You are on page 1of 2

CLIMOGRAMA 2.

Cartagena = Almería; “clima estepario cálido


con inverno moi suave” e con invernos moderados ou fríos (pax 76)

1)Prese
ntación:
1) Análise das precipitacións:
O total anual de precipitacións é de 254 mm.; presentan un total moi escaso
(inferior a 300mm., o que é propio dun clima mediterráneo seco,
subdesértico ou estepario).
A súa distribución é irregular ao longo do ano con acusada sequía (máis de
sete meses secos, con precipitacións inferiores a 30 mm., o que se relaciona
cun clima mediterráneo seco, subedesértico ou estepario).
2) Análise das temperaturas:
A temperatura media anual é alta (17,6ºC; isto acontecece na zona do
centro do val do Guadalquivir, costas mediterráneas, costa sudatlántica e
Canarias) e a amplitude térmica é moderada (15,3ºC; propia da zona
costeira).
O verán é caloroso, con tres meses con temperatura media superior a 22ºC e
o inverno suave, xa que a temperatura media do mes máis frío é maior ou =
10ºC.
3) Análise da aridez:
A relación entre temperaturas e precipitacións indica que existe aridez en
nove meses; así agás en marzo, setembro e novembro, cúmprese o índice de
aridez mensual de Gaussen (2TºC maior ou =Pmm) e a curva das
temperaturas sitúase por enriba da barra das precipitacións. O índice de
aridez xeral de De Martonne (Pmm/TºC+10) é de 7,21 o que indica que se
trata dun clima estepario.
4) Clasificación do clima:
Analizadas as precipitacións, as temperaturas e a aridez podemos dicir que se
trata dun “clima mediterráneo estepario cálido con inverno moi suave”.
5) Localización xeográfica do clima:
A área do clima mediterráneo seco, subdesértico ou estepario, comprende o
SE peninsular e a zona media do val do Ebro.
6) Factores xeográficos e atmosféricos:
Os factores xeográficos e atmosféricos que o explican son:
No SE, a aridez obedece a que a zona se atopa protexida das borrascas
atlánticas polos relevos das cordilleiras Béticas, a que chegan con dificultade
as borrascas mediterráneas e a que son frecuentes as masas de aire secas
procedentes de África.
Na zona media do val do Ebro, a aridez débese ao encaixamento entre
montañas.
As temperaturas varían coa latitude e a distancia ao mar; así temos dúas
estepas: a estepa cálida da costa do SE (como é o caso a tratar) e a estepa
fría do interior do SE (leste da Mancha e Albacete) e da zona media do val
do Ebro.
A amplitude térmica moderada no SE penínsular débese á influencia
reguladora que exercen as augas cálidas do mar Mediterráneo. A suavidade
do inverno e o calor do verán vense incrementados tamén pola latitude
meridional.

You might also like