You are on page 1of 5

TEMA 10: ORGANOXÉNESE EN VERTEBRADOS

- DERIVADOS ECTODÉRMICOS

O ectodermo tubo neural cara o


interior, (ectodermo neural), células
epidermicas (logo serán
mesenquimáticas) e ectodermo non
neural (externo, formará epidermis).

A diferenciación do tubo neural nas


varias rexións do cerebro e a médula
espinal ocorre simultáneamente:
(1) A nivel anatómico
(2) A nivel tisular (histoxenético)
(3) A nivel celular

1) Anatomía

a) Eixo antero-posterior

* En aves.

Iniciase a neurulación, todavía non se formaron os propios nervios (no embrión de 24 h os pregues neurais
elevaronse algo pero aínda non se fusionaron, aínda non está pechado o tubo neural)

33h: xa se pechou o tubo neural, na parte caudal aínda hai elevacións dos plegues neuronais e na anterior
xa se pecharon para facer o tubo neural.

Parte anterior: encéfalo → formanse bultos (vesículas encefálicas) separados por surcos.
Parte posterior : médula espiñal.

72h: torsión do embrión, o encéfalo vese lateralmente. Está flexionado sobre sí mesmo. Na parte caudal
vese a médula espiñal, e observanse 5 vesículas encefálicas situadas rustralmente.
* En mamíferos.

Hai as mesmas etapas. Hai un estadío anterior á


formación de 5 vesículas, que é o estadío 3 vesículas
( vesículas encefalo-anterior, encefalo-medio, encéfalo-
posterior situadas rustralmente sobre a médula espiñal).
O mesencéfalo non se divide, e o posterior divídese en 2
vesículas.

Esas 5 vesículas divídense en segmentos transversais. P.


ex.: romboencéfalo divídese ata en dous segmentos
transversais (cada un é un rombómero). As neuronas de
r9 son diferentes as de r4, r1… [ver tema Drosophila,
relacionar xenes]. Tamén hai mesómeros e prosómeros.

Cada rombómero expresa unha combinación única de factores de transcrición,


xenerando patróns específicos de diferenciación celular e determinando o tipo
de neuronas que se forman.

O patrón antero-posterior do cerebro posterior e médula espiñal está


controlado por unha serie de xenes que incluen os complexos Hox.

Telencéfalo: en humanos aumenta moito de tamaño e recubre todo o encéfalo.


Está incluído o cerebelo.

OllO: O cerebro sería a rexión derivada do telencéfalo (non todo; en inglés é


cerebrum). Se estamos falando de todo sería encéfalo (brain)

b) Eixo dorso-ventral (perpendicular a antero - posterior)

O exio dorso ventral depende de dous sinais: un ventral (Shh na notocorda) e un dorsal (BMPs na
epiderme). O destino dunha célula en particular no tubo neural depende da súa distancia respecto a eses
centros de sinalización

Sonic: expresase na notocorda e influe no punto de bisagra neural (por donde se elevan e fusionan, e
convírtese en placa do suelo do tubo neural). Empeza a difundir en dirección ventro-dorsal e é máis intenso
na placa do suelo (na zona máis alonxada é máis débil).

OllO: Notocorda (derivado mesodérmico) non é o mesmo que o tubo neural (derivado ectodérmico).

Familia BMP (TGF-B): a epiderme produce BMP4 e BMP7, induce BMP4 na placa do teito do tubo neural (o
mesmo placa lar e placa basal ? ). Hai un gradiente: na parte dorsal hai BMP4 e BMP7, na seguinte franxa
está o 7 pero non o 4, na seguinte…

As neuronas motoras xéranse donde hai moito Sonic pero non BMP, as interneuronas donde hai TGF-B
(BMP) pero non Sonic (o destino celular depende da distancia respecto aos puntos de sinalización).
c) Conservación evolutiva da anatomía

O desenvolvemetno temperá do tubo neural da maior parte dos vertebrados é moi similar. Este xeito de
formarse progresivamente ambos eixos, dende peixes ata mamíferos, está moi conservado.

O tubo neural pode dividirse en 3 vesículas que se subdividen en 5 (mirar nomes). Cada unha de esas
vesículas van a dar distintos derivados no adulto. A partir do diencéfalo o tálamo, a partir do romboencéfalo
o cerebelo…

→ Realmente o hipotalamo non é parte do diencéfalo

i) Modelo columnar: prosencéfalo dividido en diencéfalo (incluiría hipotálamo porque está debaixo do
tálamo) e telencéfalo. Atende ao patrón dorso-ventral.

Limite entre placa alar e placa basal. O hipotálamo é unha rexión rustral, está por diante respecto ao
diencéfalo. Unha rexión alar (unha rexión hipotalamo e telencéfalo) e outra rexión anterior.

Neste modelo o PROSENCÉFALO divididese en:


1. Diencéfalo
. Epitálamo
. Tálamo dorsal
. Tálamo ventral
. Hipotálamo
2. Telencéfalo

ii) Modelo segmental: O prosencéfalo divídese en dúas vesículas (exclúe o hipotálamo, que forma parte do
encéfalo anterior). Prosencéfalo primario e secundario. Postulado grazas a estudos xenéticos.

Neste modelo o PROSENCÉFALO divididese en:

1. Prosencéfalo primario (diencéfalo), subdividido en: área pretectal, tálamo e


pretálamo
2. Prosencéfalo secundario: hipotálamo, área preóptica e hemisferios telencefálicos.
→ Os grandes derivados da vesícula encefálica están conservados, varían as estruturas e o tamaño nas
distintas especies.

P.ex.: O cerebelo permite mover musculatura (mandíbula → comportamento predator, fai que unha rexión
do encéfalo se desenvolva máis [lampreas non]) Algúns organismos teñen os bulbos olfatorios moi
desenvoltos porque dependen deles.

A estrutura básica está moi conservada (derivados segundo


necesidades).

2) Histoloxía (as células mesenquimáticas poden migrar)

O tubo neural tamén se organiza histolóxicamente.


Inicialmente, o tubo neural ten unha organización
neuroepitelial (células organizadas nunha soa capa). Cada
célula está unida tanto á superficie externa como á luminal,
pero os núcleos están situados a distintas alturas, o que lle
confire un aspecto multi laminado.

Os núcleos móvense dentro do neuroepitelio en función da


fase do ciclo na que estén. As mitoses ocorren sempre no
lado ventricular, mentras que as células en fase S teñen o seu
núcleo máis próximo á cara máis marxinal. Inicialmente as
divisións son simétricas, e despois asimétricas (creo) e moitas
células morren.

Prodúcese un cambio de división simétrica (que da lugar a


duas células nai neurais unidas ao lúmen, ventralmente) á
división asimétrica (que da lugar a unha célula nai neural
unida ao lúmen e a unha célula proxenitora). A célula
proxenitora de neuronas non unida alonxarase.

A neuroxénese diminúe co tempo, as células nai esgótanse (só


quedan en zonas moi concretas).

No tubo neural diferencianse tres rexións:

• Zona ventricular: cálulas nai que poden


proliferar.
• Capa ependimaria (adulto): tapizan o
ventriculo, están máis apretadas.
• Zona intermedia ou do manto: células que
se alonxan do ventrículo e carecen de
contacto na parte basal nin na apical porque
teñen distintas propiedades adhesivas e de
movemento (iniciase especificación,
determinación, diferenciación)
• Zona marxinal: prolongación de neuronas
(rodeánse de células de glía; sustancia gris e
blanca).

[>Diferenciase entre placa alar e basal (diferencias a nivel morfolóxico). Hai un surco límite entre alar-basal.]
Os procesos de proliferación diferencial, migración celular e morte celular selectiva
producen modificacións do patrón básico. O patrón báscio pode modificarse segundo a
rexión (pode engadir capas, tipos celulares) e depende da rexión (diferente
complexidade).

a) Médula espiñal: mantense a organización báscia en 3 zonas (ependimal ou


ventricular, intermedia ou do mannto, e marxinal) durante todo o desenvolvemento,
diferenciase a placa basal (neuronas motoras) e alar (interneuronas). A substancia gris
(manto) queda rodeada pola substancia blanca (zona marxinal ) e divídese en partes
alar e basal

b) Cerebelo: coordinación de movementos musculares complexos (non hai en vertebrados


sen mandíbula). Zona ventricular (células que poden proliferar), células de aí migran e
colócanse na superficie externa do tubo neural e seguen sendo proxenitoras (segunda capa
xerminal que pode formar novas neuronas e son células xerminais externas), eso dará lugar
a células granulares da capa interna. Neuronas da zona ventricular migran ao longo de
células glíais e colócanse entre capas (céulas de Purkinje son enormes e moi ramificadas
dendríticamente no encéfalo, fundamental que sexan nunha capa porque si non
descoordinase).

• Migración de neuronas proxenitoras (neuroblastos) á superficie externa do


cerebelo en desenvolvemento
• Formación dunha nova zona xerminal (capa granular externa).
• As células resultantes da proliferación nesta capa diferéncianse en células
granulares que migran e se establecen na capa granular interna.
• Mentres tanto, a zona ventricular xenera unha ampla variedade de tipos celulares
(inc. células de Purkinje) Purkinje), que migran ao longo da glía de Bergmann
(mediante moléculas de adhesión que recoñecen á glía).

> Mutación relina: afecta á capacidade de migración pola glía, se se desorganizan prodúcese
descordinación motora (experimentos en ratos, que caían =( e tasas de mortalidade alta xa que non podían
acceder ben ao alimento).

c) Córtex cerebral (telencéfalo, cerebrum): migración das células a distintas capas entre zona ventricular e
marxinal.

• Neocórtex: estratificado en varias capas en sentido horizontal e ventriculo-


marxinal. Ten as capas moi definidas. Se hai fallos na migración ao longo
da glía desorganizase (desorganizase de dentro a fora, se non migran
apelotónanse todas e o gradiente está ao revés)
• Córtex auditivo, córtex visual. Primeiras neuronas na parte interna,
segundas na seguinte capa, terceiras sobre esas e así sucesivamente.

- Organización vertical en capas


- neuroblastos migran para xenerar o neocortex
- o neorcortex estratificarase en 6 capas de corpos de neuronas
- Organización horizontal en máis de 40 rexións que regulan aspectos anatómicos
e funcionalmente diferentes (ex. cortex auditivo, córtex visual)

> As capas fórmanse do interior ao exterior (inside out pattern).


> As células gliais radiais (RGCs) son células nai neurais que sofren divisións e serven como guía para a
migración radial das neuronas, pero a glía radial non solo é o “andamio”. Proceden de células
neuroepiteliais (teñen marcadores gliais). A veces proxenitores intermedios. Células tamén proxenitoras
directas ou non de neuronas ou células gliais.

You might also like