You are on page 1of 2

3 ACTIVIDADES DE REFORZO

Nome: _______________________________________________ Curso: _____ Data: _______

6. Xogamos cos conceptos

1. Por segunda vez tes a oportunidade de participar no concurso televisivo no que podes poñer a
proba os teus coñecementos sobre os temas que estudaches nesta unidade. Nesta ocasión, terás
que indicar se as frases que se presentan son verdadeiras ou falsas. Tenta non ter máis de dous
erros.

1. A auga salgada, que constitúe a meirande parte da auga O Verdadeiro


do planeta (97 %), atópase en océanos e mares. O Falso

O Verdadeiro
2. Toda a auga da Terra está en estado líquido.
O Falso

3. No ciclo da auga, por efecto da evaporación, a auga O Verdadeiro


elévase á atmosfera onde se condensa outra vez. O Falso

4. No ciclo da auga, o vapor de auga condénsase e cae de O Verdadeiro


novo en forma de precipitación (chuvia). O Falso

5. As ondas son o resultado do movemento ondulatorio da O Verdadeiro


auga ao ser empurrada polo vento. O Falso

6. As mareas son os cambios periódicos no nivel da auga O Verdadeiro


dos océanos e dos mares producidos pola gravidade. O Falso

7. As correntes mariñas son como ríos do mar, masas de O Verdadeiro


auga que se desprazan realizando enormes circuítos. O Falso

8. Os ríos tamén proporcionan enerxía para as actividades O Verdadeiro


humanas. O Falso

9. Os glaciares son grandes masas de xeo que cobren as O Verdadeiro


rexións tropicais ou os cumios montañosos. O Falso

10. O caudal é a cantidade de auga que leva un río nun O Verdadeiro


punto concreto do seu curso. O Falso

11. A cunca dun río é a superficie pola que discorren ese río O Verdadeiro
e os seus afluentes. O Falso

12. No curso dun río distínguense dúas partes: curso alto e O Verdadeiro
curso baixo. O Falso

13. A escaseza ou abundancia extrema de auga son O Verdadeiro


igualmente perigosas. O Falso

14. A meirande parte das cidades importantes sitúanse O Verdadeiro


xunto a un río. O Falso

ACERTOS ERROS

MATERIAL FOTOCOPIABLE / © Oxford University Press España, S. A. Ciencias Sociais 1.º ESO
3 ACTIVIDADES DE REFORZO
Nome: _______________________________________________ Curso: _____ Data: _______

6. Xogamos cos conceptos.


Solucionario

1. Verdadeiro. 2. Falso. Tamén aparece en forma de vapor, xeo e neve. 3. Verdadeiro. 4. Falso. Tamén se
precipita en forma de neve e sarabia. 5. Verdadeiro. 6. Falso. Son producidas pola atracción do Sol e a
Lúa.7. Verdadeiro. 8. Verdadeiro. 9. Falso. Cobren as rexións polares e os cumios montañosos.10.
Verdadeiro. 11. Verdadeiro. 12. Falso. Os cursos dun río son tres: alto, medio e baixo. 13. Verdadeiro.
14. Verdadeiro.

MATERIAL FOTOCOPIABLE / © Oxford University Press España, S. A. Ciencias Sociais 1.º ESO

You might also like