You are on page 1of 6

PROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS

TEMA 1.- Introdución (0,5 horas). Breve historia da Citoloxía e Histoloxía. A Teoría Celular. A
Citoloxía e Histoloxía actual e a súa relación con outras ciencias.
TEMA 2.- Organización estrutural dos seres vivos. Células e tecidos (1 hora). Orixe e
evolución das células eucariotas. Desenvolvemento dos organismos multicelulares.
Concepto de tecido e órgano. Evolución do metabolismo. Organismos como modelos
experimentais. Células procariotas e eucariotas. Células animais e vexetais. Concepto
de sincitio e plasmodio. Virus, viroides e prións.

O núcleo, ribosomas e mecanismos xenéticos (6 horas)


TEMA 3.- Organización estrutural do núcleo celular interfásico. Características xerais e
compoñentes. A envoltura nuclear: estrutura, composición e dinámica. Poros
nucleares. Transporte de moléculas entre núcleo e citoplasma.
TEMA 4.- Cromatina e cromosomas. Organización da cromatina: ADN e proteínas. Territorios
cromosómicos. Eucromatina e heterocromatina. Fábricas de replicación e de
transcrición. Morfoloxía, estrutura e tipos de cromosomas. Xenoma. Cariotipo. Mapas
xenéticos. Cromosomas especiais: cromosomas politénicos e cromosomas plumosos.
TEMA 5.- Replicación. Transcrición. Replicación do ADN. Reparación do ADN. Transcrición e
maduración do ARN mensaxeiro. Corpos de corte: espliceosoma. Papel dos intróns.
ARNs non codificantes. Transcrición e maduración do ARN de transferencia. Corpos
nucleares: nucléolo. Síntese dos ARN ribosómicos e bioxénese dos ribosomas.
TEMA 6.- Ribosomas e síntese de proteínas. Ribosomas: estrutura dos ribosomas
procarióticos e eucarióticos. O código xenético. Síntese de proteínas. Polisomas.

Membrana plasmática (3 horas)


TEMA 7.- Composición e estrutura da membrana plasmática. Compoñentes e funcións da
membrana plasmática. A bicapa lipídica: asimetría e fluidez. Proteínas da membrana. O
glicocálix.
TEMA 8.- Intercambios da célula co medio externo I. Transporte de pequenas moléculas e
ións a través da membrana plasmática: permeabilidade de membrana. Difusión pasiva.
Difusión facilitada. Proteínas transportadoras. Transporte activo. Proteínas de canle.
Potencial eléctrico de membrana.
1
TEMA 9.- Intercambios da célula co medio externo II. Transporte de macromoléculas e
partículas: transporte vesicular. Endocitose: pinocitose e fagocitose. Formación das
vesículas de clatrina. Exocitose: vías constitutiva e regulada da secreción celular.
Renovación das membranas. Vesículas extracelulares.

Sistemas de endomembranas (4 horas)


TEMA 10.- Retículo endoplasmático. Características xerais. Retículo endoplasmático rugoso:
estrutura, composición, distribución celular e funcións. Chaperonas. Proteosomas.
Retículo endoplasmático liso: estrutura, composición, distribución celular e funcións.
Sitios de contacto entre membranas.
TEMA 11.- Complexo de Golgi. Composición e organización estrutural do complexo de Golgi.
Transporte polas cisternas do Golgi. Funcións. Distribución e proteínas e lípidos dende
o Golgi. Transporte vesicular entre o retículo endoplasmático e complexo de Golgi.
Fusión entre a membrana vesicular e a membrana diana.
TEMA 12.- Sistema lisosomal e vacúolo vexetal. Sistema lisosomal: estrutura, clasificación,
composición e funcións. Vacúolos vexetais: estrutura, composición e funcións.

Conversión da enerxía (3,5 horas)


TEMA 13.- Mitocondrias. Características xerais. Compartimentos mitocondriais: estrutura,
composición e funcións. O sistema xenético mitocondrial. Internalización das proteínas
nas mitocondrias. Dinámica mitocondrial. Similitudes entre as mitocondrias e as
procariotas actuais na que se basea a hipótese endosimbiótica.
TEMA 14.- Plastos. Tipos de plastos e características xerais. Os cloroplastos: características
xerais. Compartimentos dos cloroplastos: estrutura, composición e funcións. Sistema
xenético plastidial. Internalización das proteínas nos cloroplastos. Formación dos
plastos. División dos plastos. Comparación entre mitocondria e cloroplasto.
TEMA 15.- Peroxisomas. Estrutura, composición e funcións. División e formación dos
peroxisomas.

2
Citosol (0,5 horas)
TEMA 16.- O citosol. Inclusións citoplamáticas. Citoplasma e citosol: concepto, composición
química e funcións. Inclusións citoplasmáticas: concepto e tipos de substancias
almacenadas. Produtos de secreción.

Motilidade celular e citoesqueleto (4 horas)


TEMA 17.- Citoesqueleto. Microfilamentos. O citoesqueleto: concepto e clasificación.
Filamentos de actina: composición, estrutura, organización e dinámica. Proteínas de
unión a actina. Membrana plasmática e citoesqueleto. Base celular e mecanismo de
funcionamento da contracción do músculo estriado. Células musculares lisas. Outras
funcións dos microfilamentos.
TEMA 18.- Microtúbulos. Estrutura, composición, organización dinámica e funcións. Proteínas
de unión a microtúbulos. Proteínas motoras. Centro organizador de microtúbulos.
Estruturas microtubulares: centríolos, cilios e flaxelos eucarióticos. O movemento ciliar
e flaxelar.
TEMA 19.- Filamentos intermedios. Estrutura, ensamblaxe, composición, tipos e funcións.
Proteínas asociadas a filamentos intermedios. Comparación cos outros filamentos do
citoesqueleto.

O ciclo celular e a división celular (3,5 horas)


TEMA 20.- O ciclo celular eucariótico. Fases do ciclo celular. Regulación da replicación do
ADN. Control do ciclo celular. Sinais que regulan o ciclo celular.
TEMA 21.- División celular. Fases da mitose. O fuso mitótico. O movemento dos cromosomas.
Citocinese en células animais e vexetais. Regulación no paso á mitose.
Endorreplicación.
TEMA 22.- Meiose. Fases da meiose: primeira e segunda división meiótica. Espermatoxénese
e ooxénese. Regulación da meiose. Significado biolóxico da meiose. Comparación entre
mitose e meiose.

Determinación, diferenciación e morte celular (3,5 horas)


TEMA 23.- Determinación e diferenciación celular. Concepto de especificación,
determinación e diferenciación. Células diferenciadas. Células nai: definición, tipos e

3
aplicacións. Aplicacións dos sistemas CRISPR-Cas. Control da determinación e
diferenciación celular.
TEMA 24.- Avellentamento e morte celular. Avellentamento celular: causas e mecanismos
que o determinan. Características, tipos e bases moleculares da morte celular por
necrose, apoptose e necroptose. Significado biolóxico da apoptose. Vías de sinalización
que regulan a apoptose.

Relación das células entre si e co medio (3,5 horas)


TEMA 25.- Sinalización celular. Definición e tipos de sinalización. Moléculas de sinalización.
Receptores dos sinais: intracelulares e de superficie celular. Vías de transdución
intracelular de sinais. Redes de sinalización. Regulación da actividade das vías de
sinalización.
TEMA 26.- Unións intercelulares. Matriz extracelular. Moléculas de adhesión celula-célula e
celula-matriz extracelular. Clasificación das unións intercelulares. Unións estreitas.
Unións de ancoraxe. Unións nexo (comunicantes). Matriz extracelular nas células
animais: composición química e organización.
TEMA 27.- A parede celular vexetal. A parede celular: estrutura, composición e funcións.
Formación e crecemento da parede celular vexetal. Plasmodesmos, punteaduras e
perforacións.

Variabilidade dos seres vivos (1 hora)


TEMA 28.- Mutacións. Patróns hereditarios. Xenética de poboacións. Mutacións: definición e
tipos. Frecuencias xenéticas e xenotípicas. Patróns hereditarios. Factores que fan que
as poboación evoluciones.

4
Sistema inmunitario (2 horas)
TEMA 29.- O sistema inmunitario. Resposta inmunitaria innata. Inmunoloxía. Función do
sistema inmunitario. Órganos e tecidos linfoides. Tipos de resposta inmunolóxica.
Inmunóxeno. Antíxeno. Epítopo. Hapteno. Resposta inmunitaria innata: barreiras
físicas, químicas e celulares. Quimiotaxe. Sistema do complemento. Opsonización.
Principais acontecementos na resposta inflamatoria local.
TEMA 30.- O sistema inmunitario. Resposta inmunitaria adquirida. Resposta inmunitaria
adquirida. Anticorpos. Complexo principal de histocompatibilidade. Inmunidade
adquirida celular. Inmunidade adquirida humoral. Sistema inmunitario adquirido en
procariotas.

Alteracións do sistema inmunitario e as súas manifestacións oculares.


TEMA 31.- O sistema inmunitario e o ollo. Sistema inmunitario nos ollos. Privilexio
inmunitario.
TEMA 32.- Manifestacións oculares nos procesos alérxicos. Hipersensibilidade. Alerxia.
Manifestacións da enfermidade alérxica nos ollos.
TEMA 33.- Manifestacións oculares nas enfermidades autoinmunitarias. Reaccións
autoinmunitaria. De que maneiras se desencadean, a nivel molecular e celular, as
reaccións autoinmunitarias? Que factores desencadean unha enfermidade
autoinmunitaria? Autoinmunidade e enfermidades autoinmunitarias. Principais
compoñentes do sistema inmune implicados na autoimunidade. Mecanismos para
evitar o desenvolvemento da autoinmunidade. Enfermidades autoinmunitarias que
afectan os ollos.
TEMA 34.- Manifestacións oculares nas inmunodeficiencias. Inmunodeficiencia primaria e
secundaria. Manifestacións oculares na SIDA.

Sistema visual nos animais.


TEMA 35.- Sistema visual e visión nos animais. A visión dos animais. Un mundo de sombra,
luz e cor. Alimentación e vista. Atractivo sexual e vista. A defensa ou protección do
organismo e a vista. A visión ultravioleta axuda a supervivencia. A visión, un factor de
supervivencia no medio natural. Receptores lumínicos. Fotorreceptores de
invertebrados. O ollo dos vertebrados. O ollo simple ou ocelo. O ollo composto. O ollo

5
dos cefalópodos. A visión nos peixes. O ollo e a visión nos anfibios, réptiles, aves e
mamíferos. A evolución do ollo. Como ven os animais debaixo da auga e na escuridade.

You might also like