You are on page 1of 11

1.

As seguintes opcións enumeran diferentes tipos (identidades, estratexias) de familia que


poden existir na actualidade. Identifica a que inclúa algún elemento iNcorrecto (se están
tipificados todos os modelos de familia citados, escolle a opción *d*)
a)Nuclear, de acollida, adoptiva, ser vinculos de consanguinidade.
b) Monoparental, sen filos/as, extensa, composta/reconstituida/ensamblada.
c)De pais/nais separados/as, hornoparental, de feito.
d) Todos os modelos de familia sinalados están tipificados.

2. No mundo occidental, unha parella pode non ter descendencia por (elixe a resposta
INcortecta):
a) Decisión consciente (non desexo de ter fillos/as, dificultades económicas para mantelos.
Insegúridade parental, etc)
b) imposibilidade/limitación biolóxica para a concepción ou dificultade para ser nai/pal a
través doutros procedementos como por
exemplo a adopción.
c)Limitación por parte das leis para exercer como pal/nal a algunhas persoas.
d) Postergamento da maternidade/paternidade (acadar estabilidade afectiva e económica,
facer carreira laboral, mellorar o salario, etc.).

3. As/Os historiadores da infancia denominan "child welfare":


a) A progresiva mellora da situación da infancia no mundo occidental so longo do século XX
e, nomeadamente, logo da Il Guerra Mundial.
b) Á cada vez maior preocupación do pai de familia pola educación das e dos seus
descendentes
c) À incorporación masiva de nenos/as ao sistema escolar desde comezos do século XIX.
d) A progresiva mellora da situación da infancia nos EUA so longo do século XIX e,
nomeadamente, logo da Il Guerra Mundial,

4. A visión clásica da infancia que propuxo no seu dia o historiador Philippe Ariès para a
época medieval e comezos da idade Moderna, alicérzase na seguinte idea:
a) O neno/a, en xeral, viase como o centro do universo familiar e o seu elemento máis
importante,
b)O neno/a, en xeral, era obxecto de grande atención ata os 10 anos mais non despois.
c) O neno/a, en xeral, nos seus primeiros anos era obxecto de escasa atención por parte da
familla e súa relevancia social era pequena.
d) Ningunha das opcións anteriores é válida.

5. Ao longo do século XX, a distancia entre o modelo de infancia burguesa e o modelo de


infancia das clases populares no chamado mundo desenvolvido tende a:
a) Aumentar.
b) Aumentar na Europa occidental mais diminuir un tanto nos EUA
c) Manterse como estaba.
d) Diminuir ata unificarse un único modelo con base no de infancia burguesa.

6. Respecto do abandono de nenas e nenos, sinala cal foi a tendencia no mundo occidental
ao longo do século XIX:
a) Practicamente desaparecen os abandonos na primera metade de século, por mor da
mellora progresiva das condición de vida nas
familias pobres.
b) Diminuen os abandonos dunha manera progresiva, sobre todo cara a final de século, en
parte debido á mellora das condicións
salariais dos proletarios varóns.
c) No século XIX xa apenas existía abandono de nenos/as.
d) Ningunha das opcións anteriores é válida.

7. De manera xeral, o espallamento do cristianismo durante o Medievo tivo una influencia


no devir da infancia:
a) Moi negativa, porque a actuación de Herodes facendo matar os varóns menores de 2 anos
en Belén, inspirou a moitos infanticidas,
b) Non influíu en absoluto porque, obviamente, a mensaxe cristiá dirixiase aos adultos/as e
non aos nenos/as.
c)En xeral, positiva, ainda que a teima en aspectos como o pecado orixinal xogou contra
unha mellor consideración da infancia.
d) Totalmente positiva, porque as crianzas pasaron a ser tratadas como se fosen fillos e fillas
de Deus.

8. Ao desenvolverse en Europa occidental a coñecida como "revolución industrial" (finais


do século XVIII-metade do século XIX), a vida dos nenos e nenas desas zonas:
a) Cambia porque quedan cos avós nos seus fogares o marcharen o pai e a nai traballar ás
fábricas.
b) Non cambia porque continuan co proceso de escolarización iniciado coa Revolución
Francesa.
c) Cambia de xeito radical porque comezan a traballar nas fábricas e antes non realizaban
ningún traballo.
d) Ninguna das opcións anteriores é válida.

9. As escolas de ferrado:
a) Eran escolas rurais nas que o salario en pesetas que recibía a/o docente
complementábase con pagos en especie por parte das familias.
b) Era o nome que recibian no pasado, e no medio rural, as clases particulares (o que hoxe
se denomina "pasantias*).
c) /Constituiron un modelo de educación non formal compensatorio á inexistencia no medio
rural galego de sistema educativo público
escolar, anda que en certos momentos os dous modelos coexistiron na mesma zona.
d) Todas as opcións anteriores son válidas.

10. A ama de cría era unha figura:


a) Masivamente empregada polas damas de clase alta ou de certa capacidade económica
durante a Idade Moderna, que consideraban indigno da sua categoria social amamantar
directamente as súas crianzas,
b) Que vivía normalmente na zona rural, o que provocaba que a cria vise mermadas as
relacións de afectividade coa nai, e mesmo as súas posibilidades de sobrevivir.
c) Que fol deostada por Jean-Jacques Rousseau, quen argumentaba que deberia ser a propia
nai quen alimentase as suns crias
d) Todas as opcións anteriores son válidas.

11. As/Os historiadores da infancia, cando para a etapa da Idade Moderna falan dos
"campos de morte" para os nenos/as, refirense a:
a)Conventos e mosteiros,
b) Orfanatos.
c)Campos de xogos especialmente violentos.
d) Campos de batalla.

12. Dous autores que coas súas obras influiron decisivamente na mellora do coñecemento
da infancia antes da idade Contemporánea, foron:
a) Denis Diderot e Nicolas de Condorcet.
b) Thomas Hobbes e David Hume.
c)René Descartes e Charles Montesquieu.
d) john Locke e Jean-Jacques Rousseau.

13. A vella idea Ilustrada de que o sitio principal dos nenos e nenas non é o traballo
produtivo senón a escola, en que época comeza a ser socialmente indiscutida (outra
cuestión é que se respectase) no mundo occidental urbano:
a) A inicios do século XIX.
b) A mediados do século XIX.
c) A principios do século XX.
d) A mediados do século XX.

14. A titora (ou o titor) dun grupo-clase debería procurar contactar (de xeito presencial ou
non; de manera formal ou informal) individualmente con cada unha das familias dese
grupo, a fin de realizar un seguimento compartido do progreso de cada nena ou neno ao
longo do curso. Sempre que non concorran circunstancias extraordinarias, a frecuencia
mínima que pedagoxicamente se estima apropiada ou habitual para eses contactos é:
a) Cada duas semanas como minimo.
b) Unha vez ao mes.
c) Os días que hai reunións colectivas coas familias, una vez rematan estas.
d) Se non hai xuntanzas colectivas coas familias, unha vez ao trimestre.

15. Segundo a LOE, nun centro educativo a acción titorial é responsabilidade:


a) De todo o persoal docente do centro.
b)Da docente titora/titor de cada grupo clase.
c)Do titor/a e os docentes que imparten clase a cada grupo-clase.
d) Do equipo directivo, os docentes titores/as e o/a orientadora.

16. De entre as seguintes opcións, identifica aquela na que se inclúa unha temática que
tlaramente NON é pertinente traballar desde a acción titorial, xeralmente considerada e
dirixida o alumnado de Educación Infantil (se todas as temáticas son adecuadas, escolle a
opción "d"):
a) Educación en valores, mellora da aprendizaxe e o estudo, tratamento da avaliación/
elección do menú do comedor escolar)
b) Orientación académica, saúde física e mental, fomento da convivencia e resolución
deconflitos.
c) Habilidades socias, educación emocional, integración e participación do alumnado no
centro e no seu contorno.
d) Todas as temáticas sinaladas son pertinentes na acción titorial.

17. Localiza a opción na que se inclua algunha habilidade social ou caracteristica persoal
que claramente NON deberia identificar a un titor ou titora (se todas as habilidades son
pertinentes, escolle a opción "d"):
a) Honestidade, esixencia, ecuanimidad, compromiso, lealdade, coherencia, atención,
delicadeza
b) Rigor, confianza, responsabilidade, capacidad resolutiva, respecto ao alumnado e ás
familias, Untransixencia, autenticidade, resiliencia.
c) Prestixio profesional, afectividade, dispoñibilidade, motivación, escolta activa,
imparcialidade, empatía, positividade.
d) Todas as habilidades sinaladas son desexables nun titor ou titora.
18. En referencia ás entrevistas titoriais individuais co alumnado protagonista dun conflito,
identifica aquela opción na que se inclue algunha técnica(claramente NONadecuada (se
todas as técnicas son adecuadas, escolle a opción "d'):
a) Centrarse más no curto que no longo prazo, mellor non facer explicacións extensas,
asegurarse de que o/a alumna nos entende e coñece as respostas, mellor preguntar en
positivo que en negativo, evitar expresións como "estou farta de.." ou *xa cho dicia eu",
mellor preguntar chamando a neno ou nena polo nome que en abstracto.
b) Ofrecer disxuntivas pechadas, evitar acurralalo/a con moitas preguntas, mellor non
suxerir as respostas, poñer de manifesto algunha
capacidade positiva do neno ou nena, intentar atopar compromisos concretos, agradecer o
esforzo por cambiar.
c) Acordar inicialmente obxectivos realistas ou cambios limitados non demasiado
ambiciosos, non adoptar una postura moralista, non
posicionarse contra o alumno ou alumna, valorar negativamente as condutas non a persoa,
motivar co recordatorio dos pequenos
éxitos acadados, suxerir é preferible a aconsellar con "debes...
d) Todas as técnicas sinaladas son adecuadas naquel tipo de entrevistas.

19. Tendo en conta as diferentes tipoloxias de familias de alumnado, a acción titorial que
como titoras ou titores realizamos ao longo do curso coas familias, NON debe orientarse à:
A) Centrar a nosa atención sobre todo nas problemáticas, máis que nas colaboradoras
b) intentar facer presentes às ausentes.
c) Converter ás hostis en colaboradoras.
d) Axudar Ss impotentes cos seus fillos ou fillas.

20. Na entrevista particular cunha familla, a titora ou titor de Educación infantil en


circunstancias normais debe actuar:
A)Corto deuda interrogadora interesada especialmente en atopar pautas educativas
incorrectas por parte da familia, para corriailas con
carácter inmediato.
b) Escotando sobre todo, e ofrecendo a sua valoración nuinha reunión posterior, logo de ter
reflexionado.
c)Como experta que é na materia, procurando impoñer con diplomacia e cortesía a soa
opinión.
d) Ningunha das opcións anteriores é válida.

21. No curriculo oficial de Educación infantil (Decreto 330/2009, DOG de 23 de xuño), a


consideración das familias respecto das titorias e a seguinte:
a) Non se fai ningunha mención ás familias porque son un elemento colateral à actividade
directa que se realiza dentro dos centros educs.
b) Enténdeas como un elemento fundamental no proceso educativo.
c)As familias relaciónanse coa titora ou titor só a través da ANPA ou do Consello Escolar do
centro en cuestión.
d) Terten unicamente o dereito a cohecer a avaliación dos seus fillos/as e a manter catro
reunións ao ano coa titora ou titor.

22.0 PAT consiste:


a) En deseñar, planificar, secuenciar, aplicar e avalar un consunto de accións de titoria.
b) En elaborar un documento polo miudo que inclua todas as posibles accións de titoria, e
que debe seguir só referencialmente as
indicacións do Proxecto Educativo de Centro,
c) En avaliar a actividade do conxunto do centro; é dicir, sería un bloque de accións de titoria
externas realizadas por expertos
contratados e pagados con fondos públicos (non inclõe os pagados con fondos privados).
d) Nun plan de acción global do centro que inclue aspectos tanto curriculares como de
titoria.

23. No caso de que promovamos como titoyas/es un plan de formación para as famillas,
debemos asumir unha serie de presupostos de partida. Sinala o que NON ¿ correcto:
a) A participación da familia resulta decisiva para a educación do alumnado, tanto dentro
como fóra da escola.
b) Debemos axudariles ás nais e pais a capacitarse na dificil tarefa da educación dos seus
fillos e fillas.
c) Na realidade cotid, e debido á singular natureza e intereses de cada colectivo, familias e
docentes tenden a competir, e polo tanto
resérvanse información relevante sobre os nenos e as nenas, cuestión que non debemos
perder nunca de referencia.
d) Toda actividade formativa para nais/pais debe estar ben preparada para que os motive a
volver noutras ocasións.
24. Na hora semanal de titorías para o alumnado de Educación Infantil, a titora ou titor
deberia:
a) Aproveitar para que o alumnado realice actividades escolares de repaso, tipo "deberes"
b) Non é acaido nin frecuente este tempo especifico de titoria en Educación Infantil.
c) Desenvolver as actividades de titoria máis axeitadas ás características e necesidades do
seu alumnado, cun especial fincapé en que
sexan participativas e colaborativas.
d) Profundar sobre contidos básicos que ela/el desenvolve nas clases, sobre todo naqueles
nos que o alumnado estea máis "frouxo"

25. A recomendación pedagóxica é que teñamos, como titoras/es, contactos colectivos


coas familias de cada grupo-clase:
a) Cando a titora/titor ou as familias entendan que son necesarios.
b) Ao inicio de curso, ao remate de cada trimestre e sempre que haxa un asunto que o
xustifique.
c) Unha vez ao trimestre é máis que suficiente.
d) Cada mes.

26. As principais escolas que desenvolveron a Antropoloxia Social foron:


a)Escola alemá, escola británica, escola norteamericana.
b) Escola alemá, escola británica, escola francesa.
c) Escola italiana, escola francesa, escola norteamericana.
d) Escola británica, escola francesa, escola norteamericana.

27. Sinala a opción que inclua as correntes máis destacadas da Antropoloxia Cultural:
a) Evolucionismo, Funcionalismo, Etnocentrismo, Estruturalismo,
b) Funcionalismo, Particularismo Histórico, Estruturalismo.
c) Funcionalismo, Estruturalismo, Particularismo Histórico, Culturalismo.
d) Evolucionismo, Difusionismo, Particularismo Histórico, Funcionalismo, Estruturalismo.

28. Quen e onde comezou a realización do traballo de campo como metodoloxía da


Antropoloxia?
a) Bronislaw Malinowsky nas Illas Trobiand, Papúa, Nova Guinea.
b) Franz Boas cos kwakiuti, Columbia Británica.
c) Margaret Mead en Samoa, Papúa, Nova Guinea,
d) Claude Levi-Strauss no Mato Grosso, Brasil.

29. Cal é a definición antropolóxica de "cultura"?


a) Todos os obxectos materiais que produce o ser humano para sobrevivir
independentemente do lugar ou do tempo,
b) Todo o que fai o ser humano para sobrevivir nun lugar concreto e un tempo determinado.
c)Todos os obxectos material e inmaterials que produce o ser humano para sobrevivi
d)Todos os poxectos material que produce o ser humano para sobrevivir nun luear.er

30. A llustracion, na Europa do século XVIII, recoñeceu:


a)A evolución social unilineal.
b)A idea de progreso,
c) a unidade psiquica das persoas.
d)Ningunha das opcións anteriores è válida

31. En que consiste o "relativismo culturar?


a)Na clasificación e supeditación doutras culturas os parámetros visentes na propia.
b) En considerar a cultura propla como superior às outras culturas.
c)Na clasificación e supeditación das otras culturas en función da cultura europea.
d) En considerar a cultura europea en igualdad de condicións que otras culturas.

32. Que é a "aculturación"?


a)A perda da identidade cultural propia por asimilación de patróns e pautas alleos
b) A confrontación de diferentes culturas en contacto.
c) As diferentes formas nas que se organizan as sociedades humanas.
d) As diferentes culturas producidas polos grupos humanos.

33. A que se refire a expresión *choque cultural"?


a) A perda da identidade cultural propla por asimilación de patróns e pautas alleos.
b)Á confrontación de diferentes culturas en contacto.
C)As diferentes formas nas que se organizan as sociedades humanas.
d) As diferentes culturas producidas polos grupos humanos.

34. Cales son as características da cultura?


a) A cultura é aquel todo complexo que inclue o coñecemento, as crenzas, a arte, a moral, o
dereito, os costumes e calquera outro hábito.
ou capacidade adquirido polo ser humano en canto membro da sociedade.
b) A cultura é aprendida e abrangue todo canto produce e transmite o ser humano como
membro dunha sociedade.
d)A cultura é aprendida, compartida, simbólica e abrangue todo canto produce e transmite o
ser humano como membrodunhasociedade
d)A cultura é aquel todo material e inmaterial que inclue o coñecemento, as crenzas, a arte,
a moral, o dereito, os costumes e calquera
otro hábito ou capacidade adquirido polo ser humano en canto membro da sociedade.

35. Que afirma o evolucionismo antropolóxico?


a) Que os seres humanos evolucionamos dos grandes primates.
b) Que a evolución se constitue como un fenómeno humano inevitable.
c)Que a evolución se constitue como un fenómeno humano invariable,
d) Que a evolución humana responde a un proceso de desenvolvemento unilineal.

36. Quen establece o salvaxismo, a barbarie e a civilización como as tres fases do


desenvolvemento segundo o paradigma evolucionista?
a) Charles Darwin.
b) Lewis Henry Morgan.
c) Herbert Spencer.
d) Edward Burnett Tylor.

37. Quen afirmou que o desenvolvemento dos estadios evolutivos é progresivo pero non
ininterrompido, como máxima explicativa da variedade cultural?
a) Charles Darwin.
b) Lewis Henry Morgan.
c) Herbert Spencer.
d) Edward Burnett Tylor.

38. Quen empregou o concepto de "circulo cultural para referirse ao complexo de trazos
culturas que perderon a unidade xeográfica inicial e se presentan espallados por todo o
mundo?
a)A escola británica.
b) A escola francesa.
c) A escola alemá.
d) A escola norteamericana.

39. Cantos son, na teoría difusionista de William Schmidt, os círculos culturais?


a) Catro.
b) Tres.
c) Cinco.
d) Ningunha das opcións anteriores é válida.

40. Quen afirmou que todas as institucions que compoñen unha determida cultura
cumpren unha función social concreta cuxo obxetivo final é conseguir a adaptación dos
individuos ao medio e mais ó grupo?
A) Bronislaw Manilowsky
B) Franz Boas
C) Margaret Bread
D) Claude Levi-Strauss

41. Que autor afirma que o carácter instrumental da cultura serve para manter o estado de
solidariedade por riba do conflte?
a)Clifford James Geertz.
b) Victor Turner.
c)Marvin Marris.
d) Claude Levi-Strauss

42. Que autor afirma que o carácter instrumental da cultura serve para posibilitar a vida
en grupo mediante a aprendizaxe e a adquisición de normas e regras comúns?
a)Clifford lames Geert.
b) Victor Turner.
c) Marvin Harris.
d) Claude Levi-Strauss.
43. Como se vinculan os grupos sociais primarios?
a)A través de relacións socials,
b)A través de relacións de parentesco,
c)A través do parentesco e a ascendencia.
d) A través das relacións de proximidade.

44. As das familias ás que se pertence ao longo da vida son:


a)Liñaxe e clan.
b) Familla de orientación e familia de procreación,
c) Familia neolocal e familia unilineal;
d) Familia matrilineal e familia patrilineal.

45. Cales son os grupos de ascendencia?


a) Os grupos de ascendencia matrilocal,
b) Os clans asentados con ascendencia patrilocal.
c) As liñaxes e os cians.
d) As liñaxes que respectan a ascendencia por parte de pal.

46. Quen describiu o concubinato permanente, o concubinato temporal e a familia sen pai
como tres formas consuetudinarias para o establecemento de unidades familiares
socialmente aceptadas?
a) Claude Levi-Strauss.
b) Edith Clarke.
c) Philippe Ariès.
d) Martine Segalen.

47. Cales son os factores que están detrás da transformación, nas tres últimas décadas, da
identidade familiar?
a)Políticos, tecnolóxicos, relidosos e culturais.
b) Politicos, económicos e culturais.
c) Demográficos, económicos, culturas e tecnolóxicos.
d) Relixiosos, económicos, demográficos e culturais.

48. En que consiste a neontocracia social?


a) No dominio da sociedade polas/polos anciáns.
b) No dominio da sociedade polos homes.
c) No dominio da sociedade polas mulleres.
d) No dominio da sociedade polas nenas e nenos.
49. Que modelo familiar ten predominado nas sociedades occidentais ata épocas moi
recentes?
a)Un modelo biocéntrico de parentesco.
b)Unha constelación familiar.
c) Una familia recomposta tras unha separación ou divorcio.
d) Unha familia homoparental.

50. Cando se proxecta a construción social da infancia, que elementos constituen os sus
trazos diferenciadores?
a) Una cronoloxía especifica, aínda que variable, e a asunción de riscos e características
propias.
b) O xénero, a clase e a etnia.
c) A posición económica, o xénero e o desenvolvemento tecnolóxico.
d) O capital cultural que achegue a familia e que se reflicte nos resultados académicos.

You might also like