You are on page 1of 2

Atendendo ao documento, contesta:

a) Que tipo de paisaxe se recolle na imaxe? (1 p)


b) Analiza e explica os elementos naturais propios desta paisaxe (relevo, clima,
hidrografía, vexetación, solos...), intentando localizala xeograficamente. (1,5 p)
c) Analiza o grao de antropización desta paisaxe, valorando como o medio
natural condiciona a ocupación humana do territorio. (1,5 p)

a) Que tipo de paisaxe se recolle na imaxe?

Paisaxe natural de alta montaña debido a que no fondo atopamos una


prominente montaña e nun primeiro plano vemos aos lados pendentes que
indican que son outeiros cubertos de herba.

b) Analiza e explica os elementos naturais propios desta paisaxe (relevo,


clima, hidrografía, vexetación, solos...), intentando localizala
xeograficamente.

Relevo: accidentado e con fortes pendentes.

Clima: clima de montaña no que as precipitacións anuais superan os 1000mm


polo que a vexetación é exuberante. A temperatura media anual é inferior a
10ºC con invernos fríos e uns poucos meses de temperaturas próximas ou
inferiores a 0ºC. A neve é común nas cumes das montañas, tal e coma se ve
na montaña do fondo da fotografía.
Hidrografía: neste tipo de clima atopámonos con ríos de montaña co caudal
máximo na primavera a causa do desxeo das cumes, e mínimo no inverno xa
que a auga convértese en xeo ou neve debido ao frío da alta montaña e por
isto son de réxime irregular.

Vexetación: está graduada en pisos coa base típica da zona.


Na fotografía podemos identificar que é nos Pirineos debido a que
prominentemente atopamos un terreo liso con soamente prado, rocha núa e
neve na montaña do fondo.

Solos: na paisaxe de montaña os solos son pouco evolucionados debido a que


as pendentes provocan unha forte erosión. Aquí vemos rochas calcarias con
solo pardo calcario e rankers.

Debido a todas estás características, esta paisaxe pode atoparse nos Pirineos.

c) Analiza o grao de antropización desta paisaxe, valorando como o


medio natural condiciona a ocupación humana do territorio. (1,5 p)
Debido ao relevo accidentado e con forte pendente non permite unha facilidade
para a construción de infraestruturas pero si que podemos observar como o ser
humano xa deixou a súa pegada, xa que podemos ver un camiño de terra
fabricado polo home para facilitar a actividade turística e de lecer.
Polo clima altamente frío a poboación desprázase máis cara abaixo para evitar
as baixas temperaturas
Na hidrografía debido ao gran caudal que teñen os ríos cando comeza o
desxeo poden ser empregados para a subministración hidráulica por medio de
por exemplo, muíños. Pero a pegada que deixa o ser humano nesta e que ten
que mudar o curso do río e usualmente acaba coa fauna del debido aos
utensilios nos lugares para a produción de enerxía.
A vexetación deste tipo de paisaxe pode ser empregada para o ocio e ata para
a mellora das condicións ambientais debido a que diminúe a erosión e
contaminación e ademais reduce o risco de inundacións. Sen embargo, os
humanos poden crear unha deforestación o contaminar os espazos polos que
pasan.
Por último,os solos pese a que son fértiles pola cantidade de precipitacións non
son moi empregados para a vivenda pola situación climatolóxica comentada
anteriormente. Pero o ser humano a este solo si que pode erosionalo e
contaminalo de lixo.

You might also like