You are on page 1of 1

Redacción sobre os residuos

escolares
No colexio xéranse e achéganse residuos que poden afectar ao noso planeta debido á súa actuación
coma contaminante. Os métodos aos que nos podemos achegar para remediar estas imperfeccións
que nos poden danar son simples pero requiren de constancia, cabeza e disciplina.
Poderíanse tomar diferentes medidas que nos axuden a solucionar o problema da contaminación a
nivel global e a nivel escolar.

Medidas para combater as doses de contaminación que se xeran no colexio:

. Impoñer unha serie de normas adaptadas a todas as idades para que o cumprimento non sexa
interrompido por falta de madurez ou de conciencia.

. Realizar pequenas franxas de tempo onde este se adique especialmente á recollida de residuos.

. Poñer lixos que posúan as tres cores significativas dos residuos de reciclaxe para que sexa máis
fácil despois á hora de reciclar para o encargados colocar cada elemento no correspondente.

. Para tarefa dos profesores concienciar ós alumnos de menor idade a coñecer as consecuencias da
contaminación e medidas sinxelas adicadas a súa idade para remedialo.

Estas serían ideas que nos poderían axudar a combater esta auto-desgraza que é provocada por nós,
o ser máis peligroso.

Acerca da miña opinión só teño que engadir que estes sucesos que tanto lamentamos ao escoitalos,
como as secas, a fame no mundo, ou calor en lugares que previamente eran fríos son unicamente
castigo das nosas accións, esa é a razón pola que temos que abrir os ollos e pensar que estamos
desmoronando un planeta que tanta vida nos da e que tanta vida esperemos que nos siga dando.

Na asamblea da ONU, o primeiro tema a falar foron os retos aos que nos enfrentábamos este 2024
debido á contaminación, entre eles a seca en lugares preto de agua natural., a dificultade aumentada
da respiración en cidades masificadas... etc.

Según “El periódico de España” estámonos enfrontándonos a nos mesmos, e parece ser unha
batalla bastante difícil.

You might also like