You are on page 1of 13

Tema 3 A diversidade climática e a vexetación

Práctico CLIMOGRAMAS
CLIMOGRAMA 1

Total anual precipitacións: 362 mm


Temperatura media anual: 12,8ºC

Un climograma é un gráfico de dobre entrada que rexistra as temperaturas


medias mensuais mediante unha liña vermella sobre a escala en grados
centígrados da dereita e as precipitacións totais mensuais mediante barras
verticais en milímetros na escala da esquerda.

Precipitacións
Total: 362 mm : entre 300-500 = escaso.
Distribución: máximos cara ás estacións equinocciais (primavera: abril - maio;
outono: novembro - decembro) e mínimos cara a finais inverno e verán.

1
Aridez: meses secos segundo índice Gaussen: 5 meses secos. (a barra de
precipitacións está por debaixo da liña de temperatura: marzo, xuño, xullo, agosto,
setembro)

En función do anterior cualificamos o réxime de precipitacións como irregular.

Temperaturas
Media anual: 12,8ºC = fresca.
Tª media máis alta: 22,1ºC en xullo = cálido (non caloroso)
Tª media máis baixa: 4,3ºC en xaneiro = frío.
Amplitude térmica anual: 22,1 - 4,3 = 17,8ºC = bastante alta, propia do interior
da P. Ibérica.

Resumo do análise:
*Precipitacións:
- total escaso.
- irregulares.
- máximos equinocciais e mínimos invernais e, sobre todo, estivais (4 meses
secos)= aridez estival.
- aridez mensual: de 5 a 6 meses secos.
*Temperaturas:
- Media anual= fresca.
- Mes tª media máis elevada (xullo): cálida, non calorosa.
- Mes tª media máis baixa (xaneiro): fría.
- Amplitude térmica anual: elevada.

Ubicación:
- Polo total de precipitacións e a súa distribución e índices de aridez é
mediterráneo.

2
- Polas súas temperaturas e, sobre todo, pola grande amplitude térmica (17,8ºC) é
interior, isto é, continentalizado .Sendo de inverno frío (4,3ºC) e verán fresco ou
suave (22,1ºC) debe estar situado na metade norte do interior peninsular.
É, pois, un clima mediterráneo continentalizado (de interior) con veráns
frescos e invernos fríos, propio, por exemplo, da Submeseta Norte.

Factores explicativos.
As precipitacións escasas débense a que nos atopamos fora da zona de
influencia da fronte polar e das ondulacións do Jet.stream, debido a latitude (non
estamos na cornixa cantábrica) e ao efecto da disposición do relevo que fai que as
grandes borrascas atlánticas raramente cheguen ou o fagan dunha forma máis leve.
As temperaturas caracterízanse por unha elevada amplitude térmica debido a
escasa influencia do mar.
Este clima leva asociada a vexetación de bosque perenifolio, maquia e garriga.
Os ríos serán de caudal escaso e irregular.

CLIMOGRAMA 2

O Climograma é un gráfico
que representa as
temperaturas medias
mensuais (mediante unha liña)
e as precipitacións (mediante
barras) dunha zona ao longo
do ano.

3
Precipitacións:
TOTAL de PRECIPITACIÓNS, 177 mm, presentan un total moi escaso (inferior a
300 mm).
A súa distribución é irregular ao longo do ano con acusada seca (once meses con
precipitacións inferiores a 30 mm), sendo o outono a época con maior precipitación
relativa.
FORMA: dadas as suaves temperaturas do inverno caerán principalmente en
forma de choiva.
O escaso volume e o réxime de precipitacións son característicos dos climas
mediterráneos subdesérticos ou esteparios.

Análise das temperaturas:


A TEMPERATURA media anual é alta (19 º C)
A amplitude térmica é moderada (13,6 º C)
O verán é caloroso (catro meses con temperatura media superior a 22 º C)
O inverno é suave (a temperatura do mes máis frío do inverno non baixa de 10º C)
Estas características térmicas son propias dun clima cunha situación costeira e
meridional dentro da Península.

Aridez:
A relación entre temperaturas e precipitacións indica que existe aridez en todos
os meses (cúmprese o índice de Gaussen e a curva das temperaturas sitúase por
encima da barra das precipitacións).

Ubicación e factores explicativos:


Polas características analizadas corresponden a un TIPO DE CLIMA
MEDITERRÁNEO SUBDESÉRTICO ou ESTEPARIO, situado na costa do SE
peninsular

4
- Os FACTORES XEOGRÁFICOS e ATMOSFÉRICOS que o explican son:
• As causas da aridez nesta zona son que se atopa ao abrigo das
borrascas atlánticas polos relevos das Cordilleiras Béticas, que chegan con
dificultade as borrascas mediterráneas e que son frecuentes as chegadas de aire
seco africano. Só as perturbacións que penetran polo Estreito ou as formadas
ocasionalmente sobre o mar de Alborán provocan precipitacións.
• A amplitude térmica moderada débese á influencia reguladora que
exercen as augas cálidas do mar Mediterráneo, pechado e bordeado por relevos
montañosos que amorna os invernos e no verán actúa como almacén de calor,
polo que non pode amortecer moito as elevadas temperaturas estivais.
• A suavidade do inverno e a calor do verán veñen incrementados tamén
pola latitude meridional.
Polas características analizadas o clima estaría situado na COSTA PENINSULAR
(en concreto corresponde a Aguilas, en Murcia)
Este clima leva asociada a vexetación de estepa, con arbustos espiñentos,
nudosos, baixos e descontinuos, que deixan o chan ao descuberto. Os ríos son de
escaso caudal e extremadamente irregulares, podendo permanecer secos unha
parte importante do ano.

CLIMOGRAMA 3

5
Total anual precipitacións: 1090 mm
Temperatura media anual: 11,4ºC
Un climograma é un dobre gráfico que representa as temperaturas medias
mensuais (mediante liñas) e as precipitacións (mediante barras) dunha zona ao
longo dun ano.

Precipitacións
As precipitacións presentan un total anual (1 090,2 mm) abundante (superior a
800 mm) e unha distribución bastante regular ao longo do ano, cun curto mínimo
no verán, durante o cal hai un só mes (xullo) con precipitacións inferiores a 30 mm.
O máximo de precipitacións ten lugar no inverno (xaneiro). Dadas as temperaturas
desta estación caerán principalmente en forma de choiva. O total e o réxime de
precipitacións é característico do clima oceánico.

Temperaturas
A temperatura media anual é de 11,4° e a amplitude térmica é baixa (11,7°). O
verán é fresco (ningún mes con temperatura media igual ou superior a 22°) e o
inverno frío (a temperatura media do mes máis frío está entre 6 e –3°), aínda que
non demasiado, dado que o mes máis frío ten unha temperatura media de 5,9° C.
Estas características térmicas permiten supoñer que este clima ten unha posición
setentrional e interior dentro da Península (inverno frío), aínda que non moi afastada
da costa, pois o inverno é pouco rigoroso e a amplitude térmica é baixa.
A relación da temperatura coas precipitacións mostra que neste clima só existe
aridez no mes de xullo (cúmprese o índice de Gaussen).

Ubicación e factores explicativos


De acordo coas características analizadas podemos concluír que se trata dun
clima oceánico de transición, situado no interior da zona norte da Península. A
abundancia das súas precipitacións e o seu carácter bastante regular débense a
que está todo o ano baixo a influencia das borrascas da fronte polar. O mínimo do

6
mes de xullo explícase pola influencia do anticiclón dos Azores, desprazado cara ao
norte nesta época do ano. Este clima leva asociada unha vexetación de bosque
caducifolio, landa e prados; ríos de caudal abundante e chans do tipo terra parda e
ranker.

CLIMOGRAMA 4

Este gráfico é un climograma ou


diagrama ombrotérmico no que se
representan as precipitacións e
temperaturas medias ao longo dun
ano nunha zona, utilizando
medicións dun período de polo
menos 30 anos.

Precipitacións
As precipitacións son moi escasas (111mm.), inferiores 300mm., propias de climas
desérticos. Case todo o ano presenta aridez segundo o índice de Gaussen,
especialmente no verán cando as choivas practicamente son inexistentes.
Temperaturas
A temperatura media anual é elevada, de 21º C, propia dun clima cálido
subtropical. A súa amplitude térmica é de 5,9º C (moi baixa), propia de climas con
temperaturas similares durante todo o ano onde é difícil distinguir as estacións. Os
veráns son calorosos, xa que o mes máis cálido (setembro), supera os 22º C.
Podemos dicir que case non existe inverno en canto a temperaturas, xa que o mes
máis frío non baixa dos 18º C.

7
Ubicación e factores explicativos
Analizados estes datos (precipitacións insignificantes, aridez durante os 12
meses, amplitude térmica moi baixa, veráns calorosos e invernos nada fríos)
estamos en disposición de afirmar que este é un clima subtropical Canario propio
das Illas máis áridas e orientais (Lanzarote e Fuerteventura). Este clima localízase
nas zonas baixas das Canarias, especialmente nas vertentes de sotavento das
elevacións volcánicas e as illas máis orientais. Entre os factores xeográficos que
afectan a este clima destacamos a latitude subtropical das Canarias que fai que
aumente a temperatura media. Ademais, a influencia termorreguladora do Océano
Atlántico e da Corrente fría de Canarias suavizan as temperaturas facendo que non
se alcancen valores máis altos. Atopamos efecto Föehn nas dúas illas principais,
Tenerife e As Palmas, sendo a zona norte das illas (barlovento) máis húmida que a
sur (sotavento). Nalgunhas zonas destas illas pode precipitar por encima dos
1000mm. debido á altura (Teide). En canto á dinámica atmosférica, as Illas Canarias
ven afectadas polos ventos do leste ou ventos alisios, que achegan humidade e
favorecen o efecto de investimento térmico, que ocasiona o característico mar de
nubes canario nas zonas altas. Por último, podemos destacar a influencia estival das
altas presións subtropicais (Anticiclón dos Azores).
A vexetación canaria é orixinal con importantes endemismos (pino canario, drago)
e con influencias mediterráneas, atlánticas e africanas.
Exemplo ABAU
4.- Analice e comente a figura A-2.
Orientacións para o comentario:
a) réximes de precipitacións e de
temperaturas, e tipo climático ao que
corresponde.
b) factores explicativos.
c) influencia deste clima no medio.

8
Solución (segundo a CIUGA)
4.- Analice e comente a figura A-2. Orientacións para o comentario:
a) réximes de precipitacións e de temperaturas, e tipo climático ao que corresponde.

Total de precipitacións é de 1.246 mm polo tanto sitúase na España húmida, a distribución é


bastante regular ao longo do ano, aínda que atopamos os máximos no outono e no inverno cun
mínimo relativo en verán, non se observa ningún mes con aridez.
Temperatura media suave 14,1º. Temperatura mínima anual en Xaneiro de 10º define un inverno
suave e a máxima situada no mes de Agosto que non supera os 20º propio dun verán fresco, a
oscilación térmica é de 10º moi baixa, corresponde a un clima de influencia marítima. Conclúese
que se trata dun clima oceánico ou atlántico.

b) Factores explicativos:
a. Fronte polar: orixina as regulares precipitacións
b. Anticiclón das Azores: favorece o mínimo relativo de precipitacións estivais
c. Masas de aire: Polar marítima, ventos dominantes do oeste e noroeste
d. Características da Península Ibérica: disposición periférica do relevo que obrigan ao aire a
elevarse e producen chuvias na vertente de barlovento, a situación na costa é practicamente a
nivel do mar explican as suaves temperaturas.

c) Influencia deste clima no medio.


Vexetación. Desenvolvese o bosque temperado caducifolio de faias e carballos como especies
autóctonas, sotobosque é a landa (matogueira de toxo, xesta e uz) e as praderías. Aparecen
bosques mixtos de carballos, faias e coníferas. Moitos deles son alterados para implantar cultivos,
pastos ou especies forestais alóctonas de rápido crecemento para a súa explotación comercial.
Solos evolucionados, ricos en materia orgánica e ácidos, xa que as chuvias arrastran as bases.
Ríos caudalosos e de réxime regular, sen apenas estiaxes. Salvan fortes desniveis polo que teñen
unha forte capacidade erosiva, escavan vales estreitos e profundos.

9
Exemplo ABAU ordinaria 2020
Análise de documento gráfico /
Análisis de documento gráfico:
Atendendo á figura 3, conteste:
a) Indique cinco comunidades
autónomas nas que se desenvolva o
tipo de clima ao que pertence a figura
(1 punto);
b) Identifique o tipo de documento e
describa a información representada
na figura (1 punto);
c) Analice a evolución das
temperaturas medias e das
precipitacións (1 punto);
d) Defina o tipo de clima ao que
corresponde e describa as situacións da dinámica xeral atmosférica que poden
afectar a esta zona (1 punto);
e) Delimite a área xeográfica deste clima e explique a súa influencia no medio
natural (1 punto).

Solución (segundo a CIUGA)


Atendendo á figura 3, conteste:
a) Indique cinco comunidades autónomas nas que se desenvolva o tipo de
clima ao que pertence a figura (1 punto).
Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Navarra (metade norte), Castela e León
(metade norte), A Rioxa (oeste) e Aragón (en zonas dos Pireneos occidentais)
b) Identifique o tipo de documento e describa a información representada
na figura (1 punto).
O documento da figura é un climograma. Un climograma é un gráfico dobre que
representa mediante un gráfico de barras os valores de precipitación total recollida

10
cada mes e mediante un gráfico lineal a temperatura media mensual. Os datos son
recollidos nunha estación meteorolóxica en forma de datos medios sobre un
número amplo de anos observados (uns 30 se se queren obter conclusións
climáticas significativas). Os climogramas teñen un eixe de abscisas onde se atopan
os meses do ano e un eixe de ordenadas onde se atopa a escala das temperaturas
(normalmente á esquerda) e a escala das precipitacións (normalmente á dereita). A
escala de precipitacións debe ser o dobre cá de temperaturas para que o
climograma represente correctamente a existencia ou non de estación seca
segundo o índice de Gaussen. Aparecen tamén os datos de precipitación anual
total, temperatura media anual, así como a altitude e a localización da estación
meteorolóxica onde foron recollidos os datos. A fonte do gráfico é a editorial
Santillana.
c) Analice a evolución das temperaturas medias e das precipitacións (1
punto).

11
A evolución das temperaturas medias e das precipitacións amosan unha
regularidade propia do clima oceánico. As temperaturas son suaves en inverno (8,6º
en xaneiro como mes máis frío) e non moi calorosas en verán (21º en agosto como
mes máis cálido). A temperatura media anual (14,4º) e a amplitude térmica (uns 12º)
son froito da proximidade do mar e da abundante nubosidade. Polo que respecta ás
precipitacións, podemos observar que son abundantes (1738 mm) e regulares, cun
mínimo estival pero con valores que se achegan aos 100 mm nos meses de xuño e
xullo. O resto dos meses supera esa cantidade e leva a valores anuais moi
importantes. Como consecuencia non existe ningún mes árido.

d) Defina o tipo de clima ao que corresponde e describa as situacións da


dinámica xeral atmosférica que poden afectar a esta zona (1 punto).
O climograma da figura relaciónase có clima oceánico e a área setentrional da
Península Ibérica. Como factores físicos podemos citar a latitude (área setentrional
da Península Ibérica) máis relacionada co paso de frontes, a proximidade ao mar
que suaviza as temperaturas, pero que permite a entrada de aire húmido que
combinado coa orientación (ao norte dunha área montañosa) permite un maior
aumento das precipitacións relacionado co “efecto Foehn”. Como factores
termodinámicos o principal está relacionado coa circulación atmosférica e o
posicionamento do “jet-stream” durante gran parte do ano que permite a entrada de
baixas presións procedentes do oeste (océano atlántico), que varren o noroeste e
norte peninsular con bastante regularidade desde o inicio do outono até finais da
primavera.
Só o dominio anticiclónico da época estival permite desprazar ao norte as baixas
presións e que o volume de precipitacións se reduza durante os meses de verán,
aínda que neste tipo de clima non hai meses áridos. Podemos citar tamén o
dominio das masas de aire polar durante gran parte do ano nestas latitudes, o que
se relaciona tamén coa abundancia de precipitacións que podemos observar no
gráfico.

12
e) Delimite a área xeográfica deste clima e explique a súa influencia no
medio natural (1 punto).
A área xeográfica do clima oceánico se corresponde co norte e noroeste da
Península Ibérica -gran parte de Galicia e o litoral cantábrico ata os Pireneos (norte
da Cordilleira Cantábrica). As precipitacións abundantes e regulares permiten que
os ríos desta área xeográfica sexan caudalosos e bastante regulares. A gran
influencia deste clima no medio natural está na vexetación: o bosque caducifolio
(faias e carballos), a landa (breixo, toxo, xesta) e os prados frondosos poden
desenvolverse como consecuencia das abundantes precipitacións, da humidade,
das temperaturas suaves e da escasa amplitude térmica propia desta área
xeográfica.

13

You might also like