You are on page 1of 8

Tema 3: A DIVERSIDADE CLIMÁTICA E A VEXETACIÓN

Práctico COMENTARIO DO MAPA DE TEMPERATURAS MEDIAS DE


ESPAÑA.
A temperatura é o grao de calor do aire. Mídese en graos centígrados (ºC)
mediante o termómetro. Nos mapas represéntase mediante isotermas ou liñas
que unen os puntos con igual temperatura.

O mapa das temperaturas medias anuais é un mapa de tipo temático,


corocromático con isotermas (liñas que unen puntos coa mesma temperatura)
atendendo á temperatura media anual
Na lenda, as cores azuis amosan as zonas máis frías (áreas montañosas do
centro e norte peninsular, Submeseta Norte e cumes máis elevados dos sistemas
montañosos meridionais).
As cores amarela e salmón (de 12,5º C a 17,5º C) correspóndense coa
Submeseta Sur, depresión do Ebro, áreas litorais do Cantábrico e Galicia,
ademais dos vales interiores de Galicia e Dorsal Meridiana, arquipélago balear e
áreas montañosas de Canarias).

1
As cores vermellas, con temperaturas máis elevadas, correspóndense coas
áreas de dominio mediterráneo levantino e andaluz, depresión do Guadalquivir e
litorais das illas Canarias.

En xeral podemos dicir que a temperatura media anual na península é suave,


atendendo principalmente á súa localización na zona temperada do hemisferio
norte do planeta se ben debido á súa elevada altitude media (660 m) estas son
máis baixas do que lle correspondería segundo a súa latitude.

Poden preguntarnos polos factores que inflúen nas temperaturas dunha


determinada zona de España. Factores xeográficos : latitude, influencia do
mar, relevo; e factores termodinámicos.
No mapa advírtese claramente unha diminución da temperatura dende o sur
cara ao norte debido fundamentalmente á latitude e dende a costa cara ao
interior debido tanto á elevada altitude do bloque central da Península (a meseta)
como á falta de influencia marítima que suavice as temperaturas no interior
peninsular.

Factores xeográficos que inflúen na temperatura:


A latitude: España está situada na zona temperada do hemisferio norte. España
localízase en latitudes medias, pero a latitude máis meridional (incluso
subtropical no caso canario) das áreas litorais levantinas e andaluzas contribúe
ao incremento da temperatura media.
A influencia do mar. Os contrastes térmicos son máis suaves na costa e máis
fortes no interior porque o mar quéntase e arrefría máis devagar que a terra. As
temperaturas do litoral peninsular manteñen valores suaves todo o ano, pois a
auga conserva a calor máis que a terra e é máis lenta en quentarse e arrefriarse
polo que exerce unha influencia moderadora sobre as temperaturas.

2
O relevo inflúe a causa da disposición, da altura e da orientación. Os sistemas
montañosos paralelos á costa frean a influencia do mar. A altura fai diminuír as
temperaturas (aproximadamente 6º por cada 1000 metros de ascenso)
‐ A orientación crea contrastes climáticos entre os solainas e avesedos. (aínda
que isto non se reflicte no noso mapa).

Factores termodinámicos que inflúen na temperatura. A circulación do Jet


stream é un factor determinante para a chegada ao noso territorio de centros de
acción, masas de aire e frontes. Nas zonas do norte a chegada de vagas de aire
frío é máis habitual que na zona de clima mediterráneo. Na área mediterránea
prodúcese un predominio do anticiclón das Azores durante boa parte ano. Por
contra no sur e nas illas Canarias poden chegar masas de aire tropical (marítimo
ou continental) que elevan a temperatura.

E debemos coñecer e saber relacionar as temperaturas cos diferentes


climas españois, xa que poden pedirnos que relacionemos un rango de
precipitacións co seu dominio climático :
No clima oceánico (cornixa cantábrica e Galicia) as temperaturas son suaves e
a amplitude térmica baixa ou moderada (sempre menos de 16 ºC), aínda que con
diferencias entre a costa e o interior. Na costa, a influencia do mar determina
veráns frescos (ningún mes ten temperatura media igual ou superior a 22 ºC) e
invernos moderados (a temperatura media do mes máis frío está entre 6 ºC e
10ºC), de xeito que a amplitude térmica é escasa (entre 9 ºC - 12 ºC). Cara ó
interior, ao diminuír a influencia mariña, a temperatura do inverno é máis fría (por
debaixo de 6 ºC). Paralelamente, aumenta a amplitude térmica, que se sitúa entre
os 12 ºC e os 15 ºC.
No clima mediterráneo (territorio peninsular ao sur da zona de clima
oceánico, illas Baleares, Ceuta e Melilla) as temperaturas varían entre a costa e o
interior e de norte a sur, polo que presenta varios subtipos:

3
- Na costa mediterránea peninsular, a costa suratlántica, o arquipélago balear,
Ceuta e Melilla (clima mediterráneo marítimo) as temperaturas aumentan de
norte a sur e presentan amplitudes medias (12 ºC - 15/16 ºC), con veráns que
superan os 22 ºC e invernos suaves pola influencia do mar (a media do mes máis
frío non baixa de 10 º C).
- O interior peninsular, excepto a zona media do val do Ebro (clima
mediterráneo continentalizado) presenta temperaturas con amplitudes altas,
superiores a 16 ºC. En función das características térmicas, pódense distinguir os
seguintes subtipos:
· O subtipo da meseta norte e das terras altas de Guadalajara, Teruel e
Cuenca, con veráns frescos (media do mes máis cálido inferior a 22 ºC) e
invernos fríos (media do mes máis frío entre 6 ºC e -3 ºC), con frecuentes
xeadas e néboas.
· O subtipo da submeseta sur e bordos do val do Ebro, con veráns calorosos
(media do mes máis caloroso igual ou superior a 22 ºC) e invernos fríos, aínda
que con menor incidencia das xeadas.
· O subtipo de Estremadura e o interior de Andalucía, con veráns moi
calorosos e invernos moderados (mes máis frío entre 6 ºC e 10 ºC).
- No sueste peninsular e a zona media do Val do Ebro (clima mediterráneo
seco, subdesértico ou estepario) as temperaturas permiten distinguir entre:
· a estepa cálida da zona costeira do sueste, con medias anuais arredor
dos 17 ºC - 18 ºC e con invernos moi suaves (non baixan de 10 ºC).
· a estepa fría do sueste interior (leste da Mancha e Albacete) e da zona
media do val do Ebro, con temperatura media anual inferior a 17 ºC e
invernos moderados ou fríos (entre 6 ºC e 10ºC e entre 6 ºC e -3 ºC,
respectivamente).

Clima de montaña. Nos territorios situados a máis de 1000 metros de altitude


as temperaturas caracterízanse por unha media anual baixa (sempre inferior a 10
ºC), veráns frescos (ningún mes con temperatura media igual ou superior a 22 ºC)

4
e invernos fríos (algún mes con temperatura media próxima ou por debaixo de 0
ºC), o que fai que sexan frecuentes as precipitacións en forma de neve. As
montañas incluídas na área de clima oceánico (Pireneos e cordilleira Cantábrica)
non teñen ningún mes seco e presentan veráns frescos mentres que as montañas
do centro e sur, incluídas na área mediterránea, teñen temperaturas estivais máis
altas, superándose os 22 ºC nalgúns sectores e poden ter un ou dous meses
secos.
Clima subtropical. As illas Canarias constitúen un dominio climático orixinal
debido á súa situación no extremo sur da zona temperada, en contacto co
dominio intertropical e preto das costas africana o que fai que se entrecrucen
influencias variadas. Dominan as altas presións tropicais (anticiclón das Azores) e
o vento alisio do nordeste, que dá lugar a temperaturas cálidas todo a ano nas
zonas baixas, xa que ningún mes baixa de 17 ºC, polo que a amplitude térmica é
pequena (inferior a 8º C). Nas zonas altas diminúe a temperatura.

Exemplo ABAU extraordinaria 2019


2.- Atendendo ao documento, conteste (puntuación máxima: 5 puntos):
a) Cite cinco sistemas montañosos con temperaturas medias inferiores a
7,5ºC (1 punto).
b) Identifique o documento e diferencie zonas xeográficas coas mesmas
temperaturas (1 punto).
c) Expoña os factores xeográficos que condicionan as áreas con
temperaturas superiores a 15ºC (1 punto).
d) Explique os factores termodinámicos que condicionan as áreas con
temperaturas superiores a 15ºC (1 punto).
e) Relacione as áreas de temperaturas inferiores a 15ºC cos dominios
climáticos aos que corresponden (1 punto).

5
Atendendo ao documento, conteste (puntuación máxima 5 puntos):
a) Cite cinco sistemas montañosos con temperaturas medias inferiores a
7,5ºC. (1 punto)
Pireneos, Cordilleira Cantábrica, Sistema Central, Sistema Ibérico e Montes de
León, Serras SO de Galicia.
b) Identifique o documento e diferencie zonas xeográficas coas mesmas
temperaturas (1 punto).
Trátase dun mapa temático, corocromático, con isoliñas (isotermas) que
representan a temperatura media anual das distintas áreas de España (Península,
Baleares e Canarias).
Na lenda, as cores azuis reflicten as zonas máis frías (áreas montañosas do
centro e norte peninsular, Submeseta Norte e cumios máis elevados dos
sistemas montañosos meridionais).

6
As cores marelas e salmón (de 12,5⁰C a 17,5⁰C) correspóndense coa Submeseta
Sur, depresión do Ebro, áreas litorais do Cantábrico e Galicia, ademais dos vales
interiores de Galicia e Dorsal Meridiana, arquipélago balear e áreas montañosas
de Canarias).
As cores vermellas, con temperaturas máis elevadas, correspóndense coas
áreas de dominio mediterráneo levantino e andaluz, depresión do Guadalquivir e
litorais das illas Canarias.
c) Expoña os factores xeográficos que condicionan as áreas con
temperaturas superiores a 15⁰C (1 punto).
España localízase nas latitudes medias. Pero a latitude máis meridional (incluso
subtropical no caso canario) das áreas litorais levantinas e andaluzas contribúe
ao incremento da temperatura media.
A altitude dos espazos sinalados correspóndese esencialmente con áreas
deprimidas ou litorais, que están por debaixo dos 200 metros sobre o nivel do
mar. En Canarias, a pesar das maiores altitudes, a súa posición latitudinal
xustifica o valor medio máis elevado das temperaturas anuais.

A proximidade ao mar. Nas costas mediterráneas o inverno é suave e o verán,


caloroso, pois este mar, pechado e bordeado por relevos montañosos, actúa
como un almacén de calor e non pode amortecer moito as elevadas temperaturas
estivais. Polo tanto, a amplitude térmica das súas costas é moderada.
A disposición do relevo que no caso do val do Guadalquivir facilita a entrada
da influencia moderadora do mar ou no val do Ebro, conca pechada por
montañas, que a frea.
d) Explique os factores termodinámicos que condicionan as áreas con
temperaturas superiores a 15ºC (1 punto).
A corrente en chorro (circulación en altura) é responsable da escasa
penetración de vagas de aire frío en comparación coas áreas setentrionais da
península. Os seus desprazamentos estacionais permiten recibir nesta zona a
influencia sahariana (masa de aire tropical, continental e seca), moi acentuada no

7
verán, que produce unha elevación das temperaturas medias. Na área meridional
prodúcese un predominio do anticiclón das Azores durante boa parte dos
equinoccios e solsticio de verán. A fronte polar condiciona tamén estas áreas,
principalmente as expostas aos ventos do oeste.
As illas Canarias constitúen un dominio climático orixinal debido á súa situación
no extremo sur da zona temperada, en contacto co dominio intertropical e preto
das costas africanas, o que fai que se entrecrucen influencias variadas. Dominan
as altas presións tropicais (anticiclón das Azores) e o vento alisio do nordeste,
que dá lugar a temperaturas cálidas todo o ano.
e) Relacione as áreas de temperaturas inferiores a 15 ⁰C cos dominios
climáticos aos que corresponden (1 punto).
A área de 12,5⁰C a 15⁰C correspóndese cos dominios climáticos do
mediterráneo continentalizado da Submeseta Sur e a depresión do Ebro; o
suboceánico (oceánico de transición ou oceánico de influencia mediterránea) dos
vales interiores de Galicia e o oceánico do litoral cantábrico.
A área de 10⁰C a 12,5⁰C correspóndese, esencialmente, co dominio
mediterráneo continentalizado (ou de interior) da Submeseta Norte e montañas
medias.
A área de 7,5⁰C a 10⁰C correspóndese co dominio de montaña peninsular.
A área de menos de 7,5⁰C de media correspóndese co dominio de alta montaña
peninsular.

You might also like