You are on page 1of 32

U.D.

2 CAU

AUGAS DE CONSUMO

1.-CONCEPTO DE AUGA DE CONSUMO HUMANO

2.-SISTEMA DE ABASTECEMENTO

3.-PUNTOS CRÍTICOS DOS ABASTECEMENTOS

4.-CALIFICACIÓN DE AUGA DE CONSUMO HUMANO

1
U.D.2 CAU

1.-CONCEPTO DE AUGA DE CONSUMO HUMANO

Segundo o RD 3/2023 de 10 de xaneiro, enténdese por auga de consumo humano:


Augas para uso humano, no seu estado orixinal ou despois do tratamento, utilizadas para beber,
cociñar, preparar alimentos, hixiene persoal ou outros fins domésticos, tanto en locais públicos
como privados, independentemente da súa orixe,e se suministre dende redes de distribución,
dende cisternas, ou en depósitos móbiles, que sexa salubre e limpa.
Segundo o artigo número 3 deste Real Decreto quedan excluidas do seu ámbito de aplicación:

2
U.D.2 CAU

2.-SISTEMA DE ABASTECEMENTO

Definición

É o conxunto de instalacións para a captación de auga, condución, tratamento de


potabilización da mesma, almacenamento, transporte e distribución da auga de consumo humano
ata as acometidas dos consumidores.

O abastecemento de auga potable inclúe os servizos de:

- Adución: captación e nacemento, embalse, conducións primarias, tratamento e depósito.

- Distribución xeral: grupos de presión, distribución por tubarias, válvulas e aparatos ata a
acometida dos usuarios.

- Distribución domiciliaria: distribución interna dos edificios, é dicir, desde a acometida.

O saneamento inclúe os servizos de sumidoiros e depuración de augas residuais e pluviais.

A auga potable de consumo público obterase, no posible, da orixe máis adecuada, de forma
que, tras o tratamento correcto, que se axuste ás características dispostas na lexislación vixente
(Real Decreto3/2023) tanto con respecto aos caracteres fisicoquímicos como microbiolóxicos.

En todo caso asegurarase a protección sanitaria dos acuíferos, cauces, cuncas e zonas de
captación.

A priori, as augas subterráneas poderán considerarse como naturalmente puras e as


superficiais como contaminadas.

Na práctica isto non é así en todos os casos, xa que a maior contaminación das augas
superficiais é máis ben aparente.

Cando é necesario realizar tratamentos en augas profundas, estes adoitan ser máis difíciles
e custosos.

3
U.D.2 CAU

No relativo á temperatura e contido en materia orgánica, adoitan ser máis adecuadas as


augas profundas e, ademais, adoitan presentar unha maior mineralización.

4
U.D.2 CAU

3.-PUNTOS CRÍTICOS DOS ABASTECEMENTOS

Para conseguir un bo abastecemento de auga hai que buscar a fonte de captación de maior
calidade e proceder ao seu tratamento coa finalidade de adecuar as características do auga captada
ás normas de calidade establecidas.

Á hora de realizar o estudo dos caracteres dos abastecementos, será necesario ter en conta
toda unha serie de puntos críticos:

a) CAPTACIÓN DA AUGA: Hai 4 modalidades de captación:

AUGAS DE PRECIPITACIÓN: poden proceder de chuvia ou neve. A captación pódese


levar a cabo mediante azoteas acondicionadas, tellados con sistemas de recolección,
impermeabilización de ladeiras con depósito de recollida…
En teoría, estas augas serían potables, tanto química como microbioloxicamente; sen
embargo, na práctica, adoitan estar contaminadas, polo que sempre é necesario efectuar,
polo menos, a desinfección.

AUGAS SUPERFICIAIS: ríos, lagos, embalses. Nos ríos, o lugar de captación é moi
variable en función do caudal, materiais de arrastre, navegabilidade, etc. requiríndose un
estudo particular de cada caso. A captación farase augas arriba da poboación que se quere
abastecer, tomándose habitualmente a auga da parte central do cauce e próxima á
superficie.

5
U.D.2 CAU

Para asegurar o subministro á poboación da cantidade de auga necesaria durante todo o ano
recórrese aos embalses de regulación que, en función das súas características, se clasifican
en:
- Embalses con restricións nos seus aproveitamentos secundarios, tales como caza,
pesca, baños, natación, navegación deportiva a remo, vela e motor.

- Embalses sen restricións pero que presentan condicións naturais pouco favorables,
como superficie reducida, natureza lodosa, variación importante e frecuente da
lámina de auga, turbidez excesiva, etc.

- Embalses sen restricións.


En embalses e lagos profundos de nivel relativamente constante, a captación farase a
unha profundidade de 30-35 metros, para obviar os problemas de proliferación de
plancto por efecto da luz solar, e polo menos a 7 metros por encima do fondo para
evitar a contaminación por partículas ocasionadas polas correntes profundas.
Tamén debe de terse en conta a posible inversión de capas de auga por efectos
térmicos.

En embalses de pouca profundidade e nivel variable, a toma de auga debe facerse o máis
lonxe posible das beiras e polo menos a 20 cm da superficie para eliminar os
contaminantes flotantes e para que a auga captada proceda dunha zona de aireación que
favorece a auto depuración.

Para iso adoitan instalarse torres con tomas a diferentes alturas.

AUGAS PROFUNDAS: Manantiais, pozos… os pozos deben ser profundos, por debaixo
da capa freática, para aumentar o rendemento.

Ten gran importancia a calidade do terreo, os terreos areosos adoitan producir augas menos
contaminadas por efecto da filtración, mentres que os impermeables (p. ex. arxilosos) non
producen este efecto ao circular a auga a través de fendas.

É indispensable garantir un perímetro de protección de 100-250 metros, con valla ou con


arame que impida a penetración de animais.

6
U.D.2 CAU

Os pozos deben ter un peche hermético e unha zona cementada ó redor que evite a
penetración directa de auga de chuvia e filtracións.

AUGA DE MAR: en principio non é aconsellable a súa utilización como fonte para augas
de consumo, sempre que exista outra alternativa. En caso de ser necesario, a captación
farase lonxe da beira e das zonas de baño, evitando os lugares onde se realice vertido de
augas residuais.

A tecnoloxía actualmente dispoñible para a desalgación de augas de mar, polo seu elevado
custe, impide o seu uso extensivo, polo que unicamente se utilizarán nos lugares nos que
non se dispoña de outras fontes de captación.

CONSIDERACIÓNS Á HORA DE EXTRAER A AUGA PARA O CONSUMO

Fonte de abastecemento:
a) Pozo:
• Existencia dunha plataforma de drenaxe de 1-2 metros.
• Existencia dunha boca de 30 cm de altura, con revestimento interior adecuado, tapadeira
ou caseta.
• Método de extracción do auga (bombeo, cubos…)
• Verificación de si existen posibles focos contaminantes a menos de 100 metros, que é a
zona establecida como «área protectora»

b) Manancial:
-Existencia de caseta para protección da captación.
- Existencia da área de protección de 30-90 m, e plataforma de drenaxe.
- Constatación de que non existen focos próximos de contaminación.
- Medición do caudal de auga para saber si pode abastecer a toda a poboación.

c) Río:
- Observación do lugar en que se realiza a toma de augas, si se efectúa nas beiras ou no
centro do cauce, ou ben mediante galerías de infiltración.
- Comprobación do cumprimento das características básicas de calidade que deben
manterse nas correntes de augas superficiais que vaian a ser destinadas á produción de
auga para consumo.

7
U.D.2 CAU

d) Embalse:
- Coñecemento da existencia de poboacións próximas que puideran contaminar a auga,
vertido de ríos contaminados, augas residuais, cámping próximo…
- Utilización da auga para baño ou para navegación a motor, etc.
- Capacidade do embalse, profundidade e grado de eutrofización.
- Características da toma (superficial ou profunda)

b) condución
Denomínase condución ao recorrido do auga desde a fonte de abastecemento ata a estación
de tratamento, ou ben ata o depósito.

Débese comprobar:
- A distancia en metros da traída de augas
- O material de condución (ferro, fibrocemento, formigón, PVC)
- O tipo de condución:
*a presión (con motores)
*rodada (polo seu propio peso ou gravidade).
- Anomalías na condución:
*falta de protección
*filtracións ou fugas frecuentes
*existencia de focos contaminantes no traxecto…

c) tratamentos de potabilización nas ETAP


Son o conxunto de estruturas nas que se trata a auga captada (auga bruta) de forma que se
volva apta para o consumo humano (auga potable).

• ETAP (estación de tratamento de auga potable): Definición artículo2 do RD apartado f

• EPA (estación potabilizadora de auga)

• As augas naturais poden conter, en función da súa orixe, unha ampla variedade de
compostos, orgánicos e inorgánicos.

8
U.D.2 CAU

Na potabilización das augas de consumo público se levan a cabo unha serie de


procedementos:
-mecánicos
-físicos
-químicos
-biolóxicos
necesarios para facer que as augas naturais sexan aptas para o consumo humano.

Estas instalacións adoitan localizarse entre os puntos de captación da auga, os depósitos de


almacenamento e as redes de distribución ou canalizacións que van aos fogares.

A natureza dos contaminantes que presenta a auga é o que marca a elección dos procesos
individuais de depuración, así como a calidade de auga tratada que se pretenda obter.

Os procesos de depuración poden ir desde a simple desinfección, ata unha planta


depuradora complexa con procesos específicos: ozonización, remineralización, adsorción por
carbón activo, etc.

9
U.D.2 CAU

Etapas de potabilización nas ETAP

1º) TRATAMENTOS MECÁNICOS OU PRELIMINARES

• FINALIDADE: Eliminar a maioría das grandes partículas en suspensión que leva a auga.

• PROCESO:

DESBASTE: mediante reixas que reteñen obxectos, en


xeral flotantes, tales como: follas, paus, ramas e ata
peixes, presentes nas augas naturais. Limparanse
periodicamente.

PENEIRADO: mediante mallas, retén os materiais máis


pequenos como follas, herbas, terras…que atravesan as
reixas de desbaste. As mallas de peneirado límpanse de
forma automática.

10
U.D.2 CAU

DESAREADO: realízase en canais nos que se reduce


a velocidade da auga, propiciando a sedimentación
das partículas.

O seu obxectivo é eliminar partículas máis densas


que a auga, que non quedaran retidas no desbaste e
cun tamaño superior a 200 micras, sobre todo areas,
pero tamén outras sustancias como cáscaras,
sementes, etc. Con este proceso conséguese protexer
os equipos de procesos posteriores ante a abrasión,
atascos e sobrecargas.

2º) TRATAMENTOS FÍSICOS

AIREACIÓN: é un proceso de tratamento no que o auga entra en contacto co aire co propósito de


incrementar o seu contido en oxixeno.

Realízase en tanques de aireación.

O ter un maior contido en oxixeno fai que:


1. Elimínanse sustancias volátiles, como o sulfuro de hidróxeno e o metano, que afectan ao
sabor e o olor.
2. Redúcese o contido de CO2 da auga.
3. Oxídanse os minerais disoltos, como o Fe e Mn, para que formen precipitados que se
poden retirar por decantación ou filtración.

SEDIMENTACIÓN: este proceso realízase diminuíndo a velocidade de circulación da auga ata


permitir que a materia sedimentable se deposite de forma natural por gravidade no fondo.

Realízase en tanques de retención ou decantadores.


11
U.D.2 CAU

Os lodos depositados no fondo deben ser eliminados mediante un sistema de baleirado.

FILTRACIÓN: faise pasar a auga a través dun medio poroso (normalmente area). Desta maneira,
as partículas que hai en suspensión na auga, de tamaño maior ao diámetro do filtro quedan retidas
nel.

É necesario realizar lavados do filtro a contracorrente,


para desobstruílo.

Poden empregarse filtros de area, sílex, carbón activo


ou combinacións de diferentes materiais.

Os filtros poden ser abertos ou cerrados.


Os filtros cerrados consisten nun recipiente cerrado
onde a auga entra a presión podendo existir unha ou varias
capas de materiais filtrantes como area, antracita, …. Dispoñen
dun sistema de lavado por auga ou aire.

12
U.D.2 CAU

3º) TRATAMENTOS QUÍMICOS

COAGULACIÓN-FLOCULACIÓN: elimina sólidos en suspensión.

Na coagulación, agrégase unha sustancia a auga para que as partículas en suspensión sexan
atraídas unhas ás outras cara ao material agregado.

O proceso de floculación segue á coagulación, consiste nunha axitación suave e lenta.

As partículas entran máis en contacto recíproco, únense unhas a outras formando partículas
maiores.

Os coagulantes son cloruros e sulfatos de aluminio e ferro e os floculantes son


polielectrolitos.

Cos procesos descritos anteriormente obtemos un auga libre de sustancias en suspensión,


transparente, pero non desprovista de microorganismos.

DESINFECCIÓN

Obxectivos:

- Destruír a maior parte da materia orgánica e microorganismos procedentes da captación.

- Destruír xermes que podan acceder á auga durante o recorrido polas conducións.

- Asegurar o control microbiano da auga dende que ingresa ata que sae pola rede de
distribución.

13
U.D.2 CAU

A desinfección da auga é necesaria como un dos últimos pasos na planta de tratamento de


auga potable (ETAP), para previr que esta sexa daniña para nosa saúde.

Moitas veces, tratándose de auga de mananciais naturais ou de pozo, a desinfección é o único


tratamento que se da á auga para obter auga apta para consumo humano.

Pode facerse por medios químicos ou físicos.

Cada un destes medios ten as súas vantaxes e desvantaxes.

a) Métodos físicos:

-Filtración: empregánse filtros con tamaño de poro inferior a 1 micra. Este método úsase
especialmente en plantas de envasado de augas para a eliminación de algas, e tamén nos
fogares.

- Calor: é un método sinxelo e eficaz para a desinfección da auga, pero ten o


inconveniente de que altera o sabor da auga ao eliminar o O2 e o CO2 (será necesario
airear a auga para incorporalos de novo), non ten efecto residual e é un método caro. Só
se utiliza nos domicilios e en casos de emerxencia.

-Ultrasóns: consiste en utilizar frecuencias ultrasónicas. É un procedemento caro que


soamente se emprega en industrias alimentarias e no envasado de augas.

14
U.D.2 CAU

- Radiacións ultravioleta (UV): non modifica a composición física e química da auga, nin
provoca olores nin sabores particulares, pero é necesario que a auga estea transparente,
pois en caso contrario podería perder a eficacia.

- Radiacións ionizantes: utilízase o Cobalto 60. Non adoita aplicarse na desinfección de


augas de consumo público, pero si nas envasadas, nas industrias de alimentación e na
depuración de moluscos.

b) Métodos químicos:

Son os máis usados pola súa eficacia, fácil manexo e baixo coste.

Actúan por oxidación e rotura dsa paredes celular dos microorganismos ou ben penetran
na célula microbiana e interfiren na súa actividade.

Calquera que sexa o desinfectante empregado deberá existir un residuo de desinfectante


na auga da billa, que evite a contaminación nos puntos finais da rede.

- Cloro e os sus compostos: é o desinfectante de maior uso por 3 razóns:

- é barato e fácil de comercializar.


- ten un efecto residual sobre a auga.
- posúe acción bactericida e oxidante.

O regulamento técnico sobre a auga de consumo establece que “ as augas distribuídas para
consumo humano deberán conter, en todo momento, cloro residual libre ou combinado con outros
axentes desinfectantes..”

No proceso de cloración obtéñense 2 tipos de cloro residual:

1. Cloro residual libre: cloro molecular (Cl2), ácido hipocloroso (HClO) e o ión hipoclorito
(ClO-).

2. Cloro residual combinado, combinado con amoníaco ou con compostos de nitróxeno


orgánico, formando monocloraminas, dicloraminas e tricloraminas.

15
U.D.2 CAU

O cloro combinado ten un efecto oxidante máis lento que o cloro libre e a súa acción
bactericida é máis lenta.

O cloro ao disolverse na auga provoca a seguinte reacción:

Cl2 + H2O ↔ HClO+ HCl

O ácido hipocloroso descomponse orixinando osixeno nacente que é o responsable da


acción oxidativa:
HClO ↔ HCl + O*

Este ácido é a forma activa do cloro, sendo capaz de eliminar bacterias, desactivar
microorganismos, oxidar os compostos orgánicos e nitroxenados e destruír as algas.

O principal inconveniente do uso do cloro como desinfectante é a formación de


trihalometanos (THM)

Cloración: coa adicción de cloro á auga (cloro gas, hipocloritos, dióxido de cloro) obténse a
denominada cloración residual libre (CRL).

• A demanda de cloro é a cantidade de cloro necesaria para que despois de desinfectar a auga e
oxidar a materia orgánica e inorgánica quede cloro libre en pequena cantidade, que se valora á
media hora mediante un indicador (ortotoluidina).

• Dedúcese restando o cloro residual da cantidade total engadida.

Fases da cloración ao punto de ruptura ou “breakpoint”:

1. Na primeira fase, ao comezar a adición de cloro á auga, este reacciona primeiro coas
sustancias inorgánicas oxidables, que reducirán a maior parte do cloro a ión cloruro.

Cl2+ R-H ↔ R-Cl + HCl

16
U.D.2 CAU

2. Na segunda fase, ao ir engadindo máis cloro, este combínase có amoníaco e coa materia
orgánica formando as cloraminas e outros compostos orgánicos detectables, como o cloro
residual combinado (CRC).

3. Na terceira fase, o incremento de cloro elimina as cloraminas e outros compostos


orgánicos. Así diminúe a concentración de CRC ata chegar a un mínimo, chamado “punto
crítico, punto de ruptura ou “breakpoint”.

4. Na cuarta fase, a adicción de cloro máis alá do punto de ruptura, conducirá ao aumento
proporcional do cloro residual libre, ata manter unha concentración estable de CRC
resultante dos compostos non eliminados polo CRL.

O “breakpoint” é a doses correspondente ao mínimo da curva.

Para realizar unha boa desinfección haberá que eliminar a materia orgánica presente na
auga superando o punto crítico.

A concentración idónea de cloro a engadir á auga a tratar para obter un CRL suficiente vai
a depender do contido en materia orgánica da auga en orixe.

17
U.D.2 CAU

Para conseguir unha cloración eficaz requírese:


- Unha aplicación uniforme de cloro a todas as porcións da auga tratada.

- Determinar correctamente a cantidade de desinfectante a engadir, dependendo da


concentración do produto, caudal da auga, pH, materia orgánica contida, nivel de
consumo, etc.

- Asegurar un tempo de reacción suficiente da auga co cloro (non menos de 30 min)

- Garantir a correcta regulación do tratamento para conseguir un auga que sexa


inocua e ao mesmo tempo agradable.

Os dosificadores de cloro poden ser:

1) Dosificador de cloro-gas a presión: a súa posta en funcionamento pode ser mecánica ou


manual.
O cloro-gas mestúrase coa auga a tratar a través dun difusor introducido na auga do
depósito.
Hai que ter en conta que o aporte de cloro á auga é continuo polo que deberá incorporarse
algún sistema de parada cando o nivel de auga do depósito estea por debaixo do difusor de
cloro, para evitar fugas de gas á atmosfera.

2) Dosificador de cloro-gas por baleiro: o dosificador ponse en funcionamento debido ao


baleiro por un inxector “Venturi”, cando circula a auga polo seu interior. Polo tanto, a
demanda de cloro vai en función da auga que circula, de aí que non sexa aconsellable para
captacións onde a presión non é constante.

18
U.D.2 CAU

3) Dosificador de hipoclorito por balancín: a súa posta en marcha lévase a cabo mediante
unha válvula accionada por un flotador, de forma similar ás cisternas dos W.C.

4) Dosificador de hipoclorito por gravidade: consiste nun tubo cun orificio calibrado,
mantido mediante flotadores. É un sistema moi rudimentario e non é aconsellable salvo en
situacións especiais.

5) Dosificador de hipoclorito por baleiro: é o mesmo que o referido para o cloro-gas, coa
diferencia de que está conectado a unha cuba de hipoclorito.

6) Dosificador electrolítico de membrana: o dosificador está conectado á rede eléctrica. Os


impulsos eléctricos xerados pola rede son convertidos en impulsos mecánicos. A través
dunha membrana aspiran a solución de hipoclorito contida nunha cubeta.

7) Dosificador de hipoclorito de pistón: unha bomba de pistón dosificadora impulsa


hipoclorito de forma continua e cunha frecuencia regulable.

19
U.D.2 CAU

A desinfección pode ser descontinua ou a demanda con varios métodos para conseguir a
dosificación correcta.

1) Analizador de concentracións de cloro: cando a concentración de cloro diminúe por


debaixo do nivel programado comeza a funcionar a bomba dosificadora.

2) Presostato: o dosificador ponse en funcionamento ao mesmo tempo que o fai a bomba de


extracción de auga do pozo, aportando unha concentración determinada de cloro por
volume de auga extraída.

3) Programación horaria: o dosificador se programa a determinadas horas do día,


permanecendo parada cando no hai demanda de auga.

4) Caudalímetro: dosificación en función do caudal de entrada de auga ao depósito, medido


na tubaria de entrada ao mesmo.

Dependendo do tipo de tratamento, se aconsella que as concentracións de cloro residual


(libre ou combinado) na billa do consumidor se asusten ás seguintes concentracións:

20
U.D.2 CAU

PROBLEMAS DERIVADOS DA CLORACIÓN

Pódense producir por tres causas:

1) POR EXCESO DE CLORACIÓN:

- Formación de produtos químicos secundarios: trihalometanos


- Producción de olores e sabores estraños
- Aumento da corrosión de conducións e depósitos.
- Aumento dos gastos de depuración do auga.

2) POLA MESTURA DE AUGA TRATADA CON AUGA SEN TRATAR ou


MESTURAS DE AUGAS DE DIFERENTES TRATAMENTOS:

- Anulación do poder desinfectante do cloro.


- Modificación das características de potabilidade (PH, olor, sabor…)

3) POLA UTILIZACIÓN DE PRODUTOS NON APTOS PARA O TRATAMENTO


DA AUGA DE BEBIDA:

- Incorporación de impurezas que poden deteriorar a calidade da auga de consumo.

21
U.D.2 CAU

COMPOSTOS DE CLORO MÁIS UTILIZADOS NA DESINFECCIÓN DA AUGA

HIPOCLORITOS

- De sodio (NaClO) e de Calcio Ca(ClO)2, débense conservar a baixas temperaturas e protexidos


da luz e da humidade.
- A cloración con hipoclorito de sodio é o método de desinfección máis utilizado en
abastecementos pequenos.
- Vantaxes: é moi barato e non necesita disolución previa.
- Inconveniente: aumenta excesivamente o pH.
- Utilízanse moito as disolucións de hipoclorito sódico chamadas lixivias, cunha concentración do
0,5-1%.

Hipoclorito cálcico comercialízase en grao fino ou tabletas, é moi estable e facilmente


manexable.
O seu contido en cloro é maior ca no sódico, pero ten o inconveniente de que
pode producir auga turbia, incrustacións e calcificacións nos filtros.
Cloro-gas
- En xeral obtense por electrólises do cloruro sódico en disolución. O gas exento de
humidade comprímese e envásase licuado, que ao pasar por uns evaporadores se transforma
en cloro gasoso, que cando está seco non é corrosivo, pero si en contacto coa humidade.

- S aplicación realízase a través dun clorador que é un aparato que reduce a presión do cloro
envasado e un hidro-exector que mestura o cloro cun determinado volume de auga por
unidade de tempo.

- É un gas tóxico e de manipulación perigosa, irritante respiratorio e que pode producir a


morte por asfixia.

22
U.D.2 CAU

- Medidas de seguridade: dado que existe risco de escapes, o depósito de cloración instálase
nun lugar apartado e ben ventilado, un contenedor hermético situado a ras do solo e provisto
dun sistema de alarma e unha torre de neutralización con sosa ou tiosulfato sódico.

Dióxido de cloro (ClO2)


- É un gas de olor penetrante, con gran poder oxidante, desodorizante e decolorante.
- Ten o inconveniente do seu maior custe e o seu difícil manexo (é irritante)

Cloraminación
- Cloro mesturado con amoníaco, para formar monocloraminas.
- É un composto de menor poder desinfectante que os hipocloritos e o cloro gas.
- A reacción do cloro co amoníaco tamén pode producir di e tricloraminas que causan
sabores desagradables na auga e producen sustancias secundarias indesexables.
- Para que so se formen monocloraminas é necesario engadir unha proporción adecuada de
cloro e amoníaco (1/3 o 1/4) e un pH maior de 8,5.

Outros métodos químicos de desinfección:

Ozonización
-O ozono (O3) é unha forma alotrópica (propiedade dun elemento de posuír estruturas
moleculares diferentes), do osixeno que se descompón rapidamente dando O2 e O.

-É un oxidante moi potente, é moi volátil, e non convén a súa utilización como desinfectante
único, xa que non deixa residuo na auga.

-Pode dosificarse como complementario do cloro e rebaixar a concentración necesaria do


mesmo, co que mellora o sabor final da auga.

INCONVINTES: elevado custe de producción e que necesita persoal moi cualificado para a
súa manipulación.

23
U.D.2 CAU

Permanganato potásico (KMnO4)


• Para pretratamento de augas superficiais (elimina olores e sabores, ademais do ferro e
magnesio.

• Tamén usado para desinfección nas limpezas de depósitos e tubarias.

• O seu poder desinfectante é menor cá do cloro e é tres veces máis caro.

Peróxido de hidróxeno (H2O2)


• É un desinfectante pobre, se precisan grandes cantidades para a súa aplicación.

• É utilizado para desinfectar superficies.

Bromo e sales de prata e cobre


• Poder alguicida e desinfectante.

• A súa utilización se limita a piscinas e desinfección de torres de refrixeración.

OUTROS TRATAMENTOS DE DESINFECCIÓN QUÍMICOS

Nos casos en que a auga a tratar conteña determinados elementos que non poden ser
eliminados polos tratamentos convencionais, débense aplicar outro tipo de tratamentos máis
sofisticados:

• Absorción por resinas de intercambio iónico


• Microfiltración
• Ultrafiltración
• Nanofiltración
• Ósmoses inversa

24
U.D.2 CAU

d) almacenamento: depósitos
-depósitos da rede xeral
-depósitos de instalacións interiores

DEPÓSITOS DA REDE XERAL


En abastecementos de auga, enténdese por depósitos
as estruturas aptas para conter certo volume de auga.

Funcións dos depósitos da rede xeral:

• Dar seguridade ao abastecemento: asegurar a cantidade necesaria de auga depurada ao usuario,


e evitar a interrupción do subministro na rede de distribución e nas instalacións de tratamento.

• Garantir o abastecemento de auga de calidade: mentres estea a auga nos depósitos está
actuando o cloro.

• Regular o caudal e a presión da rede: subministrar a presión suficiente para levar a cabo a
distribución da auga sen un aporte extra de enerxía.

Clasificación dos depósitos da rede xeral:

25
U.D.2 CAU

Condicións:
Tendo en conta que as augas contidas no depósito van, a través da rede de distribución,
directamente ao consumo, o depósito debe garantir que a calidade das augas non se deteriore,
evitando variacións de temperatura, desenvolvemento de algas ou microorganismos, etc.

Emprazamento e construcción:
-Os depósitos enterrados ou semienterrados sempre estarán situados por encima da rede de
saneamento, augas de escorrentías ou subterráneas. Ningún sumidoiro debe estar a menos de
3 metros do depósito.

-Os depósitos construídos con formigón, cemento, PVC sanitario non precisa recubrimento
impermeable, si en cambio os construídos con ladrillo ou mampostería.

-As paredes do depósito e as súas cubertas non presentarán fisuras e serán resistentes,
impermeables e lavables.

-Disporán dun valado de protección que evite o acceso de persoas e animais.

-Estarán dotados de tubarias de rebosamento, aireación e baleirado, todas elas protexidas con
reixa ou tea metálica.

-As cubertas serán firmes, herméticas, dotadas de dispositivos de cerre e con grado de
inclinación suficiente que impida a retención de augas e residuos contaminantes.

-A circulación de auga no interior debe ser a adecuada, a fin de evitar zonas mortas sen
circulación.

-Os respiradoiros deben protexerse para evitar calquera fonte de contaminación exterior.

-Disporán de billa á saída do depósito e outro antes da entrada, para facilitar a toma de
mostras.

26
U.D.2 CAU

Mantemento e conservación dos depósitos:


-O persoal de mantemento disporá do carné de manipulador de alimentos.

-Cada 2 anos procederase á limpeza dos vasos en contacto coas augas.

-Construír depósito de dobre vaso, para realizar limpeza sen deter subministro.

-Os produtos empregados na limpeza axustaranse á norma UNE-EN.

DEPÓSITOS DE INSTALACIÓNS INTERIORES

• Son aqueles situados en edificios que reciben auga xa tratada dunha rede de distribución xeral. A
súa función é a de garantir un subministro constante e a presión suficiente.

• Dado que forma parte da distribución domiciliaria, o propietario do edificio é responsable do seu
mantemento.

• As condiciones sanitarias dos depósitos interiores deben cumprir coa normativa vixente.

Todos os depósitos interiores, exceptuando os de edificios destinados ao uso exclusivo de


vivenda, deberán dispor dun programa de mantemento acorde coas características do depósito, que
será realizado por persoal suficientemente cualificado.

Cada instalación deberá dispor dun rexistro de mantemento onde se reflexen as revisións,
limpezas e controis efectuados.

27
U.D.2 CAU

REDE DE DISTRIBUCIÓN

• Comprende todo o conxunto de conducións e tubarias que distribúen a auga tratada desde os
depósitos ata a billa do consumidor.

• A empresa xestora da auga é responsable da calidade da auga ata a chave de paso anterior á
entrada de cada edificio.

• A rede interior de edificios e establecementos é responsabilidade dos propietarios.

1) TIPOS DE REDES DE DISTRIBUCIÓN


2) MATERIAIS DA REDE DE DISTRIBUCIÓN
3) OUTRAS FONTES DE SUBMINISTRO
4) FONTES NON CONECTADAS Á REDE PÚBLICA

1) TIPOS DE REDES DE DISTRIBUCIÓN


• A rede de distribución transcorre, en xeral, baixo o pavimento a unha profundidade
variable entre 0,5 y 1 m.

• Respectar esta profundidade é importante á hora de evitar roturas provocadas polo


transporte pesado e para o mantemento da auga a boa temperatura.

Clasificación segundo a súa importancia:

-CONDUCCIÓNS PRINCIPAIS: Levan a auga desde a captación ata as estacións de


tratamento, destas aos depósitos ou desde un depósito a outro. En xeral son lineais, non
presentan ramificacións.

-CONDUCCIÓNS SECUNDARIAS OU DE DISTRIBUCIÓN:


tubarias de menor tamaño e estrutura ramificada diversa, levan a auga ata a entrada dos
domicilios e edificios.

-CONDUCCIÓNS INTERIORES OU DE REDES DOMICILIARIAS:


subministran auga no interior do edificio.

28
U.D.2 CAU

Clasificación segundo a súa estrutura:

-RAMIFICADA: É unha condución principal da que derivan tubarias secundarias, das que a
súa vez parten outras de terceiro ou cuarto orde. Cada vez de menor tamaño.
Semellante ás ramas dunha árbore.

-MALLADA OU RETICULAR: os ramais da rede anterior están unidos e a auga pode


chegar a un punto determinado por varios lados.

-CIRCULAR: A condución principal se completa con outras conducións secundarias.

2) MATERIAIS DA REDE DE DISTRIBUCIÓN


• As conducións e tubarias deberán estar construídas con materiais que non introduzan na auga
ningunha sustancia, nin microorganismo que altere a súa potabilidade.

29
U.D.2 CAU

• Actualmente a lexislación vixente recoñece como materiais válidos para conducións: ferro
(fundido ou dúctil), aceiro, fibrocemento, formigón, bronce, chumbo, cobre, caucho e plástico
(PVC e polietileno).
• A tendencia hoxe en día é a eliminación do chumbo como compoñente de tubarias, debido aos
problemas sanitarios que poden aparecer pola súa aportación á auga.

• As conducións que conteñen amianto xa non poden ser fabricadas nin instaladas.

3)OUTRAS FONTES DE SUBMINISTRO

Camión cisterna
-En casos nos que non exista outra posibilidade de
subministro.

-A calidade da auga debe cumprir as mesmas


condicións que as distribuídas por rede.

-A empresa propietaria da cisterna debe cumprir cos requisitos establecidos na lexislación.

4) FONTES NON CONECTADAS Á REDE PÚBLICA

• Fontes públicas de orixe natural, que tradicionalmente son


utilizados pola poboación.

• Polo xeral, existe a crenza na bondade destas augas, sen


embargo, unha gran parte destas fontes pode sufrir algún tipo
de contaminación microbiolóxica, xa que non son tratadas
con desinfectante algún.

30
U.D.2 CAU

• As fontes públicas son analizadas periodicamente pola Administración sanitaria coa


finalidade de verificar a súa potabilidade.

4.-CALIFICACIÓN DE AUGA DE CONSUMO HUMANO

REAL DECRETO 3/2023 DE 10 DE XANEIRO

• A auga de consumo sométese a diversos análise de control e así pode ser cualificada desde o
punto de vista sanitario. Ver artigo 6 do RD

• A calidade da auga é cualificada atendendo aos resultados das análises de laboratorio, segundo
os niveis e parámetros microbiolóxicos, químicos, indicadores e radioactivos establecidos na
normativa vixente, concretamente no RD 3/2023 de 10 de xaneiro polo que se establecen os
criterios sanitarios da calidade da auga de consumo humano. Ver ANEXO I

A) AUGAS APTAS PARA O CONSUMO


• Cualificase así a auga que non conten ningún tipo de microorganismo parásito ou sustancia,
nunha cantidade ou concentración que non poda supor un perigo para a saúde humana.

• Cumpre cos requisitos especificados para os parámetros microbiolóxicos, químicos, indicadores


de calidade e radioactivos

• Cualificase como auga apta para o consumo, con exceso nun... (nun parámetro indicador) ou
auga que cumpre todo o anterior, pero sobrepasa ata certos niveis os valores para os parámetros
indicadores de calidade (color, olor...).

• Cualificase como auga apta para o consumo; con exceso nun... (nun parámetro químico) ou auga
de consumo que conten un ou varios parámetros químicos con valores por encima do valor legal,
pero que o seu subministro está autorizado pola Autoridade Sanitaria Autonómica.

B) AUGAS NON APTAS PARA O CONSUMO


• A auga que non cumpre cos requisitos anteriores.

31
U.D.2 CAU

• No caso de que alcancen niveis moi altos os parámetros microbiolóxicos, químicos e


radioactivos, a Autoridade Sanitaria podería considerar que é AUGA NON APTA PARA O
CONSUMO CON RISCOS PARA A SAÚDE.

32

You might also like