You are on page 1of 9

1. Aspectos específicos (idea, público obxectivo, marca, promoción).

Xan Gómez Viñas, programador socio de NUMAX, foi quen de explicarnos


dende a primeira persoa como xurdiu a idea e como funciona a día de hoxe o cinema,
libraría e laboratorio que conforman a cooperativa nunha conferencia organizada no
audiotorio da facultade de ciencias da comunicación pola materia de industrias creativas
e ideación.
Xan adícase a elixir e conseguir os dereitos para proxectar os filmes na sala e
curar a carteleira para que teña unha variedade cultural adecuada e dar visibilidade a
pezas que poden chegar a ser moi interesantes de distintas maneiras.

En xeral, Numax é diferente doutros cinemas, xa que se anuncia como unha das
poucas salas nas que podemos ir ver os filmes en versión orixinal con subtítulos en
galego. 
Ademais de colaborar con diversos festivais cinematográficos que se realizan en
Santiago de Compostela (Curtocircuíto e CineEuropa). Unha iniciativa que, ademais de
contar co formato de cinema, conta cunha libraría con libros na súa gran maioría
asociados ao mundo de cinema; e uns laboratorios que abordan diferentes aspectos do
sector creativo. Así, podemos situar a Numax dentro das industrias creativas no sector
de creatividade e medios; medios audiovisuais e creativos e libros e prensa 

Afondando un pouco na súa historia, Xan contounos que a idea xurdiu en 2012-
2013 dun grupo de persoas do ámbito audiovisual e deseño de Santiago de Compostela
(moitas delas viñan de estudiar na Facultade de Ciencias Da Comunicación). Ao vir
todos do mundo cultural de Santiago, contaban cunha rede de contactos. Deuse un
contexto de dixitalización das pantallas no ámbito do cinema que levou ao peche de
salas e a desaparición destas no centro de Santiago. Ademais, non había existido ata o
momento ningunha sala onde estreasen cada semana películas en versión orixinal ou
aquelas premiadas en festivais (como o de Cannes ou Venecia). Debido a este momento
de baixón cultural e a necesidade que tiña a poboación de Santiago por estímulos,
Numax se deu pronto a coñecer, cunha boa imaxe de marca que solucionaba estes
problemas.
  
O nome fai referencia a unha película dos anos 80 chamada “Numax presenta”,
do cineasta catalán Joaquín Jordà, que gravou e conseguiu a través da adquisición dos
dereitos dunha marca de electrodomésticos (NUMAX) que estaba a punto de pechar, en
contra da vontade dos seus traballadores. Unha película que concorda coa súa filosofía.
Ao principio comezaron 5 persoas, entre elas Margarita Ledo Andión, pero
entraron máis e na actualidade chegan ás 13: sendo 11 persoas socios, unha socia
colaboradora (de capital) e 3 persoas asalariadas. O espazo do NUMAX foi aberto no
2015, renovando un garaxe baleiro da rúa Concepción Arenal, tiveron moita sorte
porque o aluguer en Santiago de Compostela está moi alto. 

Nun primeiro instante colleron coma referencia diversos modelos de negocio.


Un exemplo disto é que se pensou nun inicio a posibilidade de incluír cuestións mais
que ver coa hostalaría (coma unha sala de Barcelona). Malia que este formato puido
tamén estar nunha maior parte influenciado polos diferentes ámbitos dos que proviñan,
estas simbioses si que teñen lugar como se pode ver en industrias coma a sala Golem
coa libraría que teñen en fronte que enriquece a súa experiencia.

Xan dinos que teñen un público obxectivo moi diverso, cos abonos saben que
hai máis mulleres que homes abonados e de media son persoas con estudos
universitarios de mediana idade (35-45 anos). Contan cun “grupo base” que acostuma
ser o definido, pero coas estreas hai un grupo mais azaroso cun único interese na
película.

Son unha cooperativa de traballo asociado e sen ánimo de lucro. Por que ser
cooperativa? Pois por que así podían contar coas axudas que querían.  

2. As fortalezas e debilidades que podemos observar a partir deses puntos. 

Unha das súas maiores debilidades está nas limitacións espaciais: contan só
cunha sala pequena de cine (aínda que ten as 70 butacas mínimas para que entre dentro
da rede europea oficial de cinemas). Ao ter só unha sala só poden proxectar unha
película ao mesmo tempo e aínda que intentar facer unha programación diversa, tamén
teñen que ter en conta que hai filmes que sempre van a atraer máis público que outros.
Teñen en ocasións problemas para proxectar algunhas películas máis comerciais, xa que
as distribuidoras esixen un número de emisións por semana maior que o que permite un
cine cunha única sala.
A pesares das lastres mencionadas sobre o cine, Xan mencionaba que tiñan
moita sorte co aluguer da sala, xa que non era desorbitado (en comparación aos prezos
que se atopan en Santiago). Mencionaba ademais que se ben as películas menos
comerciais triunfaban menos, non supoñía ningún risco; aínda que poñan películas máis
“de nicho”, o público é constante e a sala énchese ben incluso as 12 da mañá (non ata os
topes, pero si o necesario). Moitas veces aproveitan a popularidade e a rendibilidade de
películas como algunhas das premiadas nos Óscars, Venecia ou moitos outros festivais
recoñecidos para poder proxectar outras producións máis modestas; debemos ter en
conta que unha distribuidora “típica” está feita para que un cine teña 8 salas, algo que en
Numax non se pode facer. Ademais, ofrecer esta clase de contido fai que se diferencien
das plataformas online que polo xeral soen ofrecer o contido máis popular. Non obstante
teñen organizadas as semanas para que haxa diversidade de contidos.

Tampouco dispoñen de moito espazo para a librería, a cal ao estar formada por
unha maioría de libros que teñen que ver co audiovisual, non poden atraer diverso
público con distintos xéneros.
Malia isto, a súa vontade de centrarse en obras literarias que se relacionan co
audiovisual, fai que se diferencien doutras librarías, saíndose do que se considera
mainstream. Aparte de ter libros que poden ser moito máis difíciles de conseguir
noutros lugares.

3. Aspectos que nos pareceron interesantes/nos interesaron na charla.


 
Un dos aspectos que nos pareceu moi interesantes é Numax na escola: unha
iniciativa que ten a finalidade de ir atraendo a un publico máis pequeno. Convidan ás
escolas e institutos tanto de Santiago como doutros lugares de Galicia para proxectar un
catálogo de películas que xa se puxeran na sala de distribuidoras de cine infantil pero
que se saen do que se soe expor (subtituladas en galego sempre que sexa posible).
Sabendo cal é o seu target, buscan dinamizar as sesións, polo que soen facer unha charla
previa á visualización da película; ademais, danlles material didáctico ao profesorado
para que poidan desenvolver na aula. A maiores, se ben a maioría de veces non teñen o
tempo suficiente, as veces fan coloquios posteriores á visualización, o cal segundo Xan
Gómez é unha experiencia moi enriquecedora e moitos dos máis maiores saen moi
sorprendidos. Esta iniciativa entronca con esa necesidade de ter unhas ferramentas,
colocar unha semente para que sexan asiduos ou creadores de proxectos coma estes:
unha estratexia de promoción e difusión cara a orientación dun potencial público
obxectivo.

Da mesma maneira, existe o programa “Os ollos verdes”, en colaboración coa


Universidade de Santiago, no que se proxectan “filmes que traballan por anovar, por
reformular as maneiras de ver e contar e que non adoitan atopar  un espazo nas
carteleiras”. Este programa é moi salientable para os alumnos de comunicación
audiovisual, xa que poden converter esa experiencia en créditos.

Tamén dispoñen dun Laboratorio onde se desenvolve deseño gráfico ou deseño e


creación de páxinas web. Neste, fanse traballos de video especializados en imaxe,
montaxe e etalonaxe. Podemos pór como exemplo a película “Nación” de Margarida
Ledo, que se montou no Laboratorio de Numax. Non obstante, é unha parte non
maioritaria dentro do conxunto da cooperaiva.

4. Financiamento.

A hora de desenvolver o proxecto levouse a cabo un plan de empresa inicial.


Precisábase un investimento potente que puideron obter cun préstamo de IGAPE
(Instituto Galego de Promoción Económica) e un emprésito de 300.000 euros outorgado
por Coop57 (unha cooperativa de servicios financeiros éticos e solidarios) co aval
mancomunado de case 200 persoas. Dende o punto de vista público non contaron con
axudas directas pero si con acordos coma con Cortocircuito, ou co aluguer da sala para
facer o CineEuropa que xa mencionamos antes.

O feito de ser unha cooperativa fai que se pense dende un primeiro instante en
non ser só un espazo cultural, senón tamén transformadores (formar parte da economía
social), ademais de entrar en rede con outros proxectos que defenden modos de
consumo a outros niveis. O malo de formar parte dunha cooperativa é que hai que facer
o necesario para que non haxa ingresos negativos (aínda que sexan cero). No caso de
Numax, nun principio o salario rodaba os 1000 euros (algo menos, segundo Xan) xa que
non había grandes ingresos. A pesares disto, foi un bó inicio e a partir do 2016 houbo a
posibilidade de contratar a máis persoas.
A nivel interno, esta estrutura fai que as xestión e o goberno da cooperativa
dependa deles mesmos de maneira democrática, a través dunha estrutura horizontal. Na
súa asamblea xeral tómanse as decisións de goberno da cooperativa de maneira
democrática, con todas as ideas distintas que isto conleva; segundo nos confirmaron na
charla, isto non é perfecto e pode chegar a ser caótico.

En canto ao nivel de monetización contan coas catro áreas, que teñen unha
analítica económica separada debido a que presentan características diferentes. Isto
permítelles saber cal é a saúde (en termos económicos) de cada área. Cada inicio de
curso elaboran previsións económicas das que saen salarios e unha estimación das
ventas ao longo do ano: No cine, a taquilla é o 60% dos ingresos pero hai máis; están a
publicidade, empresas que fan as súas sesións, aporte público... Se nos centramos neste
último, hasta fai pouco non había axudas directas, máis si acordos (como por exemplo o
aluguer de salas por parte do auditorio para facer CineEuropa; son acordos comerciais).
Comeza a haber agora polo COVID diversas asociacións como a CROMIO de salas
independentes e tamén acaban de saír unhas axudas do ICAA que se aplican as salas
que proxectan cine europeo e en outras linguas que non son español.

Volvendo brevemente as taquillas e o cine, Xan mencionaba brevemente o


mundo das distribuidoras; ao igual que Numax, xóganse moito. Explicounos que
normalmente hai un acordo de porcentaxe da taquilla coa distribuidora que soe ser un
50-50. Non obstante, hai certas distribuidoras grandes que se aproveitan do seu estatus e
chegar a ser abusivas. Menciona tamén que aquelas con menos caché, as máis
“normais”, soen ter todo moito máis coordinado (normalmente por email ou teléfono) e
non demandan de maneira tan desproporcionada.

En canto a rendibilidade dos sectores, pese a historicamente ser o cine o que


máis ingresos xera, este experimentou unhas limitacións debido á pandemia do COVID,
véndose máis axustado. Por outra parte, a libraría forma parte dun sector complicado
debido á porcentaxe que se leva: segundo Xan, de cada exemplar a libraría lévase
unicamente o 30%. Tamén nos asegurou que se fan moitos traballos a maiores para
poder rentabilizala.

Como dixemos anteriormente, Numax conta cun laboratorio no que montan


proxectos audiovisuais, un laboratorio de deseño gráfico (cun deseñador e un
informático) onde abordan o formato libro, deseño web e páxinas web; contan cun
laboratorio de imaxe, que está centrado en etalonaxe, montaxe e imaxe. Este formato
dos laboratorios factura cara clientes de fora: é máis doado facer estimacións xa que se
basean en facturas e contratos (en contraste co cine, por exemplo, no que é moito menos
doado estimar canta xente irá).

5. Como lles afectou o COVID e as restricións que se levaron a cabo nese


tempo. 

A pandemia foi moi dura a nivel económico. Coa librería non se notou tanto,
pero co cinema sí, posto que a sala de proxeccións tivo que manterse pechada durante 3
meses do ano 2020 e case un do 2021. Despois viñeron as restricións, con aforos
máximos de 20-30 persoas con distancia de seguridade. Por sorte tiveron axudas por
parte de diversas organizacións coma AGADIC para poder sobrevivir. Malia isto, no
2021 experimentaron da mesma maneira estas limitacións do aforo marcadas polas
restricións, recibindo unha menor cantidade de axudas. 

A día de hoxe, seguen notando os efectos da COVID, xa que o público maior de


65 anos descendeu considerablemente e aínda non recuperou seus números habituais.  A
postpandemia plantexou un novo desafío, xa que variaron os patróns de consumo
cultural. O aumento desproporcionado na popularidade das plataformas cambiou a
distribución tal e como era entendida antes. A situación actual atópase moi lonxe da
situación pre-prandémica en canto a números, tanto económicos coma de asistencia.
Non obstante, dende NUMAX pensan que en dous ou tres anos poderán volver, se ben
non á mesma situación de antes da pandemia, a unha moi similar.

6. Que cousas creemos que fan ben e que cousas creemos que fan mal. 

Podemos destacar o feito de ser fieis e apostar polo modelo de películas en


versión orixinal con subtítulos en galego co que levan apostando dende o principio,
dándolle boas oportunidades a pezas dun ámbito moito máis local ou poñendo como
foco a autores de países e grupos minorizados (ex. Os ciclos que fan onde poñen toda a
filmografía de diversos directores).

Por outra parte, ter só unha sala de cine é algo moi limitador á hora de atraer
novo público. Nestes sete anos que levan en activo, conseguiron consolidarse na cidade
de Santiago. Non obstante, segundo Xan aínda hai moita xente que non os coñece.
Cremos que isto se debe a un problema de promoción xa que aínda que si contan con
promoción física en distintos lugares da cidade e de promoción online, esta só se centra
na súa carteleira semanal, quedando fóra información importante como os beneficios de
abonos ou descontos e promocións que poderían chegar a ser moi populares, sobre todo
entre estudantes universitarios.

7. Pensouse en ampliar o proxecto?

Xan comentaba na charla que dende Numax non se plantexou a posibilidade de


saír de Santiago, non é algo que entre nos seus obxectivos actuais. O que si plantexaron
foi a posibilidade de aumentar o local. Isto non é doado, xa que na actualidade hai moi
poucas salas feitas en Santiago e a gran maioría son moi antigas e é inviable empregalas
(Xan confirmou que o consultaron en varias ocasións). A opción de facela de cero
tampouco é viable debido ao gran custo que supón, ademais que tampouco atopan un
espazo o suficientemente grande. Non obstante, pensan que é unha idea interesante a cal
teñen nos seus posibles plans de futuro.

Relacionado con este aspecto xurde preguntarse sobre posibilidade e viabilidade


dun proxecto destas características noutros contextos galegos. Compre ter en conta os
hábitos socioculturais; Santiago é unha cidade historicamente ligada ao cine de autor e
aos clubes de cine, polo que non é de estrañar que unha entidade coma Numax lograse
consolidarse na cidade. O propio Xan dicía que non sabía se sería posible exportar
Numax a outras cidades, xa que non soe haber espazos físicos para facelo e non lles
interesa medrar nunha dimensión que se afaste do proxecto. Non obstante, cree que hai
público para organizacións similares en todas as cidades, simplemente hai que analizar
ben o lugar onde facelo. O éxito nunha cidade con pouca actividade cultural dependería
dos estímulos que recibe. Analizando estas dinámicas poderíase obter unha
aproximación do nivel de saúde que gozaría o proxecto (estudos sobre a cidade e os
seus hábitos de consumo). Un exemplo dun proxecto, se ben non igual en estrutura,
cunha iniciativa semellante no ámbito do cinema é Codex Cinema na cidade de Lugo.

O desenvolvemento de iniciativas semellantes serían de certo interese para poder


crear así unha rede onde poder reivindicar as mesmas cousas, compartir convidados...
Xan está convencido de que calquera cidade pode ser candidata para proxectos
similares.
8. Conclusión

En definitiva, Numax funciona coma Industria Cultural: consegue diferenciarse


doutros proxectos similares, algo de vital importancia á hora de ser recordado coma
organización. Contan cunha programación audiovisual ambiciosa, levando películas de
alto caché por Santiago. Ademais de contar con outros proxectos coma o Cine Clásico,
os acordos de Cine Infantil e os acordos cos USC. É un proxecto con moitísimo traballo
detrás, moi coidado. Xan mencionaba as horas de máis que tiñan que facer e a
dedicación de todo o equipo para que Numax saíse adiante. Da mesma maneira, tamén
mencionaba a importancia de coidarse a eles mesmos coma traballadores, xa que o que
realmente lles importa é que todo o traballo que se fai sexa de calidade. Por isto, Numax
está sempre en constante revisión, buscando como adaptarse aos novos medios de
consumo. É grazas a este arduo traballo que nos seus sete anos de traxectoria, Numax
foi sempre economicamente positivo, aínda que sempre chega con dúbidas. Estas
dúbidas aumentaron coa crise da COVID, notándose aínda hoxe as súas consecuencias.
Pese a todo, Xan asegura que lograron o seu obxectivo: montar a sala e que funcionase
ben, polo que están contentos con seu proxecto

Se ben Numax ten as súas debilidades, tamén ten fortalezas que o fan manterse
coma Industria creativa, tendo beneficio económico cada ano. Numax representa unha
iniciativa cultural ao marxe do que estamos acostumados, creando un entorno que da
vida a proxectos máis complicados de atopar en outros contextos. Isto é o motivo de
orgullo de Numax, xa que non só ofrecen algo distinto, senón que conseguen que
funcione economicamente. Unha das claves de calquera Industria Creativa é dar a
entender as ideas coas que traballar, ter claro o que se quere facer e lograr con isto. É un
sector que contribúe a aumentar algo esencial das persoas: a sensación de benestar, de
beleza, de desfrute... Como seres humanos queremos desfrutar de cousas femosas, de
cultura. E isto é algo que Numax cumple á perfección.

En definitiva, Numax é un caso excepcional de Industria Cultural que cumpre


coas características básicas destas, sen ser parte do máis “popular”, conseguindo
manterse coma empresa tendo un público reducido pero fiel e ofrecendo un contido de
total calidade.

You might also like