You are on page 1of 2

PREGUNTAS EXAMEN HISTORIA

1. Se a forma de pago consistía en far una moeda á persoa encargada de impartir a


clase, a este tipo de escola, denominábaselle “escola de ferrado”.
2. A cultura propia escolar popular estaba caracterizada polas concepcións
populares da escola e as súas propias prácticas escolares.
3. Informe Quintana propoñía dividir a instrución pública en 3 graos: escolas
primarias, universidades de provincia e universidades e escolas especiais.
4. Nos Rapports (1789-1797), particularmente no coñecido como Rapport de
Condorcet, recollíanse as necesidades dos habitantes e a teoría textual da futura
educación pública contemporánea.
5. O neno, durante a idade media, era considerado como unha imaxe reducida do
adulto, xa que non era adulto ata que fose autónomo.
6. Como concepto, a infancia existe dende tempos remotos e ven dada polos
cambios producidos nas sociedades.
7. Rousseau está a favor dos métodos de ensino tradicionais.
8. “A natureza é o primeiro mestre”, “contradición do home e o cidadán”, “formar
un home libre”, “o verdadeiro preceptor debe ser o pai”, “un ser imaxinario: o
home-neno” e “a primeira aprendizaxe da linguaxe”; son temas tratados no
Emilio.
9. Platón ten como obra máis representativa “O Emilio ou sobre a educación”.
10. Xosé Ferrado deullo o seu nome ás escolas de ferrado xa que foi o seu fundador.
11. Non hai ningún caso as asociacións de inmigrantes costeaban os estudos
superiores dos alumnos máis avanzados
12. As escolas de ferrado chamábanse así porque a súa forma de pago era mediante
un ferrado de centeo, trigo ou millo ao ano por alumno/a.
13. Os escolantes (das escolas de ferrado) víanse como unha figura más próxima que
o mestre público
14. Dende un principio íanse ás escolas durante todo o ano sen compaxinar o tempo
escola-traballo.
15. O escolante so tiña a formación da escola primaria pero as veces
complementábaa con clases para adultos, academias ou servizo militar.
16. Nas escolas de ferrado, o máis importante era que o alumnado adquirise
coñecementos das distintas materias curriculares, non a mera alfabetización.
17. No censo de 1887 contabilizaranse todas as persoas independentemente da súa
lingua e das súas crenzas coa finalidade de recoller riqueza cultural.
18. As sociedades de instrución tiñan o obxectivo de formar a sociedade galega
preparándoa para a emigración, o que lles ocasionou moitas críticas.
19. As primeiras reformas escolares e os primeiros servizos estatais de protección a
infancia desvalida nacen na idade contemporánea.
20. No S.XV o parvulario favoreceuse pola implantación de metodoloxías como as
de Montessori ou Decroly.
21. A infancia é obxecto de espacial atención social e suxeito de dereitos individuais
e colectivos
22. Os cahiers son documentos históricos que recollen as inquedanzas políticas e
pedagóxicas entre o período que comprende a reforma e a revolución
23. A ilustración supón sen dúbida o nacemento da primeira conciencia
contemporánea do que será a educación pública.
24. Segundo o informe Quintana propoñíase que a instrución pública se dividise en
dous graos.

You might also like