You are on page 1of 12

MARTIN HEIDEGGER

PENSAMENTO e CULTURA
1. Introdución
◦ A ONTOLOXÍA é a disciplina central da filosofía.
◦ Ocúpase da pregunta polo que existe, pola REALIDADE
◦ Pregúntase: De onde provén a realidade? Cales son os seus compoñentes? Que é real?
Existe orde no real? Hai niveis de realidade?
◦ A ontoloxía cuestiona polos entes: Que é “x”? (pensamento óntico)
◦ A ontoloxía cuestiona polo Ser (pensamento ontolóxico)
◦ A filosofía heideggeriana hai que entendela como unha ONTOLOXÍA
FUNDAMENTAL: pois a pregunta polo Ser, en Occidente foi esquecida.
◦ Heidegger (1889-1976) tenta recuperar a pregunta polo Ser, asumindo a tradición
(metafísica) da que se provén, que en esencia é ANTROPOCÉNTRICA (o ser
humano é a medida de tódalas cousas) e sometela a revisión e crítica (Destruktion).
2. O “primeiro” Heidegger: Ser e Tempo
◦ Ser e Tempo (1927) é a obra máis coñecida de Heidegger, e define a súa primeira
etapa de pensamento, de acentuado carácter existencialista.
◦ Parte da pregunta polo Ser, mais dende o enfoque do único ente que pode interrogarse
por el, o ser humano.
◦ O ser humano enténdese como un Da-sein, un “ser-aí”.
◦ A vida do Dasein é un ex-sistir, un “estar fóra”, o cal ten un duplo sentido:
i. A existencia do ser humano precede a súa esencia. O ser humano faise, é libre e
responsable dos seus actos, é un proxecto.
ii. A exterioridade condiciona e define o ser do Dasein, que é lanzado ao mundo, é un
“ser-no-mundo”, está situado nun marco socio-cultural que o modela.
Ademais, vive nun contexto de cousas, persoas e relacións.
iii.
2.1. Os existenciarios do Dasein
A. O Dasein opera coa realidade “DENDE DENTRO”, o cal define o seu actuar tanto
téorico como práctico:
Dende un punto de vista EPISTEMOLÓXICO:
i. revísase a perspectiva tradicional (suxeito vs obxecto e verdade como adecuación),
e
ii. afírmase o carácter HERMENÉUTICO do coñecer. A teoría está sempre
MEDIADA polas IDEAS, CRENZAS e PREXUÍZOS herdados, polo que o
coñecemento non é neutro, Senón que require COMPRENSIÓN e
INTERPRETACIÓN.
iii. a LINGUAXE é o canle mediante a que se da conta do que existe, pois entender e
pensar é enunciar, expresar, explicar. A linguaxe nos atravesa. (logos significa
tanto PENSAMENTO como LINGUAXE).
B. O Dasein é un “SER-CON”: vivir é con-vivir, un estar aberto aos demais.
Non obstante a súa vida pode ser:
- Inauténtica: si se deixa levar polos demais (di-se; pénsa-se; fai-se).
- Auténtica: si se fai cargo da propia vida e elixe un proxecto vital autónomo.
C. O Dasein é un SER-PARA-A-MORTE: a súa vida é limitada, lanzada no tempo, é un
proxectarse. A vida auténtica toma conciencia da finitude (inmanencia), e faise cargo da
ANGUSTIA existencial.
D. O Dasein vive “ENTRE AS COUSAS”, que son “entes-á-man”, útiles cos que opera,
que produce. Comprender é non só saber, senón “saber utilizar” e “saber producir”.
3. Heidegger tras a Kehre.
◦ A kehre parte da asunción da DIFERENZA ONTOLÓXICA (o Ser non é o ente) e da
PRIORIDADE do SER sobre os demais entes, incluido o ser humano.
◦ A tradición occidental confundiu o Ser cos entes, entendéndoo como:
i. O fundamento primeiro de onde todo provén (Arkhé)
ii. Unha estrutura transcendente o inmanente que define aos entes e failles ser o que son (Eidos-
Ousía).
iii. Simple-presenza: o que comparece e se pode re-presentar (Ob-iectum).
◦ Destas propostas emerxe unha civilización que cre que pode SOMETER o existente por medio do
coñecemento exacto (ciencias positivas) e da actuación sobre a realidade conforme aos fins e
intereses humanos (tecnociencia).
◦ Isto xera unha cultura ANTROPOCÉNTRICA e VIOLENTA: o humano pode manipular o que
existe a conveniencia e pode organizar racionalmente a vida humana.
◦ Para erradicar tal violencia é necesario recuperar ao Ser esquecido.

3.1. A diferenza ontolóxica
◦ O ser non é o mesmo que os entes:
i. Mentres os entes “son” (“están presentes”), o “Ser acontece” (difire)
ii. O ser é diferente aos entes, no sentido de que é propiamente diferencia.
◦ “O ser acontece” quere dicir que é Lichtung (claro): o “horizonte histórico-destinal”
no que os entes son.
- Refire á apertura epocal na que teñen lugar as existencias dos entes.
- O Ser é o darse histórico, dinámico, no que o real existe.
- Para o ser humano é o contexto cultural-lingüístico que o condiciona e determina; non
obstante, o ser humano co seu actuar tamén incide no Ser.
◦ O Ser é diferente aos entes: o Ser dáse como diferenza no espazo e tempo.
i. O ser difire no espazo:
- Nunca está del todo “presente”, senón que está en “retirada”, dun modo incompleto,
debido a que garda un “plus” ou “reserva” de si inesgotable.
- Se non está presente, non se pode re-presentar: o Ser é inaprensible, o único que se
pode é desvelalo (a-létheia) por medio da linguaxe, a arte ou a técnica.
ii. O ser difire no tempo:
- Ao non estar no presente, atópase oscilando nas tres dimensións temporais: provén do
pasado (o aínda non-dito do que xa foi) e proxéctase cara ao futuro (o por-vir).
- Indica o virtual-posible (o que non foi, non é e non será, pero que podería ter sido).

-
3.2. O desveo da verdade.
◦ A recuperación da noción de alétheia implica:
- unha modificación da concepción do coñecemento.
- unha modificación da noción de praxe.
◦ Unha actividade, sexa intelectual ou práctica, acada a verdade:
- cando é capaz de desvelar o Ser, aquilo que se mantiña oculto.
- cando favorece ou da lugar a que o ser sexa.
- cando permite que se transmita.
- Por iso o ser humano mantén unha relación especial co Ser, sendo quen o coida e
transmite, por medio da linguaxe ou quen o provoca , por medio da técnica e a arte.
3.2.1. O desveo do ser-verdade na linguaxe.
◦ Se o Ser difire, está en continuo movemento, en tránsito: se envía e recibe.
◦ “O Ser dáse no envío”: é MENSAXE, transmisión, por iso acaece na linguaxe.
◦ “A linguaxe é a casa do Ser”:
- O ser envíase na lingua que herdamos e difundimos
- A linguaxe (as linguas) acolle(n) ao Ser, gárdano na memoria e envíano ao futuro
(NARRACIÓN).
- A linguaxe (as linguas) garda(n) o Ser do pobo que as transmite (´TRADICIÓN)
- A linguaxe (as linguas) non esgota(n) ao Ser, senón que o desvean.
- A linguaxe (as linguas) non se posúe(n): comuníca(n)se e xeran comunidade.
- Somos unha conversa.
3.2.2. O desveo do ser-verdade na técnica.
◦ Heidegger mantén unha relación ambivalente coa técnica:
i. Por unha banda, critica a noción instrumental-procedimental:
- Como forma de producir para dominar.
- O que existe vése como un recurso, un nicho do que obter plusvalía, e os entes como
simples cousas, manipulables conforme aos intereses humanos.
- O pensamento non pensa: só calcula, mide, fabrica.
ii. Por outra, é a vía mediante a que extrae algo aínda non-sido do Ser:
- Permite agrandar a realidade, atopar o agochado ou oculto.
- Favorece que “o ser sexa” e a dinámica existencial da vida. Por tanto, coida e non
destrúe.
3.3.3. O desveo do ser-verdade na arte
◦ A función principal da arte é “deixar que o ser sexa”. Dúas vías:
i. Cumple unha función DESESTRUTURADORA: permite observar, percibir a
realidade dun modo distinto ao habitual: efecto de Shock, que subvirte o
asentado favorecendo unha nova maneira de ser, pensar, comportarse.
ii. Cumple unha función ONTOLÓXICA: desvela o ser, é apertura, é a forma pola que
emerxe formas de ser aínda non-sidas
Por iso, a arte abre unha fenda pola que xorde o novo e o distinto: da tempo e doa
espazo: xera unha dimensión da realidade alternativa e permite disolver a nosa
identidade estable nela.

You might also like