You are on page 1of 3

Comentario sobre “Televisión, Globalización e identidades culturales”

Simunye , término utilizado ao comezo da obra, e sobre o que xira este ensaio. “Todos
somos un”?

Primeiramente, gustaríame desallorar como está definido o termo globalización, xa que


tamén sobre este termo xira todo o que argumentarei. A palabra globalización está
definida coma “difusión mundial de modos, valores ou tendencias que fomentan a
uniformidade de gustos e costumes”. Nesta definición, e despois de ler o libro, eu
cuestionome se a palabra “uniformidade” é a adecuada. Eses modos, valores e/ou
tendencias das que fala poden ser favorables para unha cultura e país ao outro extremo
do globo, xa que poden ser un novo punto de vista para o país en cuestión, o
denominado escenario de maduración.Máis, se este país os adopta e se estende por
outros moitos, pois si, pode chegar un punto en que estes países sexan uniformes entre
si. Entón, esa idea citada no libro de ilegalizar as antenas en Exipto ou Bahrein para
que non se estendan outras culturas alí, non é tan descabellada? Para min o axeitado
sería sustituír a palabra unificación por evolución (unha evolución que as veces tende a
uniformidade, iso si, pero non en tódolos casos), cada cultura aprende doutras
diferentes puntos de vista acerca de condutas e ideoloxías que no día a día igual non se
cuestionan. Debería ser algo así coma o que Clifford apunta coas culturas viaxeiras:
que cada país sexa un punto de encontro de culturas, que unhas aprendan das outras,
pero sempre que cada unha manteña a súa personalidade. Un exemplo do que para
min sería un bo termo da palabra globalización sería o caso da música en África: o
hip-hop e o rap, formas musicais non africanas, hibrídanse con toques puramente
africanos. Isto dá unha nova forma de entender a música que, aínda por riba, chega a
occidente e ten éxito. Para min esta é a verdadeira globalización, aquela que non
sucumbe ante un imperialismo cultural. Máis, nos nosos días, xa non existe este
imperialismo cultural do que falo? A resposta claramente é non. Digo esto polo capítulo
en que se fala da construcción dunha identidade cultural e unha raza. Dous asuntos nos
que por certo ten moito que ver a política. Parece mentira que, en pleno século XXI
aínda non rematara a hexemonía do home branco heterosexual versus comunidade
negra, feministas, asiáticos, homosexuais… Parece que para eles todos estes grupos
que acabo de citar, viñeron a rómpela paz que tiñamos. En resumo, para min, ata que
non se acade a liberdade tanto en cuestións económicas coma sociais, non falarei de
globalización, seguirei falando de imposición/ imperialismo cultural.

Seguindo un pouco a temática da parte final do parágrafo anterior, abordarei o impacto


da televisión occidental con respecto o que nos mostran dos demais que son
“diferentes” a nós. Poñerei por caso, aínda que se pode aplicar a calqueira outro grupo
minimamente excluído, a comunidade negra. A comunidade negra está representada
nos medios de comunicación , na súa meirande parte, pola población branca. Por isto é
que, dependendo de quen informe, existen dúas consecuencias diferentes, pero co
mesmo resultado. Se quen informa é alguen xa considerado racista, expondrá
argumentos claramente en contra (véxase o exemplo de mostrar aos xóvenes negros
como delincuentes, drogadictos…). E, se quen informa é alguén que ten unha
mentalidade máis inclusiva, pode caer en referencias que teñen o efecto adverso do
que quería conseguir. Gustaríame explicalo cunha experiencia persoal. Sobre o ano
2009, Televisión Española amosa un gráfico no que di , con certo aire de satisfacción e
de país desarrollado, que a comunidade negra en España estaba a incluirse en maior
medida no traballo profesional. Este gráfico amosaba que non máis dun 45 % deles
traballaba. E, aínda por riba, rematan dicindo que máis dun 75% traballaba en postos
que requerían traballo físico. Polo tanto, tratando de mostrar algo que se presentaba
coma positivo, estaban a sinalalos e a tachalos de inferior capacidade intelectual.

A continuación, expoñerei a miña opinión sobre a televisión e de como nos influe na


construción da nosa identidade, a día de hoxe, en 2019. A realidade é que a televisión é
unha das nosas maiores ferramentas para a construción da nosa identidade. Máis a
televisión do siglo XXI non é nin obxectiva nin universal na maioría de casos. E nós,
como audiencia, nin nos percatamos, ou non nos queremos nin percatar porque hai
cousas que realmente non queremos cambiar. Isto ten unha fácil explicación, que creo
que se resume á perfección neste libro coas palabras de Rorty : “ la mayoría de
opresores han tenido el ingenio suficiente para enseñar a los oprimidos un lenguaje con
el que parecerían locos -incluso a sí mismos- si se describieran como oprimidos “. E
esta “subordinación” é unha subordinación pasiva, na que a televisión xoga un papel
moi importante. Porque aínda que non nos demos conta, levamos a nosa vida cotidiana
o que vemos na televisión. Iso sumado a que cada vez fan máis programas con menos
contido e máis superficialidade, que non aportan ningún tipo de aprendizaxe a nosa
vida, dá como resultado a individuos cada vez máis ignorantes, e cada vez máis
dependentes de todo o que di a pantalla do seu televisor. A fórmula perfecta para os
opresores dos que Rorty fala. Unha exemplificación de todo o que é dito sería o
programa “Gran Hermano”. Un programa no que única e exclusivamente móstrasenos o
día a día dunha serie de concursantes. Algo un pouco simple non? Quero decir,
xantarán e durmirán igual ca min e ca todos, non? Ben, pois este programa, sumouse
ao efecto da globalización e xa pasou polas pantalla de 70 países arredor do mundo.

En relación co proceso de subordinación que abordei no apartado anterior, falarei dos


mozos e mozas nas súas idades máis tempranas. Porque a identidade se adquire,
ninguén nace con ela. Un racista non naceu racista, nin un machista, nin un xenófobo.
Se dende que nacemos nos ensinaran que non existen 4 ou 5 razas, e que só existe
unha, a raza humana, e que todos formamos parte dela, eu podería estar a falar neste
ensaio de que o termo simunye, todos somos un, é unha realidade. Nas nosas idades
máis tempranas aínda non sabemos distinguir entre realidade e fantasía. Unha vez que
somos capaces de distinguilas, aínda non temos criterios sólidos nin unha posición
persoal sobre as cousas das que somos potencialmente influenciables. Aquí xa
comezou o proceso de subordinación. E logo, chega un momento (sempre tarde), no
que te replanteas a túa identidade, e en moitos casos, nin ese replanteamento chega. E
aquí xa temos un problema, porque xa existen “zombis culturais” a disposición dos
opresores, que creerán todo o que din, e “zombis culturais” que se deron de conta e
intentan remédialo, aínda que xa é un pouco tarde e revertir o proceso non é nada fácil.
Por iso considero esencial os primeiros anos da nosa vida, nos que ademáis de ter
alguna asignatura nos centros educativos relacionada coa formación dunha identidade
cultural propia, se apoiara a diversidade en todos os medios de comunicación. Porque
nos nosos primeiros anos de vida aprendemos básicamente de tres fontes: a nosa
familia (sobretodo dos país e nais), do colexio, e da televisión. O primeiro e o terceiro en
moitos casos van da man, por iso considero aos centros educativos tan importantes á
hora de crear un criterio diferente do que aportan as outras dúas fontes en cada alumno
e alumna.

No primeiro parágrafo citei que a evolución en moitos casos tende a uniformidade, que
co tamén a diminuir a diversidade cultural, algo claramente negativo. E neste aspecto,
ten unha grande importancia a lingua. A lingua é unha grandísima vantaxe para que
non se impoñan as culturas nacionais en todo o territorio do país e entre países. Xa
pasaron aqueles tempos en que só existía un canal na televisión, polo que outra das
mañeiras de contrución dunha identidade cultural sería fomentar a visión de canales
propios de cada territorio. E nestos canales, deixar de sucumbir ante a expansión da
cultura americana mediante a súa retaíla de series, con gran calado entre a nosa
sociedade. Máis a lingua non é excluída soamente na televisión, senón tamén,
evidentemente, na vida cotiá. Xa que son galego, gustaríame poñer un exemplo que
atinxe o meu idioma e a miña cidade natal. Tal e coma se relata no periódico dixital
Menéame.com, Xesús da Torre Martín tivo que renunciar a un posto de traballo en 2008
(por certo, comezo da crise española) nun hotel en Vigo porque o seu xefe non lle
permitía falar galego. Escusas tan baratas como que é unha falta de educación utilizar
un idioma minoritario como é o galego diante de faladores unha lingua máis estendida
como é o castelán son os “elaborados” argumentos que nos brindan os imperialistas
culturais. Máis non ten ningún sentido…por esa regra de tres, todos deberiamos falar en
inglés.

Din que a televisión é o espello do mundo, e é certo. Pero nos espellos non sempre se
ve a realidade. Moitas veces só vemos o que queremos ver, o que nos interesa, e neste
caso, o que queren que vexamos. Ademais de ser un espello, tamén é un arma. E non
metafóricamente, senon literalmente. A televisión é capaz de matar culturas, de matar
ideoloxías, de matar a liberdade, e, en consecuencia, de matar persoas. A considero
unha das grandes armas deste século, porque é capaz de algo aínda máis feroz ca
matar, é capaz de controlar. Máis, tamén, pola televisión pasa a recuperación da nosa
especie, ao fin e ao cabo é un dos medios que temos para conectarmos entre nós,
definirmos e evolucionar. E así, algún día, simunye, todos seremos un, será realidade.

You might also like