You are on page 1of 9

CONCURSO:

Desde a Dirección Xeral de Comercio, presentamos o Concurso:


I-Comercio: idea o teu comercio!

2
Un concurso dirixido ao alumnado de 3º e 4º da ESO que
ten como obxectivo implicar á comunidade educativa,
achegar o comercio local aos/as máis novos/as e
concienciar sobre a importancia de desenvolver ideas de
negocio innovadoras e sostibles dentro do comercio de
proximidade.

Para participar no concurso, o alumnado deberá


imaxinar unha proposta de comercio local sostible,
desenvolvendo unha idea de negocio de proximidade
que sexa innovador porque non exista na súa zona,
implante medidas que fomenten a dixitalización e que se
basee nos principios do desenvolvemento sostible.

3
O concurso desenvolverase atendendo ás seguintes fases e cronograma:

SETEMBRO

08 LANZAMENTO DA CONVOCATORIA

Enviarase aos centros educativos a información do proxecto e a invitación para que participen.

SETEMBRO

21 DATA LÍMITE DE RESPOSTA

Os centros educativos terán un prazo de 13 días para responder á solicitude de invitación a participar no
proxecto. A data límite para inscribirse será o 21 de setembro.
SEMANA DO
OUTUBRO

03 CREACIÓN DE GRUPO E ELECCIÓN DE CATEGORÍA

O alumnado deberá formar grupos de traballo de como mínimo 4 e máximo 8 integrantes por centro
educativo, e escoller a categoría na que queren desenvolver os seus proxectos.

As categorías están definidas segundo o tipo de comercio e divídense en:


Premio Categoría Alimentación e artigos de primeira necesidade:
Comercio ao por menor de produtos alimenticios, bebidas, carnes, pescados, froitas e hortalizas, pan e produtos de
panadería; produtos farmacéuticos, médicos ou ortopédicos; produtos hixiénicos, etc.
Premio Categoría Arte, cultura, entretemento, tecnoloxía e innovación:
Comercio ao por menor de libros, periódicos e artigos de papelería; gravacións de vídeo e música; artigos deportivos;
xogos e xoguetes, equipos de audio e vídeo; equipos de telecomunicacións, ordenadores e programas informáticos, etc.

Premio Categoría Téxtil e complementos, fogar, bricolaxe e xardín:


Comercio ao por menor de téxtiles, prendas de vestir e calzado; reloxería e xoiaría; mobles, aparatos de iluminación,
alfombras e decoración; ferretaría, pintura e vidro; flores, plantas, sementes, fertilizantes; etc

4
SEMANA DO
OUTUBRO NOVEMBRO

10 18 LECTURA DE MATERIAIS DIDÁCTICOS

Desde o momento da elección de grupo ata a data límite de entrega, comezarán a traballar para o desenvolvemento
da súa idea. Para iso, poderán documentarse nas aulas cos materiais didácticos facilitados nos que se recollerá
información básica sobre conceptos relacionados co comercio, o proceso de creación, loxística, de posicionamento,
comunicación, márketing, crecemento, desenvolvemento de competencias para o trato coa clientela, etc. e todo
con perspectiva sostible. Desde este material explicaranse as bases nas que se asenta o deseño dun comercio de
proximidade e sostible tendo en conta as principais áreas de actuación: xestión, equipamento, economía circular,
TICS, entre outros.

O material facilitado podería ser incluído nalgunha das materias do currículo académico para o seu traballo na aula.
SEMANA DO
OUTUBRO NOVEMBRO

10 18 DESENVOLVEMENTO DA IDEA

Unha vez revisen os materiais didácticos e traballen en grupo a creatividade para desenvolver o concepto, deberán
recoller nun documento a súa idea de proxecto, a xustificación do mesmo e as actuacións que levaríanse a cabo en
materia de sostibilidade e dixitalización.
É imprescindible que inclúan:
Categoría do comercio.
Necesidade que cobre na súa zona xeográfica.
Medidas implementadas na área de innovación: pode ser en canto a produto, idea de negocio,
proceso de desenvolvemento, comercialización, márketing, etc.
Medidas que se implementarían na área de sostibilidade: por exemplo dixitalización de procesos,
uso de ticket electrónico, construción eficiente do local, uso de enerxías renovables, packaging
reciclado e/o reciclable, relación con provedores e distribuidores locais ou “km 0” ou a contratación de
persoas en risco de exclusión social, entre outras.
Disporán dun total de sete semanas para desenvolver a súa idea. 5
NOVEMBRO

18 DATA LÍMITE DE ENTREGA DO PROXECTO

Unha vez desenvolvesen a súas ideas, cada centro educativo deberá escoller o proxecto que o represente e envialo
por enderezo electrónico a concurso@i-comercio.gal
Cada centro educativo non poderá presentar máis dunha proposta nin percibir máis dun premio.

O proxecto poderá presentarse nos seguintes formatos/soportes:


Arquivo .pdf cun máximo de 10 caras, letra Xunta Sans, tamaño 12, interlineado 1.5
puntos, xustificación centrada.

Cartel interactivo dixital ou debuxado/pintado a man e escaneado.

Vídeo explicativo dunha duración aproximada de 2:30min en formato .mp4. No vídeo


poderán gravarse os integrantes do grupo expoñendo a idea ou plasmala de forma
interactiva vía debuxos ou animacións.

Presentación Prezi cun máximo de 25 pantallas.

Presentación PowerPoint cun máximo de 25 diapositivas.

Podcast de duración máxima 15 minutos.

6
SEMANA DO
DECEMBRO

12 COMUNICACIÓN DE GAÑADORES/AS

O fallo do xurado darase a coñecer aos/as gañadores/as a través dunha comunicación oficial.

Para a valoración das diferentes propostas presentadas, o xurado terá en conta os seguintes ítems:

Correcta xustificación da proposta.

Orixinalidade e grao de innovación da idea proposta.

Adecuación da idea ás demandas e necesidades da contorna.

Implementación do maior número posible de actuacións en materia de sustentabilidade,


incluíndo medidas de dixitalización, integración social, políticas ambientais, entre outras.

Entregaranse un total de 9 premios aos centros educativos gañadores, 3 por cada categoría e un máximo de 1
premio por cada centro educativo.

A entrega dos premios farase tendo en conta a seguinte distribución segundo as modalidades:

Premio Categoría Alimentación e artigos de primeira necesidade: 3 premios.

Premio Categoría Arte, cultura, entretemento, tecnoloxía e innovación: 3 premios.

Premio Categoría Téxtil e complementos, fogar, bricolaxe e xardín: 3 premios.

7
PREMIO

O premio consistirá nunha completa pantalla interactiva, modelo:


ViewSonic IFP6532 ViewBoard® 65” 4K Interactive Display.
As súas principais funcionalidades e características técnicas, son:
Suite myViewBoard™ inclúe funcións: taboleiro dixital, compartir
contidos de forma inalámbrica e xestión remota de dispositivos.
Altofalantes duais frontais para un mellor compromiso.
Experiencia de escritura sen latencia, con tecnoloxía de tacto ultra fina.
CPU de catro núcleos con sistema operativo Android 9.0.
Con certificado de baixa luz azul para o coidado dos ollos.
Panel 4K de 65.
Ángulo de visión: 178º H/V myViewBoard.
Display (comparte o teu myViewBoard.
WhiteBoard (clases multimedia).
Multiconnect (HDMI / USB / VGA /.
OPC opcional.
Procesador ARM Quad Cortex A55.
2GB RAM / 16GB Almacenamento.
Táctil (20 tacto + 2 escritura).
Altofalantes 2X 10W.
Android integrado.
Sensor de luz.
8
CONCURSO:

You might also like