You are on page 1of 6

Servizos educativos e culturais na Educación Social.

2º Grao Educación Social.

Esta práctica pode facerse de forma individual, en parellas ou en grupos de tres persoas,
en función do que prefirades e das posibilidades para coordinarvos.

Nome e apelidos:

Lara Márquez Blanco.

Berta López Abad.

Bloque de contido: Equipamentos e recursos educativos e culturais na acción


comunitaria. Tipoloxía, características, funcións e programas.

Reportaxe: Cuando éramos cultos.

1. En relación aos equipamentos de centralidade, en xeral, cales son as súas funcións


nun territorio?

Para comenzar, unha función que teñen que ter en conta os equipamentos de
centralidade é que sexan edificios únicos, é dicir, que non existan máis próximos a
estes. Neste punto é importante crear equipamento e espazos novos que cubran
necesidades novas ou que outros equipamentos non poden cubrir. Pero crear espazos
similares e próximos a outras que xa cumpren esa función é un gasto innecesario. Por
exemplo, no vídeo confirman que na Cidade da Cultura creouse unha nova biblioteca
para albergar 1 millón de libros, pero máis adiante podemos ver que os habitantes de
Ames non acudían á biblioteca da Cidade da Cultura, xa que contan cunha aí, e
reclamaban que non recibían sufiente inversión para cubrir as necesidades que a
pobación tiña. Con isto queremos dicir que é importante saber que necesidades ten a
poboación e se xa existen equipamentos que poidan cubrir ditas necesidades para que,
quizais, antes de crear un espazo novo se podería invertir en mellorar as instalacións

1
xa exitentes, en aumentar o equipo de traballo ou en cubrir as novas demandas das
persoas.

Teñen que ser unifoncionais e, como acabamos de dicir, estos equipamentos son
creados para cubrir unhas necesidades, pero o problema que atopamos é que os tres
mencionados no vídeo non as teñen en conta. É importante que se escoiten as
demandas que os propios habitantes do territorio precisan, xa que estase invertindo
para enriquecer a cultura destos. Polo tanto, se a construcción está centrada no
turismo e en competir para ver que ten un edificio mellor, non vamos a chegar nunca
a cubrir as necesidades. Podemos atopar un claro exemplo nas óperas creadas na
Cidade das Artes e das Ciencias e na Cidade da Cultura, pois a cidadanía non asisten a
estes espectáculos o que conleva unha pérdida de cartos maior.

Outro punto que teñen que ter en conta é que deben estar centrados en productos e
non en procesos. Volve a idea que comentamos no apartado anterior, observamos que
os tres complexos foron creados máis como un producto turístico que en si por cubrir
unhas necesidades culturais que sentía a poboación. Podemos comenzar co Centro de
Artes de Alcorcón, ou como din no propio vídeo, o Circo. Este foi creado nun espazo
onde existía un parque e a xente xuntábase alí para divertirse, e ademais tamén
contaba cunha nova biblioteca. Todo isto foi sustituído por varios edificios que imitan
a un circo. Se di que é por homenaxe ao pai do antigo alcalde, sen esquecernos de que
Alcorcón está situado moi preto de Madrid e nese sentido move moita cultura; en
especial ten un circo, modesto, pero xa o ten. Nos outros dous casos pasa un pouco o
mesmo. En Valencia créanse máis por un tema turístico, e en Galicia porque era o
soño dun político. Todo isto costando unha fortuna e sen ter un impacto bo na propia
economía do lugar, e moito menos culturalmente. No propio vídeo menciónase que se
queren parecer a Bilbao co seu museo Guggenheim, pero non ten o mesmo impacto.

Deben servizos destinados á cultura, polo que, obviamente, teñen que promocionala.
Aquí temos claros exemplos de tres equipamentos destinados á cultura pero que, por
desgracia, non teñen carácter cultural. Pois algúns están parados e construídos a

2
medias, polo que non teñen ningún uso, outros teñen uns pésimos equipamentos e só
atraen o turismo…

Por referirnos a ubicación singular cando falamos dun equipamento, referímonos á


importancia da súa localización. Debemos ter en conta en todo momento que o lugar
esté ben comunicado, de fácil acceso e recoñecemento, e que comence a formar parte
da vida cotiá das persoas de forma continuada. Por iso, é importante saber que a
ubicación vai condicionar o uso e funcionamento do establecemento. Por exemplo a
Cidade da Cultura non se atopa nunha ubicación singular onde toda a pobación do
lugar conviva permanentemente con ela, senón que se atopa afastada da vida cotiá e
sen poder satisfacer as necesidades que se supon que cubre ese equipamento.

2. ¿Qué aspectos en común presentan os tres equipamentos que se analizan na


reportaxe?

O que podemos atopar en común é a chamada política de escaparate, xa que son tres
equipamentos onde se invertiron moitos cartos pola arquitectura pero non pola cultura
de base, que é o realmente importante. Tamén son tres edificios que están parados na
construcción, é dicir, están a medio facer e non se poden continuar pola falta de
presuposto, o que conleva que teñan débedas.

Por outro lado, centrándonos na cultura base, son equipamentos que foron levados a
cabo sen a participación e a demanda da cidadanía. É algo que podemos ver na Cidade
da Cultura de Santiago de Compostela, a cal ten a planificación de construir unha
ópera cando non existe demanda dos cidadáns por esta. E, por exemplo, a biblioteca
da Cidade das Artes e das Ciencias aínda non está rematada, pero non por acabala vai
ser máis útil, xa que é todo arquitectura e “bonito”. Son equipamentos pensados para
o turismo e non para a cultura, non hai recursos para invertir nesta despois de todos os
cartos deixados na construcción.

Por último, tamén destacar a mala distribución, pois na Cidade das Artes e das
Ciencias a porta da biblioteca rómpese ao ser de cristal polo choque térmico que
existe entre a temperatura de dentro coa de fóra, xa que foi algo que non se tivo en
conta, e ademais ten goteras. E para subir á planta da ópera, na cal entran mil cen

3
persoas, cóntase cun só ascensor no que entran dez persoas, esta tamén conta con máis
salas, pero ningunha ten ningún uso. E na Cidade da Cultura tamén atopámonos con
estes problemas, xa que aseguran que houbo moitos artisas que non pudieron expoñer
o seu arte pola mala distribución, e na biblioteca hai estanterías para un millón de
libros e pódese ver como están practicamente baleiras.

3. Elixide un dos tres equipamentos de centralidade presentados e analizádeo desde a


perspectiva dos indicadores dun equipamento ideal. Argumentade para cada criterio se
o equipamento elixido o cumpre ou non.

O equipamento que imos a analizar é a Cidade da Cultura, situada en Santiago de


Compostela, Galicia. Decidimos elixir este equipamento xa que nos resulta doado de
analizar debido a cercanía á que estamos e tamén porque é o que máis nos chega
como galegas que somos.

Respecto á accesibilidade, dende o noso punto de vista, e da gran maioría da


poboación, a Cidade da Cultura non é un equipamento de difícil acceso, pero
tampouco pode resultar sinxelo para toda a poboación. Primeiro porque está situada as
“aforas” da propia cidade, onde só tes acceso mediante un vehículo propio ou cunha
liña de bus que pasa cada hora. Tamén é accesible dando un paseo, pero é algo que
pode levarte uns 40 minutos se vives no propio centro. Por outro lado, non se encontra
na vida cotiá das personas, senón que debes facer un esforzo por chegar ou ir
intencionadamente alí. Consideramos que arquitectonicamente non conta con
barreiras, pero non sabemos se conta con outra adaptación para cada tipo de personas.
Aínda así, unha adpatación que consideramos importante xa que se encontra fóra do
alcance da xente, é que a liña de bus debería ser máis frecuente. Falando da
finalidade, cremos que non se conseguiu, xa que conta con seis edificios os cales non
sabían que utilidade iban a ter e incluso hai un que cambiu de nome moitas veces, e se
contamos con que no ano do reportaxe aínda había dous edificios que non tiñan
ningunha utilidade…temos moitos puntos para ver que a finalidade da cultura, non se
conseguiu.

4
Podería decirse que a Cidade da Cultura é polivalente xa que se celebran moitas
convecións no Museo do Gais, pero como din no propio vídeo, todos os edificios
teñen pouco espazo de utilidade. Polo que, por moito que se use o espazo para
celebrar actos, segue brillando pola súa ausencia a falta de cultura e a falta de uso pola
propia poboación a quen vai dirixido.

O que podemos destacar da calidade é que entra suficiente luz natural polo sitio no
que está ubicado e polos ventanales cos que conta a estructura, pero isto tamén pode
ser un punto en contra, xa que ao ser unhas ventás tan grandes pode entrar suficiente
frío como para que resulte incómodo se non está ben pensado respecto aos recursos de
calefacción.

E respecto á calidade do servizo, non se facilitou moita información no vídeo sobre o


persoal, horarios… Pero en este criterio podemos decir que existiu un fallo na
programación, por exemplo, xa que aseguran que crearon un plan de traballo despois
de empezar a construir a Cidade da Cultura en vez de facelo antes, que é o que se
debería facer para que exista unha cohesión e unha estabilidade. Se xuntamos iso con
que non tiveron en conta as necesidades da cidadanía, é normal que o resultado sexa
tan caótico e innecesario, facendo que o equipamento non sexa bo.

Cremos que a día de hoxe, no ano 2020, segue sen atraer a moito público. Nas
tempadas de estudo a biblioteca está chea -tampouco e que teña moito espazo de
estudo- pero énchese tan rápido debido a que o resto das bibliotecas tamén están a
rebosar. Por outro lado, o museo cada certo tempo cambia de exposición, pero
tampouco existe moita aglomeración. A principal razón disto débese a que segue sen
haber un fácil acceso ao propio recinto. Como conclusión, non é capaz de chegar á
participación da poboación porque non ten en conta as súas necesidades e demandas,
xa que o que importa é o exterior e o que isto conlevou, o que crea un impacto
negativo.

5
6

You might also like