You are on page 1of 1

Solucións control Tema 10

1. A-F; B-F; C-V; D-V; E-F.


2. A. Ningunha característica destacada xa que a auga pura é incolora, inodora e insípida.
B. Porque o xeo flota sobre a auga líquida, xa que ten menor densidade ca ela.
C. Porque a auga pode disolver pequenas cantidades de gases, como o osíxeno que necesi-
tan os seres vivos acuáticos para respirar.
3.
A. Glaciares e casquetes polares.
B. Augas de océanos e mares.
C. Augas subterráneas.
D. Augas superficiais.

4. Como o 97 % son augas mariñas, o 3 % son doces; logo, os km que hai de auga doce no
planeta son:

3 · 1 500/100 = 45 millóns

5. O texto debe completarse así: (1) auga, (2) Terra, (3) atmosfera, (4) nubes, (5) precipitación,
(6) chuvia, (7) neve, (8) constante, (9) auga, (10) ríos, (11) mar, (12) superficie, (13) cerrado,
(14) auga, (15) constante.

6. Algunhas das razóns que o alumnado debe de citar son: As reservas de auga para o consumo

están limitadas ás augas doces. A súa distribución no planeta é irregular. O seu nivel de
contaminación é cada vez maior xa que a contaminamos con maior rapidez do que a
depuramos. O seu consumo é cada vez maior.

7. Microorganismos - Augas residuais; Mareas negras - Verteduras de petróleo no mar;


Insecticidas e fertilizantes - Procedentes da agricultura; Substancias químicas - Procedentes da
industria.

8. A auga potable é auga apta para o consumo humano. Esta auga está libre de
microorganismos, ten unha determinada proporción de sales e non ten contaminantes nin
presenta turbidez.

9. Potabilización é a serie de procesos que se lle fan á auga da natureza para que poida ser
apta para o consumo, e a depuración é o proceso polo cal libramos de contaminantes as augas
residuais, para despois devolvelas ao medio natural; pero unha auga depurada non pode
beberse.

10. Rega de xardíns, enchedura de fontes, lavado de beirarrúas, etc.

You might also like