You are on page 1of 8

TEORÍA BLOQUE 4 A HIDROGRAFÍA

FACTORES DA DIVERSIDADE FLUVIAL


Os ríos peninsulares están condicionados por diversos factores que inflúen na
organización das concas e vertentes hidrográficas e no caudal.
 O relevo e a topografía inflúen na organización das concas e as
vertentes hidrográficas, que se separan por unidades do relevo. Na erosión dos
ríos, que aumenta coa inclinación do terreo. No réxime fluvial, dado que altura
do relevo determina a achega ou non de precipitación nival. E nas obras
hidráulicas, como os encoros, que se ven favorecidas pola topografía abrupta
aínda que, por esta mesma razón, a súa construción resulta cara.
 As rochas máis ou menos permeables determinan a escorrentía (= a auga
que circula por unha conca hidrográfica xa sexa subterránea ou superficial)
 O clima ten grande influencia. As precipitacións determinan o caudal dos
ríos e as variacións ao longo do ano. As temperaturas inciden na maior ou
menor evaporación da auga.
 A vexetación minora a evaporación ao dar sombra; reduce a erosión ao
frear a forza da auga; e diminúe o risco de inundacións, ao atrasar a
incorporación da auga de precipitación á canle fluvial.
 A acción humana realiza obras, como os encoros, para abastecemento de
auga, a subministración eléctrica e a regularización do caudal, que modifican os
réximes fluviais naturais adaptándoos ás necesidades humanas.
CONCA FLUVIAL
A conca fluvial é o territorio que drena ou evacúa as súas augas naturais a un río
principal que as conduce ata o mar.
As concas encóntranse separadas por divisorias de augas (a liña máis elevada que
separa dúas concas fluviais, normalmente unha liña de cumios
Estas concas son: concas do cantábrico, Galicia Costa, Miño-Sil, Duero, Tajo,
Guadiana, Guadalquivir, Tinto-Odiel-Piedras, Guadalete-Barbate, concas internas de
Cataluña, Ebro, Xúquer, Segura e conca mediterránea andaluza.
CAUDAL E RÉXIME FLUVIAL
a) O caudal é a cantidade de auga que pasa nun segundo por un punto dado do
río. Mídese en m3/s en estacións de medida do caudal instaladas en diversos puntos
do seu curso. O caudal relativo é a relación entre o caudal medio anual e a
superficie da conca e exprésase en l/s km2. O caudal experimenta variacións.

 Ao longo do percorrido do río, o tramo con maior caudal adoita ser a


desembocadura, onde se acumulan as achegas dos diferentes afluentes; excepto nos
casos onde hai forte evaporación, infiltración, ou un elevado consumo humano. Na
Península, os ríos máis caudalosos son o Duero o Ebro e o Tajo.
 Ao longo do tempo, o caudal pode presentar irregularidade anual, con
enchentes (momento de máximo caudal dun río, tamén serían aumentos anormais do
caudal por efectos catastróficos) ou estiaxes (momento de caudal máis baixo dun río).
Na Península, os ríos máis regulares son os da vertente cantábrica, e os máis
irregulares, os da vertente mediterránea.

b) O réxime fluvial é a variación estacional do caudal dun río. Depende da


distribución das precipitacións e da importancia da precipitación nival. En función de
ambas as dúas distínguense ríos con réxime nival, pluvial ou mixto.
 Os ríos con réxime nival nacen na alta montaña, onde son frecuentes as
nevadas. O seu caudal máximo dáse en primavera, co desxeo; e o mínimo no
inverno, ao quedar retida a precipitación en forma de neve ou de xeo nas
montañas.
 Os ríos con réxime pluvial só dependen das precipitacións. Polo tanto, o
seu caudal reflicte os máximos destas en cada zona climática.
 Os ríos con réxime mixto poden ser nivo-pluviais ou pluvio-nivais,
segundo predomine a influencia da neve ou das precipitacións.

HIDROGRAMA DE CAUDAL
O caudal é a cantidade de auga que pasa nun segundo por un punto dado do río.
Mídese en m3/s en estacións de medida instaladas en diversos puntos do seu curso.
O caudal relativo é a relación entre o caudal medio anual e a superficie da conca
e exprésase en l/s km2.
O réxime dun río é a variación do seu caudal. Represéntase en gráficos
denominados HIDROGRAMAS DE CAUDAL.

Hidrograma: gráfico que representa, nun eixe de coordenadas, a fluctuación do


caudal dun río ao longo, neste caso, dun ano. No eixe das abscisas (horizontal)
represéntanse os meses (aquí o ano natural; non obstante, no ámbito dos traballos
hidrolóxicos, soe ir de outubro a setembro, xa que este é o ano hidrolóxico).
No eixe vertical, o coeficiente de caudal mensual (k), que resulta de dividir o
caudal medio de cada mes entre o caudal medio anual ou módulo. Ambos os dous
valores son medias de datos rexistrados durante polo menos trinta anos. No gráfico, o
valor 1 corresponde ao caudal medio dun río; un valor inferior a 1 indica augas baixas;
e un valor superior a 1, as augas altas.

Pode tamén representarse o valor mensual medio de caudal (en m 3/s) en lugar do
coeficiente mensual de caudal (k: caudal medio mensual /módulo)
Outros datos que poden aparecer no gráfico son:
 O nome da estación de medida de caudal.
 O caudal medio anual ou módulo en m3/s (normalmente unha M). É a
media dos caudais mensuais.
 O caudal relativo en l/s/km2(designado normalmente como Mr). Resulta de
multiplicar o caudal medio anual (M) por mil (xa que estamos pasando de m 3 a
litros) e dividilo entre a superficie da conca.

Determinación e localización do réxime fluvial


O réxime dun río é a variación do seu caudal.
Para determinar o tipo de réxime fluvial, analizamos:
 A procedencia principal das precipitacións que recibe o río: nival ou
pluvial.
 As variacións estacionais de caudal, observando os períodos nos que
se producen os máximos e mínimos anuais de caudal, tomando como
referencia o valor 1, corresponde ao caudal medio do río. Deben explicarse
factores que inflúen no caudal e as súas variacións (relevo, clima, solos,
regulación humana)

a) O réxime nival puro corresponde aos ríos ou cabeceiras de ríos de alta


montaña (situados arredor dos 2500
metros) o seu caudal está determinado
principalmente pola precipitación nival.
Así, teñen destacados máximos a finais de
primavera (xuño), cando se produce o
desxeo a estas latitudes; a estiaxe no
inverno, ao quedar retida a auga da
precipitación en forma de neve ou de xeo.
b) O réxime mixto é propio de ríos de montaña media con influencia da
precipitación nival e pluvial
- O réxime nivo-pluvial corresponde a ríos ou cabeceiras de ríos de montaña
media, entre os 2000 e os 2500 metros. O máximo principal primaveral adiántase a
mediados da primavera (maio), ao fundirse antes a neve a estas alturas; e existe un
máximo secundario en outono de tipo pluvial, pouco marcado (preto da unidade). A
estiaxe invernal é máis curta e existe unha estiaxe estival pouco profunda.

- O réxime pluvio-nival. Corresponde a ríos de montaña media entre os 1600 e os


2000 metros. O máximo principal é a principios da primavera (abril ou marzo) e o
máximo secundario outonal é acusado. Xa non existe estiaxe no inverno (non hai
retención nival) e a estiaxe estival é profunda e alóngase ata principios de outono.

c) O réxime pluvial é o propio dos ríos que teñen o seu caudal determinado
exclusivamente polo réxime de precipitacións.
- O réxime pluvial oceánico corresponde aos ríos da vertente cantábrica e
atlántico-galega. Teñen augas altas no inverno e estiaxe no verán ao diminuír as
precipitacións e aumentar a evaporación. Non obstante, isto non implica escaseza de
caudal, dado que os valores da estiaxe son relativos ao propio río e se refiren a un
caudal medio anual ou módulo elevado.

 O réxime pluvial mediterráneo puro (ou levantino) corresponde aos ríos


do litoral levantino peninsular. Presenta tres ou catro picos de máximos (dous
na primavera e un ou dous no outono, máis intensos) e tres ou catro picos de
mínimos situados entre os máximos. O nacemento destes ríos da costa
levantina non está a demasiada altitude de modo que o aporte nival non é
significativo.



O réxime mediterráneo continentalizado corresponde a ríos do interior
peninsular. Teñen dous máximos de similar importancia: un a finais do inverno
ou principios de primavera (marzo-febreiro) e outro en outono. A estiaxe do
verán é longa e pronunciada (entre catro seis meses), existindo unha maior
diferenza entre as augas
altas e baixas que no
réxime oceánico. Ademais
existe un mínimo relativo
no inverno por influencia
do anticiclón peninsular
(xaneiro ou febreiro).
 O réxime pluvial subtropical corresponde aos ríos máis meridionais da
Península: conca do sur, Estremadura e baixo Guadalquivir.
Teñen un intenso período de augas altas no inverno (xaneiro-febreiro) e unha
estiaxe moi profunda e prolongada, con sete meses ou máis por debaixo da
unidade (entre principios da primavera e mediados de outono)

Conclusións
Tendo en conta o caudal e a regularidade do río hai que establecer:
 O seu posible aproveitamento: rega, uso hidroeléctrico, etc.
 A necesidade de obras de regulación para asegurar o abastecemento
como secas e inundacións.

You might also like