You are on page 1of 6

MATERIA 102

Valor e Significado do Patrimonio Cultural

Valor económico do PC

Fermín E. Pérez Losada
Prof. Titular de Arqueoloxía
Fac. Historia – Campus Ourense
Universidade de Vigo

Valor económico do PC

Valor económico
* Cualidade dos bens culturais para se converteren nun recurso
económico, ou sexa, xenerador directo de riqueza (produción, renta, 
activo económico) e/ou de calidade de vida (consecución do estado do 
benestar, entendendo o PC como un recurso cultural mais, equiparable a 
outras industrias culturais –producción audiovisual, museos e exposicións, 
infraestructuras educativas, etc.–) 

* Dualidade de modelos de valor económico do PC desde o punto de vista 


da economía:

# Modelo ilustrado tradicional


# Modelo liberalista
Valor económico do PC

Modelo ilustrado tradicional

+ Característico da Europa occidental, especialmente os países mediterráneos, 


durante as décadas 1950‐1980

+ O PC en teoría carece de valor de cambio (traducible en diñeiro), está fóra


do mercado. Ten valor cultural pero non valor económico (son cousas
distintas e independentes entre sí).
[Existen, sen embargo, excepcións contradictorias: mercado de arte e antigüedades, 
seguros en exposicións, valor de propiedades inmobiliarias en centros históricos, etc.] 

+ A xeneración e xestión de bens culturais ten que ver coa política e non coa


economía. Dado o carácter público do PC, correspóndelle á administración a 
xestión dos mesmos (protección, intervención, mantemento, disfrute
público). Dado que non xeneran nin teñen porqué xenerar beneficios
económicos, a dotación financieira ven derivada, como unha carga máis, 
exclusivamente dos orzamentos públicos.

Valor económico do PC

Modelo liberalista

+ Modelo orixinado e característico de Norteamérica, extendido especialmente


polos países anglosaxóns. Establecido asemade como tendencia dominante
en Europa e países latinos a partir da década dos 90. 

+ A crise económica e o aumento da demanda (democratización da educación e 


da cultura no estado do benestar) fai que o Estado non sexa capaz de facer 
fronte con éxito á pesada carga do PC. A solución achegada polo modelo
neoliberalista é inserir á cultura dentro do mercado, onde o PC constitúe
unha categoría económica mais. O valor cultural está abranguido dentro do 
valor económico.

+ Os bens culturais, sen embargo, non son totalmente libres (non se poden


comprar nin vender libremente no mercado) senón que están limitados polo 
feito de que seguen sendo de índole pública, o cal non obsta para que se 
procure unha meirande eficacia na asignación e xestión dos mesmos.
Valor económico do PC

Modelo liberalista
+ Establécese así a categoría económica específica dos merit goods, bens de 
mérito, que respostan ás merit wants, necesidades de mérito (un tipo de 
necesidade merecedora dunha especial consideración porque forma parte 
dun nivel diferente e superior ó doutras necesidades humanas, p.e.
educación e cultura vs. consumo alimenticio ou de enerxía).

+ Os merit goods caracterízanse porque sempre son ofertados de maneira


pública: o consumo é non rival –non hai libre competencia entre produtos–
e non excluínte –toda a sociedade tén o dereito de consumilos, sen
exclusividade en favor dun grupo ou usuario particular–.

+ O modelo liberalista posibilita a inclusión da iniciativa privada na xestión dos 


bens culturais. O Estado non tén porqué asumir todo o custo da 
xestión/disfrute do PC (incentivos ás sociedades ou fundacións para que
colaboren: lei de mecenado, desgravacións fiscais, etc.)

Valor económico do PC

Economía da Cultura
+ Especialidade recente da Economía que ten como obxectivo a aplicación da 
análise económica ás industrias culturais (cine, música e libros), ás artes creativas
e escénicas, e ó Patrimonio cultural.

* Frey, B.S. (2000): La economía del arte, La Caixa, Barcelona. 
* Thorsby, D. (2008): Economía y Cultura, Gestión Cultural, México.
* Barciela, Melgarejo e López Eds. (2012): Los bienes culturales y su aportación al desarrollo sostenible, Univ. Alicante.
* Rizzo, I. e Mignosa , A. Eds.(2013): Handbook on the economics of Cultural Heritage, E. Elgar Pub., Cheltenham (UK).

+ Análise económica convencional para as industrias culturais e as artes creativas, 


que se abordan en termos de produción (creación) e comercialización (consumo).

+ Análise económica particular e diferenciada no caso do PC: non produción


senón conservación (bens irrepetibles e non renovables), non consumo senón
posta en valor ou rentabilización (non se consume o ben directamente, senón os
produtos, servizos e experiencias por el xenerado)
Valor económico do PC

Valores do PC como recurso económico

+ Xeneración de beneficios directos (pago de entradas, impopular pero


efectiva; venta de servizos asociados –estacionamento, lecer, tenda, 
cafetería, etc.–). Beneficios non lucrativos, senón destinados ó 
reinvestimento no propio PC (retroalimentación).

+ Xeneración de beneficios indirectos: creación de emprego, axuda ó 


desenvolvemento local (infraestructuras, promoción turística), recurso
educativo (beneficios a longo prazo), valor informativo entendido como
recurso económico a longo prazo, turismo cultural.

Valor económico do PC

Valores do PC como recurso económico

Turismo cultural (atracción de visitantes de 


diversos tipos –escolar, familiar, terceira
idade, etc.– e a diversas escalas –local, 
rexional, nacional, internacional–) como
principal mecanismo para asegurar o valor 
económico do PC.

Avantaxes evidentes pero tamén perigos:

* que a oferta de ocio (centrada exclusivamente


no lecer e no entretemento) prime sobre a 
oferta cultural (experiencia de reflexión e 
beneficio formativo)
* sobreexplotación económica (consumo masivo
fronte a calidade da oferta)
Jorvik Viking Centre (York)
Jorvik Viking Centre (York)
https://www.jorvikvikingcentre.co.uk/

* Escavación urbana do asentamento vikingo


de Jorvik, no centro do casco histórico de York 
(barrio Coppergate). Estruturas antigas en
materiais orgánicos (madeira). 

* Non conservación dos restos inmobles + 


construción dun museo/núcleo interpretativo
no solar, integrado nun centro comercial
(Coppergate Shopping).

* Museo convencional (pezas mobles


orixinais) + reconstrucción animada dos 
ambientes descubertos na escavación
(visitables mediante un carrito
autopropulsado) + tenda, cafetería e outros 
servizos (festivais, visitas animadas, 
actividades escolares, etc.).

* Grande éxito de visitas, xeneración de 


moitos beneficios directos (pago entradas, 
venta de servizos), revitalización
socioeconómica evidente do centro histórico.

* Xestión pública (York Archaeological Trust) e 


reinvestimento dos beneficios obtidos noutras
actividades arqueolóxicas (non tan rentables) 
desenvolvidas na cidade.

https://www.jorvikvikingcentre.co.uk/
Jorvik Viking Centre (York)
Jorvik Viking Centre (York)

https://www.jorvikvikingcentre.co.uk/

Jorvik Viking 
Centre (York)

https://www.jorvikvikingcentre.co.uk/

You might also like