You are on page 1of 19

TEMA 4: A FUNCIÓN PRODUTIVA

1. A PRODUCIÓN ....................................................................................................................... 2
1.1. CONCEPTO DE PRODUCIÓN. ......................................................................................... 2
1.2. CADEA DE VALOR .......................................................................................................... 2
1.3. OBXECTIVOS DO DIRECCIÓN DE PRODUCIÓN ............................................................... 4
1.4. TIPOS DE PRODUCIÓN. .................................................................................................. 4
2. A TECNOLOXÍA. FORMAS DE ADQUISICIÓN. ......................................................................... 5
3. A EFICIENCIA E A PRODUTIVIDADE. ...................................................................................... 6
3.1. A FUNCIÓN DE PRODUCCIÓN ........................................................................................ 6
3.2. EFICIENCIA TÉCNICA E ECONÓMICA. ............................................................................ 6
3.3. A PRODUTIVIDADE ........................................................................................................ 7
4. OS CUSTOS DE PRODUCIÓN. ................................................................................................. 8
4.1. CONCEPTO DE CUSTO. .................................................................................................. 8
4.2. CLASIFICACIÓN DOS CUSTOS......................................................................................... 8
5. UMBRAL DE RENDIBILIDADE OU PUNTO MORTO. .............................................................. 12
6. EMPRESA E MEDIO AMBIENTE: VALORACIÓN DAS EXTERNALIDADES DA PRODUCIÓN. ... 13
7. A FUNCIÓN DE APROVISIONAMENTO ................................................................................. 14
7.1. A CADEA DE SUBMINISTRACIÓN. ................................................................................ 14
7.2. OS INVENTARIOS DA EMPRESA. .................................................................................. 15
7.3. A FUNCIÓN DE APROVISIONAMENTO. ........................................................................ 16
7.4. MÉTODO DE VALORACIÓN DE EXISTENCIAS: FIFO E PMP........................................... 16
8. ASOCIACIÓNS ENTRE EMPRESAS ........................................................................................ 17
8.1. ALIANZA CON PROVEDORES ....................................................................................... 18
8.2. EMPRESAS CONXUNTAS: JOINT VENTURE .................................................................. 18
8.3. ALIANZAS HORIZONTAIS OU VERTICAIS ...................................................................... 19

1
Nesta unidade estudaremos unha das funcións máis importantes da empresa, a de fabricación do
produto ou servizo que é o obxecto da súa actividade. Fabricar o produto implica dispoñer de todos os
materiais necesarios no momento xusto, pero tamén deseñar o proceso de produción máis adecuado
tanto dende o punto de vista técnico como económico para minimizar os custos pero mantendo o nivel
desexado de calidade e de protección ao medio.

1. A PRODUCIÓN
1.1.CONCEPTO DE PRODUCIÓN.

A empresa é a unidade básica de produción e distribución posibilitando que os bens e servizos cheguen
ao consumidor. A empresa utiliza recursos ou factores produtivos (terra, traballo e capital) para
producirbens e servizos que posteriormente se distribúen no mercado para o seu consumo.

A produción é o proceso mediante o cal se transforman as materias primas en produtos terminados.

O proceso de produción desenvólvese a través da transformación dunhas entradas ou inputs nunhas


saídas ou outputs (produtos rematados e servizos) que engaden valor ao incrementar a utilidade dos
bens e servizos. Ao aumentar a utilidade dos bens, increméntase o seu valor para os consumidores e, en
consecuencia, o prezo que están dispostos a pagar polo ben.

O valor engadido é a diferenza de valor dos bens e servizos producidos menos o valor dos factores
empregados. O valor engadido asóciase a utilidade, o beneficio ou as características que o cliente vai
apreciar do noso produto e polas cales vaino elixir fronte aos da competencia, permitíndonos ter unha
marxe sobre os custos e xerar un beneficio.

1.2.CADEA DE VALOR
O valor engadido pódese xerar en todas as actividades que realiza a empresa, polo que se
descompoñemos a empresa en distintas actividades será máis fácil localizar posibles fontes de valor
engadido.

2
A cadea de valor trátase dunha ferramenta de xestión que permite visualizar o desenvolvemento das
actividades dunha empresa. O proceso iníciase coa materia prima e chega ata a distribución do produto
final, estudando cales son as actividades que xeran valor. Ao engadir valor ao produto ou servizo inicial
("input"), provoca que a empresa poida vender o produto ou servizo resultante ("output") a un prezo
superior.

Podemos dividir a actividades da empresa da seguinte maneira:

A. Actividades primarias: actividades fundamentais da empresa e que están relacionadas


directamente coas actividades de produción e comercialización, podendo distinguir:
a. Loxística interna: Almacenamento e xestión de inventario.
b. Produción: Proceso de transformación dos recursos produtivos en bens elaborados e
listos para a venda.
c. Loxística externa: Envío e distribución dos produtos aos clientes.
d. Marketing: Proceso de comercialización do produto
e. Servizo: Servizo de atención ao cliente, incluíndo o servizo postventa.

LOXÍSTICA LOXÍSTICA
PRODUCIÓN MARKETING SERVIZO
INTERNA EXTERNA

B. Actividades secundarias ou de soporte: Non están directamente relacionadas coa produción


e comercialización do produto, pero que son necesarias para que a empresa poida funcionar:
a. Administración e xestión: Incluiranse neste apartado as actividades relacionadas coa
contabilidade e as finanzas e a dirección.
b. Recursos Humanos: Todas as actividades relacionadas cos xestión dos traballadores
da empresa, como a planificación, a formación ou a avaliación do desempeño.
c. Tecnoloxía e infraestrutura: Actividades relacionadas co desenvolvemento da
tecnoloxía e a infraestrutura que nos permitirán aforrar custos.
d. Aprovisionamento: Relacionado coas compras da empresa.

ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE
XESTIÓN RECURSOS HUMANOS

ACTIVIDADES
DE SOPORTE

TECNOLOXÍA E
APROVISIONAMIENTO
INFRAESTRUCTURA

Unha vez que as actividades da empresa están divididas é máis fácil detectar onde se pode dar valor
engadido, ou onde se dan ineficiencias ou custos superfluos que hai que eliminar, isto xerase unha
maior marxe ou un maior valor engadido.

3
1.3.OBXECTIVOS DO DIRECCIÓN DE PRODUCIÓN
Os obxectivos da dirección de produción abarcan diversos aspectos entre os que destacan os que
se refiren a:

• Eficiencia. O sistema produtivo debe obter a máxima cantidade de produción coa mínima
cantidade de factores produtivos.

• Fiabilidade. O sistema de produción non debe sufrir interrupcións imprevistas.

• Medio ambiente. O sistema produtivo ten que ser respetuoso tratando de minimizar o
impacto medioamiental.

• Calidade. O sistema produtivo ten que conseguir que os produtos teñan unhas
determinadas características para satisfacer as necesidades dos clientes. Unha alta
calidade permitirá obter unha vantaxe competitiva.

• Flexibilidade. O sistema debe de poder obter produtos e servizos adaptados aos cambios
na demanda.

1.4.TIPOS DE PRODUCIÓN.
Existen distintos criterios de clasificación dos sistemas de produción.

• Segundo o destino do produto:

▪ Produción sobre pedido ou por encargo. Cada unidade de produto responde


a unhas características específicas indicadas polo cliente. Por exemplo:
produción de mobles por encargo.

▪ Produción para o mercado. A empresa, en función das súas expectativas de


venda, decide qué fabricar e vender para a súa clientela sen que exista un
encargo previo.

• Segundo o grao de tipificación ou estandarización do produto:

▪ Produción artesanal. Cada unidade ten unhas características propias,


realízase en talleres.

▪ Produción en serie, en cadea. Os produtos son idénticos, están


estandarizados.

• De acordo coa dimensión temporal do proceso pódese falar de:

▪ Produción continua. Cando o proceso de produción non se interrumpe (altos


fornos, refinarías de petróleo, fabricación de automóbiles, etc.). Son procesos
axeitados para aquelas industrias nas cales as interrupcións son moi custosas.

▪ Produción intermitente. Procesos non continuos, con interrupcións (talleres


de reparación, obras, etc.).

• De acordo coa gama de produtos elaborada:

▪ Produción simple. Elabórase un só tipo de produtos.

▪ Produción múltiple. Elabóranse varios produtos diferenciados.

4
2. A TECNOLOXÍA. FORMAS DE ADQUISICIÓN.
A tecnoloxía é o conxunto de procedementos que se poden utilizar para producir un ben ou servizo.

Por exemplo, un servizo de lavado de coches pode utilizar varias tecnoloxías: a tradicional, baseada en lavados
á man, ou ben mediante maquinaria especializada. Cada unha delas impón uns procedementos, uns procesos
de produción, e uns rendementos finais moi distintos. As empresas destinan parte dos seus recursos a mellorar
as súas tecnoloxías para conseguir aumentos na súa produción, ou ben para reducir o número de factores
produtivos empregados.

FORMAS DE ADQUISICIÓN DE TECNOLOXÍA.

Á hora de incorporar novas tecnoloxías ao proceso produtivo, as empresas teñen as seguintes alternativas:

A. Desenvolvemento interno: I+D+i.


Unha das formas máis importantes de adquirir tecnoloxía por parte das empresas é mediante a
Investigación, Desenvolvemento e Innovación (I+D+i). A través do emprego de recursos en
I+D+i as empresas melloran os seus procesos de produción, desenvolven novos produtos,
reducen custos, etc., en definitiva, conseguenvantaxes competitivas.
Enténdese por investigación a indagación orixinal planificada que persigue descubrir novos
coñecementos e unha superior comprensión no ámbito científico e tecnolóxico.
Enténdese por desenvolvemento a aplicación dos resultados da investigación para a fabricación
de novos materiais ou produtos ou para o deseño de novos procesos de produción.
Por último, se os resultados son eficaces e viables, realízase investimentos para producir en
grandes series e vender ao mercado, entón, cando o mercado acepta o produto ou servizo,
convértese en innovación.
Cando unha empresa inventa (crea un novo produto ou un novo proceso de produción), debe
rexistralo a través da oficina de patentes e marcas. Unha patente é un título que recoñece o
dereito de explotar en exclusiva a invención, impedindo a outros a súa fabricación, venda ou
utilización sen consentimento do titular. Unha patente forma parte da propiedade industrial da
empresa. A propiedade industrial é un conxunto de dereitos que pode posuír unha empresa
sobre unha invención (patente), un deseño industrial, un signo distintivo (marca ou nome
comercial), etc.

As vantaxes da I+D+i poden ser varias: menor dependencia da tecnoloxía doutras empresas,
diferenciación da competencia ou mellora da produtividade.

B. Adquisición exterior, no mercado.


Faise comprando patentes ou mediante contratos de cesión de tecnoloxía. Os royalties son os
pagos que se deben aboar pola utilización da propiedade industrial que non é propia. Esta
forma implica dependencia do exterior.

C. Alianzas estratéxicas.
Asociación e cooperación das empresas con centros de investigación (como as universidades)
para desenvolver proxectos concretos de interese para as partes.

5
3. A EFICIENCIA E A PRODUTIVIDADE.

3.1.A FUNCIÓN DE PRODUCCIÓN


A función de produción relaciona os recursos utilizados na produción co produto total conseguido polo
sistema produtivo. A función de produción expresa esta relación mediante a función (F) que mostra a
produción (Q) asociada a cada nivel de utilización dos factores produtivos, traballo (L) e capital (K). É
dicir, Q=F(L,K).

3.2.EFICIENCIA TÉCNICA E ECONÓMICA.


Dadas as posibles combinacións de factores para producir unha cantidade de produto a empresa
escollerá a técnica máis eficiente, é dicir, a que emprega menos factores produtivos.

Un método de produción é tecnicamente eficiente se a produción que se obtén é a máxima posible coa
cantidade de factores utilizada.

Cando hai varias tecnoloxías eficientes técnicamente, escollerase a de menor custo, é dicir, a máis
eficiente económicamente.

Exemplo:

Tecnoloxía Traballo Capital Produción Eficiencia técnica


A 8 4 750 Sí
B 8 4 700 No
C 9 4 750 No

A tecnoloxía A é técnicamente eficiente respecto a tecnoloxía B, xa que cos mesmos recursos produce
máis, e tamén o é respecto a C, xa que produce o mesmo pero utilizando os mesmos recursos.
Imos calcular a eficiencia económica de dúas tecnoloxías técnicamente eficientes, a tecnoloxía A utiliza 8
traballadores e 4 máquinas e a B emprega 4 traballadores e 8 máquinas.

Custo do traballo Custo do capital Custo Produción


Tecnoloxía
(10.000 €/traballador) (8.000 €/máquina) (€)
A 80.000 32.000 112.000
B 40.000 64.000 104.000

A tecnoloxía máis eficiente económicamente sería a B.

6
3.3.A PRODUTIVIDADE

A produtividade é a relación ou cociente entre a produción obtida (output) e a cantidade de recursos


empregados para obtela (inputs).

𝑃𝑟𝑜𝑑𝑢𝑐𝑖ó𝑛 𝑜𝑏𝑡𝑖𝑑𝑎
𝑃𝑟𝑜𝑑𝑢𝑡𝑖𝑣𝑖𝑑𝑎𝑑𝑒 =
𝐹𝑎𝑐𝑡𝑜𝑟𝑒𝑠 𝑒𝑚𝑝𝑟𝑒𝑔𝑎𝑑𝑜𝑠

A produtividade mide o rendemento dos factores de produción e poderemos calculala dun único factor
(produtividade da man de obra, por exemplo) ou ben de todo o proceso de produción. Neste último
caso, falamos da produtividade global ou total.

A produtividade dun factor virá medida en unidades físicas. Por exemplo, a produtividade da man de
obra virá determinada por unidades por traballador, ou ben, unidades por hora traballada, etc.
Se queremos determinar a produtividade ou o rendemento do factor traballo (man de obra) teremos:

𝑃𝑟𝑜𝑑𝑢𝑐𝑖ó𝑛 (𝑢𝑛𝑖𝑑𝑎𝑑𝑒 𝑓í𝑠𝑖𝑐𝑎𝑠)


𝑃𝑟𝑜𝑑𝑢𝑡𝑖𝑣𝑖𝑑𝑎𝑑𝑒 𝑑𝑜 𝑡𝑟𝑎𝑏𝑎𝑙𝑙𝑜 =
𝐶𝑎𝑛𝑡𝑖𝑑𝑎𝑑𝑒 𝑑𝑒 𝑓𝑎𝑐𝑡𝑜𝑟 𝑡𝑟𝑎𝑏𝑎𝑙𝑙𝑜 𝑒𝑚𝑝𝑟𝑒𝑔𝑎𝑑𝑎

Se queremos medir a produtividade ou o rendemento do capital empregado:

𝑃𝑟𝑜𝑑𝑢𝑐𝑖ó𝑛(𝑒𝑛 𝑢𝑛𝑖𝑑𝑎𝑑𝑒𝑠 𝑓í𝑠𝑖𝑐𝑎𝑠)


𝑃𝑟𝑜𝑑𝑢𝑡𝑖𝑣𝑖𝑑𝑎𝑑𝑒 𝑐𝑎𝑝𝑖𝑡𝑎𝑙 =
𝐶𝑎𝑛𝑡𝑖𝑑𝑎𝑑𝑒 𝑑𝑒 𝑓𝑎𝑐𝑡𝑜𝑟 𝑐𝑎𝑝𝑖𝑡𝑎𝑙 𝑒𝑚𝑝𝑟𝑒𝑔𝑎𝑑𝑎

Como indicamos anteriormente, no caso de que queiramos determinar a produtividade do proceso de


produción, é dicir, de todos os factores de produción, estamos a falar da produtividade global ou total.
O cálculo da produtividade total da empresa é moito máis complexo que o dun factor. Neste caso
haberá que homoxeneizar as unidades de medida, xa que unidades distintas non son sumables. Isto
faríase reducindo todo a unidades monetarias, multiplicando as cantidades polos prezos respectivos.

𝑉𝑎𝑙𝑜𝑟 𝑑𝑒 𝑙𝑎 𝑝𝑟𝑜𝑑𝑢𝑐𝑖ó𝑛
𝑃𝑅𝑂𝐷𝑈𝑇𝐼𝑉𝐼𝐷𝐴𝐷𝐸 𝐺𝐿𝑂𝐵𝐴𝐿 =
𝑉𝑎𝑙𝑜𝑟 𝑑𝑒 𝑙𝑜𝑠 𝑓𝑎𝑐𝑡𝑜𝑟𝑒𝑠 𝑒𝑚𝑝𝑙𝑒𝑎𝑑𝑜𝑠

Cando nos interesa analizar a evolución da produtividade podemos utilizar a taxa de variación da
produtividade ou o índice de produtividade.

𝑃1 − 𝑃0
𝑇𝑎𝑥𝑎𝑑𝑒𝑣𝑎𝑟𝑖𝑎𝑐𝑖ó𝑛 = × 100 Se TV> 0 𝑎𝑝𝑟𝑜𝑑𝑢𝑡𝑖𝑣𝑖𝑑𝑎𝑑𝑒𝑎𝑢𝑚𝑒𝑛𝑡𝑜𝑢
𝑃0
Se TV< 0 𝑎𝑝𝑟𝑜𝑑𝑢𝑡𝑖𝑣𝑖𝑑𝑎𝑑𝑒𝑑𝑖𝑚𝑖𝑛𝑢𝑖𝑢

7
𝑃1
ÍNDICE DE PRODUTIVIDADE GLOBAL= Se IP> 1 𝑎 𝑝𝑟𝑜𝑑𝑢𝑡𝑖𝑣𝑖𝑑𝑎𝑑𝑒 𝑎𝑢𝑚𝑒𝑛𝑡𝑜𝑢
𝑃0
Se IP< 0 𝑎 𝑝𝑟𝑜𝑑𝑢𝑡𝑖𝑣𝑖𝑑𝑎𝑑𝑒 𝑑𝑖𝑚𝑖𝑛𝑢𝑖𝑢

Os factores determinantes da produtividade dunha empresa:


❖ O investimento en bens de capital que se utilizan para producir. Se os traballadores dunha
empresa teñen mellores ferramentas e equipos poderán facer o seu traballo mellor e máis
rápido, e a súa produtivdade será maior.
❖ A motivación. Motivar aos empregados é unha tarefa indispensable para as empresas que
favorece o ambiente de traballo na empresa e mellora a produtividade.
❖ Mellorar o capital humano (coñecementos e as cualificacións que adquiren os traballadores
coa educación, a formación profesional e a experiencia). A formación e experiencia fan que uns
traballadoresrealicen o mesmo traballo máis rápido que outros.
❖ As melloras tecnolóxicas.. As melloras tecnolóxicas tradúcense en mellores produtos, mellores
maneiras de producir bens e mellores modos de organizar a produción.
❖ Mellorar a organización e xestión da empresa. Unha boa organización dosrecursos dispoñibles,
materiais e humanos tamén fai que se logre unha maiorprodución no mesmo tempo.

4. OS CUSTOS DE PRODUCIÓN.

4.1.CONCEPTO DE CUSTO.

A produción implica a utilización dunha serie de factores produtivos que teñen un valor económico
cuantificable. O custo de producción é o valor dos factores produtivos utilizados para a produción dun ben
ou servizo.

4.2.CLASIFICACIÓN DOS CUSTOS.

SEGUNDO A SÚA RELACIÓN CO VOLUME DE PRODUCIÓN:

Unha forma tradicional, e quizais a máis empregada, é aquela na que se establece a relación entre os custos
e o volume de produción. Falamos entón de custos fixos e custos variables:

➢ Custos fixos. Son aqueles que permanecen constantes ou independentes do volume de


produción. Exemplos: os seguros, aluguer do local,intereses dun préstamo, etc.

8
➢ Custos variables. Son aqueles que varían directamente en función das unidades producidas.
Exemplos: as materias primas, a man de obra remunerada ou os asociados a certas
subministracións como combustibles, enerxía, etc.

A longo prazo non hai custos fixos, todos os custos son variables, pois a empresa pode modificar a súa
dimensión, alterando a súa capacidade produtiva (comprando novas naves industriais, maquinaria, máis
man de obra, etc.).

Vexamos un exemplo. Supoñamos que a un panadeiro dun barrio lle aumenta a demanda de pan. O
panadeiro pode dedicar máis horas do seu propio traballo a fabricar pan, polo que comprará máis inputs
e eventualmente pode contratar un axudante. No curto prazo os factores variables da función de
produción do panadeiro, son as horas de traballo, e os inputs variables que utiliza na produción do pan
(fariña, sal, fermento, auga, etc.). É difícil que este empresario poida duplicar a planta, a súa panadaría,
no curto prazo. Vemos así, que os factores de capital se manteñen fixos neste momento do tempo do
curto prazo.

Os prazos da produción:
- CURTO PRAZO: polo menos un dos factores de produción é fixo.
- LONGO PRAZO: todos os factores de produción son variables.

Ademais, hai situacións económicas na empresa nas que esta clasificación de custos fixos e variables
non é tan rigorosa, posto que un mesmo custo pode ser fixo e variable. Así, por exemplo, o custo da
subministración de enerxía eléctrica ten un compoñente fixo (a potencia contratada) e outro variable (o
consumo realizado).
Os custos totais son a suma dos custos fixos e dos custos variables. Represéntanse do seguinte xeito:

9
SEGUNDO A SÚA IMPUTACIÓN:
Outra clasificación dos custos é aquela que atende á súa imputación ou asignación no proceso
produtivo. Na práctica as empresas fabrican máis dun produto(produción múltiple) polo que se formula
o problema de repartir os custos entre os diversos tipos de produtos producidos. Nesta clasificación
divídense os custos en:
➢ Custos directos. Son aqueles que teñen unha relación directa cunha actividade, produto ou
fase deste. Pódense repartir obxectivamente entre os distintos produtos, xa que se sabe con
total precisión en que medida cada un deles é responsable de incorrer neste custo. Por
exemplo: as materias primas que se incorporan no produto, a enerxía utilizada polas máquinas
industriais, os soldos dos operarios das máquinas industriais (man de obra directa), etc. Se
unha empresa fabrica refrescos, o custo das botellas é un custo directo.
➢ Custos indirectos. Son aqueles que non teñen unha relación directa cun produto determinado,
pois son comúns a varios tipos de produtos e téñense que imputar de forma indirecta,
repartíndose segundo algún criterio racional. Por exemplo, unhaempresa que fabrica refrescos
e aperitivos. O aluguer da nave industrial (na que seelaboran ambos os dous produtos) é un
custo indirecto. Haberá que estableceralgún criterio de repartición (por exemplo, porcentaxe
da superficie da navededicada a cada actividade). Por certo, se a empresa utilizase distintas
naves parafabricar cada produto, o aluguer de cada unha delas sería neste caso un custodirecto
(asignaríase ao produto que nela se fabrique). Outros exemplos son a depreciación do equipo
informático das oficinas, o aluguer da oficina ou os soldos do persoal administrativo.

Unha vez calculado o custo total, poderemos calcular os custos medios e marxinais:

o Custo Medio ou custo Unitario. Resulta de dividir o custo total (CT) entre número de
unidades producidas (Q). É o custo unitario.

𝑪𝑼𝑺𝑻𝑶 𝑻𝑶𝑻𝑨𝑳
𝑪𝑼𝑺𝑻𝑶 𝑴𝑬𝑫𝑰𝑶 =
𝑼𝑵𝑰𝑫𝑨𝑫𝑬𝑺 𝑷𝑹𝑶𝑫𝑼𝑪𝑰𝑫𝑨𝑺

o Custo Variable Medio ou Custo Variable Unitario. Resulta de dividir o custo variable
entre o número de unidades producidas.

𝑪𝑼𝑺𝑻𝑶 𝑽𝑨𝑹𝑰𝑨𝑩𝑳𝑬
𝑪𝑽𝑴𝑬 =
𝑼𝑵𝑰𝑫𝑨𝑫𝑬𝑺 𝑷𝑹𝑶𝑫𝑼𝑪𝑰𝑫𝑨𝑺

o Custo Marxinal (CMa) determínanos o incremento de custo total que se orixina por
cada unidade nova producida. Mide o custo da última unidade producida.

∆𝑪𝑻
𝑪𝑴𝑿 =
∆𝑸

Os custos totais (CT) son a suma dos custos fixos (CF) máis os custos variables (CV).

𝑪𝑻 = 𝑪𝑭 + 𝑪𝑽

10
11
5. UMBRAL DE RENDIBILIDADE OU PUNTO MORTO.
Pódese dicir que a maior incerteza que afecta ás decisións empresariais é a dificultade de previsión do
total de vendas que poderá realizar. Cando as vendas se modifican, altérase o beneficio xerado.
Polo tanto, para a planificación dunha empresa é moi importante saber o volume de vendas necesario
para que a sociedade comecen a xerar beneficios (cando os ingresos por vendas igualan os custos totais
da actividade). Este conceptodefinímolo como limiar de rendibilidade ou punto morto.

O punto morto ou limiar de rendibilidade é o volume de vendas, en unidades físicas, que permiten
cubrir exactamente a totalidade dos custos da empresa. A partir desta cifra empézase a obter beneficio.

Cálculo do limiar de rendibilidade ou punto morto.

Sendo:
Pu = Prezo de venda unitario
Q = Nº de unidades de produto
CF = Custos fixos
CV = Custos variables
CVu = Custos variables medios ou unitarios
B = Beneficio total

Os Ingresos totais serán: 𝑰𝑻 = 𝑷 ∙ 𝑸

Os custos totais serán: 𝑪𝑻 = 𝑪𝑭 + 𝑪𝑽

Por outro lado, os custos variables (CV) serán iguais aos custos variables unitarios
(CVu) polo número de unidades producidas (Q): 𝐶𝑉 = 𝐶𝑉𝑈 ∙ 𝑄
Entón, 𝐶𝑇 = 𝐶𝐹 + 𝐶𝑉𝑈 ∙ 𝑄
Como no punto morto ou limiar de rendibilidade, os ingresos totais coinciden cos
custos totais, os beneficios son iguais a 0,polo que se cumprirá a seguinte ecuación:
Ingresos Totais = Custos Totais
𝑃 ∙ 𝑄 = 𝐶𝐹 + 𝐶𝑉𝑈 ∙ 𝑄
𝐶𝐹 = 𝑃 ∙ 𝑄 − 𝐶𝑉𝑈 ∙ 𝑄
𝐶𝐹 = 𝑄 ∙ (𝑃 − 𝐶𝑉𝑈 )

Como Q é a cantidade que iguala os Ingresos e os Custos totais, correspóndese coa


definición de Punto Morto, polo que o Punto morto será:

𝐶𝐹
𝑄𝑃𝑈𝑁𝑇𝑂 𝑀𝑂𝑅𝑇𝑂 =
𝑃 − 𝐶𝑉𝑈

12
Umbral de produción ou decisión entre comprar ou producir.

Tendo en conta a estrutura e composición dos produtos que se fabrican nunha empresa, pode ocorrer
que un compoñente (envases, peza do produto principal….) ou materia prima do produto poida tanto
producirse na mesma empresa como comprarse a outra que o fabrique; a decisión dependerá da
aplicación dun dos principios fundamentais da xestión da empresa: a minimización de custos.
A empresa valora se é máis conveniente producir un compoñente ou compralo a un provedor. En
moitos casos, para aforrar custos, encárgase a un provedor o suministro de material; este proceso
coñécese como externalización da produción, e a cantidade de compoñente a partires do cual é máis
rendible producilo que compralo denomínase umbral de produción. Supoñamos que producir o
compoñente na empresa supón uns custos fixos de CF para calquel nivel de produción e un custo
variable por unidade de CVu; o prezo de compra do compoñente é P.
Custo de comprar o compoñente: P.Q
Custo de producir o compoñente: CF+CVu
Igualamos e despexamos Q.

𝐶𝐹
𝑄𝑃𝑟𝑜𝑑𝑢𝑐𝑖𝑟/𝑐𝑜𝑚𝑝𝑟𝑎𝑟 =
𝑃 − 𝐶𝑉𝑈

Q* representa a cantidade mínima de unidades do compoñente que deberían necesitar para que fora
máis barato producilo que compralo. Se a empresa necesita unha cantidade Q menor que Q * é mellor
compralo.

6. EMPRESA E MEDIO AMBIENTE: VALORACIÓN DAS


EXTERNALIDADES DA PRODUCIÓN.
Aínda que un dos obxectivos fundamentais das empresas é a maximización de beneficios, cada vez con
máis frecuencia incorpóranse obxectivos de responsabilidade social e ética de cara aos colectivos cos
que se relacionan directamente (propietarios, traballadores, provedores…) e tamén cara á sociedade e o
medio ambiente no que desenvolve a súa actividade.

Neste senso, a relación entre empresas e o medio ambiente é moi estreita, xa que, por unha parte, o
medio ambiente proporciónalle os recursos necesarios para a produción de bens e servizos e, por outra,
convírtese en depósito dos residuos e de emisións contaminantes.

13
Para alcanzar estes obxectivos as empresas deben integrar nas súas actividades políticas
medioambientais. A lexislación vixente cada vez móstrase máis restrictivas en materia medioambiental e
a sociedade tende a valorar máis as empresas quelevan a cabo prácticas respetuosas co medio
ambiente, o que lles anima a desenvolver este tipo de políticas.

Prodúcese unha externalide cando a produción ou consumo dun ben afecta a outras persoas ou
empresas, sen que estes efectos se reflexen nos precios do mercado.

As externalidades poden ser:

a) Positivas (beneficios externos): aquelas que incrementan o benestar doutras


persoas. Exemplo: unha empresa fabricante de mel que ten colmenas. Esa
actividade ten efectos positivos na polinización das abellas, que colaboran ao
florecimiento dos campos e á produción de froita tanto silvestre coma nas
árbores frutais doutras explotacións agrarias. Do mesmo modo, as flores das
árbores frutais producen externalidades positivas para os productores de mel,
pois as abellas consumen o néctar das flores desas árbores.

b) Negativas (custos externos): fan que o benestar diminúa sen que se produza
ningunha compensación. Ex: unha empresa bota residuos tóxicos o río.

O custo social é igual á suma dos custos externos e os custos privados ou internos.

• Solucións privadas; as partes involucradas, mediante negociación, poden chegar a un


acordo que sexa favorable para ambas.

• Intervención estatal; o Estado dicta unhas normas e exerce controis directos como, por
exemplo, establecer niveis máximos de contaminación, obrigar as empresas a utilizar
determinadas tecnoloxías….

7. A FUNCIÓN DE APROVISIONAMENTO
7.1.A CADEA DE SUBMINISTRACIÓN.
A cadea de subministración engloba todos aqueles procesos que permiten a transformación de
materias primas en produtos e servizos rematados, que, posteriormente, son ofrecidos e
distribuídos ao consumidor para satisfacer a súa demanda.
Unha cadea de subministración ben xestionada, integrada, e na que flúe información de xeito
eficiente, é imprescindible para o éxito de calquera empresa.

Cadea de subministración dunha empresa industrial:

14
Cadea de subministración dunha empresa comercial:

7.2.OS INVENTARIOS DA EMPRESA.


As empresas necesitan proverse de todos os elementos necesarios para o desenvolvemento
continuo da súa actividade produtiva.

O stock ou número de unidades tanto de materiais como de artigos para a venda que unha
empresa ten almacenado en cada momento denomínase inventario de existencias.

Tipos de existencias:

• Materias primas. As materias primas son aqueles elementos básicos que se utilizan
para a fabricación do produto. O ritmo da produción non adoita corresponderse co das
subministracións dos provedores, isto fai necesario regular un mínimo de stocks de
materias primas para evitar os posibles desaxustes. Por exemplo, a madeira sería a
materia prima, para unha fábrica de mobles.

• Compoñentes ou elementos incorporables. Son aqueles elementos que, adquiridos na


súa maior parte fóra da empresa, incorpóranse ás materias primas para elaborar os
produtos finais. (Cremalleras para unha empresa téxtil).

• Produtos semiterminados. Son produtos fabricados na empresa pero que están


pendentes de incorporación ou transformación para lograr os produtos desexados. As
pranchas de madeira e as patas de mesa poderían servir para ilustrar o concepto de
produto semiterminado.

• Produtos terminados. Son os produtos fabricados pola empresa e constitúen o


obxecto da actividade empresarial. Tampouco adoita coincidir o ritmo de produción co
ritmo das vendas. Isto fai necesario ter un stock dos produtos rematados para poder
subministrar adecuadamente aos clientes sen interrupcións (evitando a mala imaxe e a
posible perda de clientes).

• Existencias comerciais. Coñecidas como mercadorías. Caracterízanse porque a


empresa as vende tal e como as adquiriu.

15
7.3.A FUNCIÓN DE APROVISIONAMENTO.
A función de aprovisionamento consiste en comprar os materiais necesarios para a actividade
da empresa (produción e/ou venda) e almacenalos mentres se inicia o proceso de produción
ou comercialización. Leva consigo as seguintes tarefas:

• Comprar materias primas e outros elementos aos provedores. Para facelo de


forma axeitada débese realizarunha selección apropiada dos provedores, tendo en
conta o prezo dos materiais, as condicións de pagamento, o prazo de entrega, etc.
• Almacenar os materiais. Isto implica ter físicamente espazos dispoñibles onde
gardar os produtos. Perosabemos que isto orixina custos diversos (man de obra,
subministracións, mantemento do local, etc.) e, poriso, a utilización debe ser o
máis eficiente posible.
• Xestionar os almacéns. Elaboración de estratexias que tratan de determinar cales
son os tamaños dos pedidos máis adecuados, os niveis que deben manterse,
cando hai que reabastecer os inventarios, ademais de establecer os controis que
supervisen os niveis de inventarios.

As empresas precisan ter existencias en almacén por varios motivos:


✓ Para atender á demanda, é dicir, non quedar sen produtos se hai un incremento
inesperado, xa que isto podería provocar que algúns clientes se fosen á competencia.
A rotura de stocks prodúcese cando a empresa non ten existencias de produto para
facer frente ao pedido dun cliente.
✓ Para non quedar sen materias primas e outros materiais na fábrica. Poden existir
diferenzas importantes nos ritmos de produción e distribución en productos
estacionais, pois a demanda depende da época do ano. Por exemplo, unha empresa
que fabrica abrigos ten demanda nos meses de inverno; polo tanto, durante os meses
de primavera e verán fabrica e incrementa as existencias.
✓ Para obter descontos pola compra de materiais en gran cantidade. Aproveitar esta
oportunidade contribúe a reducir os custos dos produtos.

As empresas dedican unha parte importante dos seus recursos a manter certo nivel de
existencias, xa que a xestión destas xera unha serie de custos relevantes económicamente.

7.4. MÉTODO DE VALORACIÓN DE EXISTENCIAS: FIFO E PMP


Ata agora vimos os factores que se deben ter en conta na planificación do aprovisionamento e
os modelos de xestión de inventarios.
Agora imos estudar como controlar as existencias dentro do almacén. Nas fichas de almacén
faise un continuo control administrativo das entradas e saídas de existencias.

• Valoración das entradas: "As existencias son valoradas, como norma xeral, polo
seu prezo de adquisición (importedas mercadorías + os gastos da operación como
o transporte, os seguros, etc.). No caso de que estas sexanproducidas pola
empresa, valoraranse ao custo de produción".
• Valoración das saídas: as saídas valóranse ao prezo das entradas.

Pero a empresa vaise atopar cun problema adicional á hora de valorar os stocks ou as
existencias nos seus almacéns; adoita acontecer que un mesmo produto se adquiriu ou se
fabricou a distintos prezos e non sempre é doado identificar cal é o produto que sae cara
aprodución ou é vendido.

16
Neste caso, cando non é posible identificar o produto, hai que aplicar un método de
valoración das saídas, que, en última instancia, determina o valor das existencias.
Métodos de valoración de inventarios:

• Método do prezo medio ponderado (PMP)


É o recomendado no Plan Xeral de Contabilidade (PXC) e é o máis utilizado. Consiste en
calcular o prezo medio das existencias, ponderado polas cantidades compradas.
PMP = (Q1xP1 + Q2xP2 + Q3xP3+.....) / Q1+Q2+Q3+...)

• Método FIFO (first in, first out)


Valora as existencias ao prezo das máis antigas, as primeiras que entraron no almacén. O
método FIFO, segundo van saíndo as existencias do almacén (polas vendas ou para
afabricación), asígnaselles o valor das máis antigas (das primeiras que entraron no
almacén). As existencias quedan valoradas aos prezos máis recentes, polo que é un
método interesante en momentos de inflación.

8. ASOCIACIÓNS ENTRE EMPRESAS


Nun entorno cada vez máis competitivo e moi común que as empresas colaboren e cheguen a
determinados acordos que as beneficien mutuamente.
A alianzas ou asociación estratéxicas son acordos entre empresas que se comprometen a
traballar xuntas unindo os seus recursos co obxectivo de desenvolver novas propostas ou
modelos comerciais que lles permitan alcanzar un beneficio mutuo.
Para crear alianzas estratéxicas proveitosas hai que seguir unha serie de pasos:

Paso 1: Definir necesidades

Antes de buscar empresas aliadas e necesario establecer cales son as necesidades estratéxicas
da empresa. Buscar máis negocio? Chegar a un novo tipo de cliente? Ser máis áxil ou rendible?

Paso 2: Investigar colaboradores

Para reducir riscos é necesario investigar a traxectoria dos posibles colaboradores. Han de ser
empresas transparentes e cun percorrido no mercado impecable. É necesario estudar os seus
produtos e servizos, provedores, canles de distribución e todo aquilo que che indique que
pode haber unha boa alianza con eles.

Paso 3: Establecer un proxecto colaborativo.

É aconsellable redactar un proxecto no que queden ben claros os dereitos, os deberes e as


funcións de cada unha das partes.

Paso 4: Crear un equipo de confianza

As alianzas estratéxicas requiren de equipos de traballo cualificados e de confianza. Todas as


persoas implicadas han de velar polos intereses das empresas. Por este motivo, é fundamental
a existencia dun equipo multidisciplinar que se encargue de protexer a obxectividade do
acordo tendo en mente unha visión global dos intereses da alianza, en lugar de prestar
atención unicamente aos obxectivos dunha das partes involucradas.

17
Paso 5: Manter a alianza

Para que as metas da alianza non caian en saco roto é imprescindible levar a cabo revisións
periódicas cos aliados, axustar o proxecto cantas veces sexa necesario e manter unha boa
comunicación, a través de reunións regulares que aseguren un contacto fluído entre todas as
organizacións.
Unha das claves para que a alianza permaneza viva é que cada empresa poña encima da mesa
os seus puntos fortes e responsabilícese deles.

Paso 6: Avaliación continua

É necesario reevaluar a alianza de forma continua. As estratexias cambian e evolucionan co


paso do tempo. O que hoxe era eficaz para alcanzar os teus obxectivos, hoxe non o pode ser
tanto.

En definitiva, a alianza entre empresas refírese ao pacto ao que recorren moitas empresas
hoxe día, co obxectivo de compartir recursos para a consecución de obxectivos en común. Ou
o que é o mesmo, unha forma de negocio na que todos gañan. Isto unicamente conséguese
por medio do apoio, así como do establecemento do tipo de alianza estratéxica que mellor
garanta os resultados buscados no menor tempo posible.

8.1.ALIANZA CON PROVEDORES


Unha das primeiras alianzas que debe establecer calqueira empresa ou negocio é a relacionada
cos seus provedores máis importantes. As tres claves para entablar unha relación cos
provedores a medio e longo prazo son as seguintes:
a. Prever a necesidades de materiais e o monmento no que se necesitará e negocar
presos e outras condicións de compra (prazo de entrega, modo de pago, etc)
b. Construir unha relación de confianza que poida perdurar no tempo sen cambio
bruscos nas condicións pactadas.
c. Entender que a relación debe beneficiar a ambas partes: fidelización do cliente e
garantía de suministro por parte do provedor.

8.2.EMPRESAS CONXUNTAS: JOINT VENTURE


Unha empresa conxunta é un acordo temporal entre dúas ou máis empresas para levar a
cabo un negocio ou un proxecto conxunto. O seu obxectivo é lograr unha meta que
individualmente sería moi difícil de lograr. Trátase dun proxecto conxunto que nace da
necesidade de compartir puntos fortes, para así ser máis competitivos.
Para iso, estas empresas ou negocios comparten recursos, coñecementos, tecnoloxías,
infraestruturas, pero, de igual modo, os riscos, así como os beneficios. Polo xeral, as
compañías que asinan esta clase de colaboración comercial pertencen ao mesmo mercado e
realizan actividades complementarias.

18
En 1955, cando McDonald’s comenzaba a extenderse por EE.UU. estableceu unha alianza
estratéxica (joint-venture) con Coca Cola. Así a empresa de bebidas vendía millóns de litros de
refrescos e figuraba na publicidade de McDonald’s sin pagar nada. McDonald’s, pola súa parte,
tamén obtiña un gran beneficio pola alianza, xa que compraba o refrescos a un prezo moito
menor e se beneficiaba da imaxe de marca de Coca Cola.

8.3.ALIANZAS HORIZONTAIS OU VERTICAIS


As colaboracións comerciais horizontais xorden cando se asocian dúas empresas que se atopan
na mesma fase da cadea de valor. É dicir, estamos a referirnos a empresas que son
competencia, pero que establecen unha alianza comercial para colaborar en diferentes áreas.
Un exemplo disto é cando a túa empresa está saturada e non pode recibir máis clientes. En
casos como estes, pode ser ideal buscar a un competidor e ofrecerlle negocio a cambio
doutros beneficios. Por exemplo, Vueling ten un acordo con British Airways que lle permite
ofrecer mais frecuencia en rutas como Barcelona-Vueling.
As alianzas verticais, pola súa banda, son o contrario. Estes acordos unen a empresas que se
atopan en diferentes fases da cadea de valor. Este tipo de alianza estratéxica é bastante
habitual entre clientes e provedores.

19

You might also like