You are on page 1of 3

PROXECTO DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL

SILVIA IGLESIAS LAGUARDA

1. INTRODUCIÓN

O proxecto de voluntariado ambiental que aquí se presenta responde a unha


necesidade local do Concello de Mugardos e constituirá, á súa vez, unha tarefa de
educación ambiental. Así, desenvolverase no ámbito da conservación do litoral, feito
moi importante a nivel global e con especial incidencia nun vila marítima coma esta.

A motivación para o deseño e implementación deste proxecto xorde da inquedanza


sentida fronte á situación de emerxencia socioambiental vivida a nivel planetario. A
crise concede, cada día que pasa, menos tempo para actuar e tratar de contrarrestar os
nocivos efectos que o modelo socioeconómico predominante e os nosos hábitos de
vida están a xerar. En concreto, a escolla da temática referida á conservación do litoral
relaciónase coa inquedanza amosada pola veciñanza e pola asociación sociocultural
da vida, a cal impulsa esta iniciativa.

2. OBXECTIVOS

Os obxectivos xerais que persegue este proxecto baseánse nos establecidos no Libro
Blanco de la Educación Ambiental en España, polo que son os seguintes:

- Favorecer o coñecemento da problemática local, proxectándoa a un plano global.


- Facilitar a comprensión dos procesos ambientais, conectándoos cos sociais,
económicos e culturais.
- Favorecer a adquisición de valores proambientais vinculados a actitudes críticas.
- Capacitar ás persoas para a acción frente a conflitos socioambientais e asuntos
colectivos da contorna.
- Amosar modelos de conduta sostibles en todos os ámbitos da vida.

Os obxectivos específicos, partindo destas pautas xerais, preséntanse a continuación:

- Visibilizar a problemática do litoral no concello.


- Favorecer a sensibilización e compromiso do pobo coa problemática litoral.
- Favorecer o desenvolvemento de valores proambientais vinculados co litoral e coa
protección da contorna.
- Favorecer o desenvolvemento de novos hábitos sustentables e a reutilización de
residuos.
- Capacitar aos participantes para a acción directa na conservación do litoral,
facendo fincapé na recollida de residuos que o mar transporta.
3. METODOLOXÍA E ACTIVIDADES

Tal e como recomenda a literatura para este tipo de iniciativas, porase en práctica a
metodoloxía Investigación, Acción, Participación; coa intención de partir da
participación cidadá para fomentar a transformación social, tanto da contorna como
extrapolada a un plano global. Polo tanto, no desenvolvemento do proxecto deberá
estar sempre presente a participación do conxunto de voluntarios/as.

No desenvolvemento de todas as actividades previstas tratarase de promover a


curiosidade dos/as participantes/as, en vistas de que isto aumentará a súa motivación
e, como consecuencia, fará máis relevante e eficaz a acción voluntaria. Para espertar
esta curiosidade, partirase das experiencias previas e dos intereses das persoas
participantes, tratando de conectar os contidos ou ideas explicadas con experiencias
cotiás e próximas a estas, partindo da contorna máis inmediata.

As actividades a levar a cabo seguirán un plan de traballo, mais tratando de adaptarse


sempre ás diferentes circunstancias, incidentes ou oportunidades de aprendizaxe que
poidan xurdir no transcurso do proxecto.

Comezarase por xornadas de sensibilización relativas á conservación do litoral e o


lixo mariño. Isto axudará a espertar o interese da veciñanza e permitirá que todas
aquelas persoas que o desexen poidan apuntarse ao proxecto como voluntarias. Unha
vez se teña conformado o grupo, levaranse a cabo sesión de información, formación
e capacitación. Expertos/as no tema prepararán charlas formativas que se afasrenndun
carácter maxistral, pois en todas elas tratarase de construir un clima cómodo no que
propiciar o diálogo entre todas as persoas presentes.

A seguinte fase incluirá xa o paso á acción e requierirá, por tanto, da participación


activa dos/as voluntarios/as. Desenvolveránse en diferentes ocasións xornadas de
recollida de lixo nas praias e ribeiras do concellos. Durante a recollida realizarase
tamén unha separación dos residuos en prol de proceder á súa correcta xestión. Unha
vez finalizadas ditas xornadas crearanse, con todos aqueles residuos que non poidan
ser tratados na planta de reciclaxe, murais que axuden a sensibilizar ao resto do pobo
sobre a problemática abordada. Durante esta última fase do proxecto potenciarase a
capacidade creativa das e dos participantes, así como unha visión crítica da
experiencia vivida durante a realización das actividades. Neste sentido, esta última
actividade pode ser tomada tamén como unha fase avaliativa de todo o proxecto.

4. RECURSOS
a. Económicos

Os recursos económicos precisos non serán demasiado elevados, pois a


actividade non o require. Haberá custos organizativos derivados da xestión
previa que a asociación local debe levar a cabo xestionando o deseño do plan
a seguir. Por outra banda, será tamén preciso ter un orzamento adicado aos
custos de emprego do persoal, pois serán precisas tanto persoas expertas para
as xornadas formativas, como outras que dirixan as actividades de campo. Por
último, custos operacionais, ocasionados pola posta en práctica do proxecto.

b. Humanos

Tal e como se comentou no apartado anterior, será preciso que participen


persoas expertas encargadas de dirixir as primeiras actividades, dirixidas á
sensibilización, formación e capacitación tanto do público xeral, como dos/as
participantes. Participarán tamén os/as encargados de guiar as xornadas nas
praias.

c. Materiais

Necesitaranse moi poucos recursos materiais, unicamente aqueles necesarios


para a recollida de lixo. Deste xeito, empregaranse recipientes para cargar o
lixo, colectores e luvas. Será tamén preciso un local no que desenvolver as
primerias sesión, xunto coa creativa.

You might also like