You are on page 1of 2

Ensino e Aprendizaxe das Ciencias Naturais e Ciencias Sociais

Paloma Blanco e Pablo Brocos

Como afecta o Quentamento Global ao nivel do mar?


SESIÓN 1
Nome dos integrantes do grupo: Álvaro Arbizu Ponce

Fase 1. Identificación do problema ou reto a solventar

Parte A. A que nos referimos coa expresión nivel do mar a escala local? E co nivel do
mar a escala global?

A expresión nivel do mar a escala local fai referencia á media entre a marea alta e baixa
dunha zona en concreto, o que se emprega para facer estimacións e estudos de como
pode afectar as subidas e baixadas do mar. É o xeito máis preciso de estudar as influencias
deste fenómeno, xa que a variación global do nivel do mar pode influír de xeito
radicalmente diferente nas distintas partes do mundo, sexa pola súa altitude, polas
mareas, por accidentes xeográficos…
Pola contra, cando falamos de nivel do mar a escala global, falamos do aumento de alga
no volume dos océanos ou das cuncas oceánicas.

Como podemos medilos?

Primeiro hai que dicir que, como ben dixemos antes, a realidade das distintas partes do
mundo son moi diferentes cando falamos do nivel do mar, polo que cada zona emprega as
súas referencias históricas á hora de realizar medicións do nivel do mar, para poder asía
comparalas e estudar as tendencias, as causas, as posibles consecuencias...
O aparello que se emprega normalmente para medir isto chámase mareógrafo, que
detecta a variación do nivel do mar en relación a aun dato vertical. Para isto poden
empregar diferentes técnicas ou parámetros. Hai mareógrafos que empregan a presión
atmosférica, ultrasóns...

Parte B. Cales son as estimacións da subida do nivel do mar en Galicia? Afecta por igual
en todas as rexións? Proba a modificar os distintos parámetros.
https://coastal.climatecentral.org/

As estimacións son bastante catastrofistas, deixando varios lugares icónicos galegos


sumerxidos, como poden ser o castro de Baroña, a praia de Pantín en Valdoviño, ou parte
da illa de Arousa. Como dixen nas preguntas anteriores, non afectaría igual a todos os
Ensino e Aprendizaxe das Ciencias Naturais e Ciencias Sociais
Paloma Blanco e Pablo Brocos

territorios, xa que depende do tipo de costa, dos accidentes xeográficos presentes, e das
cracterísticas concretas, pero non hai dúbida de que unha subida do nivel do mar xeraría
unha perda en moitos aspectos, como perda do turismo, imposibilidade para realizar
algunhas actividades económicas, inundamento de algunhas poboacións...

Parte C. Que se representa no video? https://sealevel.nasa.gov/resources/118/video-


27-year-sea-level-rise/

No vídeo represéntase o que vai subir o mar en todo o mundo mantendo a tendencia
actual.

Que pensades que pode estar causando a subida do nivel do mar (non é preciso buscar
información)? Explicade e xustificade a vosa resposta

Creo que o que pode estar causando isto é un desxeo, xa que para que suba o volume de
alga tense que derreter o xeo. Isto estaría provocado por un aumento na temperatura
media da terra, causado polo cambio climático froito da contaminación.

Parte D. Buscade información e datos sobre unha das zonas de Galicia na que
detectedes riscos elevados derivados da subida do nivel do mar.
Que zona escollestes?
Escollín a zona de San Isidro em Cedeira, xa que é a miña vila e así poderei visualizar máis
o que pode chegar a pasar.
Cales son as causas potenciais do elevado risco nesa área concreta?
Eu creo que a causa de que a subida do mar poida ter tanto impacto nesta zona é que é
unha zona de praia moi chá, com contato directo com gran parte da ría. Isto fai que se o
mar sube non haxa nada que lle impida comerse tanto a praia como as casas que hai preto
dela.
Que consecuencias terá localmente a subida do nivel do mar? Tede en conta as diferentes
perspectivas disciplinares que poidan ser relevantes
Estudando este caso en concreto creo que o que máis danos recibiría sería o turismo e a
vida diaria dos veciños e veciñas desa zona. Esta praia é moi grande e Cedeira é unha vila
que no verán acolle a moitos turistas que veñen buscando mar e praia. Isto podería facer
que a vila non puidera aguantar tanto turismo coma hoxe en día, e resultar nunha
repercusión económica moi grande, xa que os bares e comercios de Cedeira viven do
verán. A subida do nivel do mar faría tamén que a xente que vive nesas casas pegadas á
praia tivera que cambiar de residencia, e sería algo moi problemático en moitos casos.

You might also like