You are on page 1of 89

TEMA 4 OS

BOSQUES, FONTES
DE VIDA
AS PAISAXES
XeHi 1º ESO
Índice
A paisaxe. Tipos de paisaxes
As zonas bioclimáticas: cálida, temperada e fría.
A zona bioclimática cálida: ecuatorial, tropical e desértico (azonal)
A zona bioclimática temperada: mediterráneo, oceánico e
continental
A zona bioclimática fría: polar e alta montaña (azonal)
Os bosques son fundamentais para o planeta
ConcienciaARTE cos ODS: nº 15 Vida de ecosistemas terrestres
Que é unha paisaxe?
Unha paisaxe é o aspecto que adopta o territorio, e que é o
resultado da combinación de factores xeográficos físicos e
biolóxicos (clima, relevo, hidrografía, vexetación, …) e da
acción humana (infraestruturas, edificacións, etc) sobre un
territorio determinado.

A protección da paisaxe é fundamental, xa que desempeña un


Paisaxe natural
papel moi importante a nivel ecolóxico e cultural.

Paisaxes humanizadas
Paisaxe natural Paisaxe mineira

As Médulas son un exemplo de


evolución dunha paisaxe, nun principio
AS MÉDULAS

natural, que foi transformándose froito


da acción humana e das súas
actividades económicas.

Paisaxe cultural e turística


Presenta unha paisaxe humanizada ordenada que foi transformada polo ser humano de
O MEU BARRIO, COIA forma planificada nos anos 60, mediante a construción de edificios, infraestruturas, zonas
verdes, etc.
Que tipos de paisaxes hai?
Segundo o grao de intervención humana, podemos
distinguir dous tipos de paisaxes:

A. As paisaxes naturais.

B. As paisaxes humanizadas:
a. Paisaxes modificadas.
b. Paisaxes ordenadas.
A.- Paisaxes naturais

As paisaxes naturais son aquelas que non


foron modificadas polo ser humano e están
determinadas por factores físicos (relevo,
clima, solos, hidrografía) e biolóxicos
(vexetación e fauna). A combinación deste
factores xera distintas paisaxes, en diferentes
zonas bioclimáticas segundo a súa proximiddae
ao Ecuador, a altitude e a distancia do mar.
B.- Paisaxes humanizadas

As paisaxes humanizadas son aquelas que foron


modificadas pola intervencón do ser humano
(paisaxes rurais e urbanos), o principal axente
modificador. Poden ser de dous tipos:
○ Paisaxes modificadas: foron modificadas
polo ser humano sen alterar o equilibrio
ecolóxico de forma permanente (exemplo, un
bosque repobado).
○ Paisaxes ordenadas: foron modificadas polo
ser humano de xeito planificado, mediante a
construción de edificios ou infraestruturas ou
mediante o establecemento de actividades
económicas diversas.
PAISAXES ORDENADAS

RURAL URBANA
Que diferencia unha paisaxe doutra?
ZONAS BIOCLIMÁTICAS
Zonas bioclimáticas da Terra
A Terra está dividida en cinco grandes zonas
bioclimáticas en función da temperatura, pero dentro de
cada una delas danse distintos tipos de climas.

ZONA LOCALIZACIÓN INCIDENCIA RAIOS SOLARES TEMPERATURA CLIMAS

1 Entre 0º e 30º latitude Os raios solares inciden


Norte e Sur. perpendicularmente durante
Son elevadas sempre e case non cambian entre as
estacións do ano. Todo ano é verán.
Ecuatorial, tropical e
desértico.
Cálida todo o ano. Tª media anual superior a 20ºC.

2 Entre 30º e 60º Os raios solares chegan máis


latitude Norte e Sur. inclinados que na zona cálida.
Temperaturas máis moderadas e contrastadas, varian
segundo as estacións do ano (4 estacións).
Oceánico,
mediterráneo e
Temperada Tª media anual entre 0ºC e 20ºC. continental.

2 Entre 60º e 90º Os raios chegan de forma moi


latitude Norte e Sur. oblicua durante todo o ano.
As temperaturas son sempre frías. Só existen dúas
estacións: verán e inverno.
Polar
Fría Temperatura media anual non supera os 0ºC.
Zona bioclimática
cálida
Bioclima
ecuatorial
PAISAXE CÁLIDA ECUATORIAL
A SELVA
Localización
Atópase en zonas situadas
arredor do paralelo 0º
(Ecuador).
Clima
O clima cálido ecuatorial presenta as
seguintes características:

Temperaturas
As temperaturas son sempre moi altas,
estables durante todo o ano, sen case
amplitude térmica anual e entre o día e a
noite.
A temperatura media anual oscila arredor dos
25°C.

Precipitacións
As precipitacións son moi frecuentes e
abundantes (máis de 1.500 mm ao ano) e
repártense ao longo de todo o ano.
Ríos
Os ríos ecuatoriais son os
máis caudalosos e regulares
da Terra, e arrastran moitos
materiais, por iso teñen esa
cor terrosa, pois atravesan
rexións con chuvias
abundantes e regulares ao
longo de todo o ano.
Exemplos: Amazonas e
Congo.
A vexetación característica é a selva, coñecida como xungla en
Vexetación Asia.

Trátase dun bosque verde e moi denso con especies diversas


(hevea, caoba, ébano, etc.) que gradúanse en altura.

No chan medran plantas adaptadas á humidade e a escaseza de


luz, como os fentos e o musgo.

Moitas plantas gabean polas ramas doutras plantas e árbores


para chegar a unha altura que lles permita captar a luz.
HEVEA ÉBANO

CAOBA
Ocupación humana e ameazas
As rexións de clima ecuatorial están moi pouco
poboadas, agás as zonas asiáticas. Isto débese ás
condicións de calor e humidade, a dificultade das
comunicacións e a facilidade da propagación de
enfermidades.

As selvas africanas e americana están pouco


poboadas. Os seus habitantes teñen formas de vida con
moi pouco impacto no medio natural e viven da
recolección, da caza e dunha agricultura de subsistencia
moi elemental.

As selvas asiáticas están máis poboadas, a selva


retrocedeu e medran plantacións de produtos tropicais
(cana de azucre, té, arroz, etc.).
As selvas ecuatoriais están ameazadas
polo cambio climático e a
deforestación masiva que ameaza o
equilibrio do seu ecosistema.

O retroceso da selva débese á extensión


da gandaría bovina, ao aumento da
agricultura de grandes plantacións (cana
de azucre, piña, soia, palmeira
aceiteira, soia, etc.), á tala de árbores
para a súa comercialización e
elaboración de pasta de celulosa, á
explotación de recursos mineiros do
subsolo, e á construción de
infraestrutura e cidades.
Bioclima
tropical
PAISAXE CÁLIDA TROPICAL
A SABANA
Localización
Esténdese ao Norte e ao Sur da zona
de clima ecuatorial, cara aos trópicos.
Entre os 5º e os 15º Norte e Sur do
Ecuador.
Clima
O clima cálido tropical presenta as seguintes
características:

Temperaturas
As temperaturas tamén son elevadas ao longo
de todo o ano, aínda que menos que no
ecuatorial, e a amplitude térmica é reducida.

Precipitacións
As precipitacións oscilan entre os 750 e os 1500
mm anuais. Presenta dúas estacións
diferenciadas en función da precipitación:
estación húmida (verán) e estación seca
(inverno).
En función da proximidade ao Ecuador e da
cantidade de precipitación, podemos distinguir
dous tipos: tropical seco e tropical húmido.
Ríos
Os ríos son menos caudalosos ca os
ecuatoriais e presentan un caudal
irregular que varia en función da chuvia
(menos caudal na estación seca e máis
caudal na estación húmida).

Na estación seca (inverno) case non levan


auga, pero na época de chuvia (verán)
prodúcense grandes enchentes que poden
provocar inundacións.

Exemplos: Zambeze e Nilo.


Vexetación
En función da proximidade ao Ecuador
e da duración da estación seca, as
Bosques tropicais
paisaxes tropicais poden ser de tres
tipos:

A. Bosques tropicais
B. Sabanas
C. Estepas Sabanas

Estepas
A.- Os bosques tropicais están máis
próximos ao Ecuador e as precipitacións
son máis abundantes polo que ocasiona
bosques de vexetación semellante á
selva, aínda que con árbores de menor
altura e variedade.
B.- As sabanas atópanse a maior distancia do
Ecuador e nelas dura máis tempo a estación seca.
Isto ocasiona que as grandes chairas da sabana
estean cubertas por herbas altas e espesas e
arbustos e algunhas árbores espalladas de folla
caduca (como a acacia e o baobab ) que cambian de
cor segundo a estación: verde na estación húmida e
amarelo na estación seca.

Herbas altas Baobabs

Estación húmida Estación seca


Acacias Baobabs
HERBAS ALTAS

ACACIA

BAOBAB
C.- As Estepas están máis afastadas do
Ecuador polo que a estación seca
abrangue a maior parte do ano. Esa
escasede de choiva orixina paisaxes
cunha vexetación moi pobre, formada
por especies con follas duras e
espiñadas para evitar a perda de
humidade.
Ocupación humana e ameazas
A poboación que vive na sabana concéntrase nas costas e
nas beiras dos ríos.
Aínda que existen pequenas cidades, a maior parte das
persoas viven no campo. Alí seguen subsistindo pobos
tradicionais, como os podokos en Camerún, os serere en
Senegal, os masai en Kenya e Tanzania ou os kikuyu en
Kenya.
Máis da metade da poboación que vive nesta zona
intertropical dedícase ao pastoreo (gandaría extensiva) e á
agricultura tradicional para o seu propio consumo. Unha
agricultura (de roza e queima) que precisa aumentar a
superficie cultivada, para alimentar a unha poboación en
constante crecemento, o que está provocando a
desertización da sabana, o empobrecemento da
poboación e a emigracións de persoas e animais.
Bioclima
desértico
PAISAXE CÁLIDA
DESÉRTICA
Localización
Os desertos cálidos esténdense
arredor dos trópicos de cada
hemisferio, entre os 15º e os 35º de
latitude Norte e Sur (Deserto do
Sáhara, de Arabia, de Kalahari, etc.).
Clima
O clima cálido desértico presenta as seguintes
características:
Temperaturas
As temperaturas son sempre altas e moi
contrastadas entre o día (moi caluroso, ás veces
pode superar os 50°C) e a noite (moi fría, ás veces
por debaixo dos 0°C).

Precipitacións
As precipitacións son practicamente inexistentes,
é dicir, moi escasas e inferiores aos 250 mm
anuais.
Ríos
Nos desertos non hai
cursos de auga
permanentes, é dicir,
non hai presenza de
verdadeiros ríos,
senón de leitos que
permanecen secos a
maior parte do ano
e só levan auga
cando chove (uadis).
Vexetación
A paisaxe do deserto é moi variada, podemos atoparnos
con desertos de area, nos que predominan as dunas e
tamén desertos pedregosos e rochosos, formados por
area, pedra e algúns macizos rochosos.

Nos desertos a vexetación é escasa e adáptase a aridez


(plantas xerófilas e de pequeno tamaño como herbas
baixas, arbustos, plantas espiñentas). As plantas
espiñentas, como o cactus, carece de follas e almacena
no talo e nas raíces a pouca auga que reciben.

Nas zonas máis húmidas fórmanse oasis neles medran


palmeiras datileiras.
Ocupación humana e
ameazas
Os desertos están practicamente deshabitados, xa que
son zonas moi desfavorables para a vida. Nas zonas
desérticas habitan pobos nómades que desprázanse cos
seus rabaños na procura de pozos de auga e alimento para
o gando. Algúns destes pobos son os bosquimáns do
deserto de Kalahari, os tuaregs do Sáhara, os beduínos
dos desertos de Arabia.
Tamén podemos atoparnos con poboación sedentaria
instalada xunto aos oasis ou nas cidades que medraron en
zonas desérticas, onde se atopan explotacións de petróleo
e gas natural. Por exemplo, Dubai.
Unha cidade no Un oasis no
deserto deserto
Un dos grandes problemas actuais
con graves consecuencias humanas e
ambientais é o avance da
desertización, como consecuencia da
acción humana (incendios,
sobrepastoreo e un emprego excesivo
de auga para a agricultura). Non é
difícil nin custoso previr a
desertización, pero si que o é, e moito,
recuperar aquelas terras xa
convertidas en desertos. A pesar disto
a ONU e outros organismos están a
desenvolver proxectos ou programas
que teñen como obxectivo frear o
avance da desertización. Un exemplo
é o da gran muralla verde.
Zona bioclimática
temperada
Bioclima
mediterráneo
PAISAXE TEMPERADA
MEDITERRÁNEA
Localización
A paisaxe mediterránea esténdese,
principalmente, polas zonas costeiras
do mar Mediterráneo, pero tamén
engloba outras rexións da Terra con climas
semellantes (Costa de California de
Estados Unidos, Costa central de Chile,
África do Sur, Sur e Suroeste de Australia).
Entre os 30º e os 45º de latitude Norte e
Sur.
Clima
O clima temperado mediterráneo presenta as
seguintes características:

Temperaturas
As temperaturas son cálidas no verán (entre 21ºC
e 27ºC), suaves no outono (entre 10ºC e 20ºC) e
frescas no inverno (entre 9ºC e 13ºC) pola acción
moderadora do mar.

Precipitacións
As precipitacións non son moi abundantes (400
mm anuais) e son irregulares, concéntranse na
primavera e no outono. No verán presenta
estación seca (con meses nos que á temperatura
media duplica a precipitación total).
Ríos
Os ríos presentan un caudal escaso
e irregular, apenas levan auga no
verán (estiaxe). A súa máxima
enchente (primavera e outono)
coincidindo coas chuvias torrenciais
soe provocar riadas e fortes
inundacións.

PRIMAVERA-OUTONO VERÁN
(estiaxe)
Vexetación
A vexetación adáptase a seca estival, polo
que abundas as plantas esclerófilas.
A maioría das árbores e arbustos son de folla
perenne.
As árbores teñen unha altura media inferior a
25 metros, follas pequenas, troncos grosos
e copas altas.
As especies características do bosque
mediterráneo son a aciñeira e a sobreira,
no interior, e o piñeiro mediterráneo, na
costa.
Tamén predominan as matogueiras e os
arbustos, moitos deles aromáticos, como o
romeu, a lavanda, a xara e o tomillo.
Piñeiro
mediterráneo

Xara, romeu e tomillo


Ocupación humana e ameazas
As zonas mediterráneas están moi poboadas.
Interior: agricultura de secaño (trigo, vide e olivo)
Nelas desenvólvense moitas actividades
económicas. A maior parte da poboación vive en
cidades e dedícase a industria e os servizos. Pero
nas zonas de interior atopámonos cunha
agricultura de secaño ( trigo , vide e oliveira), así
como pastos cos que alimentar ao gando. Mentres
que no litoral predomina unha agricultura
intensiva de regadío (cultivos de horta, arroz e
cítricos) e unha agricultura en invernadoiros. Na
costa o turismo de sol e praia transformou moito
Litoral: agricultura intensiva de regadío e agricultura en
o medio natural coa construción de vivendas e invernadoiros
equipamentos. Actividades cun forte impacto no
medio ambiente.

As secas e as vagas de calor provocan incendios,


que supoñen unha gran ameaza para a conca do
Mediterráneo. Turismo de
sol e praia
Bioclima
oceánico
PAISAXE TEMPERADA
OCEÁNICA
Localización
A paisaxe oceánica esténdese,
principalmente, polas costas
occidentais dos continentes Europeo
e Americano, pero tamén pola costa
do Sueste de África e de Oceanía.

Localízase entre os paralelos 40º e 60º


Norte e Sur.
Clima
O clima temperado oceánico presenta as
seguintes características:

Temperaturas
As temperaturas son suaves durante todo o ano.
A temperatura media anual é duns 10ºC. Os veráns
son frescos (arredor de 20ºC) e os invernos
moderadamente fríos (temperatura media entre
6ºC e 10ºC). A amplitude térmica anual é reducida
(entre 10ºC e 12ºC).

Precipitacións
As precipitacións son abundantes (uns 1000 mm
anuais) e regulares, aínda que o máximo adoita
situarse no inverno.
Ríos
Os ríos teñen un caudal
abundante e regular durante
todo o ano, grazas ás continuas
chuvias.
Vexetación
Prados
A vexetación é abundante e variada.

Na costa e na montaña hai extensos prados que


proporcionan alimento para o gando.

Nas zonas de altitude media, medran bosques de


árbores de folla caduca (faias, castiñeiros,
carballos, etc.).

Nas zonas con terreos pouco fértiles aparece a


landa (toxos, xestas, etc.).
Bosques
Nas zonas con invernos máis longos, as árbores
caducifolias son substituídas por coníferas (abetos,
piñeiros, etc), máis resistentes ao frío.

Landa
Ocupación humana
A paisaxe oceánica está moi poboada. O
clima benigno, as terras fértiles e a
abundancia de recursos favoreceron a súa
ocupación humana e o desenvolvemento
das actividades humanas. A poboación
concéntrase nas cidades, a súa
concentración modificou moito a paisaxe
natural e orixinou graves problemas de
tráfico, contaminación, etc.
O aproveitamento agrícola, gandeiro e
forestal dos bosques e a ampliación do
espazo urbanizado fixo que os bosques
orixinarios quedaron reducidos a áreas ou
parques protexidos.
Bioclima
continental
PAISAXE TEMPERADA
CONTINENTAL
Localización
A paisaxe continental esténdese,
principalmente, polo interior de
Europa (central e do norte), Asia
(Siberia) e América do norte
(Canadá e Alasca), afastadas da
acción moderadora das grandes
masas de auga. Só se dá no
hemisferio norte debido a que hai
máis superficie continental que no
hemisferio sur.
Clima
O clima temperado continental presenta as
seguintes características:

Temperaturas
As temperaturas son extremas, é dicir, moi
contrastadas, o inverno e longo e moi frío
(por debaixo dos 0ºC) e o verán curto e
caloroso (poden acadar os 30ºC).

Precipitacións
As precipitacións son relativamente escasas e
concéntranse principalmente no verán, en
ocasións son torrenciais.
Os seus ríos son longo e pesar das escasas
Ríos precipitacións, o caudal dos ríos é considerable xa
que recollen a auga das extensas chairas por onde
circulan, dando lugar a concas fluviais de gran
superficie (Rin, Danubio ou Volga, o río máis longo
de Europa que chega a conxelarse no inverno e cuxo
desxeo provoca grandes enchentes na primavera).
Vexetación
TAIGA
O bosque boreal ou taiga
desenvólvese nas rexións do norte,
onde os invernos son longos e
rigorosos e os veráns son curtos e
frescos. Está formado por árbores
de folla perenne adaptadas a
temperaturas moi frías (coníferas),
entre as que destacan abetos e
piñeiros.
A pradaría ou estepa (composta
por plantas herbáceas) aparece en
zonas máis ao sur.
Ocupación humana
Na taiga a poboación segue sendo
pouca a pesar da instalación recente
de industrias madeireiras e da
construción de vías de comunicación.

A taiga é unha excelentre provedora de


madeira e de celulosa para fabricar
papel, por iso hoxe en día atópase
ameazada pola sobre explotacións dos
seus recursos naturais.

A pradaría é a zona máis humanizada.


Nela atopamos cidades, explotacións
gandeiras e extensos campos de
cultivo.
Zona bioclimática
fría
PAISAXE FRÍA
POLAR
Localización

Localízase na zona fría, concretamente ao Norte


do Círculo Polar Ártico e ao Sur do Círculo Polar
Antártico.
Clima
Nestas zonas desenvólvese un clima polar
que presenta as seguintes características:
Temperaturas
Invernos moi fríos (as temperaturas
oscilan entre -20ºC e -50ºC) e os veráns
frescos (non alcanzan os 10ºC)
Precipitacións
Son moi escasas (arredor dos 300 mm
anuais ) e caen en forma de neve.
Vexetación
En case todas as rexións, o terreo permanece
conxelado durante todo o ano e o frío impide o
desenvolvemento da vexetación.

Pero as áreas máis próximas ás zonas


temperadas, onde existe un curto verán,
aparece a tundra composta por musgos e
liques.
Ocupación humana

A vida é moi difícil nas rexións polares.


No círculo Polar Ártico habitan os lapóns
(Escandinavia) e inuits (Norte de
Canadá), pero na Antártida só hai bases
científicas.
PAISAXE AZONAL
ALTA MONTAÑA
Localización

Localízase nos cumios máis elevados das


cordilleiras do hemisferio N e S.
CLIMA
Nestas zonas desenvólvese un clima
de alta montaña que presenta as
seguintes características:

Temperaturas

Invernos fríos e os veráns frescos.

Precipitacións

Son abundantes todo o ano e no


inverno caen en forma de neve.
Vexetación

A vexetación varía coa altitude,


segundo cambia a temperatura e a
precipitación (cultivos, bosques
caducifolios, bosques de coníferas,
pastos e neve).
Ocupación humana

Nas zonas cálidas, as montañas están


moi poboadas, porque as temperaturas
melloran as condicións de vida.

As zonas temperadas están pouco


habitadas.
POR QUE OS BOSQUES SON FUNDAMENTAIS PARA O
PLANETA?
Que nos proporcionan os bosques?

Materias primas:
Aire: frean o cambio proporcionan moitas
Vida: proporcionan
climático e diminúen a materias primas (resina,
alimentos a moitos
contaminación atmosférica. madeira, cortiza, etc.)
seres vivos.

Auga: toman a auga do Terra: evitan a erosión e a


subsolo a través das súas perda de solos e protexen a
raíces e libérano en forma conca hidrográficas dos ríos.
de vapor de auga á
atmosfera.
A gran problema dos
bosques, a deforestación
masiva
Aproximadamente o 30% de superficie
terrestre está cuberta por bosques, na súa
maioría tropicais e ecuatoriais. A perda de
masa forestal é o resultado de actividades
humanas como a tala dos bosques para: o
aproveitamento da madeira, a creación de
amplas zonas de cultivo e pasto, a
construción de infraestruturas e a
urbanización. Os efectos da súa
deforestación son moi negativos, tanto
para o medio ambiente como para a
sociedade en xeral.
Actualmente, a superficie forestal da Terra está a
desaparecer a un ritmo equivalente a 27 campos
de fútbol por minuto.
ConcienciARTE cos ODS
Loitemos xuntos
por un mundo
mellor
Obxectivo 15: Promover o uso sostible dos
ecosistemas terrestres, loitar contra a
desertificación, deter e investir a degradación das
terras e frear a perda da diversidade biolóxica.
En que consiste o Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 15?

Os ecosistemas terrestres, tales como os bosques ou as montañas son


fonte principal de alimentos, proporcionan aire e auga limpos e
constitúen o hábitat de millóns de especies animais e vexetais,
ademais de ofrecer numerosos servizos ambientais necesarios para a
humanidade. Estes ecosistemas e as especies que habitan neles están
a ser gravemente ameazados polas consecuencias das actividades
humanas e o cambio climático.

Dos 8 millóns de especies que existen actualmente no planeta, un


millón están en risco. A Organización para a Cooperación e o
Desenvolvemento Económicos (OCDE) advirte desta alarmante perda
de biodiversidade que ademais supón unha ameaza para a economía
global polas consecuencias da denominada “sexta extinción masiva” e
insta os países a actuar ante a perda de biodiversidade, sinalándoo
como un dos grandes riscos do século XXI.
Día Internacional dos
Bosques 21 marzo 2022
É hora de que se produzan accións tanxibles e
cribles sobre o terreo. A saúde dos bosques é
esencial para as persoas e o planeta. Os bosques
actúan como filtros naturais, proporcionan aire e
auga limpos e son refuxios para a diversidade
biolóxica.
Súmate a coidar os bosques
é preservar a vida.

You might also like