You are on page 1of 6

1º ESO

ASIGNATURA DE LIBRE CONFIGURACIÓN CURSO 2022-2023


“O mundo, unha viaxe virtual ”

XUSTIFICACIÓN:

Este proxecto pretende un achegamento conxunto e compartido para adquirir


ás competencias básicas, colaborando con todas as materias, para intentar
afianzar unha ensinanza global, integradora e máis completa para o alumnado,
a través dunha viaxe virtual polas diferentes culturas do mundo.

A proposta que presenta o Departamento de Música permitirá descubrir, crear


e compartir diferentes recursos de estudo, como xerar mapas mentais, fichas,
brainstormings, presentacións en diferentes plataformas dixitais, tests e
apuntes, mediante aspectos esenciais da cultura das diferentes cidades do
mundo, ademais, intentará ser un referente de traballo interdisciplinar,
potenciando valores como o traballo en equipo, compromiso, solidariedade,
inclusividade, competencias básicas como a lingüística, a competencia dixital,
aprender a aprender, a interacción co mundo físico e coordinando materias
como as linguas, xeografía e historia, arte, economía, música, educación
plástica e visual, E.F., etc.
O proxecto final, será a exposición tanto virtual como física no centro e a outros
compañeiros, dun roteiro arredor do mundo.

DATOS XERAIS:

Participantes: Grupos de 1º de ESO


Proposta asumible polo Departamento de Música.
Horario: Unha hora semanal para os grupos existentes.
OBXECTIVOS XERAIS:

Os obxectivos para o desenvolvento deste proxecto serán os seguintes:

· Introducir ao alumno nas diferentes culturas a través da gamificación.


· Coñecer as posibilidades sociais, culturais, lingüísticas, que pode
aportar unha viaxe a calquera lugar do mundo.
· Realizar os seus propios apuntes, a través do coñecemento dos
diferentes países.
· Aprender a realizar tests, para identificar de maneira práctica a cultura, a
música, a economía, as costumes, as formas de vida, e de traballo dos
diferentes pobos do mundo.
· Memorizar conceptos dos temas a tratar, a través de regras
mnemotécnicas.
· Apreciar nas viaxes virtuais, o valor do medio, aprender a desenvolverse
en diferentes situación polo mundo.
· Cultivar o gusto pola música tradicional.
· Aprender a planificar, xestionar e organizar unha viaxe, tendo en conta
todas a súas posibilidades.
· Valorar a cultura e tradicións dos diferentes países.
· Organizar o estudo e traballo en equipo, para obter ferramentas,
recursos visuais, como mapas físicos e dixitais, webs e blogs de viaxes,
etc.
· Promover a exposición de traballos, sobre os diferentes temas tratados
durante o proxecto.
· Aprender a valorar a liberdade de expresión, a igualdade, a inclusión, o
respecto á diversidade cultural, a importancia do diálogo e a realización
de experiencias artísticas compartidas.
CONTIDOS:

· Coñecemento dos pasos a seguir para organizar unha viaxe,


desenvolverse nos diferentes medios de transporte, sistemas de
sanidade en diferentes países, formas de pago, as diferentes moedas.
· Obtención de información a partir do intercambio de experiencias e do
traballo cooperativo alumno-profesor e entre iguais.
· A historia e xeografía, lingua, filosofía, economía, música, arte,
gastronomía dos diferentes continentes e países, a través de prácticas e
traballos en equipo.
· Investigación dos diferentes medios de transporte de cada país.
· As formas de vida doutras culturas.
· A valoración positiva das características de cada grupo social.
· Práctica de rutas por diferentes cidades do mundo mediante desafíos,
con presupostos definidos previamente.

DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO:

Os contidos estarán divididos en trimestres.

PRIMEIRO TRIMESTRE: EUROPA


SEGUNDO TRIMESTRE: ASIA E OCEANÍA
TERCEIRO TRIMESTRE: AFRICA E AMERICA
ACTIVIDADES PREVIAS:

Compilación de información dos diferentes continentes e países, utilización de


mapas, vídeos, Google maps, Blogs, Youtube, partituras, DVD…

POSTA EN PRÁCTICA:

Previamente situaremos o país o que viaxaremos e investigaremos sobre as


normas de cada país: dende pasaportes, seguros, sanidade, utilización de
billetes físicos e dixitais, guías de viaxe, etc.

Planificaremos un roteiro polos países que coñeceremos, aproveitando para


recoller información de cada país, e o situaremos no mapamundi.

Estudaremos a estrutura dos países de cada continente, así como as súas


características socio-culturais, a través de apuntes, busca de información,
lecturas guiadas polas profesoras, e por equipos, para que saiban interactuar,
así como expoñer en público.

Faremos grupos de alumnos propoñendo un mesmo desafío, como organizar


roteiros so cun medio de transporte concreto: avión, autobús, tren, camiñando.
Para fomentar o traballo e a imaxinación dos alumnos.

Organizar charlas tanto de alumnos como de persoas doutros países para que
nos informen sobre as súas culturas, música, danzas, costumes…

Ao finalizar de cada trimestre, trataremos de encontrar as diferencias e


similitudes coa noso propia cultura e realizaremos un xogo de Trivial por
equipos para valorar os coñecementos adquiridos.
PRESENTACIÓN DO PROXECTO FINAL

Será a exposición tanto virtual como física no centro, a través de muráis, ou


dun corto recopilatorio de todo o traballo feito polos alumnos, dun roteiro
arredor do mundo que resuma o aprendido nos tres trimestres.

MATERIAIS:

Cd´s, aparato de reprodución de música e Dvd. Mapas, libros de lendas,


tablets, ordenadores, etc.

METODOLOXÍA:

Empregaremos una metodoloxía activa e participativa por parte dos alumnos


tanto coa realización de murais, traballos virtuais, etc...

AVALIACIÓN:

A avaliación basearase en que o alumnado:

· Coñeza as diferentes técnicas de estudo, a través de recursos como


mapas mentais, esquemas, apuntes.

· Aprenda a xestionar o seu tempo na busca da información dos


diferentes roteiros, pobos, culturas do mundo.

· Participe activamente na realización de murais onde se recollan as


características de cada cidade, pobo, país ou continente proposto.

· Aprenda a respectar e valorar as diferentes culturas.


· Aprenda a desenrolarse nun medio estranxeiro, ante calquera
circunstancia.

· Traballe e coopere en equipo para conseguir os obxectivos comúns


establecidos en todas as actividades do proxecto.

· Recoñeza e respecte a diversidade, social e cultural que nos rodea.

· Se sensibilice e comprenda as circunstancias sociais que se dan en


distintos lugares do mundo.

· Faremos a nosa avaliación mediante un sistema de puntos que os


alumnos irán pegando nun mural exposto na clase para así poder avaliar
o seu progreso no proxecto. Ao final do trimestre os tres alumnos máis
destacados no proxecto recibirán un premio establecido polo
Departamento de Música.

· Ademais ao final de cada trimestre os alumnos xogarán a un xogo de tri-


vial onde terán que traballar en equipo ademais de amosar os
coñecementos adquiridos.

· A nota do proxecto que aparecerá no boletín será orientativa e reflectirá


o traballo na clase e a actitude e interese cara o mesmo.

You might also like