You are on page 1of 7

1 BACH TEMA 04 CÉLULA E TECIDOS

1-TEORÍA CELULAR
HISTORIA DA INVESTIGACIÓN CELULAR e PRINCIPAIS FITOS

Cando no S. XVII se inventou o microscopio polo holandés Leeuwenhoek, descubriuse o


mundo dos microorganismos e dende aquela non parou de crecer o que sabemos del grazas ao
desenrolo de novas lentes e técnicas de microscopía así como novas tinguiduras. Xa no 1665 o
inglés Robert Hooke, coa axuda dun microscopio rudimentario, observa unhas pequenas cavidades
na cortiza as que denomina CÉLULA; querendo significar pequenas habitacións ou celas.
Finalmente Schleiden confirma que os vexetais están formados por células e Schwann fai o
mesmo para os animais postulan a TEORÍA CELULAR; outros descubrimentos posteriores non fan
máis que confirmar esta teoría.
TEORÍA CELULAR POSTULADOS
1. TODA CÉLULA PROCEDE DOUTRA CÉLULA
2. TÓDOLOS SERES VIVOS FORMADOS POR CÉLULAS, A CÉLULA É A UNIDADE
ESTRUTURAL DOS SERES VIVOS
3. CÉLULA UNIDADE FUNCIONAL DOS SERES VIVOS, AS FUNCIÓNS DOS SERES
VIVOS ESTÁ REALIZADAS POLAS SÚAS CÉLULAS
4. A ACTIVIDADE DOS SERES VIVOS É O RESULTADO DA ACTIVIDADE DAS SÚA
CÉLULAS

A CÉLULA É A UNIDADE ESTRUTURAL E FUNCIONAL DOS SERES VIVOS, É A


UNIDADE MÁIS PEQUENA QUE PODE CONSIDERARSE UN SER VIVO.

2-ESTRUTURA DE TODAS AS CÉLULAS


2.1-MEMBRANA PLASMÁTICA ou CELULAR

É unha estrutura que consta de:


 Bicapa lipídica (pingas de aceite), constituída, fundamentalmente
por fosfolípidos.
 Dentro desta bicapa existen proteínas para o transporte celular.
 Dentro da bicapa existen tamén glícidos para o recoñecemento
celular.

Esta estrutura envolve á célula e ten como funcións


 Protexer á célula
 Regular o paso de substancias
 Relación celular

2-2 CITOPLASMA
É o medio interno da célula, nel realízanse as funcións
celulares e está composto, basicamente, de:
 Citosol: Líquido viscoso composto de auga e substancias
disolvidas.
 Orgánulos: Estruturas que realizan gran parte das funcións
celulares.

AS ANTERIORES SON ESTRUTURAS COMÚNS A TODAS AS CÉLULAS, PORÉN


SEGUNDO O TIPO DE CÉLULA APARECEN
1 NOVAS ESTRUTURAS NON SEMPRE
UNIVERSAIS
1 BACH TEMA 04 CÉLULA E TECIDOS

3-CÉLULA PROCARIOTA
É o tipo de célula máis pequeno e simple morfoloxicamente. Non presenta núcleo e ten un
DNA circular no citoplasma non rodeado de membrana.
Na súa organización podemos dicir que
 Presenta unha parede que rodea á súa membrana
celular.
 Carece de todo tipo de orgánulos agás ribosomas
 Presenta uns repregues na súa membrana
denominados mesosomas de gran actividade
metabólica.
 Os seu DNA non está solto polo citoplasma, senón
nunha rexión concreta ou nucleoide.
Os exemplos típicos soen ser bacterias e
cianofíceas.

4-CÉLULA EUCARIOTA
Son as células máis grande e complexas; presentan núcleo e orgánulos ademais dos
ribosomas; tódolos orgánulos agás os ribosomas están rodeados dunha ou dúas membrana.

4.1-PARTES DA CÉLULA EUCARIOTA


PAREDE CELULAR ou VEXETAL: É unha cuberta
ríxida composta basicamente de celulosa; só rodea ás
CÉLULAS VEXETAIS. Protexe e dálle forma á célula.,
Axúdalle a manter a turxencia e poder absorber auga

CITOESQUELETO: Unha serie de filamentos que dan


forma e consistencia á célula, como:
 Cilios e flaxelos: movemento da célula, os cilios son de menor tamaño
que os flaxelos e os cilios son ser máis numerosos que os flaxelos

 Centrosoma: Son 2 cilindros de tubos perpendiculares que aparece SÓ


EN ANIMAIS e
 Intervén na división celular creando o fuso mitótico
 Axuda no movemento da célula.

2
1 BACH TEMA 04 CÉLULA E TECIDOS
3- ORGÁNULOS: son estruturas dentro do citoplasma e que se encargan de realizar as funcións
celulares. Non teñen unha distribución igual en tódalas células, depende da función de cada célula.

3.1 ORGÁNULOS SEN MEMBRANA, RIBOSOMAS


 Son pequenos e encárganse da síntese de proteínas.
 Están formados por ARN + proteína
 Poden estar illados ou asociados a outros orgánulos como o retículo
endoplasmático rugoso ou a membrana nuclear.

3.2 - ORGÁNULOS DE MEMBRANA SIMPLE, como o seu nome indica,


están rodeados só dunha membrana.

3.2.1- RETÍCULO ENDOPLASMÁTICO


ESTRUTURA: Sáculos e tubos conectados entre si e coa membrana celular
e nuclear
TIPOS:
 Retículo Endoplasmático Rugoso (R.E.R) con ribosomas asociados
 Retículo Endoplasmático Liso (R.E.L) sen ribosomas asociados

FUNCIÓNS:
 Síntese e transporte de substanzas lípidos (R.E.L) e proteínas (R.E.R)
 Detoxificación, limpeza de substancias tóxicas(R.E.L)

3.2.2 - APARELLO DE GOLGI


ESTRUTURA: Sáculos aplanadas (DICTIOSOMAS) ou cisternas dos que se
desprenden vesículas. Estes proveñen do RE
FUNCIÓN:
 Síntese e transporte de moléculas; emite vesículas que van cara o
exterior.
 Crea lisosomas.

3.2.3 – VACÚOLOS ou VESÍCULAS DE ALMACENAMENTO:


ESTRUTURA: Son vesículas con membrana son Máis grandes na célula vexetal
FUNCIÓN:
 Almacén de substancias
 Regular cantidade de auga e sales na célula vexetal

3.2.4 - LISOSOMAS

ESTRUTURA: Son vesículas con membrana.


FUNCIÓN: Conteñen substancias que realizan a
dixestión celular polo tanto dixiren ou destrúen
substanzas (transforman substancias complexas en
simples).

OS ORGÁNULOS DE
MEMBRANA SIMPLE ESTÁN
TODOS CONECTADOS, DE
TAL FORMA QUE UNS SE 3
ORIXINAN DE OUTROS
1 BACH TEMA 04 CÉLULA E TECIDOS

3.3 - ORGÁNULOS DE MEMBRANA DOBRE, como o seu nome indica están rodeados de dúas
membranas concéntricas, unha externa e outra interna.

3.3.1 - MITOCONDRIAS
ESTRUTURA: Teñen forma de ril e son de cor vermella xa que
acumulan ferro.
Presentan unha membrana externa e unha interna; a
interna reprégase nunha serie de cristas internas ou CRISTAS
MITOCONDRIAIS onde se atopan os encimas que realizan a
respiración celular.
O espazo interno denomínase MATRIZ; ademais
presentan DNA e ribosomas internos,
FUNCIÓN: Son os orgánulos enerxéticos, fan a
respiración celular, divídense independentemente do ciclo celular

3.3.2 - CLOROPLASTOS
ESTRUTURA:
 Presentan membranas interna e externa.
 Presentan unha serie de capas internas ou TILACOIDES,
fundamentais para fotosíntese
 Os tilacoides poden agruparse nunhas estruturas
denominadas GRANA,
 O espazo interno denomínase ESTROMA; presentan DNA
e ribosomas internos,
FUNCIÓN: Realizan a fotosíntese; divídense independentemente do ciclo celular.
4. NÚCLEO:
ESTRUTURA
 Normalmente esférica
 Envolto pola membrana nuclear, esta presenta ribosomas asociados, moi relacionada co R.E.R
 Partes
 NUCLEOPLASMA: líquido do núcleo
 NUCLEOLO: Fabrica ribosomas
 CROMATINA: DNA + proteínas, cando se condensa dá lugar a cromosomas
Función: DIRIXE O METABOLISMO CELULAR

DIFERENZAS ENTRE A CÉLULA ANIMAL E A VEXETAL

4
1 BACH TEMA 04 CÉLULA E TECIDOS

Existen certas diferenzas entre as células animais e vexetais:


 As células animais teñen centrosoma
 As células vexetais teñen cloroplastos, parede celular e vacúolos grandes e abondosos e non
soen ter cilios ou flaxelos.

TECIDOS ANIMAIS
TECIDOS EPITELIAIS
Células moi pegadas que forman láminas, medran en 2 dimensións revisten e
recobren superficies internas e externas. Basicamente existen 2 tipos.
1. Revestimento que recobren superficies internas e externas e poden ter unha
ou máis capas de células e a
2. Glandular: Encárgase de producir e excretar substancias ao exterior
(EXOÓCRINAS) do corpo ou ao tubo dixestivo (ENDÓCRINAS) como saliva, suor
ou zumes gástricos

TECIDOS CONECTIVOS

Son tecidos de sostén, almacenamento e recheo do corpo e sempre presentan unha matriz máis
ou menos viscosa que envolve unha fibras que dan sostén ou protección á parte do
corpo un exemplo é o coláxeno.

Tipos:
1. Conxuntivo: Tecido de recheo do corpo presenta célula e fibras, este pode ser
máis ou menos denso segundo o contido en febra se pode formar tendóns e ten
moito coláxeno ou a base da pel se ten pouco coláxeno.

2. Adiposo: Formando por adipocitos que acumulan graxa para servir de


illante térmico ou reserva de enerxía.
3. Cartilaxe: Formado por unhas células denominadas condrocitos que
segregan unha sustancia intercelular sólida, resistente e elástica.
Podemos atopalo en esqueleto embrións peixes cartilaxinosos, en
traquea, na larinxe ou en fibras elásticas como a orella. Está rodeado por un
tecido denominado pericondrio.
4. Óseo: Formado por unhas células denominadas osteoblastos que se sólida e resistente, existen
outras células denominadas osteoclastos que dixiren tecido óseo para crear canles para vasos,
nervos ... . Existen varios tipos:
 Esponxoso con canles comunican células que presenta medula vermella
 Compacto para aguantar grandes pesos e servir de sostén
 Periósteo Tecido conxuntivos que rodea aos osos onde se insiren tendóns e nervos

TECIDO MUSCULAR e TECIDO NERVOSO verémolo nos temas 9 e 10

5
1 BACH TEMA 04 CÉLULA E TECIDOS

TECIDOS VEXETAIS
Os vexetais, ao contrario que os animais, poden crear células continuamente, aínda que sexa
só en determinadas zonas, os seus tecidos soen ser máis “simples” e con abundancia de
células mortas.
TECIDOS MERISTEMÁTICOS
Son células non especializadas (embrionarias), con paredes brandas que se
endurecen despois. Presentan división continua e son as únicas células vexetais que
presentan divisións. Van dar lugar ao resto dos tecidos vexetais. Tipos:
Primarios: Responsábeis crecemento en lonxitude están nunha parte da planta
recuberta de follas coriáceas ou XEMAS que poden ser
 Apicais en ápice de raíz e talo
 Axilares repartidos polo talo e que son a base de futuras ramas e follas

Secundarios: están distribuídos pola planta e son os responsábeis do


crecemento en grosor da planta. Presentan unha parte externa ou FELÓXENO
que é o tecido protector inicial e unha parte interna ou CÁMBIUM que crea
novos vasos condutores e fai que as árbores crezan en grosor, tamén produce os
aneis nas árbores

TECIDOS PARENQUIMÁTICOS
Teñen células grandes, vivas, poligonais con numerosos cloroplastos e vacúolos
grande. Os seus tipos serían:
Clorofílico: Existe nas partes verdes e presenta gran número de cloroplastos, realiza a
fotosíntese (VER TEMA 12)
 Reserva: É o máis común e presenta estruturas de reserva de amidón ou amiloplastos
 Acuíferos: Encárgase da reserva de auga en ocos
 Aeríferos: Trasporte de aire a zonas inundadas

TECIDOS DE SOSTÉN
Dá forma e mantén ergueita a planta, soe ter paredes grosas, os seus tipos son:
Colénquima: Son células vivas, alongadas que forman febras con acumulo irregulares de
celulosa que as fai flexíbeis e resistentes; ademais axuda a que as células encaixen
Esclerénquima son células coas paredes moi engrosadas e mortas que reforzan e dan
elasticidade ás plantas

TECIDOS PROTECTORES
Son tecidos que cobren a superficie externa dos vexetais e constitúen
unha capa impermeábel e de protección. Os seus principais tipos son
Cutícula: Recobre as partes novas do vexetal, é unha soa capa de células
moi unidas recuberta dun material graxo ou cutina e cera na parte máis
externa; pode presentar estruturas como pelos e espiñas, presenta os estomas
(tema 12) para intercambio gasoso e transpiración.
Suber ou Cortiza: Serve de illante térmico e é impermeábel; substitúe nas
zonas máis vellas á epiderme.

6
1 BACH TEMA 04 CÉLULA E TECIDOS
TECIDOS CONDUTORES (VER TEMA 12)
Transporte os zumes da planta e son dous tipos:
XILEMA: Transporta zume bruto, nel hai un adelgazamento
progresivo das paredes entre células condutoras ate case desaparecer. O
seu redor está engrosado con lignina, provoca a morte celular, polo que
as súas células quedan reducidas a auténticos tubos de transporte de
substanzas e son denominadas TRAQUEIDAS.
O paso de zume de célula a célula realízase por “punteaduras” ou
zonas de parede delgada, no entanto, existente. Tamén serven de
soporte mecánico e axudan ao crecemento do vexetal.

FLOEMA Transporta o zume elaborado a través de células vivas, estas células


perden o núcleo e son nutridas por células acompañantes, que tamén axudan no
transporte. Entre células existen placas cribosas con buracos que deixan pasar a
sabia e tamén nos tubos laterais xa que se comunican con células adxacentes.

You might also like