You are on page 1of 14

A EDUCACIÓN

VISTA POR
FILÓSOFXS
SOCIEDADE, PENSAMENTO e CULTURA
1. A filosofía, a historia e a educación
• Unha das diversas preocupacións da Filosofía no seu transitar histórico foi o
problema da educación.
• Faise Filosofía da Educación cando se reflexiona sobre
a. En que consiste esta e QUE É UN SER HUMANO EDUCADO.
b. Os fins ou METAS socio-culturais da educación.
c. Os PROCEDEMENTOS educativos.
d. Os CONTIDOS, ACTITUDES e VALORES que se difunden por medio dela.
• O coñecemento da HISTORIA DA FILOSOFÍA da Educación permite ter unha
IMAXE da educación NO PASADO, ADVIRTE contra os ERROS cometidos e
DISCUTE a HIPERESPECIALIZACIÓN actual.

A educación vista por filósofxs 2


2. A educación na Grecia clásica
• A educación (paideia) tiña como obxectivo a TRANSMISIÓN DE
CULTURA, entendida como a vía para:
i. o PERFECCIONAMENTO das persoas e a conformación de
individuos VIRTUOSOS.
ii. a REPRODUCIÓN dos VALORES tradicionais e o
engrandecemento da polis.
Na Atenas arcaica, a educación era privada, accesible só ás clases
privilexiadas. Na época clásica estendeuse a amplos sectores sociais. No
Helenismo, converteuse en materia estatal, aparecendo os primeiros
currículos oficiais.

A educación vista por filósofxs 3


2.1. A educación para os sofistas
• Os sofistas sentaron as bases da pedagoxía clásica.
• Sostiñan que a meta da educación era a conformación dun
INDIVIDUO VIRTUOSO, por medio da adquisición de
coñecementos, da habilidade racional e do comportamento moral.
Ademais, debía PREPARAR PARA A VIDA PÚBLICA.
• Especializáronse nas HABILIDADES DISCURSIVAS: dialéctica,
RETÓRICA e gramática, aínda que tamén ensinaron matemáticas e
ciencias naturais.
• Defenderon a prevalencia da ensinanza teórica e práctica sobre as
habilidades físicas, propias do mundo aristocrático.

A educación vista por filósofxs 4


2.2. A educación en Sócrates e Platón.
• Sócrates concibe a educación como un PROCESO CRÍTICO: de
adquisición de información e discusión sobre a súa validez.
• Parte da HUMILDADE INTELECTUAL, dunha actitude baseada na
admiración e curiosidade: aprender implica preguntar.
• Promove un MÉTODO DIALÓXICO: ironía + maieútica.
• O sentido da educación é acentuadamente PRÁCTICO: ser educado é
ser virtuoso. A educación require da análise crítica e do
AUTOEXAME.
• Defende o INTELECTUALISMO MORAL.

A educación vista por filósofxs 5


• Platón herda as principais ideas socráticas, as articula e matiza afirmando que:
i. existe un Ben, permanente, inmutable e cognoscible. En consecuencia, a ética e a virtude
son ensinables,
ii. a parte máis nobre do ser humano non é o corpo senón a alma (mente), que é inmaterial e
inmortal,
iii. a meta da educación é formar seres humanos xustos, en relación consigo mesmos e cos
demais membros da polis.
• Non obstante, Platón ten unha VISIÓN CLASISTA (tecnocrática) da sociedade, e entende
que cada individuo ten unha vocación natural (daimon) que o conduce a ocupar unha
posición social concreta.
• A EDUCACIÓN superior débena recibir aqueles que polas súas calidades e esforzo poden
chegar ao coñecemento do inmutable e eterno (eidos), e a tal sabedoría lles lexitima PARA
GOBERNAR.
• A educación está ao SERVIZO do ESTADO; este debe ter control sobre o que se ensina,
sexa no teórico, sexa no práctico.
A educación vista por filósofxs 6
3. A educación na Ilustración: J.J. Rousseau
• O programa ilustrado está intimamente vinculado co proxecto educativo.
A educación da cidadanía permite:
i. a CRÍTICA dos erros, dos PREXUÍZOS e dos estereotipos.
ii. a EMANCIPACIÓN da humanidade.
• Un humano ignorante é manipulable e dócil, o coñecemento LIBERA a
mente e o corpo.
• O PROGRESO da humanidade depende da EDUCACIÓN da cidadanía,
da evolución da ciencia e da tecnoloxía.
• Defenden sistemas de educación PÚBLICOS, gratuítos, LAICOS e
obrigatorios.
A educación vista por filósofxs 7
• J.J. Rousseau en O Emilio defende un NATURALISMO PEDAGÓXICO: a
educación debe axudar a promover as calidades innatas dos humanos.
• A súa proposta parte dun OPTIMISMO ANTROPOLÓXICO: o ser humano
é bo por natureza e a cultura corrómpeo (o converte en alguén envexoso,
cobizoso e violento).
• Educar supón RECUPERAR a inocencia orixinaria e os DESEXOS
INSTINTIVOS orientados aos praceres primarios. Critica, por tanto, a
frustración e represión do natural, propia do cristianismo.
• Educar supón RESPECTAR os RITMOS de APRENDIZAXE das crianzas,
os seus gustos e inclinacións, favorecer a súa natural curiosidade.
• A metodoloxía pedagóxica máis adecuada é a LÚDICA e a súa meta é a
consecución da EMANCIPACIÓN humana.

A educación vista por filósofxs 8


4. A educación en John Dewey (1859-1952)
• Principais ideas:
i. O alumnado é ACTIVO, e o docente debe xerar un entorno que ESTIMULE a súa
capacidade de aprendizaxe.
ii. O coñecemento non pode ser imposto, senón que debe ser CONSTRUTIVO. O
humano aprende DANDO SENTIDO a súa experiencia.
iii. A meta da educación non é instrumental (orientar ao alumnado á súa
profesionalización), senón que é unha FERRAMENTA DE TRANSFORMACIÓN
SOCIAL, dirixida a formar CIDADÁNS non só aptos senón DEMOCRÁTICOS.
• Funda unha ESCOLA EXPERIMENTAL onde executa as súas ideas. Nela:
i. A actividade de aula era activa, traballábase dende situacións concretas de actuación.
ii. O alumnado usaba os recursos teóricos para RESOLVER PROBLEMAS
ESPECÍFICOS.
iii. A AULA adoptaba o modelo dunha SOCIEDADE en MINIATURA.

A educación vista por filósofxs 9


• O ENSINO da FILOSOFÍA é esencial no contexto educativo, xa que:
i. proporciona ferramentas de INTERPRETACIÓN e
COMPRENSIÓN da realidade.
ii. Favorece o desenvolvemento da ANÁLISE LÓXICA e do
DISCURSO SISTEMÁTICO.
iii. Baséase no DIÁLOGO aberto e participativo.
• Estas propiedades definen a orientación básica da educación: o
reforzo do sistema democrático, cuxa base é unha CIDADANÍA
educada, RAZOABLE e TOLERANTE.
• A escola debe ser un espazo onde se exerza e practiquen as
VIRTUDES DEMOCRÁTICAS.

A educación vista por filósofxs 10


• Dewey propón unha metodoloxía pedagóxica baseada no MÉTODO
EXPERIMENTAL, a cal consta de 5 fases:
i. Consideración dunha experiencia actual da crianza.
ii. Identificación dalgún problema vinculado a tal experiencia.
iii. Inspección de datos
iv. Formulación de hipóteses de solución.
v. Comprobación da hipóteses.
• Defende un MODELO PRAGMATISTA orientado á PRAXE EFECTIVA
na que subxace a reflexión analítica e argumentada do alumnado.
• A educación debe favorecer a solución de problemas concretos e a
INTEGRACIÓN do INDIVIDUO nunha sociedade guiada por principios
democráticos.
A educación vista por filósofxs 11
5. A sociedade desescolarizada: I. Illich (1926-2001)
• Parte dunha VISIÓN CRÍTICA da sociedade contemporánea, definida
pola globalización capitalista, e do tipo de ser humano que emerxe nela.
• As INSTITUCIÓNS (burocráticas, lexislativas, científicas, educativas e
da saúde) reproducen e apuntalan tal modelo social, polo que DEBEN
SER discutidas e TRANSFORMADAS.
• No proceso de radical SUBVERSIÓN da SUPERESTRUTURA se inclúe
a proposta de formular unha SOCIEDADE DESESCOLARIZADA.
• A escola burocratiza o ensino, e ao institucionalizalo perde o seu valor
crítico, pois reforza o sistema teórico e de valores dominante: CLASISTA
e desigualitario, COMPETITIVO e orientado a CREAR
CONSUMIDORES na vez de cidadáns autónomos.

A educación vista por filósofxs 12


• A EDUCACIÓN ESCOLARIZADA AGOCHA UN CURRÍCULO OCULTO: A
REPRODUCIÓN DA DIVISIÓN DE CLASES no marco do modo de produción
capitalista, sen ofrecer alternativa algunha.
• A súa función é colocar a distintas persoas nas posicións necesarias para MANTER
INTACTA á ESTRUTURA SOCIO-ECONÓMICA establecida.
• No contexto da globalización capitalista a educación adopta un MODELO
MERCANTIL: se intercambian títulos en base á docilidade co funcionamento do
sistema.
• A ALTERNATIVA pasa por:
i. A DESINSTITUCIONALIZACIÓN da educación.
ii. A reorientación das metas da educación: da consecución de títulos á FORMACIÓN de
CIDADÁNS AUTÓNOMOS e críticos; da superación de cursos á formación de persoas
virtuosas, felices e xustas.
iii. A formación de VALORES ALTERNATIVOS aos hexemónicos, baseados na
competencia e a eficiencia, por outros sostidos por principios de solidariedade,
fraternidade e xustiza social.

A educación vista por filósofxs 13


6. bell hooks (1952-2021): ensinar a transgredir
• Foi unha das representantes máis influíntes do FEMINISMO DA INTERSECCIONALIDADE: a
opresión da muller estivo vinculada a outras formas de submisión ligadas á clase social, á raza e á
orientación sexual das persoas.
• O valor fundamental da educación debe ser a REVISIÓN DOS PREXUÍZOS que favorecen a
discriminación e a desigualdade social, política e económica.
• A educación debe manterse nun EQUILIBRIO entre:
a. A FORMACIÓN das crianzas (ofrecendo contidos teóricos, instrumentais e morais).
b. A DECONSTRUCIÓN e crítica do supremacismo, o ELITISMO, a APOROFOBIA e a
HOMOFOBIA.
• A educación debe ter como meta a PROMOCIÓN dos DEREITOS das persoas alén da súa clase,
raza, sexo ou orientación sexual, ofrecendo ferramentas de reflexión e crítica cultural.
• A metodoloxía educativa debe ser activa e PARTICIPATIVA, de MUTUO COMPROMISO entre
profesorado e alumnado. Ademais, debe ser próxima, atendendo ás circunstancias específicas de
cada alumn@.

A educación vista por filósofxs 14

You might also like