You are on page 1of 5

APARELLO CIRCULATORIO

1.- Por quen está formado o aparello circulatorio?

O aparello circulatorio está formado polo sangue, os vasos sanguíneos e o corazón.

2.- Partes do sangue:

O plasma e as células.

3.- Que é o plasma? Que transporta?

É un líquido composto na maior parte por auga.

Trasnporta nutrientes (Proteínas, glícidos,…), substancias de refugo e outras


substancias (dióxido de carbono, por exemplo).

4.- Cales son as células sanguíneas? Cal é a súa función?

Son:

- Glóbulos vermellos: A súa función consiste en transportar osíxeno.


- Glóbulos brancos: Función de defensa do noso corpo contra as infeccións.
- Plaquetas: Axudan a pechar as feridas cando se produce unha hemorraxia.

Saber máis:

Cales son as máis abundantes?

Cales lle dan a cor vermella ao sangue?


5.- Por onde circula o sangue?

Polos vasos sanguíneos.

Cales son os condutos polos que circula o sangue?

Que son os vasos sanguíneos?

6.- Tipos de vasos sanguíneos:

Hai tres: arterias, veas e capilares.

7.- Por que vasos sae o sangue do corazón?

Polas arterias. (Conduce o sangue desde o corazón aos órganos)

8.- Por que vasos entra o sangue ao corazón?

Polas veas. (Levan o sangue desde os órganos ao corazón)

Que vasos conducen o sangue polo interior dos órganos? Os capilares

9.- Que órgano impulsa o sangue continuamente?

O corazón.
10.- Partes do corazón:

Aurículas: dereita e esquerda

Ventrículos: dereito e esquerdo.

Válvula. (Comunica cada aurícula co seu ventrículo)

Vea cava: inferior e superior.

Veas pulmonares dereitas e esquerdas

Arteria pulmonar.

Arteria aorta.
11.- Cales son os movementos do corazón?

Sístole: (Movemento de contracción)

Diástole: (Movemento de relaxación)


12.- A circulación comprende a circulación pulmonar e a circulación xeral.

O percorrido que realiza o sangue é a circulación.

13.- Circulación pulmonar:

(É o circuito que segue o sangue entre o corazón e os pulmóns.)

O sangue cargado co dióxido de carbono que recolleu das células chega á aurícula
dereita.

Logo pasa ao ventrículo dereito e sae polas arterias pulmonares cara aos pulmóns.
Nos alvéolos pulmonares prodúcese o intercambio de gases, é dicir, o sangue cede o
dióxido de carbono que levaba e cárgase de osíxeno .
O sangue cargado de osíxeno chega polas veas pulmonares á auricula esquerda. Desde
alí pasa ao ventrículo esquerdo.

14.- Circulación xeral:

(Percorrido que realiza o sangue por todo o corpo excepto os pulmóns)

O ventrículo esquerdo contráese, e o sangue cargado de osíxeno sae do corazón


pola arteria aorta.
Desde aí o sangue repártese por vasos cada vez máis finos e chega aos capilares de
todos os órganos.
Nos capilares o sangue cede o osíxeno e os nutrientes e recolle o dióxido de carbono e as
substancias de refugo.

As veas recollen o sangue e lévano ao corazón. As veas cavas desembocan na aurícula


dereita.

You might also like