You are on page 1of 7

Merece a pena o esforzo? A análise de viabilidade.

1.1 Introdución
Nesta actividade imos traballar arredor da análise de viabilidade dos proxectos escénicos e
de eventos nos que nos poderiamos embarcar como productores e productoras.
Poñer en marcha un proxecto conleva pensar moi ben as cousas e aplicar metodoloxías
de análise multidimensional que permitan averiguar os pros e os contras das nosas decisións
á hora de definir unha idea de proxecto.
Os obxectivos específicos sobre os que traballaremos son, por esta orde:
 Determinar a viabilidade dramática ou comunicativa dun proxecto de artes escénicas,
musical ou evento, a partir do estudo da súa documentación e do seu contido, da súa
estrutura narrativa, etc.
 Determinar a viabilidade legal dun proxecto dado.
 Determinar a viabilidade económica do proxecto mediante o estudo da previsión de
gastos e ingresos, as fontes ou os medios de financiamento públicos e privados, os
patrocinios e as subvencións posibles, e o orzamento asignado pola empresa que
demanda o evento ou o espectáculo.

1.2 Actividade
Un proceso de produción comeza cunha idea que pode ter distintas orixes pero que, nece-
sariamente, debe pasar por unha serie de fases para a súa correcta valoración.
Desde a idea inicial, máis ou menos definida, ata a consecución dunha idea de proxecto
madura e concreta, na que imos investir esforzos e recursos, atopamos unha serie de filtros
que nos permiten facer unha reflexión a fondo arredor da súa viabilidade.
Estos filtros, aos que podemos chamar análises de viabilidade, farán as veces de bisturí
para diseccionar aspectos da nosa idea de proxecto que van desde o creativo, desde o comu-
nicativo, ata o económico, pasando obviamente, pola viabilidade legal, pois se unha idea
bate de fronte coa legalidade nalgún dos seus aspectos de pouco nos valerá que sexa viable
noutros aspectos.
Atoparémonos con que inicialmente, a idea primixenia coa que comezamos a traballar,
estará as máis das veces incompleta, así que comezar a analizala, dándolle as voltas preci-
sas, será o mellor xeito de ir facendo que o punto de arranque sexa unha idea sen máis, para
ir vendo como nace o proxecto e como o espectáculo que un día será, vai tomando forma.
Desde a idea inicial ata o espectáculo final, o equipo de produción irá plantexándose
cuestións, e, na mesma medida, intentando resolvelas.
Veremos, ademais, que a análise de viabilidade dramática e comunicativa, isto é, o
interese da nosa produción e o seu potencial de éxito no público e no mercado de
distribución, por unha parte, e a análise da viabiliade económica irán parellas, sendo froito
as dúas análises, habitualmente, dun traballo de estudo multidimensional do noso proxecto
de partida. Unha idea difícilmente resultará viable económicamente se desde o punto de
vista da análise creativa e comunicativa resulta inviable, carente de interese pero nada de
todo isto terá sentido, a súa vez, se a súa viabilidade legal está cuestionada.
O primeiro paso de cara a unha análise de viabilidade é ter unha idea o máis definida
posible, de aí a importancia da fase de definición de proxecto, da que nos ocupamos a
continuación.

Páxina 1 de 7
1.2.1 A Definición de proxecto
O primeiro que faremos para poñer en marcha un proxecto é reflexionar sobre a súa idea
inicial. Respostándonos a unha serie de preguntas iniciais conseguiremos ampliar o noso co-
ñecemento acerca do mesmo e xa de paso, facer unha primeira reflexión acerca das súas di-
mensións. Para isto, resulta moi últil intentar respostar as preguntas esenciais. Con elas, con-
seguiremos ter unha primeira definición de proxecto e un punto de arranque para elaborar
futuras análises.
 Que? Permitiranos identificar claramente que tipo de espectáculo ou evento queremos
facer: unha produción de teatro, música, danza, cabaret, circo, un evento tipo festival,
congreso, mitin, etc.
 Por qué? Que queremos contar e por qué, cal é a nosa intención, que necesidades
pretende satisfacer, porque fai falta esta proposta?
 Quen? Quen vai ser o noso público obxectivo, a quen vai dirixida a nosa obra ou
espectáculo ou evento?. Cal será o universo potencial e o universo real a quen nos
referimos? Esa cousa á que os anglófilos chaman target.
 Onde? Cal vai ser o ámbito de representación, distribución, explotación do noso
proxecto? Desde o punto de vista territorial e desde o punto de vista da tipoloxía do
espectáculo e dos espazos escénicos aos que nos referiremos. Que redes, circuitos son os
que nos interesan e onde debemos estar?
 Cando? Análise realista sobre as espectativas temporais para a nosa produción. Cando
poderá estar preparada a obra para ser estreada e comezar a súa fase de explotación?
 Como? Como imos levar a cabo o proxecto? Cales van ser as estratexias para levar a bo
termo os nosos obxectivos? De onde imos conseguir os recursos.
Se non somos quen de respostar a estas preguntas e non somos quen de buscar respostas
coherentes entre elas para o noso proxecto, daquela, este precisa algunha que outra volta.
Froito desta primeira definición de proxecto, realizamos unha primeira análise de xeito
global. O productor ou productora ten que ser quen de detectar, á vista da primeira
definición de proxecto, posibles problemas de viabilidade legal, dificultades técnicas
detectables a priori que poidan complicar o proceso de produción, identificar beneficiarios
do proxecto cos que xeneramos sinerxias, posibles fontes de financiamento, etc.
Pasado este primeiro filtro non necesariamente moi exhaustivo, é momento de facer unha
análise máis detallada, segundo imos ver a continuación.

1.2.2 Análise de Viabilidade dramática e comunicativa


Cando se elixe a idea para un proxecto non se fai ao azar senón tras un proceso de avalia-
ción. É convinte facer unha primeira análise baseada en distintas fontes, coma informes, es-
tudos sobre viabilidade de espectáculos, obras, libros, prensa, que permiten ter unha primei-
ra idea do proxecto que se quere levar a cabo e que poden avalar a nosa decisión respecto a
produción dunha determinada idea. Coñecer o entorno no que nos desenvolvemos e os
hábitos do noso público adoitan ser determinantes.
Un productor/a, ademáis de se guiar polo instinto, debe respaldar o seu interese personal
por un proxecto dado, cun estudo o máis detallado posible arredor del. Desde o punto de
vista dramático, debe valorar o interese real do texto ou idea, a súa calidade narrativa, a
forza no desenvolvemento das tramas, para poder anticipar o interese que despertará e as
satisfaccións que aportará ao público da obra ou do espectáculo.
Pero isto non sempre é suficiente e en ocasións, especialmente cando falamos de
Páxina 2 de 7
investimentos en grandes producións, o estudo de viabilidade debe aportar informacións
empíricas sobre a idoneidade do proxecto polo que hai que recorrer a enquisas de posibles
públicos, promotores, xestores, datos de espectáculos realizados nos últimos anos, gustos
dos públicos por idades, estatísticas de recadación de billeteira de distintos tipos de
espectáculos, estatísticas sobre consumos culturais noutros eidos, etc.
Outro concepto que hai que valorar é a viabilidade comunicativa, é dicir, a capacidade
que ten o proxecto que vas poñer en marcha, para atraer a atención do público. Para iso hai
que analizar a mellor maneira de vender o proxecto e analizar, investigar e aplicar as
mellores técnicas que permitan que o espectáculo chegue á maior cantidade de promotores,
inversores, públicos e que, ademais, esperte o seu interese cara ao mesmo.  Para este labor é
necesario realizar unha boa campaña de comunicación e marketing pero, ante todo, ter un
producto coa suficiente viabilidade neste eido, capaz de despertar o interese xa sexa pola súa
orixinalidade, polo seu carácter de denuncia, a súa conexión coa cultural popular, a
oportunidade do contexto mediático que xoga ao seu favor pola actualidade da temática, etc.
Outros elementos de análise vencellados coa análise de viabilidade creativa e
comunicativa, e que tamén debemos ter en conta, son aspectos como a viabilidade social,
isto é, o aporte en materia de contribución ao ben común do noso proxecto, o factor
beneficioso na comunidade que pode derivarse da posta en marcha do noso proxecto. Xunto
con el, poderiamos falar de viabilidade cultural, na que consideraríamos o aporte a mellora
cultural do entorno e en xeral na propia comunidade da que formamos parte.
Aínda se non facemos un detallado estudo sobre a viabilidade dramática e comunicativa
do proxecto baseandonos en análises estatísticas do entorno, é moi útil que antes de nos
embarcar na aventura da produción do mesmo, realizemos unha análise o máis fonda
posible que dea resposta a cuestións como as que indicamos na seguinte táboa:

ANÁLISE DRAMÁTICA – CONSTRUCIÓN DO TEXTO

Pésimo Suficiente Mellorable Bo Excelente

Estructura

Protagonista

Conflicto

Trama/s

Diálogos

Atmósfera

Coherencia interna

Verosimilitude

Orixinalidade estructural

ANÁLISE DRAMÁTICA – COMUNICATIVA – INTERESE DA IDEA

Pésimo Suficiente Mellorable Bo Excelente

Orixinalidade /Innovación /Oportunismo

Actualidade /Autenticidade

Comicidade /Sentido do humor

Páxina 3 de 7
Denuncia

Espectacularidade

Conexión coa gran cultura ou cultura poupular

1.2.3 Análise de viabilidade legal do proxecto.


As artes escénicas, músicais e eventos desenvólvense, como calquera outra actividade, nun
marco legal determinado por normativas de carácter xeral (en materia de lexislación laboral,
tributaria,etc) e específicas da propia actividade.
Desde o punto de vista das normativas de carácter xeral que afectan a nosa activdade e que
debemos ter en conta á hora da súa definición e da escolla do marco administrativo máis
adecuado, podemos identificar:
 Normativa sobre Sociedades Mercantís. Determinaremos a escolla da forma xurídica
máis axeitada á nosa actividade.
 Normativa sobre Asociacións. Que afecta no caso de proxectos desenvolvidos no marco
de asociacións culturais, algo moi frecuente na produción de eventos e especialmente de
festivais de marcado carácter cultural.
 Normativa sobre Fundacións.
 Normativa en materia de mecenado, coa Ley de Participación Social y Mecenazgo en
proxecto no momento de escritura deste material.
 Normativa en materia de Seguridade Social, que rixe no referido á contratación do
personal involucrado no noso proxecto e que debemos ter en conta tamén no apartado
orzamentario.
 Normativa en materia Fiscal, que determina as obrigacións tributarias, Imposto sobre a
Renda das Persoas Físicas (IRPF), Imposto sobre o valor engadido (IVE), etc.
 Normativa laboral, que rixe os procesos de contratación, definidos no estatuto dos
traballadores, con especial ao Real Decreto 1435/1985 do 1 de agosto no que se regula a
relación laboral especial dos artistas de espectáculos públicos. Tamén é de especial
relevancia neste aspecto, o referido aos convenios colectivos específicos das áreas que
nos ocupan.
 Normativa sobre propiedade intelectual e industrial, que regula a protección dos dereitos
de propiedade intelectual. A xestión de dereitos involucrados nos nosos proxectos é
crucial, polo que falaremos dela máis abaixo.
 Normativa sobre protección de datos
 Normativa en materia de responsabilidade civil.
 Normativa en materia de seguridade laboral e prevención de riscos.
En materia específica sobre a produción de espectáculos e eventos de carácter público,
teremos en conta as seguintes normativas:
 Ley 11/2009, de 6 de julio, de regulación administrativa de los espectáculos públicos y
las actividades recreativas. Onde se determinan as condicións legais que definen o marco
para a celebración de espectáculos públicos en materia de seguridade, aforo e demáis.

Páxina 4 de 7
 Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de
Galicia, que no seu Título III, define o procedemento para a tramitación de verbenas e
Festas Populares en Galicia.
Existen normativas específica que deberemos avaliar en función dos nosos proxectos, de
carácter territorial menor, e que mesmo desde o punto de vista administrativo poden
condicionar a nosa actividade. Falamos tamén de normativas e tramitacións referidas ás
xestións de permisos en entidades locais, espazos de xestión pública como teatros e
auditorios, espazos privados, etc.
En materia laboral debemos ter en conta tamén as lexislacións aplicables en casos
específicos como sería a celebración de eventos nos que participen menores de edade,
eventos celebrados en condicións especiais co emprego de lume, ou en espazos de especial
protección como parques naturais, recintos históricos protexidos, etc.
En cada caso, e segundo as características do espectáculo ou evento, compre un estudo de
viabilidade legal para estudar os posibles condicionantes que poidan afectar aos nosos
propósitos.
Unha primeira análise de viabilidade legal axudaranos a definir os límites na definición
do noso proxecto, que debe, necesariamente, caber dentro do marco definido polas
normativas que rixen nos distintos aspectos involucrados no mesmo e satisfacer os
requisitos adminitrastivos que a tal efecto se demanden por parte das institucións
involucradas.

A xestión de dereitos e licenzas.

A Lei de Propiedade intelectual abórdase noutro módulo do ciclo, onde falaremos deste
asunto con maior detenemento.
O que nos ocupa agora, nesta fase de análise de viabilidade legal e administrativa dos
proxectos escénicos, é a xestión dos dereitos en materia de propiedade intelectual que
poidan estar involucradas nos nosos proxectos, e coñecer quen son os interlocutores ou
fontes cos que consultar as posibilidades de uso dun ou doutro recurso.
Compre preguntarnos antes de embarcarnos nunha produción, sobre o dereito de uso dos
recursos involucrados. De nada sirve ter un proxecto moi atractivo creativamente e viable
económicamente se non temos a licencia para a posta en escena do texto orixinal, por
exemplo.
Por unha cuestión de operatividade, os dereitos intelectuais adoitan xestionarse a través de
entidades intermediarias: son as que coñecemos como sociedades de xestión de dereitos de
autor e dereitos conexos, e son as interlocutoras primeiras coas que debermos xestionar a
utilización de recursos rexistrados nas nosas obras.
No conxunto do estado español, as segintes son as principais sociedades de xestión:
 Sociedad General de Autores y Editores (SGAE).
 Asociación Derechos de Autor de Medios Audiovisuales (DAMA).
 Artistas, intérpretes o Ejecutantes, Sociedad de Gestión de España (AIE).
 Artistas e intérpretes Sociedade de Gestión (AISGE).
 Asociación de Gestión de Derechos Intelectuales (AGEDI).
 Entidad de Gestión de los Productores Audiovisuales (EGEDA)
O primeiro que debe facer unha compañía ou productora cando quere poñer en marcha
un proxecto baseado nun texto dramático preexistente, por exemplo, ou facer unha adapta-

Páxina 5 de 7
ción dun texto preexistente, é xestionar os dereitos, localizando a sociedade de xestión con-
veniente.
No caso dedesexar empregar un tema musical editado con anterioridade e cuxos dereitos
pertencen polo tanto a un creador determinado, compre tramitar os dereitos correspondentes
e asinar os contratos de cesión segundo proceda.

1.2.4 Análise de viabilidade económica.


Unha vez definido o proxecto e cunha análise en termos de viabilidade creativa e legal de
balanzo positivo, compre analizar os condicionantes económicos que terá o noso proxecto.
Falamos aquí dunha primeira análise que nos permita visualizar as sinerxias que xenera un
proxecto determinado, estimar os costes que entrarán en xogo no noso proxecto e as vías de
financiamento e/ou retorno monetario que permitan facer da nosa aventura unha aventura
proveitosa, ademáis de no creativo e o comunicativo, no social e no cultural, tamén no
económico.
Non se trata aínda de botar contas minuciosamente como faremos logo cando toque
orzamentar, senón de sermos quen de visualizar o producto como un proceso económico en
marcha no que existen uns costes pero no que tamén haberá axentes aos que o noso proxecto
satisfaga determinadas necesidades e que polo tanto podan aportar o financiamento
necesario.
Debemos analizar nesta fase a nosa idea como un recurso económico, para elo, propomos os
seguintes pasos:
 Estudar as sinerxias que o noso proxecto xenera: A nada que analicemos o noso
proxecto deberemos identificar axentes interesados no noso entorno. Se non existen, será
que o proxecto non ten entidade suficiente como para ser levado a cabo. A nosa análise
debe ser quen de identificalos e axudar a modelar a nosa idea inicial, sen perdela no
camiño, para despertar o seu interese. Isto é moi importante e vai definir a nosa
habilidade como productor-vendedor. Debemos identificar a todos os axentes, persoas ou
organizacións que poderían estar interesados en participar no proxecto, así como as súas
espectativas. Analizar ben cales son os segmentos sociais, os grupos de personas, nivel
de interés, poder adquisitivo, formas de vida, capacidade de pago, etc. Que utilidades
extraerán os clientes da nosa oferta? Canta maior sexa a utilidade percibida maior será o
valor asignado e polo tanto a posibilidadede aporte económico.
 Analizar un posible plano de financiamento á medida do proxecto: Capacidade para
financiar o proxecto, capacidade de acceso a inversións públicas, patrocinios,
subvencións, participación de empresas e particulares, etc. Podo gañar con este proxecto?
Canto podo gañar? Cal é o punto de equilibrio, o momento no que empezarei a obter
beneficios? Cal será o seu ciclo de vida? Para isto é preciso que analicemos o proxecto
do que falamos, pero non só iso. Os nosos ollos deben estar postos tamén na contorna.
Debemos saber en que tipo de proxectos pode estar interesada determinada empresa ou
institución, que tipo de programación é a que interesa a determinado segmento da
poboacón, e se a nosa idea encaixa ou non nese universo.
 Analizar a relación entre a estimación de costes e de beneficios: Debemos analizar as
espectativas de beneficio a conseguir respecto ao esforzo realizado. Non se trata só de
beneficio económico, tamén está aí o beneficio social, o investimento en propia imaxe, a
cantas persoas chegamos, utilidade educativa, cultural, social do proxecto, etc. Tamén
compre nesta análise, simplemente desde o económico, calcular a rendabilidade
financeira e os mínimos para a fixación do coste de explotación do produto e se a súa
Páxina 6 de 7
distribución, dacordo coa situación do contexto, é factible. Canto vai costar e cal vai ser a
espectativa de beneficio.
 Analizar a potencialidade de vida do noso producto en relación co público
destinatario e do mercado ou mercados, ou áreas territoriais aos que nos dirixamos.
Falamos aquí do plano de explotación, do ciclo de vida do producto. É unha das
preguntas máis difíciles: Ata canto durará a montaxe? Cando chegará o momento de
saturación? O habitual é que en Galicia un producto de teatro ao uso teña unha vida de
entre 1 e 3 anos, pero veremos que a definición do proxecto e as súas características
resultado da análise doutros aspectos, determinarán o seu ciclo de vida, que ademáis
dependerá tamén de factores externos as máis das veces difíciles de predecir.

Páxina 7 de 7

You might also like