You are on page 1of 2

María Belén Hernández Garabal 2º Bach B

Boletín 3 bioloxía

1.
Trátase dunha burbulla de replicación.
Estase replicando o ADN
Punto 1: forcadas de replicación
Punto 2: cadea continua
Punto 3: cadea retardada
Punto 4: fragmento de Okazaki
Punto 5: cebador

2.
Formaranse 4 células fillas. Terán 46 cromosomas (44 autosomas e 2 sexuais).
Na profase da mitose o que ocorre é que a cromatina comeza a condensarse,
os centríolos (xa duplicados polo tanto hai 4) desplázanse aos polos da célula
para formar o fuso acromático.
Na profase I da meiose ocorre o entrecruzamento entre as cromátides dos
cromosomas homólogos obtendo unha recombinación xenética. Ademais
sepáranse os cromosomas homólogos pero quedando unidas as cromátides
homólogas polos puntos nos que se deu o entrecruzamento. Ao final do
proceso os cromosomas están totalmente condensados, despois desaparece o
nucleolo e a membrana nuclear, fórmase o fuso acromático e comezan a
formarse as fibras cinetocóricas.

3.
A) 1- Anafase
2- Prometafase
3- Profase
4- Metafase
5- Telofase
B) 3-2-4-1-5
C) Terá 48 cromosomas

4.
A estructura da membrana plasmática é de bicapa con diferentes compoñentes
mesturados e dotados de flexibilidade. O modelo que mellor explica a súa
estructura foi proposto por Singer e Nicholson en 1972 e leva o nome de
Modelo Mosaico fluido.
A membrana plasmática está formada por:
Lípidos: fosfolípidos, colesterol e glicolípidos. Dispóñense en bicapa que
asegura o grao de fluidez xusto e a posibilidade de selar orificios.
Proteínas: función estrutural e de transporte de sustancias, tamén son
receptoras de sinais e teñen función enzimática.
Glícidos: aparecen unidos aos glícidos e lípidos da membrana constituindo
unha capa só o lado externo da célula (o glicocálix). A súa función é de
ancoraxe para axentes infecciosos e de recoñecemento celular, dan identidade
á célula.

5.
a) O retículo endoplasmático pode ser de 2 tipos: liso ou rugoso. O liso forma
estruturas tubulares, o rugoso ten unha forma máis aplanada e ten ribosomas
adheridos ao seu exterior e tamén certas proteínas.
O aparato de Golgi está formado por varios sacos aplanados rodeados de
vesículas. Ten dúas caras: cara cis: cara o núcleo, membranas moi finas. Cara
trans: próxima á membrana plasmática, paredes grosas e que emiten vesículas
de secreción.
b) Funcións retículo endoplasmático liso: sintetiza fosfolípidos, libera glicosa a
partir de gránulos de glicóxeno almacenados nalgunhas células.
Funcións retículo endoplasmático rugoso: Sintetiza proteínas de membrana,
secreta e glicosa proteínas.
Aparato de Golgi: secreta sustancias, recicla membranas, forma lisosomas e
vacuolas, glicosila proteínas.
A relación que hai entre o aparato de Golgi e o R.E é que para que o R.E
rugoso forme nova membrana a partir dos ribosomas incrustados estos
primeiro teñen que pasar polo aparato de Golgi e despois xa pasan ao exterior.
O mesmo ocorre coas enzimas dos lisosomas que tamén se forman a partir
dos ribosomas do RE.

You might also like