You are on page 1of 9

TEMA A HIDROSFERA

1 A AUGA DA TERRA
O planeta Terra tamén é coñecido como “planeta
azul” debido á presenza de auga na súa superficie.
1.1 Distribución da auga.
- Auga salgada: 97% do total.

Xeo e neve: en glaciares e


nos polos (79% da auga
doce)
AUGA TOTAL
- Auga doce Subterráneas (20 % da
auga doce)
3% do total
Lagos, ríos, atmosfera e
seres vivos (1% da auga
doce)

1.2 Orixe da hidrosfera terrestre


Hai aproximadamen te 4500 millóns de anos, a
atmosfera primitiva contiña moitísismo vapor de
auga, orixinado como consecuencia da actividade
volcánica.
A medida que a Terra foi arrefriando, o vapor de
auga foise condensando (precipitacións) e
orixinouse a hidrosfera.
1
Ademais, grazas á fotosíntese, diminuíu o CO2 e
apareceu o O2.
Na actualidade, a presenza do 0,03% de CO2,
xunto coa distancia que hai dende a Terra ao Sol,
fan que a temperatura media na superficie da
Terra sexa de 15oC. Esta temperatura é
aresponsable de que exista auga en estado sólido,
líquido e gasoso.
Hoxe en día sábese que en Venus hai vapor de
auga, pero a mestura de vapores de xofre
convértena nunha atmosfera tóxica para a vida. En
Marte hai auga en forma de xeo, nos polos e no
subsolo.
1.3 Propiedades da auga
A auga ten propiedades moi importantes, entre as
que destacan:
- É moi bo disolvente: disolve e arrastra sales
minerais da codia terrestre e tamén serve para o
transporte de substancias no interior dos
organismos.
- Absorbe gran cantidade de calor: amortece o
clima e tamén amortece os cambios de
temperatura no interior dos organismos. Por iso se
di que a auga é un bo refrixerante.
- Ocupa maior volume en estado sólido que en
estado líquido: actúa abrindo fendas facendo que
rompan as rochas.

2
- Ten maior densidade en estado sólido que en
estado líquido: isto permite que o xeo frote e que
os organismos acuáticos poidan vivir nos lagos
durante o inverno.
- É unha substancia adherente: permite o
transporte de substancias polo interior das plantas,
e tamén fai que a auga se mova polos ocos do
solo, empapándoo.
- É transparente: permite a fotosíntese das algas e
das plantas acuáticas de zonas profundas.
2 A AUGA DOS OCÉANOS
O mar é unha fonte de recursos valiosos, tanto para
a alimentación como para a industria.
2.1 Características da auga dos océanos
- Ten moitos sales disolvidos, que lle dan
sabor salgado.
- Ten gases disolvidos, debidos á actividade

dos seres vivos e ao vento. Estes gases son


o nitróxeno (N2), o osíxeno (O2) e o dióxido
de carbono (CO2) principalmente.
- A súa temperatura varía coa profundidade,
de xeito que a maior profundidade, menor
temperatura.

2.2 Movementos da auga dos océanos


A auga dos océanos presenta tres tipos de
movemento:

3
1.a As ondas: son orixinadas polo vento e
producen a mestura, a erosión e o transporte de
substancias (gases, area, lodos...) coa auga.
1.b As correntes mariñas: trátase de
movementos de masas de auga no interior dos
océanos que parecen como verdadeiros ríos.
Fórmanse por tres factores: ventos, diferenzas
de temperaturas e/ou diferenzas de salinidade.
1.c As mareas: son ascensos e descensos do
nivel da auga do mar, producidos pola atracción
gravitatoria da Lúa e, en menor medida, do Sol.

3 A AUGA DOS CONTINENTES


A auga dos continentes é doce, e pode atoparse en
diferentes formas:
a Lagos: son acumulacións de auga que ocupan
zonas profundas do relevo (depresións).
b Ríos: son cursos de auga permanentes e de
caudal (cantidade de auga que transportan)
variable. Se o río desemboca noutro río, entón
chámase afluente. Os ríos transportan auga
desde as zonas de alta montaña ata mares e
océanos.
c Torrentes e regatos: son cursos de auga que

permanecen secos case todo o ano. Só levan


auga nas épocas de chuvias e desxeo. Adoitan
estar nas pendentes das montañas, polo que a
auga viaxa a moitísima velocidade. Nas zonas
áridas poden chegar a estar moitos anos secos,
polo que reciben o nome de corgas.

4
d Augas subterráneas: son as augas que
empapan o subsolo e poden chegar a formar
ríos ou lagos subterráneos. Ademais, poden
disolver as rochas e formar covas e grutas
subterráneas.
e Zonas pantanosas, marismas e zonas húmidas:
son lugares encharcados de pouca
profundidade. Se están en zona costeira poden
ser de auga salgada.
f Glaciares: son acumulacións de xeo que poden
chegar a ter moita profundidade. Fórmanse nas
zonas polares (casquete polar) e nas montañas
máis altas (glaciar alpino).

4 CICLO DA AUGA
O ciclo da auga é o camiño que realiza a auga
dende que se evapora dos mares e océanos ata
que volve a eles. É un camiño cíclico (circular) e
repetitivo.
O ciclo da auga consta dos seguintes procesos:
- Evaporación: a auga de lagos, ríos e do mar,
evapórase (pasa de estado líquido a vapor) pola
calor do sol. Os seres vivos tamén xeran vapor de
auga coa súa transpiración (evapotranspiración).
- Condensación: o vapor da auga arrefría nas
capas altas da atmosfera, condénsase (paso de
gas a líquido) e forma as nubes.

5
- Precipitacións: as pingas de auga, cando pesan
demasiado, caen en forma de chuvia, ou se se
xean, en forma de neve ou sarabia.
- Escorremento superficial: a auga da chuvia e a
da neve cando esta se desconxela, viaxa pola
superficie do terreo dende as zonas elevadas ata
as do nivel do mar, formando ríos e regatos.
- Infiltración: non toda aauga viaxa pola superficie
senón que algunha viaxa polos ocos do solo,
formando as augas subterráneas.
- Evapotranspiración: os seres vivos toman a auga
que despois devolven ao medio en forma de
vapor, contribuíndo así a aumentar a humidade
atmosférica. Tamén volven auga ao medio
mediante os ouriños e os refugos.
- Chegada aos mares e océanos: finamente as
augas superficiais e subterráneas chegan a
desembocar a mares e océanos, pechando así o
ciclo.

5 A AUGA QUE NECESITAMOS


A auga é a substancia máis abundante nos seres
vivos. O ser humano precisa beber arredor 2 de
litros de auga ao día. Ademais, a auga (útil para os
seres vivos) é un recurso escaso que debe ser
usado de forma responsable.
5.1 Usos da auga

6
En España, a auga emprégase principalmente
para:
- A agricultura, para a rega de colleitas.
- A gandería, para beber e limpar nas granxas.
- Na industria, para refrixerar as máquinas e na
limpeza das mesmas.
- Uso doméstico, para a alimetación, limpeza...
5.2 Medidas de aforro de auga
Algunas das cousas que podemos facer nós para
non malgastar auga son:
- Ducharnos en vez de bañarnos.
- Pechar a billa mentres nos enxaboamos ou nos
lavamos os dentes.
- Utilizar lavalouza en lugar de fregar a man.
- Instalar mecanismos de aforro, como por
exemplo na cisterna, que descargue só a metade.
- Revisar a billa para que non perda auga por
goteo.
- Regar as plantas ao amencer ou ao anoitecer,
nunca a mediodía.

6 A AUGA POTABLE
Enténdese por auga potable, aquela auga que foi
sometida a un proceso de potabilización mediante
o que se fai apta para o consumo humano.

7
Segundo a Organización Mundial da Saúde
(OMS), a auga é potable cando:
- Non ten substancias nocivas para a saúde.
- Ten a porcentaxe correcta de gases e sales
inorgánicos disolvidos.
- Ten que ser incolora, inodora e de sabor
agradable.

7 A CALIDADE DA AUGA
Cando as persoas utilizan a auga dun xeito
incorrecto, poden producir a súa contaminación.
Esta contaminación supón un grave problema que
ten distintas causas. As principais causas de
contaminación son:
- As verteduras de augas industriais, gandeiras ou
da minería.
- As augas residuais de núcleos urbanos.
- As verteduras de barcos petroleiros.
- O uso de fertilizantes e praguicidas nos cultivos,
que poden chegar a ríos e augas subterráneas.

Cando a auga está contaminada por algunha


destas causas hai que depurala. O proceso de
depuración ten lugar nas plantas depuradoras
(Estación depuradora de Augas Residuais ou
E.D.A.R.) e é máis especializado e complexo que
o de potabilización.
8
Cada un de nós pode evitar contaminar a
hidrosfera. Algunhas das cousas que podemos
facer son:
- Non tirar lixo ao medio natural.
- Non verter, polo desaugadoiro, substancias
perigosas como pinturas, fármacos, verniz...
- Non botar pilas ao lixo, senón que hai que
depositalas nos contedores especializados.

You might also like