You are on page 1of 23

Comentario de

Hidrogramas
1. Analice o tipo de documentos e explique o valor “k”
2. Identifique e xustifique o tipo de réxime fluvial.
3. Sinale as principais características e usos do tipo
de río correspondente ao réxime fluvial.
HIDROGRAMA 1
Un hidrograma é unha gráfica que representa a
variación estacional do caudal dun río ao longo dun
ano, nunha estación de aforo concreta. No eixo
horizontal está representada a escala temporal (os
meses do ano), e no eixo vertical están
representados os valores do Coeficiente K
(normalmente graduados de 0 a 3), que é o resultado
de dividir o caudal medio mensual entre o caudal
medio anual ou módulo.
O coeficiente de caudal mensual (K), é
o resultado de dividir o caudal medio de
cada mes co caudal medio anual, se é 1 é
que non hai variación de caudal ese mes,
se é superior a un indica crecida, se é
inferior a un indica estiaxe.
M significa módulo, é dicir, o caudal absoluto
medio anual, exprésase en m³/ seg e obtense
calculando a media anual, sumando o caudal de
todos os meses do ano e dividíndoos entre doce.
Así M=∑( m³/ seg) 12 meses do ano / 12.

Mr significa módulo relativo, obtense ao dividir,


o módulo M, pola superficie da conca, expresada
en quilómetros cadrados ata a estación de aforo.
Mr= M/Km²
Presenta augas altas de novembro a Abril. O
máximo é en xaneiro

Augas baixas de abril a outubro, o mínimo é en


agosto
Non se aprecia influencia nival no réxime do río, xa
que no mes de abril inicia o período de augas baixas.
Responde, polo tanto, a un réxime de precipitacións
no que o máximo se produce no inverno e o mínimo
no verán, propio dun clima oceánico.
Así pois, trátase dun réxime pluvial oceánico, con augas
altas no inverno e augas baixas no verán, con notoria estiaxe,
se ben esta non implica escaseza de caudais en termos
absolutos (en m3/s) senón unha diminución respecto ao valor
medio destes ríos, que é elevado (non se nos indica o módulo)
En España, trátase dos ríos da vertente cantábrica,
curtos, caudalosos e de réxime bastante regular,
debido á abundancia de precipitacións do clima
oceánico.
Nacen nas montañas próximas á costa, polo que
teñen que salvar un gran desnivel entre o nacemento e
a desembocadura, de aí a súa gran forza erosiva,
mitigada pola abundante vexetación que protexe as
abas dos relevos polos que transcorren.
Dadas as condicións topográficas e o caudal, o seu
curso regularizouse con encoros destinados tanto ao
subministro urbano como á produción de
electricidade.
HIDROGRAMA 2
Hidrograma: gráfico que representa, nun eixe de
coordenadas, a fluctuación do caudal dun río ao
longo, neste caso, dun ano. No eixe das abscisas
(horizontal) represéntanse os meses (aquí o ano natural;
non obstante, no ámbito dos traballos hidrolóxicos, soe
ir de outubro a setembro, xa que este é o ano
hidrolóxico).
No eixe vertical, o coeficiente de caudal mensual (k),
que resulta de dividir o caudal medio de cada mes entre
o caudal medio anual ou módulo. Ambos os dous
valores son medias de datos rexistrados durante polo
menos trinta anos. No gráfico, o valor 1 corresponde ao
caudal medio dun río; un valor inferior a 1 indica augas
baixas; e un valor superior a 1, as augas altas.
Augas altas: tres picos de máximos: dous de primavera e
un de outono, coincidindo coas precipitacións equinocciais
típicas do clima mediterráneo.
Augas baixas: mínimo principal de verán (coincidindo coa
seca) e dous secundarios entre os máximos anteriores. Neste
caso non apreciamos os tres mínimos son moi semellantes.
As variacións con respecto ao módulo (1) non son moi acusadas,
pero si presentan unha clara irregularidade, debido ó réxime de
precipitacións do que dependen: chuvias de primavera e outono e
clara seca estival e mínimo invernal, propia do clima mediterráneo.

Trátase de:

1º: dun réxime pluvial. (xa que no apreciamos influencia da


retención nival)

2º: pola irregularidade e réxime de variacións de coeficiente, dun


réxime mediterráneo.

3º: pola secuencia alternante clara de picos primaverais e


outonais dun pluvial mediterráneo puro (levantino)
Son estes ríos curtos (excepto o Ebro, cun réxime
moi complexo) e de forte poder erosivo cando
levan augas altas xa que, á pendente debida ao
seu nacemento en sistemas montañosos próximos
ao mar, únese a realidade dunhas abas moi
deforestadas, cunha pobre cuberta vexetal. Isto
provoca, sobre todo nas zonas de maior pendente,
unha paisaxe abarrancada.
Son ríos de caudal escaso, debido ás escasas
precipitacións do ámbito climático no que se atopan, e cun
réxime moi irregular como se pode apreciar no gráfico, tanto
no propio ano (intraanual: non son estranas as enchentes
catastróficas no outono, debidas a chuvias torrenciais e
ligadas a situacións de forte inestabilidade como é a situación
de gota fría)) como entre anos distintos (interanual)

Para regularizar o caudal e utilizar os recursos hídricos para


o consumo humano, foi necesario construír encoros alí onde a
topografía e a litoloxía o permiten.
HIDROGRAMA 3
Atopámonos ante un hidrograma, un gráfico lineal que
representa a fluctuación de caudal dun río ao longo dun ano
hidrolóxico. No eixe vertical representase o coeficiente de
caudal mensual (k) que resulta de dividir o caudal medio de
cada mes entre o caudal medio anual ou módulo No eixe das
abscisas (horizontal) represéntanse os meses (aquí o ano
natural; non obstante, no ámbito dos traballos hidrolóxicos, soe
ir de outubro a setembro, xa que este é o ano hidrolóxico).
Neste caso o caudal medio ou módulo é de 143,4
m3/seg
No gráfico, o valor 1 corresponde ao caudal medio dun río; un valor
inferior a 1 indica augas baixas; e un valor superior a 1, as augas altas.

Augas altas: Inverno , Primavera (máximo principal) e outono, en


correspondencia co réxime de precipitacións deste clima.

Augas baixas: en verán con estiaxe acusada e longa.


Neste caso concreto para determinar o réxime
(nival, pluvial ou mixto) atenderemos a que o máximo
de caudal corresponde ao mes de marzo (realmente
entre finais de inverno e principios de primavera). O
mínimo é no verán pero o estiaxe termina en outono.
Non existindo estiaxe en inverno descartamos o
réxime nival puro.
Trataríase dun réxime pluvio-nival cun
máximo a principio da primavera e outro
máximo en outono. Correspondendo a
ríos de montaña media entre os 1600 e
os 2000 metros.
Dada a cantidade do seu caudal, podería aproveitarse
para o uso humano, como o rego. Dado o seu estiaxe
faríase recomendable a construción dunha presa ou
embalse para iso. Este embalse podería producir
electricidade hidroeléctrica de maneira limpa e
abundante. Na época de augas altas, sobre todo en
primavera, sería recomendable acometer obras para
evitar o seu desbordamento.

You might also like