You are on page 1of 3

NOVAS TECNOLOXÍAS

Coordinador: Juan Manuel Ogando da Costa

PARTICIPANTES:

1 COSTA OTERO, MARÍA DOLORES

2 DEL RÍO BOLÓN, RAFAEL

3 VARELA VILA, MARTA

4 TURNES CARRO, JOSÉ

5 PARRADO OTERO, SUSANA

6 PAIS POZÓN, MARÍA

7 PÉREZ AMIGO, GEMA

8 LAMELA GONZÁLEZ, JULIA

9 JEREMIAS RODRÍGUEZ, ÁNGELES

10 GAGO DOMÍNGUEZ, EVA

11 SEOANE FERREIRO, BEGOÑA

12 DOÑATE ARRAZOLA, ESTHER

13 ÁLVAREZ RODRÍGUEZ, Mª JESÚS

14 MAROÑO RODRÍGUEZ, ADELA

15 FEIJOO BLANCO, JOSÉ LUIS

16 IGLESIAS MIRANDA, JULIO

1. INTRODUCCIÓN
As novas tecnoloxías comezan a destacar no área da educación como un
medio de transmisión de coñecementos potente e versátil. Nós, como
docentes, temos a obrigación de formar aos nosos alumnos cos contidos
propios de cada asignatura, pero ademais, debemos achegarlles á realidade
dos conceptos dos que falamos, e esa realidade pasa, en moitos casos polo
uso das novas tecnoloxías. Cada día é máis importante usar bancos de
recursos en Internet, coñecer o manexo de programas informáticos cuxo uso
no mundo laboral é tan fundamental como os idiomas.
O labor do Coordinador de Tecnoloxías da Información e a Comunicación dun
centro
de Educación Primaria consiste, a grandes liñas, en coñecer, actualizar e
supervisar os
equipos informáticos do centro e facilitar o acceso dos demais membros do
equipo
docente aos mesmos.
A segunda tarefa, consiste en achegar aos profesores ao mundo dixital para
lograr un desenvolvemento na cultura dixital do centro.
Atopámonos, por tanto, ante un plan que rexistre, planifique e mellore esta
actividade de nexo entre os medios informáticos e o equipo docente.

2. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS PARA O PROFESORADO


 Dar acceso ao equipo docente a medios que permiten renovar as
técnicas de ensinanza e actualizar os contidos a gran velocidade.
 Promover o uso do software libre e da plataforma educativa da
Comunidade de Galicia, como O Espazo Abalar.
 Permitir e facilitar o uso do ordenador no seu labor diario, tanto na
búsqueda de contidos, como de preparación de actividades (exámenes,
presentacións, documentais por Internet...).
 Informar e promover o plan de bo uso das novas tecnoloxías,
informando aos alumnos do que se considera un bo uso da aula, así
como realizando un seguimento do uso dos ordenadores que fan os
estudantes cando traballan nas aulas de informática.
 Acercar a todo o profesorado, especialmente ao mais reticente, ao uso
das TIC, intentar evitar a aparición da famosa “Brecha tecnolóxica”.
 Promover prácticas de seguridade para evitar a infección por malware
dos ordenadores de uso común do profesorado.
 Intentar resolver o máis axiña posible calquera incidencia que dificulte o
labor
docente do profesorado o máis axiña posible.

3. Actuacións:
- Elaboración Programación Tic por materia.
- Establecer contidos e usos comúns nas diferentes materias
- Informar ao profesorado das ferramentas Google.
- Deseño de actividades TIC por cursos.
- Avaliación da competencia dixital do profesorado a través das
actividades TIC.
- Introdución a robótica.

You might also like