, entre dúas tabicas consecutivas
● Relanzo: É a porción horizontal na que remata cada treito de escaleira; debe ter a mesma largura que o ámbito dos
treitos.

Contemplamos outros conceptos ou partes como son a liña de pegada, o beiril, o ámbito, o treito e o cabemento:
● Liña de pegada: É unha liña imaxinaria que divide pola metade unha escaleira recta.
● Beiril: O plano de apoio dun chanzo pode ter un beiril (saínte) sobre o inferior inmediato. Adoita estar
comprendido entre 2 e 5 cm.
● Ámbito: É a lonxitude dos chanzos, ou sexa a largura da escaleira
● Treito: É unha sucesión continua de chanzos (21 como moito).
● Cabemento: É a altura libre comprendida entre a mesa dun chanzo e o teito do treito de riba.

Clasificación das escaleiras

Definimos algunhas das escaleiras máis habituais:

● Recta: É aquela na que os seus treitos se desenvolven en liña recta e soben encaixadas entre paredes. (Fig 2 a e b)

Fig 2: Escaleira recta de un e de dous treitos

● De tres treitos: Desenvólvese ó longo de tres lados do oco de escaleira estando o cuarto ocupado polo relanzo (Fig 3).

Fig 3: Escaleira de tres treitos

● De treito curvado (caracol): Os chanzos son radiais partindo dunha columna central. (Fig 4 a e b).

Fig 4: Escaleira de treito curvado ou caracol

● Arrimada ou achegada: Desenvólvese ó longo dunha parede recta ou curva, na cal se apoia, quedando embutidos os
chanzos (Fig 5 a e b).
Fig 5: Escaleira arrimada ou achegada

● De chan a chan recta ou empenada: É unha lousa inclinada que se apoia só nos dous chans que une. (Fig 6 a e b).

Fig 6: Escaleira de chan a chan

● Desdobrada: Consta dun só treito central que conduce ó relanzo intermedio, do cal parten dous treitos laterais (Fig 7 a e b).

Fig 7: Escaleira desdobrada

Materiais

Os materiais empregados poden ser a madeira, o metal, de fábrica (pedra, ladrillo, formigón armado, etc.) ou outros materiais
diversos (por ex. vidro temperado).

Riscos

O principal risco derivado do uso das escaleiras é o de caída a distinto nivel. Os principais factores de risco son:

● Mesas esvaradías, desgastadas, rompidas, non uniformes, inclinadas, débiles ou moi curtas.
● Tabicas de altura non uniforme.
● Tabicas demasiado altas ou baixas
● Varandas frouxas, débiles ou inexistentes etc.
● Deseño incorrecto por seren demasiado inclinadas, estreitas ou longas sen descansos.
● Variación da largura do chanzo en escaleiras de caracol.
Todo isto potenciado por levar a cabo unha serie de prácticas inseguras ou haber condicións pouco seguras, das que se poden
destacar as seguintes:

● Subir ou baixar con presas ou en grupo falando.


● Non usar os pasamáns e/ou as varandas
● Levar calzado inseguro (solas que poidan esvarar, tacóns altos, etc).
● Visibilidade limitada por iluminación deficiente.
● Chanzos en beiril, coa conseguinte inseguridade que xera nos usuarios.

Outro risco secundario é o de bater coa propia escaleira e pequenas caídas ó mesmo nivel debido a existencia de escaleiras con
chanzos montados acabalgados sen tabica.

Medidas de prevención e protección

Características técnicas e construtivas

Escaleiras

No cadro 1 especifícanse as dimensións recomendadas das escaleiras distinguindo, por imperativos construtivos, unhas de acceso
normal e outras de acceso rápido, tendo en conta que estas últimas só se montarán cando no sexa posíbel montar unha escaleira
normal.

Cadro 1: Dimensións recomendadas das escaleiras

A representación gráfica dos distintos acoutamentos e das inclinacións das escaleiras pódense observar na Fig. 8. Na Fig. 9
pódese ver graficamente a relación ideal entre a mesa e mais a tabica, e que cumpre a fórmula de seguridade indicada no cadro 1.

Fig. 8: Representación gráfica de acoutamentos e inclinacións de escaleiras


Fig. 9: Relación ideal entre mesa e tabica

O relanzo debe ter a mesma largura que o chanzo e a súa lonxitude ou fondura debe ser igual a da mesa máis un número enteiro de
pasos normais multiplicado por un chanzo ideal: r = m + n (2 t + m). Onde o chanzo ideal (2 t + m) debe de estar entre 54 e 70 cm

Outras dimensións recomendadas son:

● Cabemento: c ≥ 2,20m
● Beiril: 0,02m ≤ b ≤ 0,05m

É altamente desaconsellable a construción de escaleiras nas que o xeito de sosteren os chanzos sexa montados acabalgando sobre
unha longarina recta ou curva central, xa que carecen de tabica e existe un risco adicional de broucazos ou caídas.

A construción e o uso habitual de escaleiras de caracol deberase limitar, no só para emerxencias, se non tamén para accesos normais
e de colectivos de persoas. As escaleiras empenadas ou helicoidais son desfavorábeis á seguridade polo que tamén se debería evitar
este tipo de deseño nos lugares de traballo

Escaleiras fixas de servizo

No cadro 2 especifícanse as dimensións recomendadas tendo en conta que só se empregarán para accesos de servizo ocasional e
por persoas autorizadas.

Cadro 2: Dimensións
recomendadas para as escaleiras
fixas de servizo

A representación gráfica dos distintos acoutamentos atópase na Fig. 10. É recomendable a construción dun descanso cada 10 ou
12 chanzos ou ben cada 2,5 m aproximadamente de desnivel vertical.

Fig. 10: Representación gráfica dos acoutamentos das escaleiras fixas de servizo
Largura das escaleiras

A largura das escaleiras tamén ten relación co nivel de seguridade dela. Unha escaleira demasiado estreita dificulta o movemento das
persoas, polo que a largura mínima dunha escaleira de uso normal é de 90 cm.

En centros de traballo ou espazos de concorrencia pública, a largura da escaleira estará en función do número de persoas que a han
usar, e pódese calcular de acordo co art. 7.4. Dimensións de saídas, corredores e escaleiras do R.D. 279/1991 polo que se aprobou
a Norma Básica da Edificación «NBE-CPI/91: Condicións de protección contra incendios nos edificios».

Varandas e pasamáns

As escaleiras de máis de catro chanzos equiparanse cunha varanda no lado ou lados onde se poida producir unha caída e de
un pasamáns no lado pechado. Deberase complementar con barras intermedias (Fig 11).

Fig 11: Escaleira protexida con varandas complementadas por dúas barras intermedias

As escaleiras de 1m ou máis de largura deberán ter instalado un pasamáns no lado pechado. Cando existan treitos de escaleiras
interrompidos por andares a intervalos de 2 m, pódense eliminar os pasamáns. Para o caso de escaleiras accesíbeis ó público
deberanse instalar barras verticais, pechalas completamente ou facelas de obra. A distancia entre as barras non será superior ós 30
cm pero, se hai posibilidade de que sexa usada por cativos, esta distancia non superará os 10 cm. (Fig. 12).

Fig. 12: Varanda protexida con barras verticais de separación máxima 10 cm

Os pasamáns de madeira deben ter un diámetro mínimo de 50 mm e se son de tubo, de 38 mm (Fig. 13). A súa instalación débese
facer de xeito que se alonguen horizontalmente ó chegar ó relanzo un mínimo de 300 mm, e pola parte inferior o equivalente á
lonxitude da mesa máis 300 mm. Asemade sería recomendable que o extremo final se alongara ó chan ou parede (Fig 14),
para evitar enganches accidentais da roupa
Fig. 13: Diámetro de pasamáns Fig 14: Instalación de pasamáns

O espazo libre entre o pasamáns e a parede ha ser como mínimo de 40 mm. (Fig 15). A resistencia da varanda será de 150 kg/ml.
como mínimo.

Fig 15: Espazo libre entre pasamáns e parede

Para escaleiras de máis de 3 m de largura deberíase instalar un pasamáns intermedio situado sobre a liña de pegada de xeito que
quedara unha largura a ámbolos lados de 1,50 m como mínimo.

Materiais

Os materiais usados habitualmente para as escaleiras son o formigón, a tea asfáltica, linóleo, terrazo, baldosas de PVC ou metálicas,
grella (para escaleiras fixas) etc. As escaleiras de material perforado ou de grella non deben teren intersticios que permitan a caída
de obxectos, para o que o oco máximo será de 10 mm.

Resistencia

As escaleiras e os relanzos ou descansos deberán soportar unha carga móbil mínima de 500 kg/m2, cun coeficiente de seguridade
de 4.

Iluminación

A iluminación mínima exixible a unha escaleira para usala con seguridade é de 100 lux, aínda que este nivel pódese variar en función
do uso ó que estea destinada e do número de persoas que deban usala. O nivel de iluminación dependerá da cor da escaleira, sendo
recomendable que a cor das mesmas sexa o máis claro posíbel

Para os locais de concorrencia pública, as escaleiras que poidan servir nun momento dado de vías de evacuación deberán estar
dotadas de alumeados especiais (emerxencia, sinalización e substitución) segundo a MIE BT 025 do Regulamento Electrotécnico
de Baixa Tensión (Decreto 2413/1973 de 20-09). Na aplicación práctica desta MIE deberase procurar que os puntos de colocación
dos alumeados especiais estean o máis preto posible das zonas de risco Adicionalmente en locais de espectáculos onde a
iluminación natural non sexa suficiente, o eixe de pegada debería ter alumeado propio de sinalización mínimo de 1 lux.

Como complemento ós alumeados normais e mais os especiais, pódense usar recubrimentos fotoluminiscentes que teñen a propiedade
de almacenar a luz en condicións normais e devolvela ó ambiente cando falta a luz habitual. Brillan na escuridade e serven para
sinalizar vías de evacuación, localización de equipos de emerxencia, etc. Para o caso das escaleiras pódense recubrir as tabicas dos
chanzos facilitando o seu uso en caso de emerxencia (Fig. 16).

Fig. 16: Recubrimento de tabicas con pintura fotoluminiscente

Sistemas anti-esvaróns

As superficies das escaleiras deben ser anti-esvaróns e dun material resistente ó uso. Para reforzar a seguridade fronte a esvaróns,
o saínte ou beiril das mesas débese recubrir de bandas dun material duradeiro anti-esvaróns instalado superficialmente ou encastado
en estrías feitas a tal efecto e sobresaíndo o indispensable para que cumpra a súa función.

Existen distintos tipos de materiais como son o metal rugoso, caucho de perfil anti-esvaróns, materiais abrasivos, etc. Como medida
Complementaria, as escaleiras exteriores deberían estar cubertas, para resgardalas dos axentes atmosféricos adversos (choiva,
neve e xeo).

Sistemas de sinalización e advertencia

Un xeito de previr as caídas ó acceder a unha escaleira é o de sinalizar cunha cor distinta da superficie do chan o equivalente a unha
mesa. Outro xeito é o de trocar o material de xeito que ó pisar a zona preto do primeiro chanzo, inconscientemente a persoa que a
vaia usar advirta que hai algo distinto da superficie lisa do chan polo que anda, e con isto mire o chan podendo ver que se atopa diante
duna escaleira (Fig.17)

Fig.17: Xeitos de advertir a presenza dunha escaleira

Para reforzar as medidas indicadas pódese pintar un zócolo na parede en sentido descendente dunha cor distinta do resto da parede
hasta unha altura algo superior o pasamáns, seguindo a inclinación da escaleira (Fig.17)

Normas de uso

Todo traballador que deba usar escaleiras fixas debería seguir as seguintes normas de uso:

● Subir ou baixar tranquilamente sen presas evitando facelo correndo ou empuxando a/as persoa/s que lle precedan.
● Ó baixar en grupo debería existir unha persoa responsable de conducir o mesmo no percorrido coa finalidade de evitar unha
velocidade excesiva, e evitar incluso o diálogo.
● Usar sempre que sexa posíbel as varandas ou pasamáns
● Usar calzado plano e con soleta anti-esvaróns.
● Se a escaleira non está suficientemente iluminada por ter algún ou tódolos puntos de alumeado fundidos, se se houbera
derramado algunha sustancia (barro, graxa, aceite, xeo, etc) que a faga especialmente perigosa, se as varandas ou pasamáns
están deteriorados, se presenta algún defecto construtivo ou existe calquera outra circunstancia perigosa; absterse de usala
avisando o servizo de mantemento da circunstancia observada para que este proceda ó seu arranxo.
● Non subir ou baixar chanzos de dous en dous

Algunhas destas recomendacións poderían figurar en carteis de advertencia situados nos cabos das escaleiras

Inspección e mantemento

Tódalas escaleiras deben inspeccionarse periodicamente en función do seu uso e das condicións as que estean sometidas sendo
recomendable facelo cada tres meses.

É conveniente levar un rexistro de cada inspección polo que sería recomendable desenvolver unha lista de inspección de escaleiras
para cada caso. De xeito orientador exponse unha Listaxe de Inspección de Escaleiras no cadro 3.

Cadro 3: Listaxe de inspección de escaleiras fixas


Una vez detectado algún defecto, a escaleira deberá ser pechada se é preciso ou limitar o seu uso coa axuda dalgún sinal
de información que indique "ESCALEIRA FÓRA DE SERVIZO TOTAL OU PARCIAL - PROHIBIDO O SEU USO" que deberá
permanecer mentres non sexa arranxada.

Bibliografía

(1) RALPH SINNOT


Safety and Security in building desing
Collins Professional and Technical Books. William Collins Son & Co. Ltd.
London. 1985.

(2) BUREAU OF LABOR STANDARDS


Seguridad industrial C. Mantenimiento Preventivo
Herrero Hermanos, Sucesores S.A. México D. F. 1970.

(3) CAISSE NATIONALE SUISSE D'ASSURANCE EN CAS D'ACCIDENTS


Feuillet 22030 Voies de circulation a I' interieur de I' entreprise
C.N.A. Lucerna. 1986.

(4) A. HUGON Y OTROS


Enciclopedia de la Construcción - Técnicas de Construcción II
Editores Técnicos Asociados S.A. Barcelona. 1979.

© INSHT

You might also like