You are on page 1of 20

Tema 4

A ATMOSFERA.
O CLIMA.

1.- A ATMOSFERA.

2.- TEMPO E CLIMA

3.- ELEMENTOS E FACTORES DO CLIMA

A. A temperatura:

o Factores da temperatura:

 Altitude.
 Latitude.
 Estacións.
 Proximidade ó mar.
 As correntes mariñas.

o Zonas termoclimáticas

B. Presión. Os ventos.

o Pesa o aire?
o A presión atmosférica.
o Os centros de acción: Circulación atmosférica.
 Anticilóns.
 Depresións ou borrascas.

C. A humidade: as precipitacións.

o A humidade do aire.
o Tipos de chuvias.
4.- OS CLIMAS DO MUNDO, ESPAÑA E GALICIA.

5.- O CAMBIO CLIMÁTICO.

Tema 4 .A atmosfera. O clima CCSS 1º ESO viaxeaitaca.com 0


1.- A ATMOSFERA.

A atmosfera é unha capa de gases ( nitróxeno – 78% - e osíxeno- 21%- principalmente, ademáis de ozono,
dióxido de carbono – CO2- e outros ) duns 1.000 km de espesor que envolve o Planeta Terra. Como podemos
observar na imaxe, podemos distinguir varias capas:

Por varias razóns, a atmosfera ten unha importancia definitiva para a a vida na Terra:

 Os seres vivos necesitan dos seus gases - fundamentalmente osíxeno - para vivir.

 A capa de ozono actúa como a un filtro que protexe aos seres vivos dos raios ultravioletas.

 Na atmosfera hai uns gases que reciben o nomes de “gases de efecto invernadoiro “ (CO2, vapor de auga,
metano,…) que reteñen parte da enerxía solar na atmosfera, conseguindo que haxa unha temperatura
media de 15oC. Este chamado “efecto invenadoiro” é beneficioso para a vida no noso planeta, pero que nos
últimos tempos o home está a acelerar, facendo que aumente a temperatura atmosférica, contribuindo polo
tanto ao cambio climático.

 Por último, na capa máis próxima á superficie terrestre – a TROPOSFERA – prodúcense os fenómenos
meteorolóxicos relacionados co clima ( precipitacións, vento,…)

Actividades:
1.- Enumera as 4 razóns polas que a atmosfera é importante para a vida na atmosfera.
2.- O efecto invernadoiro é bó ou malo para a vida na Terra . Explícao.

Tema 4 .A atmosfera. O clima CCSS 1º ESO viaxeaitaca.com 1


2.- TEMPO E CLIMA

O clima sería coma unha película dos diferentes tipos de tempo.

Tempo (atmosférico): estado da atmosfera nun lugar e momento concretos. P.ex.: Hoxe en A Coruña o tempo
é chuvioso.
A meteoroloxía estuda os fenómenos atmosféricos (vento, chuvia,neve, saraiba…) e o mecanismo que os produce,
intentando a súa predición.

Clima: sucesión dos diferentes tipos de tempo durante, como mínimo, un ano. P.ex.: O clima de Galicia é oceánico.
A climatoloxía é a ciencia que o estuda.

Diferenza entre tempo e clima: En A Coruña e Río de Xaneiro pode facer o mesmo tempo (P.ex.: chuvioso, frío,
soleado,…), pero iso non quere dicir que teñan o mesmo clima (A Coruña: temperado oceánico; Río de Xaneiro:
tropical)
Actividades:
 3.- Analiza a seguinte frase:
“As malas condicións climatolóxicas na etapa ciclista de hoxe, impediron que os afeccionados se
acercasen a animar aos esforzados corredores”.
Onde se atopa o erro da frase? Razoa a resposta.

 4.- Asocia as seguintes afirmacións cos conceptos de tempo e clima:

o Os veráns no levante español son secos e cálidos.


o Oforte vento que azoutou as costas galegas ocasionou o amarre da frota pesqueira no porto.
o O valor medio anual da temperatura na cidade de Santiago de Compostela é duns 13ºC.
o Mañá prognostícase a chegada dunha fronte fría polo noroeste peninsular.

5.- Explica a que se refire cada personaxe.

Tema 4 .A atmosfera. O clima CCSS 1º ESO viaxeaitaca.com 2


2.- ELEMENTOS E FACTORES DO CLIMA

1º elemento do Clima : A temperatura:


A temperatura é o nivel de enerxía que presenta a atmosfera,segundo a cal podemos dicir que vai frío ou
calor. A temperatura é o elemento meteorolóxico principal, porque dela dependen as precipitacións e os ventos.

Medimos a temperatura cun aparello chamado TERMÓMETRO, que a mide en graos centígrados. Cos
termómetros actuais podemos tomar medidas de temperatura cada poucos minutos. Pero en meteoroloxía e
climatoloxía interesan moito máis o uso da temperaturas medias (TM), que se calcula facendo unha media entre a
temperatura máxima e a temperatura mínima.
As medias máis usadas son:

- TM diaria: suma da T máx. e mín. do día, dividido por 2.


- TM mensual: suma das TM de cada día dividido polo nº de
días do mes.
- TM anual: suma das TM de cada mes dividido por 12.

Un aspecto moi importante na temperatura é ter en conta a oscilación ou amplitude térmica ( AT):
Diferenza entre a temperatura máxima e mínima diaria, mensual ou anual.
Tendo en conta este dato, vamos poder concluír se o clima do lugar é suave (se por exemplo, a AT entre o mes máis
caloroso e o máis frío é pequena p.ex: 10 ºC) ou extremo (se por exemplo, AT anual é grande,por exemplo: 25ºC).

A.T.= -15ºC – 35ºC= 50ºC


Tema 4 .A atmosfera. O clima CCSS 1º ESO viaxeaitaca.com 3
o Factores da temperatura:

 1º factor. Altitude.
A temperatura baixa a medida que se sobe en altura, a razón de 1ºC
(días moi secos) e de entre 0,6ºC (cando hai condensacións e
precipitacións) cada 100 metros que se sobe en altura. Isto é así
porque nas baixas altitudes a calor retense mellor.

 2º factor: Latitude.
A temperatura vai baixando a medida que nos imos
alonxando do Ecuador cara aos Polos.
A causa é a inclinación do eixe de rotación, que fai que a
inclinación dos raios solares sexa diferente segundo o lugar
da Terra:
 Máis verticais: máis preto do Ecuador maior
temperatura
 Máis inclinados: máis preto dos Polos menor
temperatura

 3º factor: Estacións do ano


A inclinación da Terra con respecto ó Sol, tamén fai que nas diferentes estacións a insolación
sexa diferente debido á diferente inclinación dos raios solares. Isto fará que as temperaturas sexan maiores no verán
do H.N. e menores no inverno do H.N. ( ó revés no H.S.)

 4º factor: Proximidade ó mar.


A auga necesita maior cantidade de calor que a terra para acadar a mesma temperatura, pero
unha vez quente, a auga tarda máis en arrefriar.
Así, o mar rebaixa considerablemente as temperaturas extremas, e fai que os lugares sometidos á súa
influencia teñan invernos maís menos fríos e veráns menos calurosos. Deste xeito, o mar actúa coma un regulador
da temperatura.
As zonas máis próximas ao mar teñen unhas temperaturas máis suaves, cunha Amplitude Térmica menor.
Nas zonas interiores ocorre ao revés: a amplitude térmica entre o día e a noite ou entre o verán e o inverno é maior

Tema 4 .A atmosfera. O clima CCSS 1º ESO viaxeaitaca.com 4


Actividade:
6.- Calcula as diferenzas de temperatura no verán e inverno da Coruña e de Moscova e explica por que hai esas
diferenzas.

 5º factor: As correntes mariñas.


As correntes mariñas teñen moita influencia sobre os climas da Terra:
 Suavizan o clima:por exemplo a corrente do Golfo suaviza o clima de toda a costa atlántica de Europa
 Desertizan o clima: por exemplo, o deserto costeiro de Atacama en Sudamérica está influído decisivamente
pola corrente fría de Humboldt, ou o de Namibia pola corrente fría de Benguela
 Provocan certos trazos de dureza coma fortes vagas de frío (por exemplo, na costa leste de EE.UU
grazas á corrente fría de Labrador ou no Xapón pola corrente de Oya-Chivo).

Actividades:

7.- Día 2 de febereiro de 2012. En A Coruña as temperaturas son de 11 graos e chove. En Nova York, as temperaturas
están baixo cero e neva . Analiza os factores da temperatura en Nova York e A Coruña explica logo a diferenza.
NOVA YORK A CORUÑA
ALTITUDE
LATITUDE
PROXIMIDADE AO MAR
ESTACIÓN DO ANO
CORRENTES MARIÑAS

Tema 4 .A atmosfera. O clima CCSS 1º ESO viaxeaitaca.com 5


 Zonas termoclimáticas
Podemos dividir o planeta en tres grandes zonas termoclimáticas:

ZONA LUGAR TEMPERATURAS


Entre os
Altas durante todo o ano,
TROPICAL OU Trópicos de
non baixando as TM mensuais dos 18ºC,
CÁLIDA Cáncer e
e cunha AT anual baixa.
Capricornio
Nas costas, as temperaturas son suaves todo o ano, cunha
Entre
AT anual moderada.
osTrópicos e os
TEMPERADA
Círculos No interior do continente,
Polares a AT vai aumentando,facéndose as temperaturas extremas (
altas no verá, baixas no inverno )
Nos Círculos Frías ou moi frías todo o ano, sendo raro que suban por riba
FRÍA OU POLAR
Polares dos 5ºC no verán.

Actividades:
 8.- Busca dous paíse e dúas cidades de cada zona termoclimática.
 9.- Di a que zonas termoclimáticas pertence cada continente.
 10.- Colorea cada zona termoclimática: cálida ( vermello), temperada ( azul ), fría ( en branco )

Tema 4 .A atmosfera. O clima CCSS 1º ESO viaxeaitaca.com 6


2º elemento do Clima : A Presión. Os ventos.
o Pesa o aire?
O aire pesa sobre a superficie terrestre exercendo presión sobre ela.

o A presión atmosférica.
Cantidade de forza que o aire da atmosfera exerce sobre unidade de superficie.
Medimos a presión atmosférica en mm de mercurio ou en bares utilizando un barómetro.
o Os centros de acción: Circulación atmosférica.
 Anticilóns. Centro de altas presións: máis de 760 mm de mercurio ou 1.013
mb. O seu aire xira en sentido descendente seguindo as agullas do reloxo no hemisferio norte
e ao revés no hemisferio austral,diverxendo ou afastándose do seu punto central.

 Depresións ou borrascas. Centro de baixas presións (menos de 760 mm de mercurio


ou de 1013 mb). Xiran en sentido ascendente en contra das agullas do reloxo no hemisferio norte e
ao revés no sur, Converxendo no seu punto central.

 Circulación atmosférica
As áreas de baixa presión (borrascas) atraen cara a elas o aire das rexións próximas onde a
presión é máis alta (anticiclóns), que son áreas que o lanzan ao seu arredor. Polo efecto de rotación da terra xira cara
á dereita no hemisferio norte e cara á esquerda no sur.
Polo tanto o aire sempre se move seguindo a dirección:
Anticiclón  Depresión
É o vento, é dicir, o movemento do aire,que terá máis forza canto
maior sexa a diferenza de presión entre os centros de acción.
A velocidade do vento mídese cun anemómetro.

A presión atmosférica represéntase nos mapas do tempo mediante isobaras


( liñas que unen puntos coa mesma presión atmosférica ). Un exemplo telo
neste mapa da Axencia Estatal de Meteoroloxía. Marca nel a dirección dos
ventos.

Tema 4 .A atmosfera. O clima CCSS 1º ESO viaxeaitaca.com 7


Actividades: 11.- Completa:

12.- Observa esta fotografía:

 Que ocorre co fume.


 Por que non sobe?
 Que tempo indica iso?Explícao.

3º elemento do Clima: A humidade: as precipitacións.

o A humidade do aire.
O aire contén sempre unha cantidade de vapor de auga, maior ou menor, procedente da evaporación
da auga dos mares, das terras húmidas e da transpiración dos vexetais, e que representa menos do 0,001% da auga
que temos en todo o planeta Terra.
Cando o aire contén a máxima cantidade de vapor de auga que pode manter ( aire saturado), e se a temperatura
baixa máis, condensa formando nubes e empeza a precipitar en forma de :
Choiva Neve Saraiba

Para medir a cantidade de precipitacións (normalmente auga en forma de chuvia) usamos un aparello
chamado pluviómetro que nos indica a cantidade de litros de auga caídos por metro cadrado (l/m2).

Tema 4 .A atmosfera. O clima CCSS 1º ESO viaxeaitaca.com 8


o Tipos de chuvias.
Chuvias por Convección (ou Ascensión)

Prodúcense cando unha parcela de aire, en contacto co chan requentado, se


requenta á súa vez, sobe (ascende),arrefríase, satúrase, condensa e precipita
(chove). É o caso, por exemplo, das tormentas estivais ( do verán ) de zonas
do interior ou das chuvias das selvas ecuatoriais.

Chuvias orográficas
O aire húmido que se despraza pola
superficie do océano vese obrigado a ascender cando
se atopa con montañas,o que provoca a disminución
de temperatura e a precipitación na cara das
montañas que mira ao océano ( barlovento )
Na cara oposta o aire descende, aumentando a súa
temperatura o que fai que as precipitacións nestas
caras opostas ao océano ( sotavento ) sexan
menores.
En casos extremos pode chegar a formarse
na vertente de sotavento, un deserto chamado de
“barreira” (a que forma a cadea montañosa). É o
caso do deserto do oeste de norteamérica (neste
caso a barreira son as Montañas Rochosas).

Chuvias por frontes

Cando dúas masas de aire de diferente temperatura e


humidade entran en contacto, establécese unha superficie frontal de
contacto. O aire quente máis lixeiro ascende sobre o frío máis denso,
formándose unha fronte . Ese aire quente arrefría a medida que sobe,
satura, condensa en njubes e produce precipitacións ( ver ciclo da
auga no tema da hidrsofera)
As chuvias por frentes son as máis frecuentes en Galicia.

Tema 4 .A atmosfera. O clima CCSS 1º ESO viaxeaitaca.com 9


13.- Define:
 Atmosfera
 Tempo
 Clima
 Temperatura media
 Amplitude ou oscilación térmica:
 Presión atmosférica
 Anticiclón
 Depresión ou borrasca
 Isobara
 Termómetro
 Pluviómetro
 Barómetro
 Anemómetro
 Chuvias por ascensióm
 Chuvias orográficas
 Chuvias por frontes

Tema 4 .A atmosfera. O clima CCSS 1º ESO viaxeaitaca.com 10


4.- OS CLIMAS DO MUNDO, ESPAÑA E GALICIA.

Tema 4 .A atmosfera. O clima CCSS 1º ESO viaxeaitaca.com 11


ZONA CLIMA LOCALIZACIÓN TEMPERATURAS PRECIPITACIÓNS ESTACIÓNS VEXETACIÓN
Elevadas e constantes
Zonas próximas ao o Elevadas e
( uns 25 C). Nunca
Ecuador: constantes. Non existe
ECUATORIAL menos de 18°C Selva ecuatorial
Amazonas, Congo, Superiores a 1.500 estación seca.
A.T.anual mímima ( 2
Indonesia,… l/m
3°C )
Zonas tropicais preto
Entre 300 e 600 Bosque tropical
TROPICAL SECO dos desetos ( Sahara, Altas. 2
l/m anuais e Sabana
p.ex.) Nunca menos de 18°C Estación seca
Zonas próximas ao e estación
TROPICAL Bosque
Ecuador ( Asia A.T. anual pequena: Superiores a 1.500 chuviosa
HÚMIDO OU 2 monzónico,
CÁLIDA Meridional e Oriental, entre 3°C e 10°C l/m anuais
MONZÓNICO xungla
p.ex.)
Cálidos: Sáhara,
Arabia, Kalahari,
Temperaturas medias
Australia, Sonora,
altas nos desertos
Chaco,…
cálidos ( +18°C ). Escasas. Esacasa ou
DESÉRTICO Costeiros: California, 2
< 250 l/m nula.
Atacama,Namibia,…
A.T. diaria moi grande
Outros: Gobi,
(entre o día e a noite )
Taklamakán, Mohave,

Suaves ( influencia do
Abundantes con
océano) con máximas
máximas no
Fachadas Oeste dos nos veráns e mínimas Praderías,
inverno e mínimas
OCEÁNICO continentes (p.ex. de nos invernos. 4 estacións caducifolios (
no verán.
Europa) carballos, faias )
Entre 800 e 2.000
A.T. anual moderada: 2
l/m
entre 10° e 20° C
Invernos fríos ( ou moi Esacasa ou
Interior dos
TEMPERADA fríos ) moderadas, con Perennifolios (
continentes nas
CONTINENTAL Veráns calurosos máximas no verán. 4 estacións coníferas: taiga)
latitudes medias
A.T. anual: elevada ( Entre 300 e 1.000 , estepas
(entre 40° e 65°) 2
>20°C ) l/m
Escasas ou
Arredor do Arbustos,
moderadas, con
Mediterráneo e nas Invernos temperados matorrais,
MEDITERRÁNEO veráns secos. 4 estacións
fachadas occidentais e veráns calurosos. aciñeiras,
Entre 300 e 800
dos continentes. 2 sobreiras,…
l/m
Moi baixas:
Escasas pou case Veráns curtos Tundra de
POLAR Círculos Polares nulas, en forma de e invernos musgos e
Temperaturas Medias
neve. longos. líquenes.
nunca >5°C
Vexetación
escalonada por
FRÍA
pisos: cultivos-
T.M. anual menor de Invernos fríos
ALTA Moi abundantes ( caducifolios-
Nas altas cordilleiras 10°C con invernos 2 e veráns
MONTAÑA > 1.000 l/m ) coníferas-
fríos. frescos
pradería-
musgos e
líquenes

Tema 4 .A atmosfera. O clima CCSS 1º ESO viaxeaitaca.com 12


15. Construimos e comentamos estes climogramas
CLIMAS CÁLIDOS
1. CLIMA ECUATORIAL
Kribi Xan. Feb. Mar. Abril Maio Xuño Xullo Ago. Set. Out. Nov. Dec

ºC 26,3 26,6 26,2 26 25,7 24,9 23,7 23,6 24,2 24,4 25,5 25,9
2
l/m 104 148 150 329 262 255 93 298 357 361 255 64
 Temperatura media anual ( T.M.): 25,2 ºC
2
 Precipitacións totais : 2.776 l/m

2. CLIMA TROPICAL
Dakar Xan. Feb. Mar. Abril Maio Xuño Xullo Ago. Set. Out. Nov. Dec
ºC 20,5 20 20,2 21,1 21,7 25 27,3 27,8 28,3 27 23,1 21,2
2
l/m 0,5 1 0 0 1 16 81 245 146 42 3 3
 Temperatura media anual ( T.M.): 23,7 ºC
2
 Precipitacións totais : 538,5 l/m

3. CLIMA TROPICAL HÚMIDO ( MONZÓNICO )


Calcuta Xan. Feb. Mar. Abril Maio Xuño Xullo Ago. Set. Out. Nov. Dec
ºC 19,5 21,5 26,5 29,5 30 29,5 29 28,5 28,5 27 22,5 19,5
2
l/m 10 25 36 56 142 302 323 340 254 124 15 5
 Temperatura media anual ( T.M.): 26 ºC
2
 Precipitacións totais : 1.634 l/m

4. CLIMA DESÉRTICO
O Cairo Xan. Feb. Mar. Abril Maio Xuño Xullo Ago. Set. Out. Nov. Dec

ºC 12,3 13,8 16,9 21,2 24,9 27,7 28,6 28,1 25,6 21,9 18,4 14,4
2
l/m 5 4 3 4 2 0 0 0 0 1 4 9
 Temperatura media anual ( T.M.): 21,2 ºC
2
 Precipitacións totais : 32 l/m

CLIMAS TEMPERADOS
1. CLIMA OCEÁNICO
Santiago Xan. Feb. Mar. Abril Maio Xuño Xullo Ago. Set. Out. Nov. Dec

ºC 8,5 8 9 11 14 15 17 18 16 15 11 10
2
l/m 140 157 153 105 94 63 55 49 85 157 172 212
2
- T.M.: 12,7 ºC Precipitacións totais : 1.442 l/m

2. CLIMA CONTINENTAL
Tchalov Xan. Feb. Mar. Abril Maio Xuño Xullo Ago. Set. Out. Nov. Dec

ºC -16 -14,5 -8,5 3,5 14,5 19 21,5 19,5 12,5 4 -4,5 -11,5
2
l/m 20 15 15 15 33 43 56 46 28 33 28 28
 T.M.: 3,5 ºC
2
 Precipitacións totais : 361 l/m

Tema 4 .A atmosfera. O clima CCSS 1º ESO viaxeaitaca.com 13


3. CLIMA MEDITERRÁNEO
Palermo Xan. Feb. Mar. Abril Maio Xuño Xullo Ago. Set. Out. Nov. Dec

ºC 10,5 11 12,5 14,5 17,5 21,5 24,5 25 22,5 19,5 15 11,5


2
l/m 81 69 71 48 28 18 0 1 46 81 84 91
 Temperatuta media anual ( T.M.): 17 ºC
2
 Precipitacións totais : 635 l/m

CLIMAS FRÍOS
1. CLIMA POLAR
Illa do
Xan. Feb. Mar. Abril Maio Xuño Xullo Ago. Set. Out. Nov. Dec
Oso
ºC -9,5 -11 -11 -7,5 -1,5 1,5 4,5 4 1,5 -1,5 -6 -7,5
2
l/m 28 36 30 18 20 20 18 23 41 36 25 30
 Temperatuta media anual ( T.M.): -4 ºC
2
 Precipitacións totais : 325 l/m

2. CLIMA ALTA MONTAÑA


Alpes Xan. Feb. Mar. Abril Maio Xuño Xullo Ago. Set. Out. Nov. Dec

ºC -6,5 -4,5 -2 2 6 10 11,5 11 8,5 4 -1 -5,5


2
l/m 96 107 89 81 86 89 109 119 140 142 79 74
 Temperatuta media anual ( T.M.): 26 ºC
2
 Precipitacións totais : 1.634 l/m

A Península Ibérica está situada nas latitudes medias do Hemisferio Norte, é decir na zona temperada. En xeral podemos decir
que:
 As temperaturas son máis altas no verán que no inverno, aumentando a medida que imos cara ao Sur e sendo máis
suaves cara a costa Atlántica. No interior ( na Meseta ) temos unha amplitude térmica anual máis alta.
 As precipitacións son maiores na beira atlántica e cantábrica, evan descendendo cara ao Sur e cara o Mediterráneo.
En canto ao clima, podemos dividir a península en 2 partes:
 Clima oceánico: beiras atlántica e cantábrica.
 Clima mediterráneo:
o Costa mediterránea.
o Interior : máis frío no inverno.
2
o Sureste da península: árido ou subdesértico, con menos de 300 l/m
A estes 2 climas podemos engadirlle:
 Clima de montaña: Cord. Cantábrica, Pireneos, Sistema Central, Sist. Ibérico e Serra Nevada
 Clima subtropical: nas illas Canarias.
Tema 4 .A atmosfera. O clima CCSS 1º ESO viaxeaitaca.com 14
16.- Observa os climogramas anteriores e contesta:
 Cantos meses secos teñen?
 Cal das 2 cidades ten maiores precipitacións? ¿Por qué cres que é así?
 Como se reparten as precipitacións? ( máximas e mínimas )
 Cal das 2 cidades ten unhas temperaturas elevadas e cal as ten máis suaves? Cal pode ser a razón?
 Que tipo de clima teñen? En que se diferencian?
17.- Fíxate no seguinte mapa de Temperaturas Medias e Precipitacións anuais da Península Ibérica:

Escribe unha frase onde expoñas a idea máis clara que se che ocurra sobre as temperaturas e as precipitacións:
 Temperaturas :……………………………………………………………………………………………………………………………………………………………
…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………
…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………
 Precipitacións :……………………………………………………………………………………………………………………………………………………………
…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………
…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………

Agora compara este mapa co dos climas da Península Ibérica: ¿Con que tres climas se corresponde cada zona deste mapa?

Tema 4 .A atmosfera. O clima CCSS 1º ESO viaxeaitaca.com 15


Pola súa parte, Galicia está plenamente no ámbito do clima oceánico, con estas características xerais:
 Temperaturas suaves todo o ano: inverno ( ±10 C ) , verán ( ±20 C ). Aumentan cara ao Sur (Vigo ) e ao interior(
o o

Ourense, Lugo ) no verán , e disminúen no inverno cara ao Norte ( A Coruña, Lugo )e ao interior ( Ourense, Lugo ).
 Precipitacións abundantes todo o ano, con máximas no outono-inverno. Os ventos húmidos de compoñente Oeste ( O,
NO, SO ) traen as precipitacións por frontes. Son máis copiosas cara á costa e poden ser de neve durante o inverno cara
o interior e nas serras máis altas.
Os climas son os que se mostran no seguinte mapa:

18.- Observa os climogramas anteriores e contesta:


 Cantos meses secos teñen?
 Cal das 2 cidades ten maiores precipitacións? ¿Por qué cres que é así?
 Como se reparten as precipitacións? ( máximas e mínimas )
 Cal ten maior amplitude térmica? Cal será a razón?
 Que tipo de clima teñen? En que se diferencian?

Tema 4 .A atmosfera. O clima CCSS 1º ESO viaxeaitaca.com 16


5.- O CAMBIO CLIMÁTICO.
Le o texto que é un fragmento do libro “A vinganza da Terra. A teoría de Gaia e o futuro da humanidade” do químico
e meteorólogo inglés James Lovelock e contesta as cuestións que aparecen ao remate.
“Grazas ao concepto de Gaia hoxe vemos que o noso planeta é totalmente distinto aos seus irmáns mortos, Marte e
Venus. Como se fora un de nós controla a súa temperatura e composición en función do seu benestar, e lévao
facendo desde que empezou a vida, hai máis de tres mil millóns de anos. Dito sen rodeos, os planetas mortos son
como estatuasde pedra, que, metidas nun forno e quentadas a 80ºC non sofren ningún cambio. Se a vostede e a min
nos meteran nese forno, morreriamos. Á Terra sucédelle igual.”

 Por que di que Venus e Marte son irmáns mortos da Terra?


 Cando o autor fala de meter a Terra nun forno a 80ºC, que quere dicir?
 Á vista deste pequeno fragmento, cal cres que é a preocupación deste científico?

Que é o cambio climático e por que nos preocupa?


O clima da Terra sempre sufriu cambios ao longo da historia. Pero actualmente estamos a percibir que o
clima está cambiando cunha tendencia cara ao quentamento global cunha velocidade que nos preocupa.
E isto ten moito que ver coa emisión de gases á atmosfera, entre os que destaca o dióxido de carbono (CO2),
gases que son resultado da combustión do carbón e do petróleo,. Sabemos que eses gases teñen a propiedade de
reter a calor: é o efecto invernadoiro (tal e como o fai o vidro dos invernadoiros). Por iso a eses gases se lles chama
“gases de efecto invernadoiro”.
Cales son as probas, as evidencias?
1. As dúas últimas décadas tiveron unha tendencia ao aumento da temperatura global.
A temperatura media da superficie terrestre subiu máis de 0,6ºC durante os últimos anos do século XX. En
España subiu 1,5º, máis de 3 veces a media mundial.

2. Hai un claro cambio no ciclo das estacións do ano.O adiantamento da primavera biolóxica e o atraso da
chegada do inverno, de tal xeito que o período de floración de moitas especies adiantouse 5 días por década
nos últimos 50 anos, é decir, aproximadamente un mes. Isto está alterando o equilibrio no funcionamento
dos ecosistemas. A chegada das andoriñas adiantouse unha media de 10 días nos últimos trinta anos.
3. Relacionado co aumento de temperatura , constátase a diminución da superficie xeada do Ártico e a
desaparición de glaciares o que se relaciona co aumento do nivel do mar uns 15 cm neste século pasado.
4. Rasgos anormais no clima dalgúns lugares: Aumento da frecuencia e a intensidade de furacáns, sequías
prolongadas nuns lugares, inundacións noutros, inusuais vagas de frío ou calor …
Cales son as causas?
Esta é a evolución do problema ao longo da historia:
1. Cambio na maquinaria e nas fontes de enerxía. Hai uns 200 anos,na época
da revolución industrial o home empezou a cambiar o uso de máquinas e
ferramentas manuais ou tiradas por enerxías como a animal (p.ex. no transporte),
eólica ou acuática (por exemplo nos muíños), por outras nas que se necesitaba o
uso de enerxías de orixe fósil: primeiro o carbón (nas máquinas de vapor: dos
antigos ferrocarrís a vapor) e logo o petróleo (nos motores de combustión interna:
como os dos automóbiles).
2. Isto foi a base dun forte crecemento económico e industrial, pero tamén
demográfico (nestes 200 últimos anos multiplicouse a poboación mundial por 6
aproximadamente), medrando como lle sucede a unha especie cando chega a un
lugar onde non ten límites na obtención dos recursos que necesita. Isto leva a un
aumento esaxerado do consumo enerxético. Desde que se empezaron a usar os
combustibles fósiles ( en especial o carbón e o petróleo) ata hoxe non só
Tema 4 .A atmosfera. O clima CCSS 1º ESO viaxeaitaca.com 17
aumentamos o consumo enerxético por ser máis, senón que tamén nos volvemos máis egoístas no consumo
3. Así, estamos a botar á atmosfera cada vez máis gases de efecto invernadoiro como o CO2. Así, chagamos á
situación actual: aumento do efecto invernadoiro. Máis da metade deses gases de efecto invernadoiro
queda na atmosfera ( a outra metade é absorbida polo océano e polos vexetais na fotosíntese ). Sabemos
que eses gases reteñen a calor e que axudan a regular a temperatura. Sen ese tipo de gases na atmosfera
habería unha temperatura moito máis baixa na Terra, tanto que a vida non sería posible.
Pero estamos facendo que a cantidade destes gases sexa máis grande do normal, podendo producir
un aumento da temperatura global, aumentaron especialmente nos últimos 50 anos pola proliferación do
uso de transporte tanto aéreo como terrestre, da produción de enerxía mediante centrais térmicas e de
procedementos industriais que requiren moita enerxía e producen CO2 nos seus procesos, como é o caso das
industrias do cemento.

Para poñerche un exemplo ben claro, un planeta que é un “invernadoiro perfecto” é Venus, pois estando ao
dobre de distancia do Sol que Mercurio ten máis temperatura, pois posúe unha atmosfera de aproximadamente 95%
de CO2 o que fai que se acaden temperaturas de 464ºC tanto de día como de noite.
Esta diferenza nula entre a temperatura diúrna e nocturna pon de manifesto o papel deste gas como
regulador da temperatura, sobre todo cando se compara con Mercurio, sen atmosfera e que ten unha diferenza
noite–día duns 620ºC. Tamén este gas explica que a dobre de distancia do sol Venus sexa máis quente que Mercurio,
o que pon de manifesto a eficacia do CO2 para reter a calor.

“Cando queimamos combustibles fósiles facemos que a Terra se pareza algo máis a Venus, é dicir aumentamos o
efecto invernadoiro ou o que é mesmo, o quentamento global da terra”.

Tema 4 .A atmosfera. O clima CCSS 1º ESO viaxeaitaca.com 18


Cales son as consecuencias?

 Cambios nas paisaxes . En Galicia a paisaxe


cada vez se vai facendo máis seco e mediterráneo; no
Sur de España hai unha desertización clara.
 Aumento das secas.No último século
reducíronse nunha cuarta parte as precipitacións no
Sur de España
 Riscos de incendios, ao haber máis secas
 Aumento de erosión. Tanto as secas como os
incendios favorecen que se perda a vexetación que
retén o solo, o que favorece os procesos de
desertización.
 Inundacións .A alteración do sistema climático
pode favorecer un aumento do período de chuvias
fortes, en áreas non preparadas para acoller tanta
cantidade de auga.
 Aumento da temperatura da auga do mar .
Por esta razón a Gran Barreira de Australia duns 2.000
km2 perdeu máis dun 60% da súa superficie,
2
quedando na actualidade só uns 1.200 km . Por outra parte pode haber migración de especies mariñas cara
o norte buscando augas máis frías.
 Desxeo e da subida do nivel do mar. A subida de temperatura global provoca o desxeo que
estáfacendo desaparecer o xeo dos glaciares e fai xurdir o desxeo de neves perpetuas nas altas
cordilleiras .Este proceso é especialmente notorio no caso do Ártico. A auga doce do desxeo vai
alterar as correntes mariñas oceánicas diminuíndo a súa capacidade termorreguladora e
potenciando aínda máis o cambio climático. Este desxeo e a dilatación da auga por aumento da
temperatura provoca a elevación do nivel do mar. En Galicia isto suporía a perda de praias, dunas,
marismas e humedais, con especial repercusión naquelas zonas onde se constrúe a nivel do mar.
Pero noutros lugares como Bangladesh que ten enormes planicies próximas ao nivel do mar pódese
perder a superficie onde están as casas duns 17 millóns de habitantes. Cidades como Venecia xa
están a vivir esta problemática, e nela está prohibido habitar os baixos.
 Refuxiados climáticos.O cambio climático non só afectará aos pobos ligados a existencia do xeo
ártico como os inuíts. Os demais efectos do cambio climático expostos que implican inundacións,
secas, furacáns, etc., afectan aos países máis pobres e menos responsables das emisións.

E ti, que podes facer?



Tema 4 .A atmosfera. O clima CCSS 1º ESO viaxeaitaca.com 19

You might also like