You are on page 1of 29

10.

Música e Danza

10.1 Introdución
A expresión artística é connatural ao ser humano desde a orixe dos tempos e, pola súa impor-
tancia na vida, debe gozar da súa atención e do seu espazo. As diferentes manifestacións culturais
e artísticas teñen unha presenza constante na contorna e na vida das persoas, formando parte
intrínseca do seu propio ser e da súa actividade comunicativa e social, á vez que son parte esencial
do patrimonio cultural. A música, a danza, as artes plásticas, audiovisuais, performativas e escéni-
cas preséntanse nos nosos días de moi diferentes maneiras e a través de distintos medios. Por
estas razóns, a educación artística posúe unha gran relevancia, xa que na vida cotiá o manexo da
información vinculada con ela fai necesaria a disposición de competencias e capacidades de pen-
samento propias das artes.

A educación artística é de especial relevancia na educación primaria, xa que segundo indican os


avances na neurociencia e nas ciencias da educación contribúe ao desenvolvemento global do
alumnado en múltiples dimensións: sensorial e psicomotriz, a través do desenvolvemento da per-
cepción e da motricidade; intelectual, a través da potenciación da intelixencia, do pensamento crí-
tico, da atención e da memoria a curto e longo prazo; social e comunicativa, estimulando a expresi-
vidade, a sensibilidade social e as capacidades comunicativas; emocional e afectiva, favorecendo
o desenvolvemento da sensibilidade estética e da emotividade; estética e creativa, a través da es-
timulación da imaxinación, da creatividade e da autonomía. En consecuencia, a educación artística
desencadea mecanismos que permiten desenvolver distintas capacidades que inflúen directamente
na formación integral do alumnado, tanto de xeito individual coma grupal.

A área de Música e Danza na educación primaria dá continuidade ao desenvolvemento iniciado


polo alumnado na etapa de educación infantil a nivel expresivo e comunicativo a través das áreas
globalizadas. Así mesmo, esta área asenta as bases para que o alumnado poida desenvolver nas
mellores condicións as competencias artísticas a través da materia de Música na educación secun-
daria obrigatoria.

A área de Música e Danza desenvólvese a través dunha dobre dimensión: reflexiva e creativa.
Por unha banda, o alumnado debe ser partícipe da comprensión da cultura na que vive para poder
dialogar con ela, elaborar criterios útiles de entendemento e gozo e desenvolver progresivamente o
sentido crítico. Deste xeito, é esencial traballar a confianza en si mesmo, a autoestima e a empatía.
Tamén é moi relevante a valoración de producións culturais e artísticas diversas que enriquezan
tanto o individuo como a sociedade, xa que o diálogo intercultural e o respecto á diversidade son
ferramentas poderosas para a reconciliación, a cohesión social e a creación de sociedades pacífi-
cas.

Edificio Administrativo San Caetano, s/n


15781 Santiago de Compostela
www.edu.xunta.gal Páxina 341 de 375
Por outra banda, a área de Música e Danza favorece a experimentación, a expresión e a produ-
ción artística de forma progresiva ao longo dos tres ciclos nos que se organiza a educación primaria.
O alumnado explorará as diversas linguaxes, artes e disciplinas, así como as distintas técnicas
sonoras e corporais para a creación das súas propias propostas. Considérase fundamental a apro-
ximación ao traballo, tanto individual coma colectivo, a partir de ferramentas, instrumentos e mate-
riais variados, co obxectivo de que o alumnado investigue e experimente nas dimensións lúdica,
creativa, comunitaria e social da área.

As disciplinas artísticas deben tratarse baixo a perspectiva de xénero, polo que cómpre incorpo-
rar e normalizar tamén a contribución das mulleres á evolución da música e da danza, historica-
mente esquecida. Deste xeito, favorecerase que o alumnado desenvolva as competencias que lle
permitan acadar unha visión igualitaria da sociedade.

En canto á estrutura do currículo da área de Música e Danza, a partir dos obxectivos da etapa e
dos descritores que conforman o perfil de saída do alumnado, establécense cinco obxectivos da
área, que podemos definir como aquelas aprendizaxes competenciais ás que esta contribúe de
forma máis directa, xa que posúen unha maior afinidade ou relación con ela. O grao de adquisición
destes obxectivos determínase a través dos criterios de avaliación que aparecen directamente vin-
culados a eles e que inclúen aspectos relacionados cos coñecementos, as destrezas e as actitudes
necesarias para a súa consecución por parte do alumnado.

Estes criterios de avaliación aparecen no currículo da área relacionados cos contidos, que se
organizan en catro bloques fundamentais: Educación musical: percepción e análise, Educación mu-
sical: creación e interpretación, Educación en artes escénicas e performativas: percepción e análise,
e Educación en artes escénicas e performativas: creación e interpretación. Cada un destes catro
bloques de contidos ten características propias, aínda que todos están relacionados entre si. No
primeiro e no terceiro, inclúense todos aqueles aspectos vencellados ao desenvolvemento de co-
ñecementos, destrezas e actitudes relacionados co recoñecemento, recepción e observación sen-
sitiva, visual, auditiva e corporal, que permiten unha aproximación ás diferentes manifestacións cul-
turais e artísticas da contorna para analizalo e comprendelo. O segundo e o cuarto bloques fan
referencia á expresión creativa de ideas, sentimentos e sensacións, mediante a exploración, o co-
ñecemento, a execución e a utilización creativa de diferentes códigos, elementos, ferramentas, ins-
trumentos, materiais, medios, recursos, soportes, programas, aplicacións e técnicas culturais e ar-
tísticas.

10.2 Obxectivos

Obxectivos da área

Edificio Administrativo San Caetano, s/n


15781 Santiago de Compostela
www.edu.xunta.gal Páxina 342 de 375
OBX1. Descubrir propostas artísticas musicais e dancísticas de diferentes xéneros, estilos, épocas e culturas,
a través da recepción activa, para desenvolver a curiosidade, a sensibilidade, o pensamento crítico e o res-
pecto pola diversidade.

▪ O desenvolvemento deste obxectivo permitiralle ao alumnado comprender as diferenzas culturais e integrar a nece-
sidade de respectalas; coñecer as especificidades e intencionalidades das manifestacións culturais e artísticas máis
destacadas do patrimonio; establecer relacións entre elas a través da recepción activa e apreciar a súa diversidade
para enriquecer e construír a súa propia realidade, valorando o intercambio coas persoas de diferentes culturas que
comparten unha mesma contorna.
▪ O acceso e o coñecemento de propostas artísticas musicais e dancísticas diversas e procedentes de distintas culturas
a través da súa procura, escoita, observación e visionamento, así como a súa comprensión, análise e gozo son
procesos fundamentais para a formación de seres humanos críticos, empáticos, curiosos, respectuosos, sensibles e
que evidencien unha actitude de interese e valoración ante estas manifestacións artísticas e as diversas culturas das
que proceden.
▪ O descubrimento das producións artísticas musicais e dancísticas do pasado achega elementos esenciais para a
interpretación do presente. Tamén favorece a toma consciente de decisións e actitudes en relación coa conservación
do patrimonio. É especialmente interesante o coñecemento da riqueza e da diversidade do patrimonio galego para a
súa valoración, defensa e difusión.
▪ O recoñecemento e o interese por producións actuais características da contorna máis próxima do alumnado de
Galicia, doutras comunidades autónomas e do resto do mundo proporcionan unha sólida base para descubrilas e
valoralas.
▪ Na selección e na análise das propostas artísticas incorporarase a perspectiva de xénero, a través do estudo de
producións creadas, impulsadas e executadas por mulleres, así como de obras nas que estas aparezan representa-
das de cara á súa normalización.

OBX2. Recoñecer os elementos básicos específicos da linguaxe musical, a través da percepción e da análise
de diferentes fragmentos e obras, para chegar á comprensión das diferentes manifestacións culturais e artísti-
cas.

▪ A desagregación principal dentro da área de Música e Danza dá lugar a dúas partes claramente diferenciadas, como
son o aspecto musical, por un lado, e o da danza e o movemento, polo outro. Malia que a música e a danza comparten
o ámbito artístico como espazo en común, estas son tamén moi diferentes entre elas, xa que a primeira contén unha
complexidade e nivel de abstracción para o alumnado que require deste unha atención e un traballo concretos. A
linguaxe musical é moi específica e posúe elementos propios que a constitúen e a definen. Nese sentido, a importan-
cia do aspecto visual nesta, e non só do auditivo, obriga o alumnado a desenvolver a capacidade de entender e de
poder trasladar o escoitado a un formato visual mediante os elementos da linguaxe musical e viceversa, o que con-
secuentamente produce un proceso de codificación e descodificación.
▪ As diferentes culturas empregan esta linguaxe, dunha maneira ou doutra, a través da expresión musical, existindo un
enorme abano de posibilidades dentro dos diferentes xéneros, correntes e estilos nos que se deben elixir os frag-
mentos e as obras máis axeitados para a percepción e a análise do ámbito propio da linguaxe musical por parte do
alumnado. Polo tanto, para chegar a unha comprensión adecuada do feito musical é imprescindible que este se inicie
no coñecemento dos diferentes aspectos técnicos da devandita linguaxe. Na educación primaria, cómpre consolidar
as bases da linguaxe musical, que se desenvolverán progresivamente ao longo desta etapa e sobre as que se asen-
tarán as aprendizaxes posteriores na educación secundaria.

Edificio Administrativo San Caetano, s/n


15781 Santiago de Compostela
www.edu.xunta.gal Páxina 343 de 375
OBX3. Investigar acerca de diferentes manifestacións culturais e artísticas musicais e dancísticas e os seus
contextos, empregando diversas canles, medios e técnicas, para gozar delas, entender o seu valor, así como
desenvolver o pensamento e unha sensibilidade artística propia.

▪ A apertura, a curiosidade e o interese por aproximarse a novas propostas culturais e artísticas musicais e dancísticas
supoñen un primeiro paso imprescindible para coñecelas e gozalas. Ademais da posibilidade de acceder a unha
oferta cultural diversa a través dos medios tradicionais, o desenvolvemento de estratexias para a procura de informa-
ción a través de distintas canles e medios amplía as posibilidades de gozar e de aprender destas. O cultivo dun
pensamento propio, a autoconfianza e a capacidade de colaboración cos seus iguais son tres alicerces fundamentais
para o desenvolvemento persoal do alumnado. Este obxectivo tamén contribúe a crear e a asentar progresivamente
un sentido de pertenza e de identidade. Así mesmo, implica respectar o feito artístico, os dereitos de autoría e o labor
das persoas profesionais encargadas da súa creación, difusión e conservación.
▪ En definitiva, a través da investigación, o alumnado pode recoñecer e valorar os aspectos fundamentais do patrimonio
cultural e artístico, analizando os seus principais elementos, desenvolvendo criterios de valoración propios e eviden-
ciando unha actitude aberta, dialogante e respectuosa. Do mesmo xeito, poderá comprender as diferenzas e a nece-
sidade de respectalas e iniciarase no gozo e no coñecemento das especificidades e intencionalidades das manifes-
tacións máis destacadas do patrimonio, a través das linguaxes e elementos técnicos musicais e do movemento en
diversos medios e soportes.

OBX4. Expresar e comunicar de maneira creativa ideas, sentimentos e emocións, experimentando coas posibi-
lidades do son, do corpo e dos medios dixitais, para producir obras propias.

▪ Explorar, descubrir, coñecer e experimentar as posibilidades dos elementos básicos de expresión das diferentes artes
móstrase hoxe en día como unha necesidade imprescindible para asimilar e gozar toda produción cultural e artística.
Producir obras propias como forma de expresión creativa de ideas, emocións e sentimentos propios proporciónalle
ao alumnado a posibilidade de experimentar coas distintas linguaxes, técnicas, materiais, instrumentos, medios e
soportes que ten ao seu alcance. Ademais, a diversidade actual de medios tecnolóxicos que se poden empregar nos
procesos educativos pon ao dispor do alumnado un enorme abano de posibilidades expresivas coas que poder co-
municar e transmitir calquera idea, sentimento e emoción.
▪ Considérase moi relevante subliñar o vínculo existente coa educación emocional e afectiva. Débese fomentar o res-
pecto polas creacións propias e as dos demais, cunha actitude de interese e de admiración polo distinto e o novo,
sabendo recibir e expresar críticas e opinións e utilizándoas como recurso para a mellora.
▪ Existe unha ampla cantidade e variedade de materiais e instrumentos para a creación artística que, sumados aos
existentes con anterioridade, xeran un amplísimo catálogo a través do cal o alumnado pode expresarse e comuni-
carse. Nos ámbitos escénico e musical xurdiron medios, ferramentas e aplicacións, moitos deles totalmente dixitais,
en consonancia coas novas tendencias sociais, que poden ser empregados no campo educativo. Así mesmo, o ac-
ceso, coñecemento e manexo destes instrumentos favorece a relación do alumnado co mundo cultural e artístico
actual que, en simbiose coas achegas do pasado, lle ofrece un amplo, diverso e interesante universo ao seu alcance.
▪ Deste modo, desde este obxectivo poténciase unha visión crítica e informada das posibilidades comunicativas e
expresivas da arte. Así mesmo, un manexo correcto das diferentes ferramentas e técnicas de expresión artística
contribúe ao desenvolvemento da autoconfianza do alumnado.

OBX5. Participar do deseño, elaboración e difusión de producións culturais e artísticas musicais e dancísti-
cas, tanto individuais coma colaborativas, poñendo en valor o proceso e asumindo diferentes roles na

Edificio Administrativo San Caetano, s/n


15781 Santiago de Compostela
www.edu.xunta.gal Páxina 344 de 375
consecución dun resultado final, para desenvolver a creatividade, a noción de autoría e o sentido de pertenza.

▪ A participación no deseño, creación, elaboración e difusión de producións culturais e artísticas musicais e dancísticas
é primordial para o desenvolvemento pleno do individuo. Do mesmo xeito, desde un enfoque coeducativo, a interven-
ción en producións grupais faise imprescindible, xa que o traballo colaborativo implica a aceptación e a comprensión
da existencia de roles diversos que hai que coñecer, respectar, valorar e normalizar. Sen dúbida, o traballo en equipo
contribúe ao enriquecemento e á construción da identidade persoal, así como da cohesión grupal e social, a través
da expresión artística creativa e da utilización de diferentes representacións e expresións realizadas mediante o uso
de técnicas sonoras, dramáticas e corporais.
▪ En definitiva, o alumnado debe planificar as súas propostas para lograr cumprir os obxectivos prefixados a través do
traballo en equipo, colaborando na resolución dos problemas que se presenten para conseguir un resultado final
satisfactorio. Este obxectivo permite que o alumnado se involucre no proceso de creación e empregue elementos de
diferentes disciplinas, manifestacións e linguaxes artísticas, evidenciando compromiso co proxecto, unha participa-
ción activa en todas as fases, respecto polo seu propio labor e o das súas compañeiras e compañeiros, así como
sentido emprendedor. É tamén relevante compartir a experiencia creativa en diferentes espazos e canles, entre os
que podemos citar, entre moitos outros, o grupo, o centro educativo, a comunidade ou Internet. A opinión do resto
das persoas e as ideas recibidas en forma de retroalimentación deben ser valoradas, asumidas e respectadas.

10.3 Criterios de avaliación e contidos

Primeiro ciclo

1.º curso

Área de Música e Danza


Primeiro ciclo
1.º curso

Bloque 1. Educación musical: percepción e análise

Criterios de avaliación Obxectivos

▪ CA1.1. Descubrir propostas artísticas musicais de diferentes xéneros, estilos, épocas e culturas, a tra- OBX1
vés da recepción activa e mostrando curiosidade e respecto por estas.

▪ CA1.2. Describir elementos de manifestacións culturais e artísticas musicais seleccionadas, comezando OBX1
por aquelas máis próximas, explorando as súas características e iniciándose no emprego do vocabula-
rio específico básico destas.

▪ CA1.3. Iniciarse no recoñecemento visual e auditivo e na clasificación e descrición de elementos fun- OBX2
damentais da música e da linguaxe musical.

▪ CA1.4. Desenvolver e aplicar a capacidade de procura guiada de información sobre manifestacións OBX3
culturais e artísticas musicais, de maneira básica e guiada, a través de canles e medios de acceso
sinxelos, de forma individual e colaborativa.

Edificio Administrativo San Caetano, s/n


15781 Santiago de Compostela
www.edu.xunta.gal Páxina 345 de 375
▪ CA1.5. Iniciarse na identificación do significado de distintas manifestacións culturais e artísticas musi- OBX3
cais que forman parte do patrimonio de diversas contornas, compartindo sensacións, indicando as can-
les, medios e técnicas empregados e identificando diferenzas e similitudes.

▪ CA1.6. Manifestar respecto na recepción de propostas artísticas musicais, interiorizando as normas OBX1
elementais de comportamento e mostrando unha actitude positiva.

Contidos

▪ Estratexias básicas de recepción activa.

▪ O son e as súas calidades básicas: discriminación auditiva, clasificación e representación básicas de diversidade de
sons e liñas melódicas breves e sinxelas a través de diferentes grafías non convencionais, e iniciación gradual nas
convencionais.
▪ A voz e os instrumentos musicais: estratexias de discriminación visual e auditiva básica de instrumentos, familias e
agrupacións. Obxectos sonoros e instrumentos caseiros presentes na contorna do alumnado.
▪ O tempo e o carácter: recoñecemento de mostras básicas e contrastantes e iniciación á súa capacidade de relación.

▪ O pulso e o acento como núcleo esencial do ritmo. O compás binario.

▪ Propostas musicais de diferentes correntes estéticas, procedencias e épocas producidas por creadoras e creadores
locais, rexionais e nacionais. Respecto e valoración destas desde unha perspectiva de xénero.
▪ Vocabulario específico básico de música.

▪ Normas elementais de comportamento e actitude positiva na recepción de propostas musicais. O silencio como ele-
mento e condición indispensable para manter a atención durante a audición.

Bloque 2. Educación musical: creación e interpretación

Criterios de avaliación Obxectivos

▪ CA2.1. Producir obras propias de maneira guiada, utilizando algunhas das posibilidades expresivas do OBX4
corpo, o son, a imaxe e os medios dixitais básicos, con curiosidade, interese e gozo e mostrando con-
fianza nas capacidades propias.

▪ CA2.2. Expresar de forma guiada ideas, sentimentos e emocións a través de manifestacións musicais OBX4
sinxelas, experimentando coas diferentes linguaxes e instrumentos ao seu alcance.

▪ CA2.3. Iniciarse na utilización dos elementos fundamentais da linguaxe musical para interpretar pro- OBX4
postas musicais básicas vocais e instrumentais a través da vivencia destes.

▪ CA2.4. Participar de maneira guiada no deseño de producións musicais elementais, traballando de OBX5
forma colaborativa a través dun enfoque coeducativo baseado na igualdade e no respecto á diversi-
dade.

▪ CA2.5 Tomar parte no proceso cooperativo de creación de producións culturais e artísticas, utilizando OBX5
elementos básicos da linguaxe musical.

▪ CA2.6. Compartir as experiencias creativas musicais, gozando e explicando o proceso e o resultado OBX5
final obtido.

Edificio Administrativo San Caetano, s/n


15781 Santiago de Compostela
www.edu.xunta.gal Páxina 346 de 375
▪ CA2.7. Manifestar respecto na realización de actividades, interiorizando as normas elementais de com- OBX5
portamento e mostrando unha actitude positiva e empática cara á expresión de ideas, sentimentos e
emocións dos demais.

Contidos

▪ Práctica instrumental, vocal e corporal: aproximación á experimentación, exploración creativa e lúdica e interpretación
a partir das súas posibilidades sonoras e expresivas.
▪ Construción asistida de obxectos sonoros e instrumentos sinxelos con materiais da contorna, especialmente de reci-
claxe, e exploración das súas posibilidades sonoras.
▪ Linguaxes musicais básicas: iniciación no seu coñecemento e aplicación dos seus conceptos elementais na interpre-
tación de propostas musicais básicas vocais e instrumentais.
▪ Valoración e interese, tanto do proceso coma do produto final, en producións musicais.

▪ Normas elementais de comportamento e actitude positiva na creación e interpretación de propostas musicais. O si-
lencio como elemento e condición indispensable durante a creación e a práctica musical.

Bloque 3. Educación en artes escénicas e performativas: percepción e análise

Criterios de avaliación Obxectivos

▪ CA3.1. Descubrir propostas artísticas escénicas e performativas de diferentes xéneros, estilos, épocas OBX1
e culturas, a través da recepción activa e mostrando curiosidade por estas.

▪ CA3.2. Describir elementos de manifestacións culturais e artísticas escénicas e performativas seleccio- OBX1
nadas, comezando por aquelas máis próximas, explorando as súas características e iniciándose no
emprego do vocabulario específico básico destas.

▪ CA3.3. Desenvolver e aplicar a capacidade de procura de información sobre manifestacións culturais e OBX3
artísticas escénicas e performativas, de maneira básica e guiada, a través de canles e medios de ac-
ceso sinxelos, de forma individual e colaborativa.

▪ CA3.4. Iniciarse na identificación do significado de distintas manifestacións culturais e artísticas escé- OBX3
nicas e performativas que forman parte do patrimonio de diversas contornas, compartindo sensacións,
indicando as canles, medios e técnicas empregados e identificando diferenzas e similitudes.

▪ CA3.5. Manifestar respecto na recepción de propostas artísticas escénicas e performativas, interiori- OBX1
zando as normas elementais de comportamento e mostrando unha actitude positiva.

Contidos

▪ Estratexias básicas de recepción activa.

▪ Manifestacións elementais vinculadas á expresión corporal e ás artes escénicas e performativas de diferentes co-
rrentes estéticas, procedencias e épocas producidas por creadoras e creadores locais, rexionais e nacionais. Res-
pecto e valoración destas desde unha perspectiva de xénero.
▪ Vocabulario específico básico das artes escénicas e performativas.

▪ Normas elementais de comportamento e actitude positiva na recepción de propostas vinculadas coa expresión

Edificio Administrativo San Caetano, s/n


15781 Santiago de Compostela
www.edu.xunta.gal Páxina 347 de 375
corporal e dramática en diferentes espazos culturais e artísticos. O silencio como elemento e condición indispensable
para manter a atención durante a recepción.

Bloque 4. Educación en artes escénicas e performativas: creación e interpretación

Criterios de avaliación Obxectivos

▪ CA4.1. Producir obras propias de maneira guiada, utilizando algunhas das posibilidades expresivas do OBX4
corpo, o son, a imaxe e diferentes ferramentas de expresión artística, incluídos os medios dixitais bási-
cos, con curiosidade, interese e gozo e mostrando confianza nas capacidades propias.

▪ CA4.2. Expresar de forma guiada ideas, sentimentos e emocións a través de manifestacións artísticas OBX4
escénicas e performativas sinxelas, experimentando coas diferentes linguaxes e instrumentos ao seu
alcance.

▪ CA4.3. Participar de maneira guiada no deseño de producións escénicas e performativas elementais, OBX5
traballando de forma colaborativa a través dun enfoque coeducativo baseado na igualdade e no res-
pecto á diversidade.

▪ CA4.4. Tomar parte no proceso cooperativo de creación de producións culturais e artísticas escénicas OBX5
e performativas, utilizando elementos básicos da expresión corporal.

▪ CA4.5. Compartir as experiencias creativas, gozando e explicando o proceso e o resultado final obtido. OBX5

▪ CA4.6. Manifestar respecto na creación e interpretación de propostas artísticas escénicas e performa- OBX5
tivas, interiorizando as normas elementais de comportamento e mostrando unha actitude positiva e
empática cara á expresión das ideas, sentimentos e emocións dos demais.

Contidos

▪ O corpo e as súas posibilidades motrices: interese na experimentación e exploración a través de execucións indivi-
duais e grupais sinxelas vinculadas co movemento, coa danza, coa dramatización e coa representación teatral como
medio de expresión e diversión.
▪ Técnicas dramáticas e dancísticas elementais.

▪ Capacidades expresivas e creativas básicas da expresión corporal e dramática.

▪ Valoración e interese, tanto do proceso coma do produto final, en producións escénicas e performativas.

▪ Normas elementais de comportamento e actitude positiva na creación e interpretación de propostas vinculadas coa
expresión corporal e dramática.

2.º curso

Área de Música e Danza


Primeiro ciclo
2.º curso

Bloque 1. Educación musical: percepción e análise

Edificio Administrativo San Caetano, s/n


15781 Santiago de Compostela
www.edu.xunta.gal Páxina 348 de 375
Criterios de avaliación Obxectivos

▪ CA1.1. Descubrir propostas artísticas musicais de diferentes xéneros, estilos, épocas e culturas, a tra- OBX1
vés da recepción activa e mostrando curiosidade por estas.

▪ CA1.2. Describir elementos de manifestacións culturais e artísticas musicais seleccionadas, comezando OBX1
por aquelas máis próximas, explorando as súas características, así como as principais profesións vin-
culadas á creación e interpretación musical, empregando o vocabulario específico básico destas.

▪ CA1.3. Desenvolver capacidades de recoñecemento visual e auditivo, clasificación, descrición e repre- OBX2
sentación de elementos fundamentais da música e da linguaxe musical.

▪ CA1.4. Desenvolver e aplicar a capacidade de procura de información sobre manifestacións culturais e OBX3
artísticas musicais, de maneira básica e guiada, a través de canles e medios de acceso sinxelos, de
forma individual e colaborativa.

▪ CA1.5. Desenvolver a capacidade de identificación do significado de distintas manifestacións culturais OBX3


e artísticas musicais que forman parte do patrimonio de diversas contornas, compartindo sensacións,
indicando as canles, medios e técnicas empregados e identificando diferenzas e similitudes.

▪ CA1.6. Manifestar respecto na recepción de propostas artísticas musicais, interiorizando as normas OBX1
elementais de comportamento e mostrando unha actitude positiva.

Contidos

▪ Estratexias básicas de recepción activa.

▪ Principais profesións vinculadas á creación e interpretación musical.

▪ O son e as súas calidades básicas: discriminación auditiva, clasificación e representación básicas de diversidade de
sons e liñas melódicas breves e sinxelas a través de grafías non convencionais, e iniciación gradual nas convencio-
nais.
▪ A voz e os instrumentos musicais: estratexias de discriminación visual e auditiva básica de instrumentos, familias e
agrupacións. Obxectos sonoros e instrumentos caseiros presentes na contorna do alumnado.
▪ O tempo e o carácter: recoñecemento de mostras básicas e contrastantes e iniciación á súa capacidade de relación.

▪ O pulso e o acento como núcleo esencial do ritmo. O compás binario.

▪ Propostas musicais de diferentes correntes estéticas, procedencias e épocas producidas por creadoras e creadores
locais, rexionais e nacionais. Respecto e valoración destas desde unha perspectiva de xénero.
▪ Vocabulario específico básico de música.

▪ Recursos dixitais básicos para música.

▪ Normas elementais de comportamento e actitude positiva na recepción de propostas musicais. O silencio como ele-
mento e condición indispensable para manter a atención durante a audición.

Bloque 2. Educación musical: creación e interpretación

Criterios de avaliación Obxectivos

▪ CA2.1. Producir obras propias de maneira guiada, utilizando algunhas das posibilidades expresivas do OBX4

Edificio Administrativo San Caetano, s/n


15781 Santiago de Compostela
www.edu.xunta.gal Páxina 349 de 375
corpo, o son, a imaxe e os medios dixitais básicos, con curiosidade, interese e gozo e mostrando con-
fianza nas capacidades propias.

▪ CA2.2. Expresar de forma guiada ideas, sentimentos e emocións a través de manifestacións musicais OBX4
sinxelas, experimentando coas diferentes linguaxes e instrumentos ao seu alcance.

▪ CA2.3. Desenvolver a utilización de elementos fundamentais da linguaxe musical para interpretar pro- OBX4
postas musicais básicas vocais e instrumentais, a través da vivencia destes.

▪ CA2.4. Participar de maneira guiada no deseño de producións musicais elementais, traballando de OBX5
forma colaborativa a través dun enfoque coeducativo baseado na igualdade e no respecto á diversi-
dade.

▪ CA2.5. Tomar parte no proceso cooperativo de creación de producións culturais e artísticas, utilizando OBX5
elementos básicos da linguaxe musical.

▪ CA2.6. Compartir as experiencias creativas musicais, gozando e explicando o proceso e o resultado OBX5
final obtido.

▪ CA2.7. Manifestar respecto na realización de actividades, interiorizando as normas elementais de com- OBX5
portamento e mostrando actitude positiva e empática cara á expresión das ideas, sentimentos e emo-
cións dos demais.

Contidos

▪ Práctica instrumental, vocal e corporal: aproximación á experimentación, exploración creativa e lúdica e interpretación
a partir das súas posibilidades sonoras e expresivas.
▪ Construción asistida de obxectos sonoros e instrumentos sinxelos con materiais da contorna, especialmente de reci-
claxe, e exploración das súas posibilidades sonoras.
▪ Linguaxes musicais básicas: progreso no seu coñecemento e aplicación dos seus conceptos máis elementais na
interpretación de propostas musicais básicas vocais e instrumentais.
▪ Fases do proceso creativo: planificación guiada e experimentación básicas.

▪ Valoración e interese, tanto do proceso coma do produto final, en producións musicais.

▪ Normas elementais de comportamento e actitude positiva na creación e interpretación de propostas musicais. O si-
lencio como elemento e condición indispensable durante a creación e a práctica musical.

Bloque 3. Educación en artes escénicas e performativas: percepción e análise

Criterios de avaliación Obxectivos

▪ CA3.1. Descubrir propostas artísticas escénicas e performativas de diferentes xéneros, estilos, épocas OBX1
e culturas, a través da recepción activa e mostrando curiosidade por estas.

▪ CA3.2. Describir elementos de manifestacións culturais e artísticas escénicas e performativas seleccio- OBX1
nadas, comezando por aquelas máis próximas, explorando as súas características, incluíndo as princi-
pais profesións vinculadas ás artes escénicas e iniciándose no emprego do vocabulario específico bá-
sico destas.

Edificio Administrativo San Caetano, s/n


15781 Santiago de Compostela
www.edu.xunta.gal Páxina 350 de 375
▪ CA3.3. Desenvolver e aplicar a capacidade de procura de información sobre manifestacións culturais e OBX3
artísticas escénicas e performativas, de maneira básica e guiada, a través de canles e medios de ac-
ceso sinxelos, de forma individual e colaborativa.

▪ CA3.4. Desenvolver a capacidade de identificación do significado de distintas manifestacións culturais OBX3


e artísticas escénicas e performativas que forman parte do patrimonio de diversas contornas, compar-
tindo, indicando as canles, medios e técnicas empregados e identificando diferenzas e similitudes.

▪ CA3.5. Manifestar respecto na recepción de propostas artísticas escénicas e performativas, interiori- OBX1
zando as normas elementais de comportamento e mostrando unha actitude positiva. O silencio como
elemento e condición indispensable para manter a atención durante a recepción.

Contidos

▪ Estratexias básicas de recepción activa.

▪ Manifestacións elementais vinculadas á expresión corporal e ás artes escénicas e performativas de diferentes co-
rrentes estéticas, procedencias e épocas producidas por creadoras e creadores locais, rexionais e nacionais. Res-
pecto e valoración destas desde unha perspectiva de xénero.
▪ Vocabulario específico básico das artes escénicas e performativas.

▪ Recursos dixitais básicos para as artes escénicas e performativas.

▪ Principais profesións vinculadas ás artes escénicas.

▪ Normas elementais de comportamento e actitude positiva na recepción de propostas vinculadas coa expresión cor-
poral e dramática en diferentes espazos culturais e artísticos.

Bloque 4. Educación en artes escénicas e performativas: creación e interpretación

Criterios de avaliación Obxectivos

▪ CA4.1. Producir obras propias de maneira guiada, utilizando algunhas das posibilidades expresivas do OBX4
corpo, o son, a imaxe e diferentes ferramentas de expresión artística, incluídos os medios dixitais bási-
cos, con curiosidade, interese e gozo e mostrando confianza nas capacidades propias.

▪ CA4.2. Expresar de forma guiada ideas, sentimentos e emocións a través de manifestacións artísticas OBX4
escénicas e performativas sinxelas, experimentando coas diferentes linguaxes e instrumentos ao seu
alcance.

▪ CA4.3. Participar de maneira guiada no deseño de producións escénicas e performativas elementais, OBX5
traballando de forma colaborativa a través dun enfoque coeducativo baseado na igualdade e no res-
pecto á diversidade.

▪ CA4.4. Tomar parte no proceso cooperativo de creación de producións culturais e artísticas escénicas OBX5
e performativas, utilizando elementos básicos da expresión corporal.

▪ CA4.5. Compartir as experiencias creativas, gozando e explicando o proceso e o resultado final obtido. OBX5

▪ CA4.6. Manifestar respecto na creación e interpretación de propostas artísticas escénicas e performa- OBX5
tivas, interiorizando as normas elementais de comportamento e mostrando unha actitude positiva e

Edificio Administrativo San Caetano, s/n


15781 Santiago de Compostela
www.edu.xunta.gal Páxina 351 de 375
empática cara á expresión de ideas, sentimentos e emocións dos demais.

Contidos

▪ O corpo e as súas posibilidades motrices: interese na experimentación e exploración a través de execucións indivi-
duais e grupais sinxelas vinculadas co movemento, coa danza, coa dramatización e coa representación teatral, como
medio de expresión e diversión.
▪ Técnicas dramáticas e dancísticas elementais.

▪ Capacidades expresivas e creativas básicas da expresión corporal e dramática.

▪ Fases do proceso creativo: planificación guiada e experimentación.

▪ Valoración e interese, tanto do proceso coma do produto final, en producións escénicas e performativas.

▪ Normas elementais de comportamento e actitude positiva na creación e interpretación de propostas vinculadas coa
expresión corporal e dramática.

Segundo ciclo

3.º curso

Área de Música e Danza


Segundo ciclo
3.º curso

Bloque 1. Educación musical: percepción e análise

Criterios de avaliación Obxectivos

▪ CA1.1. Recoñecer propostas artísticas musicais de diferentes xéneros, estilos, épocas e culturas, a OBX1
través da recepción activa e mostrando curiosidade por estas.

▪ CA1.2. Describir características elementais de manifestacións culturais e artísticas musicais, explo- OBX1
rándoas con interese, establecendo relacións básicas entre elas, así como as principais profesións vin-
culadas á creación e interpretación musical, e empregando o vocabulario específico básico destas.

▪ CA1.3. Identificar visual e auditivamente, clasificar, describir e representar elementos fundamentais da OBX2
música e da linguaxe musical.

▪ CA1.4. Seleccionar e aplicar estratexias básicas para a procura guiada de información sobre manifes- OBX3
tacións culturais e artísticas musicais, a través de canles e medios de acceso sinxelos, de forma indivi-
dual e colaborativa.

▪ CA1.5. Identificar os elementos característicos básicos das distintas manifestacións culturais e artísticas OBX3
musicais que forman parte do patrimonio de diversas contornas, indicando as canles, medios e técnicas
utilizados, analizando as súas diferenzas e similitudes e reflexionando sobre as sensacións producidas.

▪ CA1.6. Manifestar respecto na recepción de propostas artísticas musicais, interiorizando as normas OBX1
elementais de comportamento e mostrando unha actitude positiva.

Edificio Administrativo San Caetano, s/n


15781 Santiago de Compostela
www.edu.xunta.gal Páxina 352 de 375
Contidos

▪ Estratexias básicas de recepción activa.

▪ Principais profesións vinculadas á creación e interpretación musical.

▪ O son e as súas calidades: identificación visual e auditiva, clasificación e representación elemental de diversidade de
sons e estruturas rítmicas e melódicas a través de grafías convencionais e non convencionais.
▪ A voz e os instrumentos musicais. Principais agrupacións e familias. Identificación visual e auditiva. Obxectos sonoros
e instrumentos caseiros presentes na contorna do alumnado.
▪ O tempo, o carácter e a dinámica: identificación dos máis característicos.

▪ O pulso, o acento e o compás: identificación e diferenciación entre compás binario e ternario en fragmentos e pezas
musicais seleccionadas.
▪ Propostas musicais de diferentes correntes estéticas, procedencias e épocas producidas por creadoras e creadores
locais, rexionais e nacionais.
▪ Estratexias básicas de análises de propostas musicais desde unha perspectiva de xénero.

▪ Vocabulario específico de uso común en música.

▪ Recursos dixitais de uso común para música.

▪ Normas básicas de comportamento e actitude positiva na recepción de propostas musicais. O silencio como elemento
e condición indispensable para manter a atención durante a audición.

Bloque 2. Educación musical: creación e interpretación

Criterios de avaliación Obxectivos

▪ CA2.1. Producir obras propias básicas utilizando as posibilidades expresivas do corpo, o son, a imaxe OBX4
e os medios dixitais básicos e mostrando confianza nas capacidades propias.

▪ CA2.2. Expresar con creatividade ideas, sentimentos e emocións a través de manifestacións artísticas OBX4
musicais básicas, experimentando coas diferentes linguaxes e instrumentos ao seu alcance.

▪ CA2.3. Utilizar elementos básicos da linguaxe musical para interpretar propostas musicais básicas vo- OBX4
cais e instrumentais, a través da vivencia destes.

▪ CA2.4. Participar de maneira guiada no deseño de producións culturais e artísticas musicais, traba- OBX5
llando de forma cooperativa na consecución dun resultado final planificado e asumindo diferentes roles,
desde a igualdade e o respecto á diversidade.

▪ CA2.5. Participar no proceso cooperativo de producións culturais e artísticas, de forma creativa, utili- OBX5
zando elementos básicos da linguaxe musical e diferentes técnicas artísticas.

▪ CA2.6. Compartir as experiencias creativas musicais, empregando estratexias comunicativas básicas OBX5
e explicando o proceso e o resultado final obtido.

▪ CA2.7. Manifestar respecto na realización de actividades, interiorizando as normas elementais de com- OXB5
portamento e mostrando actitude positiva e empática cara á expresión de ideas, sentimentos e emo-
cións dos demais.

Edificio Administrativo San Caetano, s/n


15781 Santiago de Compostela
www.edu.xunta.gal Páxina 353 de 375
Contidos

▪ Práctica instrumental, vocal e corporal: experimentación, exploración creativa, interpretación e improvisación guiada
a partir das súas posibilidades sonoras e expresivas. Respiración consciente e hixiene e corrección postural.
▪ Construción elemental guiada de obxectos sonoros e instrumentos sinxelos con materiais da contorna, especialmente
de reciclaxe, e exploración das súas posibilidades sonoras.
▪ Linguaxes musicais: aplicación dos seus conceptos básicos na interpretación e na improvisación guiada de propostas
musicais vocais e instrumentais. Recoñecemento e utilización do silencio na interpretación musical.
▪ Fases do proceso creativo: planificación guiada e experimentación.

▪ Valoración e interese, tanto do proceso coma do produto final, en producións musicais.

▪ Normas elementais de comportamento e actitude positiva na creación e interpretación de propostas musicais. O si-
lencio como elemento e condición indispensable durante a creación e a práctica musical.

Bloque 3. Educación en artes escénicas e performativas: percepción e análise

Criterios de avaliación Obxectivos

▪ CA3.1. Recoñecer propostas artísticas escénicas e performativas de diferentes xéneros, estilos, épocas OBX1
e culturas, a través da recepción activa e mostrando curiosidade por estas.

▪ CA3.2. Describir características elementais de manifestacións culturais e artísticas escénicas e perfor- OBX1
mativas explorando as súas características con interese, establecendo relacións básicas entre elas, así
como as principais profesións vinculadas á creación e interpretación escénica e performativa, e empre-
gando o vocabulario específico básico destas.

▪ CA3.3. Seleccionar e aplicar estratexias básicas para a procura guiada de información sobre manifes- OBX3
tacións culturais e artísticas escénicas e performativas, a través de canles e medios de acceso sinxelos,
de forma individual e colaborativa.

▪ CA3.4. Identificar os elementos característicos básicos das distintas manifestacións culturais e artísticas OBX3
escénicas e performativas que forman parte do patrimonio de diversas contornas, indicando as canles,
medios e técnicas utilizados, analizando as súas diferenzas e similitudes e reflexionando sobre as sen-
sacións producidas.

▪ CA3.5. Manifestar respecto na recepción de propostas artísticas escénicas e performativas, interiori- OBX1
zando as normas elementais de comportamento e mostrando unha actitude positiva.

Contidos

▪ Estratexias básicas de recepción activa.

▪ Manifestacións básicas vinculadas á expresión corporal e ás artes escénicas e performativas de diferentes correntes
estéticas, procedencias e épocas producidas por creadoras e creadores locais, rexionais e nacionais.
▪ Estratexias básicas de análises de propostas escénicas e performativas desde unha perspectiva de xénero.

▪ Vocabulario específico de uso común nas artes escénicas e performativas.

▪ Recursos dixitais de uso común para as artes escénicas e performativas.

Edificio Administrativo San Caetano, s/n


15781 Santiago de Compostela
www.edu.xunta.gal Páxina 354 de 375
▪ Principais profesións vinculadas ás artes escénicas e performativas. Recoñecemento básico.

▪ Aproximación aos elementos básicos da representación escénica. Roles, materiais e espazos.

▪ Normas elementais de comportamento e actitude positiva na recepción de propostas vinculadas coa expresión cor-
poral e dramática en diferentes espazos culturais e artísticos. O silencio como elemento e condición indispensable
para manter a atención durante a recepción.

Bloque 4. Educación en artes escénicas e performativas: creación e interpretación

Criterios de avaliación Obxectivos

▪ CA4.1. Producir obras propias básicas utilizando as posibilidades expresivas do corpo, o son, a imaxe OBX4
e diferentes ferramentas de expresión artística, incluídos os medios dixitais básicos, e mostrando con-
fianza nas capacidades propias.

▪ CA4.2. Expresar con creatividade ideas, sentimentos e emocións a través de manifestacións artísticas OBX4
escénicas e performativas básicas, experimentando coas diferentes linguaxes e instrumentos ao seu
alcance.

▪ CA4.3. Participar de maneira guiada no deseño de producións culturais e artísticas escénicas e perfor- OBX5
mativas, traballando de forma cooperativa na consecución dun resultado final planificado e asumindo
diferentes roles, desde a igualdade e o respecto á diversidade.

▪ CA4.4. Participar no proceso cooperativo de producións culturais e artísticas escénicas e performativas, OBX5
de forma creativa, utilizando elementos básicos da expresión corporal e diferentes técnicas artísticas.

▪ CA4.5. Compartir as experiencias creativas escénicas e performativas, empregando estratexias comu- OBX5
nicativas básicas e explicando o proceso e o resultado final obtido.

▪ CA4.6. Manifestar respecto na creación e interpretación de propostas artísticas escénicas e performa- OBX5
tivas, interiorizando as normas elementais de comportamento e mostrando unha actitude positiva e
empática cara á expresión de ideas, sentimentos e emocións dos demais.

Contidos

▪ O corpo e as súas posibilidades motrices e creativas: interese na experimentación e exploración a través de execu-
cións individuais e grupais sinxelas vinculadas co movemento, coa danza, coa dramatización e coa representación
teatral, como medio de expresión e diversión.
▪ Técnicas básicas dramáticas e dancísticas de uso común. Respiración consciente e hixiene e corrección postural.
Linguaxes expresivas básicas. Actos performativos elementais. Improvisación guiada. Interese, práctica e confianza
nun mesmo.
▪ Capacidades expresivas e creativas de uso común da expresión corporal e dramática.

▪ Fases do proceso creativo: planificación guiada e experimentación.

▪ Valoración e interese, tanto do proceso coma do produto final, en producións escénicas e performativas.

▪ Normas elementais de comportamento e actitude positiva na creación e interpretación de propostas vinculadas coa
expresión corporal e dramática.

Edificio Administrativo San Caetano, s/n


15781 Santiago de Compostela
www.edu.xunta.gal Páxina 355 de 375
4.º curso

Área de Música e Danza


Segundo ciclo
4.º curso

Bloque 1. Educación musical: percepción e análise

Criterios de avaliación Obxecti-


vos

▪ CA1.1. Recoñecer propostas artísticas musicais de diferentes xéneros, estilos, épocas e culturas, a OBX1
través da recepción activa e mostrando curiosidade por estas.

▪ CA1.2. Describir características elementais de manifestacións culturais e artísticas musicais, explo- OBX1
rándoas con interese, establecendo relacións básicas entre elas, así como as principais profesións
vinculadas á creación e interpretación musical, e empregando o vocabulario específico básico destas.

▪ CA1.3. Identificar visual e auditivamente, clasificar, describir e representar elementos fundamentais OBX2
da música e da linguaxe musical.

▪ CA1.4. Seleccionar e aplicar estratexias básicas para a procura guiada de información sobre manifes- OBX3
tacións culturais e artísticas musicais, a través de canles e medios de acceso sinxelos, de forma indi-
vidual e colaborativa.

▪ CA1.5. Identificar os elementos característicos básicos das distintas manifestacións culturais e artísti- OBX3
cas musicais que forman parte do patrimonio de diversas contornas, indicando as canles, medios e
técnicas utilizados, analizando as súas diferenzas e similitudes e reflexionando sobre as sensacións
producidas.

▪ CA1.6. Manifestar respecto na recepción de propostas artísticas musicais, interiorizando as normas OBX1
elementais de comportamento e mostrando unha actitude positiva.

Contidos

▪ Estratexias básicas de recepción activa.

▪ Principais profesións vinculadas á creación e interpretación musical.

▪ O son e as súas calidades: identificación visual e auditiva, clasificación e representación elemental de diversidade
de sons e estruturas rítmicas e melódicas, a través de grafías convencionais e non convencionais.
▪ A voz e os instrumentos musicais. Principais agrupacións e familias. Identificación visual e auditiva. Obxectos sono-
ros e instrumentos caseiros presentes na contorna do alumnado.
▪ O tempo, o carácter e a dinámica: identificación e descrición básica dos máis característicos.

▪ O pulso, o acento e o compás: identificación e diferenciación entre compás binario e ternario en fragmentos e pezas
musicais seleccionadas.
▪ Propostas musicais de diferentes correntes estéticas, procedencias e épocas producidas por creadoras e creadores
locais, rexionais e nacionais.
▪ Estratexias básicas de análises de propostas musicais desde unha perspectiva de xénero.

▪ Vocabulario específico de uso común en música.

▪ Recursos dixitais de uso común para música.

▪ Normas elementais de comportamento e actitude positiva na recepción de propostas musicais. O silencio como

Edificio Administrativo San Caetano, s/n


15781 Santiago de Compostela
www.edu.xunta.gal Páxina 356 de 375
elemento e condición indispensable para manter a atención durante a audición.

Bloque 2. Educación musical: creación e interpretación

Criterios de avaliación Obxecti-


vos

▪ CA2.1. Producir obras propias básicas utilizando as posibilidades expresivas do corpo, o son, a imaxe OBX4
e os medios dixitais básicos e mostrando confianza nas capacidades propias.

▪ CA2.2. Expresar con creatividade ideas, sentimentos e emocións a través de manifestacións artísticas OBX4
musicais básicas, experimentando coas diferentes linguaxes e instrumentos ao seu alcance.

▪ CA2.3. Utilizar elementos básicos da linguaxe musical para interpretar propostas musicais básicas OBX4
vocais e instrumentais, a través da vivencia destes.

▪ CA2.4. Participar de maneira guiada no deseño de producións culturais e artísticas musicais, traba- OBX5
llando de forma cooperativa na consecución dun resultado final planificado e asumindo diferentes ro-
les, desde a igualdade e o respecto á diversidade.

▪ CA2.5. Participar no proceso cooperativo de producións culturais e artísticas, de forma creativa e uti- OBX5
lizando elementos básicos da linguaxe musical e diferentes técnicas artísticas.

▪ CA2.6. Compartir as experiencias creativas musicais, empregando estratexias comunicativas básicas OBX5
e explicando o proceso e o resultado final obtido.

▪ CA2.7. Manifestar respecto na realización de actividades, interiorizando as normas elementais de OBX5


comportamento e mostrando actitude positiva e empática cara á expresión de ideas, sentimentos e
emocións dos demais.

Contidos

▪ Práctica instrumental, vocal e corporal: experimentación, exploración creativa, interpretación e improvisación guiada
a partir das súas posibilidades sonoras e expresivas. Respiración consciente e hixiene e corrección postural.
▪ Construción elemental guiada de obxectos sonoros e instrumentos sinxelos con materiais da contorna, especial-
mente de reciclaxe, e exploración das súas posibilidades sonoras.
▪ Linguaxes musicais: aplicación dos seus conceptos básicos na interpretación e na improvisación guiada de propos-
tas musicais vocais e instrumentais. Recoñecemento e utilización do silencio na interpretación musical.
▪ Aplicacións informáticas básicas de gravación e edición de audio: utilización guiada na audición, coñecemento, in-
terpretación, gravación e reprodución de obras diversas.
▪ Fases do proceso creativo: planificación guiada e experimentación.

▪ Valoración e interese, tanto do proceso coma do produto final, en producións musicais.

▪ Normas elementais de comportamento e actitude positiva na creación e interpretación de propostas musicais. O


silencio como elemento e condición indispensable durante a creación e a práctica musical.

Bloque 3. Educación en artes escénicas e performativas: percepción e análise

Criterios de avaliación Obxecti-


vos

▪ CA3.1. Recoñecer propostas artísticas escénicas e performativas de diferentes xéneros, estilos, épo- OBX1
cas e culturas, a través da recepción activa e mostrando curiosidade por estas.

▪ CA3.2. Describir características elementais de manifestacións culturais e artísticas escénicas e OBX1

Edificio Administrativo San Caetano, s/n


15781 Santiago de Compostela
www.edu.xunta.gal Páxina 357 de 375
performativas explorando as súas características con interese, establecendo relacións básicas entre
elas, así como as principais profesións vinculadas á creación e interpretación escénica e performativa,
e empregando o vocabulario específico básico destas.

▪ CA3.3. Seleccionar e aplicar estratexias básicas para a procura guiada de información sobre manifes- OBX3
tacións culturais e artísticas escénicas e performativas, a través de canles e medios de acceso sinxe-
los, de forma individual e colaborativa.

▪ CA3.4. Identificar os elementos característicos básicos das distintas manifestacións culturais e artísti- OBX3
cas escénicas e performativas que forman parte do patrimonio de diversas contornas, indicando as
canles, medios e técnicas utilizados, analizando as súas diferenzas e similitudes e reflexionando sobre
as sensacións producidas.

▪ CA3.5. Manifestar respecto na recepción de propostas artísticas escénicas e performativas, interiori- OBX1
zando as normas elementais de comportamento e mostrando unha actitude positiva.

Contidos

▪ Estratexias básicas de recepción activa.

▪ Manifestacións básicas vinculadas á expresión corporal e ás artes escénicas e performativas de diferentes correntes
estéticas, procedencias e épocas producidas por creadoras e creadores locais, rexionais e nacionais.
▪ Estratexias básicas de análises de propostas escénicas e performativas desde unha perspectiva de xénero.

▪ Vocabulario específico de uso común nas artes escénicas e performativas.

▪ Recursos dixitais de uso común para as artes escénicas e performativas.

▪ Principais profesións vinculadas ás artes escénicas.

▪ Elementos básicos da representación escénica. Roles, materiais e espazos.

▪ Normas elementais de comportamento e actitude positiva na recepción de propostas vinculadas coa expresión cor-
poral e dramática en diferentes espazos culturais e artísticos. O silencio como elemento e condición indispensable
para manter a atención durante a recepción.

Bloque 4. Educación en artes escénicas e performativas: creación e interpretación

Criterios de avaliación Obxecti-


vos

▪ CA4.1. Producir obras propias básicas utilizando as posibilidades expresivas do corpo, o son, a imaxe OBX4
e diferentes ferramentas de expresión artística, incluídos os medios dixitais básicos e mostrando con-
fianza nas capacidades propias.

▪ CA4.2. Expresar con creatividade ideas, sentimentos e emocións a través de manifestacións artísticas OBX4
escénicas e performativas básicas e experimentando coas diferentes linguaxes e instrumentos ao seu
alcance.

▪ CA4.3. Participar de maneira guiada no deseño de producións culturais e artísticas escénicas e per- OBX5
formativas, traballando de forma cooperativa na consecución dun resultado final planificado e asu-
mindo diferentes roles desde a igualdade e o respecto á diversidade.

▪ CA4.4. Participar no proceso cooperativo de producións culturais e artísticas escénicas e performati- OBX5
vas, de forma creativa, utilizando elementos básicos da expresión corporal e diferentes técnicas artís-
ticas.

Edificio Administrativo San Caetano, s/n


15781 Santiago de Compostela
www.edu.xunta.gal Páxina 358 de 375
▪ CA4.5. Compartir as experiencias creativas escénicas e performativas, empregando estratexias co- OBX5
municativas básicas e explicando o proceso e o resultado final obtido.

▪ CA4.6. Manifestar respecto na creación e interpretación de propostas artísticas escénicas e performa- OBX5
tivas, interiorizando as normas elementais de comportamento e mostrando unha actitude positiva e
empática cara á expresión de ideas, sentimentos e emocións dos demais.

Contidos

▪ O corpo e as súas posibilidades motrices e creativas: interese na experimentación e exploración a través de execu-
cións individuais e grupais sinxelas vinculadas co movemento, coa danza, coa dramatización e coa representación
teatral como medio de expresión e diversión.
▪ Técnicas básicas dramáticas e dancísticas de uso común. Respiración consciente e hixiene e corrección postural.
Linguaxes expresivas básicas. Actos performativos elementais. Improvisación guiada. Interese, práctica e confianza
nun mesmo.
▪ Capacidades expresivas e creativas de uso común da expresión corporal e dramática.

▪ Fases do proceso creativo: planificación guiada e experimentación.

▪ Valoración e interese, tanto do proceso coma do produto final, en producións escénicas e performativas.

▪ Normas elementais de comportamento e actitude positiva na creación e interpretación de propostas vinculadas coa
expresión corporal e dramática.

Terceiro ciclo

5.º curso
Área de Música e Danza
Terceiro ciclo
5.º curso

Bloque 1. Educación musical: percepción e análise

Criterios de avaliación Obxecti-


vos

▪ CA1.1. Distinguir propostas artísticas musicais de diferentes xéneros, estilos, épocas e culturas, a OBX1
través da recepción activa e mostrando curiosidade por estas.

▪ CA1.2. Describir manifestacións culturais e artísticas musicais, explorando as súas características con OBX1
interese, establecendo relacións entre elas, valorando a diversidade que as xera, así como as princi-
pais profesións vinculadas á creación e interpretación musical, e empregando o vocabulario específico
destas.

▪ CA1.3. Identificar visual e auditivamente, clasificar, describir e representar elementos da música e da OBX2
linguaxe musical.

▪ CA1.4. Seleccionar e aplicar estratexias para a procura de información sobre manifestacións culturais OBX3
e artísticas musicais a través de diversas canles e medios de acceso, de forma individual e colabora-
tiva.

▪ CA1.5. Comparar o significado e os elementos característicos de distintas manifestacións culturais e OBX3


artísticas musicais que forman parte do patrimonio de diversas contornas, analizando as canles,

Edificio Administrativo San Caetano, s/n


15781 Santiago de Compostela
www.edu.xunta.gal Páxina 359 de 375
medios e técnicas vinculados a elas, así como as súas diferenzas e similitudes, e desenvolvendo
criterios de valoración propios.

▪ CA1.6. Valorar as sensacións e emocións producidas por diferentes manifestacións culturais e artísti- OBX3
cas musicais, a partir da análise e da comprensión das devanditas manifestacións.

▪ CA1.7. Manifestar respecto na recepción de propostas artísticas musicais, interiorizando as normas OBX1
elementais de comportamento e mostrando unha actitude positiva.

Contidos

▪ Estratexias de recepción activa.

▪ Profesións vinculadas á creación e interpretación musical. Coñecemento e valoración.

▪ O son e as súas calidades: identificación visual e auditiva, clasificación e representación de diversidade de sons e
estruturas rítmicas e melódicas a través de grafías convencionais e non convencionais.
▪ A voz e os instrumentos musicais. Familias e agrupacións máis representativas. Clasificación e comprensión da
natureza da produción sonora en cada tipo. Identificación visual e auditiva. Instrumentos tradicionais na música
galega. Instrumentos dixitais. Aproximación a instrumentos non convencionais e exóticos. Instrumentos caseiros.
▪ O tempo, o carácter e a dinámica: identificación e descrición.

▪ O pulso, o acento e o compás: identificación e diferenciación entre compás binario, ternario e cuaternario. Introdución
ao concepto de subdivisión.
▪ A melodía e a forma musical. Repetición e variación melódica.

▪ Propostas musicais de diferentes correntes estéticas, procedencias e épocas producidas por creadoras e creadores
locais, rexionais, nacionais e internacionais.
▪ Aproximación aos principais xéneros musicais.

▪ Estratexias básicas de análises de propostas musicais desde unha perspectiva de xénero.

▪ Vocabulario específico de música.

▪ Recursos dixitais de uso común para música.

▪ Normas elementais de comportamento e actitude positiva na recepción de propostas musicais. O silencio como
elemento e condición indispensable para manter a atención durante a audición.

Bloque 2. Educación musical: creación e interpretación

Criterios de avaliación Obxecti-


vos

▪ CA2.1. Producir obras propias básicas utilizando as posibilidades expresivas do corpo, o son, a imaxe OBX4
e os medios dixitais básicos e mostrando confianza nas capacidades propias.

▪ CA2.2. Expresar con creatividade ideas, sentimentos e emocións a través de diversas manifestacións OBX4
artísticas musicais, utilizando as diferentes linguaxes e instrumentos ao seu alcance, mostrando con-
fianza nas propias capacidades e perfeccionando a execución.

▪ CA2.3. Utilizar elementos da linguaxe musical para interpretar propostas musicais vocais e instrumen- OBX4
tais sinxelas a través da vivencia destes.

▪ CA2.4. Planificar e deseñar producións culturais e artísticas musicais colectivas, traballando de forma OBX5
cooperativa na consecución dun resultado final que cumpra cuns obxectivos acordados e asumindo
diferentes roles, desde a igualdade e o respecto á diversidade.

Edificio Administrativo San Caetano, s/n


15781 Santiago de Compostela
www.edu.xunta.gal Páxina 360 de 375
▪ CA2.5. Participar no proceso cooperativo de producións culturais e artísticas musicais, de forma cre- OBX5
ativa, utilizando elementos básicos da linguaxe musical e diferentes técnicas artísticas.

▪ CA2.6. Compartir os proxectos creativos musicais, empregando diferentes estratexias comunicativas OBX5
a través de diversos medios e explicando o proceso e o resultado final obtido.

▪ CA2.7. Manifestar respecto na realización de actividades, interiorizando as normas elementais de OBX5


comportamento e mostrando unha actitude positiva e empática cara á expresión de ideas, sentimentos
e emocións dos demais.

Contidos

▪ Práctica instrumental, vocal e corporal: experimentación, exploración creativa, interpretación, improvisación e com-
posición con pautas guiadas a partir das súas posibilidades sonoras e expresivas. Respiración consciente e hixiene
e corrección postural.
▪ Construción de obxectos sonoros e instrumentos e exploración das súas posibilidades sonoras para o seu uso ex-
presivo.
▪ Linguaxes musicais: aplicación dos seus conceptos fundamentais na interpretación e na improvisación guiada de
propostas musicais vocais e instrumentais. O silencio como elemento fundamental da música: utilización adecuada
na interpretación musical.
▪ Aplicacións informáticas de gravación, edición de audio e edición de partituras: utilización guiada na audición, coñe-
cemento, interpretación, gravación, reprodución, improvisación e creación de obras diversas.
▪ Aproximación ao uso responsable de bancos de imaxes e sons: respecto ás licenzas de uso e distribución de con-
tidos xerados por outros. Plaxio e dereitos de autor.
▪ Fases do proceso creativo: planificación, interpretación, experimentación e avaliación.

▪ Avaliación, interese e valoración, tanto do proceso coma do produto final, en producións musicais.

▪ Normas elementais de comportamento e actitude positiva na creación e interpretación de propostas musicais. O


silencio como elemento e condición indispensable durante a creación e a práctica musical.

Bloque 3. Educación en artes escénicas e performativas: percepción e análise

Criterios de avaliación Obxecti-


vos

▪ CA3.1. Distinguir propostas artísticas escénicas e performativas de diferentes xéneros, estilos, épocas OBX1
e culturas, a través da recepción activa e mostrando curiosidade por estas.

▪ CA3.2. Describir manifestacións culturais e artísticas escénicas e performativas explorando as súas OBX1
características con interese, establecendo relacións entre elas, valorando a diversidade que as xera,
así como as principais profesións vinculadas á creación e interpretación escénica e performativa, e
empregando o vocabulario específico destas.

▪ CA3.3. Seleccionar e aplicar estratexias para a procura de información sobre manifestacións culturais OBX3
e artísticas escénicas e performativas a través de diversas canles e medios de acceso, de forma indi-
vidual e colaborativa.

▪ CA3.4. Comparar o significado e os elementos característicos de distintas manifestacións culturais e OBX3


artísticas escénicas e performativas que forman parte do patrimonio de diversas contornas, analizando
as canles, medios e técnicas vinculados a elas, así como as súas diferenzas e similitudes, e desen-
volvendo criterios de valoración propios.

Edificio Administrativo San Caetano, s/n


15781 Santiago de Compostela
www.edu.xunta.gal Páxina 361 de 375
▪ CA3.5. Valorar as sensacións e emocións producidas por diferentes manifestacións culturais e artísti- OBX3
cas escénicas e performativas, a partir da análise e da comprensión das devanditas manifestacións.

▪ CA3.6. Manifestar respecto na recepción de propostas artísticas escénicas e performativas, interiori- OBX1
zando as normas de respecto de comportamento e mostrando unha actitude positiva.

Contidos

▪ Estratexias de recepción activa.

▪ Manifestacións vinculadas á expresión corporal e ás artes escénicas e performativas de diferentes correntes estéti-
cas, procedencias e épocas producidas por creadoras e creadores locais, rexionais, nacionais e internacionais.
▪ Profesións vinculadas ás artes escénicas e performativas. Coñecemento e valoración.

▪ Elementos da representación escénica. Roles, materiais e espazos. Teatralidade. Estrutura dramática básica.

▪ Estratexias básicas de análises de propostas escénicas e performativas desde unha perspectiva de xénero.

▪ Vocabulario específico das artes escénicas e performativas.

▪ Recursos dixitais de uso común para as artes escénicas e performativas.

▪ Normas de comportamento e actitude positiva na recepción de propostas vinculadas coa expresión corporal e dra-
mática en diferentes espazos culturais e artísticos. O silencio como elemento e condición indispensable para manter
a atención durante a recepción.

Bloque 4. Educación en artes escénicas e performativas: creación e interpretación

Criterios de avaliación Obxecti-


vos

▪ CA4.1. Producir obras propias básicas utilizando as posibilidades expresivas do corpo, o son, a imaxe OBX4
e os medios dixitais básicos e mostrando confianza nas capacidades propias.

▪ CA4.2. Expresar con creatividade ideas, sentimentos e emocións a través de diversas manifestacións OBX4
artísticas escénicas e performativas, utilizando as diferentes linguaxes e instrumentos ao seu alcance,
mostrando confianza nas propias capacidades e perfeccionando a execución.

▪ CA4.3. Planificar e deseñar producións culturais e artísticas escénicas e performativas colectivas, tra- OBX5
ballando de forma cooperativa na consecución dun resultado final que cumpra cuns obxectivos acor-
dados e asumindo diferentes roles, desde a igualdade e o respecto á diversidade.

▪ CA4.4. Participar no proceso cooperativo de producións culturais e artísticas escénicas e performati- OBX5
vas, de forma creativa, utilizando elementos básicos da expresión corporal e diferentes técnicas artís-
ticas.

▪ CA4.5. Compartir os proxectos creativos escénicos e performativos empregando diferentes estratexias OBX5
comunicativas a través de diversos medios e explicando o proceso e o resultado final obtido.

▪ CA4.6. Manifestar respecto na creación e interpretación de propostas artísticas escénicas e performa- OBX5
tivas, interiorizando as normas elementais de comportamento e mostrando unha actitude positiva e
empática cara á expresión de ideas, sentimentos e emocións dos demais.

Contidos

▪ O corpo e as súas posibilidades motrices, dramáticas e creativas: interese na experimentación e exploración a través
de execucións individuais e grupais vinculadas co movemento, coa danza, coa dramatización e coa representación
teatral como medio de expresión e diversión.

Edificio Administrativo San Caetano, s/n


15781 Santiago de Compostela
www.edu.xunta.gal Páxina 362 de 375
▪ Técnicas básicas dramáticas e dancísticas. Respiración consciente e hixiene e corrección postural. Nocións ele-
mentais de biomecánica. Linguaxes expresivas. Introdución aos métodos interpretativos. Experimentación con actos
performativos. Improvisación guiada e creativa. Interese, práctica e confianza nun mesmo.
▪ Aproximación ao uso responsable de bancos de imaxes e sons: respecto ás licenzas de uso e distribución de con-
tidos xerados por outros. Plaxio e dereitos de autor.
▪ Capacidades expresivas e creativas básicas da expresión corporal e dramática. Gozar como forma de interacción
social, recurso expresivo e emotivo e deleite estético.
▪ Fases do proceso creativo: planificación, interpretación, experimentación e avaliación.

▪ Avaliación, interese e valoración, tanto do proceso coma do produto final, en producións escénicas e performativas.

▪ Normas elementais de comportamento e actitude positiva na creación e interpretación de propostas vinculadas coa
expresión corporal e dramática.

6.º curso
Área de Música e Danza
Terceiro ciclo
6.º curso

Bloque 1. Educación musical: percepción e análise

Criterios de avaliación Obxecti-


vos

▪ CA1.1. Distinguir propostas artísticas musicais de diferentes xéneros, estilos, épocas e culturas, a OBX1
través da recepción activa e mostrando curiosidade por estas.

▪ CA1.2. Describir manifestacións culturais e artísticas musicais, explorando as súas características con OBX1
interese, establecendo relacións entre elas, valorando a diversidade que as xera, así como as princi-
pais profesións vinculadas á creación e interpretación musical, e empregando o vocabulario específico
destas.

▪ CA1.3. Identificar visual e auditivamente, clasificar, describir e representar elementos da música e da OBX2
linguaxe musical.

▪ CA1.4. Seleccionar e aplicar estratexias para a procura de información sobre manifestacións culturais OBX3
e artísticas musicais a través de diversas canles e medios de acceso, de forma individual e colabora-
tiva.

▪ CA1.5. Comparar o significado e os elementos característicos de distintas manifestacións culturais e OBX3


artísticas musicais que forman parte do patrimonio de diversas contornas, analizando as canles, me-
dios e técnicas vinculados a elas, así como as súas diferenzas e similitudes, e desenvolvendo criterios
de valoración propios.

▪ CA1.6. Valorar as sensacións e emocións producidas por diferentes manifestacións culturais e artísti- OBX3
cas musicais, a partir da análise e da comprensión das devanditas manifestacións.

▪ CA1.7. Manifestar respecto na recepción de propostas artísticas musicais, interiorizando as normas OBX1
elementais de comportamento e mostrando unha actitude positiva.

Contidos

Edificio Administrativo San Caetano, s/n


15781 Santiago de Compostela
www.edu.xunta.gal Páxina 363 de 375
▪ Estratexias de recepción activa.

▪ Profesións vinculadas á creación e interpretación musical. Coñecemento e valoración.

▪ O son e as súas calidades: identificación visual e auditiva, clasificación e representación de diversidade de sons e
estruturas rítmicas e melódicas a través de grafías convencionais e non convencionais.
▪ A voz e os instrumentos musicais. Familias e agrupacións. Clasificación e comprensión dos mecanismos de produ-
ción sonora en cada un. Identificación visual e auditiva. Instrumentos tradicionais na música galega. Instrumentos
dixitais. Instrumentos non convencionais e exóticos. Instrumentos caseiros.
▪ O tempo, o carácter e a dinámica: identificación e descrición.

▪ O pulso, o acento e o compás: identificación e diferenciación entre compás binario, ternario e cuaternario. Introdución
á diferenciación auditiva entre subdivisión binaria e ternaria.
▪ A melodía e a forma musical. Identificación de formas sinxelas: monotemáticas, binarias, ternarias, canción popular,
rondó simple e canon.
▪ A harmonía. Concepto de acorde, consonancia e disonancia. Diferenciación auditiva entre acorde maior e menor.

▪ A textura. Aproximación á discriminación auditiva de monodia, melodía acompañada e textura fuxida.

▪ Propostas musicais de diferentes correntes estéticas, procedencias e épocas producidas por creadoras e creadores
locais, rexionais, nacionais e internacionais.
▪ Principais xéneros musicais.

▪ Estratexias básicas de análises de propostas musicais desde unha perspectiva de xénero.

▪ Vocabulario específico de música.

▪ Recursos dixitais de uso común para música.

▪ Normas elementais de comportamento e actitude positiva na recepción de propostas musicais. O silencio como
elemento e condición indispensable para manter a atención durante a audición.

Bloque 2. Educación musical: creación e interpretación

Criterios de avaliación Obxecti-


vos

▪ CA2.1. Producir obras propias básicas utilizando as posibilidades expresivas do corpo, o son, a imaxe OBX4
e os medios dixitais básicos e mostrando confianza nas capacidades propias.

▪ CA2.2. Expresar con creatividade ideas, sentimentos e emocións a través de diversas manifestacións OBX4
artísticas musicais, utilizando as diferentes linguaxes e instrumentos ao seu alcance, mostrando con-
fianza nas propias capacidades e perfeccionando a execución.

▪ CA2.3. Utilizar elementos da linguaxe musical para interpretar propostas musicais vocais e instrumen- OBX4
tais sinxelas a través da vivencia destes.

▪ CA2.4. Planificar e deseñar producións culturais e artísticas musicais colectivas, traballando de forma OBX5
cooperativa na consecución dun resultado final que cumpra cuns obxectivos acordados e asumindo
diferentes roles, desde a igualdade e o respecto á diversidade.

▪ CA2.5. Participar no proceso cooperativo de producións culturais e artísticas musicais, de forma cre- OBX5
ativa, utilizando elementos básicos da linguaxe musical e diferentes técnicas artísticas.

▪ CA2.6. Compartir os proxectos creativos musicais empregando diferentes estratexias comunicativas OBX5
a través de diversos medios e explicando o proceso e o resultado final obtido.

Edificio Administrativo San Caetano, s/n


15781 Santiago de Compostela
www.edu.xunta.gal Páxina 364 de 375
▪ CA2.7. Manifestar respecto na realización de actividades, interiorizando as normas elementais de OBX5
comportamento e mostrando unha actitude positiva e empática cara á expresión de ideas, sentimentos
e emocións dos demais.

Contidos

▪ Práctica instrumental, vocal e corporal: experimentación, exploración creativa, interpretación, improvisación e com-
posición con pautas guiadas a partir das súas posibilidades sonoras e expresivas. Respiración consciente e hixiene
e corrección postural.
▪ Construción de obxectos sonoros e instrumentos e exploración das súas posibilidades sonoras para o seu uso ex-
presivo.
▪ Linguaxes musicais: aplicación dos seus conceptos fundamentais na interpretación e na improvisación guiada de
propostas musicais vocais e instrumentais. O silencio como elemento fundamental da música: utilización adecuada
na interpretación musical.
▪ Aplicacións informáticas de gravación, edición de audio e edición de partituras: utilización guiada na audición, coñe-
cemento, interpretación, gravación, reprodución, improvisación e creación de obras diversas.
▪ Uso responsable de bancos de imaxes e sons: respecto ás licenzas de uso e distribución de contidos xerados por
outros. Plaxio e dereitos de autor.
▪ Fases do proceso creativo: planificación, interpretación, experimentación e avaliación.

▪ Avaliación, interese e valoración, tanto do proceso coma do produto final, en producións musicais.

▪ Normas elementais de comportamento e actitude positiva na creación e interpretación de propostas musicais. O


silencio como elemento e condición indispensable durante a creación e a práctica musical.

Bloque 3. Educación en artes escénicas e performativas: percepción e análise

Criterios de avaliación Obxecti-


vos

▪ CA3.1. Distinguir propostas artísticas escénicas e performativas de diferentes xéneros, estilos, épocas OBX1
e culturas, a través da recepción activa e mostrando curiosidade por estas.

▪ CA3.2. Describir manifestacións culturais e artísticas escénicas e performativas explorando as súas OBX1
características con interese, establecendo relacións entre elas, valorando a diversidade que as xera,
así como as principais profesións vinculadas á creación e interpretación escénica e performativa, e
empregando o vocabulario específico destas.

▪ CA3.3. Seleccionar e aplicar estratexias para a procura de información sobre manifestacións culturais OBX3
e artísticas escénicas e performativas a través de diversas canles e medios de acceso, de forma indi-
vidual e colaborativa.

▪ CA3.4. Comparar o significado e os elementos característicos de distintas manifestacións culturais e OBX3


artísticas escénicas e performativas que forman parte do patrimonio de diversas contornas, analizando
as canles, medios e técnicas vinculados a elas, así como as súas diferenzas e similitudes, e desen-
volvendo criterios de valoración propios.

▪ CA3.5. Valorar as sensacións e emocións producidas por diferentes manifestacións culturais e artísti- OBX3
cas escénicas e performativas, a partir da análise e da comprensión das devanditas manifestacións.

▪ CA3.6. Manifestar respecto na recepción de propostas artísticas escénicas e performativas, interiori- OBX1
zando as normas de respecto e mostrando unha actitude positiva.

Edificio Administrativo San Caetano, s/n


15781 Santiago de Compostela
www.edu.xunta.gal Páxina 365 de 375
Contidos

▪ Estratexias de recepción activa.

▪ Manifestacións vinculadas á expresión corporal e ás artes escénicas e performativas de diferentes correntes estéti-
cas, procedencias e épocas producidas por creadoras e creadores locais, rexionais, nacionais e internacionais.
▪ Profesións vinculadas ás artes escénicas performativas. Coñecemento e valoración.

▪ Xéneros escénicos: aproximación a estes. Valoración da importancia da interpretación dramática no proceso artís-
tico e do patrimonio vinculado ás artes escénicas e performativas.
▪ Elementos fundamentais da representación escénica. Roles, materiais e espazos. Teatralidade. Estrutura dramática
básica.
▪ Estratexias básicas de análises de propostas escénicas e performativas desde unha perspectiva de xénero.

▪ Vocabulario específico das artes escénicas e performativas.

▪ Recursos dixitais de uso común para as artes escénicas e performativas.

▪ Normas de comportamento e actitude positiva na recepción de propostas vinculadas coa expresión corporal e dra-
mática en diferentes espazos culturais e artísticos. O silencio como elemento e condición indispensable para manter
a atención durante a recepción.

Bloque 4. Educación en artes escénicas e performativas: creación e interpretación

Criterios de avaliación Obxecti-


vos

▪ CA4.1. Producir obras propias básicas utilizando as posibilidades expresivas do corpo, o son, a imaxe OBX4
e os medios dixitais básicos, e mostrando confianza nas capacidades propias.

▪ CA4.2. Expresar con creatividade ideas, sentimentos e emocións a través de diversas manifestacións OBX4
artísticas escénicas e performativas, utilizando as diferentes linguaxes e instrumentos ao seu alcance,
mostrando confianza nas propias capacidades e perfeccionando a execución.

▪ CA4.3. Planificar e deseñar producións culturais e artísticas escénicas e performativas colectivas, tra- OBX5
ballando de forma cooperativa na consecución dun resultado final que cumpra cuns obxectivos acor-
dados e asumindo diferentes roles desde a igualdade e o respecto á diversidade.

▪ CA4.4. Participar no proceso cooperativo de producións culturais e artísticas escénicas e performati- OBX5
vas, de forma creativa, utilizando elementos básicos da expresión corporal e diferentes técnicas artís-
ticas.

▪ CA4.5. Compartir os proxectos creativos escénicos e performativos, empregando diferentes estrate- OBX5
xias comunicativas a través de diversos medios e explicando o proceso e o resultado final obtido.

▪ CA4.6. Manifestar respecto na creación e interpretación de propostas artísticas escénicas e performa- OBX5
tivas, interiorizando as normas elementais de comportamento e mostrando unha actitude positiva e
empática cara á expresión de ideas, sentimentos e emocións dos demais.

Contidos

▪ O corpo e as súas posibilidades motrices, dramáticas e creativas: interese na experimentación e exploración a través
de execucións individuais e grupais vinculadas co movemento, coa danza, coa dramatización e coa representación
teatral como medio de expresión e diversión.
▪ Técnicas básicas dramáticas e dancísticas. Respiración consciente e hixiene e corrección postural. Nocións

Edificio Administrativo San Caetano, s/n


15781 Santiago de Compostela
www.edu.xunta.gal Páxina 366 de 375
elementais de biomecánica. Linguaxes expresivas. Introdución aos métodos interpretativos. Experimentación con
actos performativos. Improvisación guiada e creativa. Interese, práctica e confianza nun mesmo.
▪ Uso responsable de bancos de imaxes e sons: respecto ás licenzas de uso e distribución de contidos xerados por
outros. Plaxio e dereitos de autor.
▪ Capacidades expresivas e creativas básicas da expresión corporal e dramática. Gozar como forma de interacción
social, recurso expresivo e emotivo e deleite estético.
▪ Fases do proceso creativo: planificación, interpretación, experimentación e avaliación.

▪ Avaliación, interese e valoración, tanto do proceso coma do produto final, en producións escénicas e performativas.

▪ Normas elementais de comportamento e actitude positiva na creación e interpretación de propostas vinculadas coa
expresión corporal e dramática.

10.4 Orientacións pedagóxicas


A intervención educativa na área de Música e Danza desenvolverá o seu currículo e tratará de
asentar de xeito gradual e progresivo nos distintos niveis da etapa as aprendizaxes que lle faciliten
ao alumnado o logro dos obxectivos da área e, en combinación co resto das áreas, unha adecuada
adquisición das competencias clave e o logro dos obxectivos da etapa.

Neste sentido, no deseño das actividades, o profesorado terá que considerar a relación existente
entre os obxectivos da área e as competencias clave a través dos descritores operativos do perfil
de saída e as liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe, que se presentan nos apar-
tados seguintes, e seleccionar aqueles criterios de avaliación do currículo que se axusten á finali-
dade buscada, así como empregalos para verificar as aprendizaxes do alumnado e o seu nivel de
desempeño.

Relación entre os obxectivos da área de Música e Danza e as competencias clave a través dos
descritores operativos do perfil de saída establecidos no anexo I

Obxectivos Competencias clave


da área CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC

OBX1 3 1 1 3 1 2 1-2

OBX2 2-4

OBX3 3 3 2 1 4 3 1-2

OBX4 1 2 1-5 2 1 3-4

OBX5 1-5 3 3 2 1-3 3-4

Liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe

– O afondamento progresivo no coñecemento da linguaxe musical e no tratamento dos contidos


da área de Música e Danza ao longo de toda a etapa.

Edificio Administrativo San Caetano, s/n


15781 Santiago de Compostela
www.edu.xunta.gal Páxina 367 de 375
– O uso dunha metodoloxía áxil e dinámica, práctica e realista, activa e participativa, construtiva,
creativa, motivadora, lúdica e amena.

– O emprego de didácticas específicas da ensinanza da música e do movemento (Orff-Schulwerk,


Curwen, Ward, Dalcroze, Kodály, Chevais, Willems, Martenot etc.) que axuden a potenciar no
alumnado as diferentes habilidades de percepción, análise, creación e expresión musicais e do
movemento. Estas metodoloxías pódense empregar dun xeito ecléctico co fin de adaptarse aos
diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado.

– A vivencia dos elementos da linguaxe musical e do movemento como paso necesario para a súa
correcta comprensión e adquisición.

– A planificación de situacións de aprendizaxe, experiencias, procesos, proxectos, retos e tarefas


que desenvolvan a capacidade de apreciación, análise, creatividade, imaxinación e sensibilidade
do alumnado. As situacións de aprendizaxe deben estar vinculadas a contextos próximos ao
alumnado que favorezan a aprendizaxe significativa e esperten a súa curiosidade e interese pola
música, a danza e as artes performativas. Os proxectos son especialmente útiles á hora de mo-
tivar o alumnado para adquirir diferentes coñecementos, desenvolver habilidades e potenciar a
súa autonomía. Resulta interesante desenvolver as capacidades musicais e expresivas do alum-
nado a través das conmemoracións e centros de interese que se desenvolvan no centro. A apren-
dizaxe a partir de experiencias e do aproveitamento da oferta musical e escénica permite poten-
ciar no alumnado un enfoque aberto e receptivo, estimulando o interese deste pola cultura propia
e allea.

– O emprego de recursos, soportes e contextos variados na realización de actividades musicais e


de expresión corporal. A presentación da información ao alumnado pode realizarse en diferentes
formatos tendo en conta a capacidade de percepción e de comprensión ou o uso da linguaxe por
parte deste.

– A énfase en que o alumnado aprenda a aprender e participe na planificación e na toma de deci-


sións sobre o traballo controlando os procesos, usando conscientemente estratexias de apren-
dizaxe e sendo progresivamente máis autónomo e protagonista da súa propia aprendizaxe.

– A realización do traballo na aula de xeito individual, en parellas estratéxicas, en pequenos grupos


ou en grupo grande. Isto ten especial relevancia nas actividades de expresión musical e do mo-
vemento.

– A potenciación no alumnado da expresión das súas emocións e da autorregulación destas para


fomentar a empatía e facilitar o recoñecemento emocional propio e alleo.

Edificio Administrativo San Caetano, s/n


15781 Santiago de Compostela
www.edu.xunta.gal Páxina 368 de 375
11. Proxecto Competencial

11.1 Introdución
A área de Proxecto Competencial diríxese ao desenvolvemento das competencias transversais
a través da realización de proxectos significativos para o alumnado e da resolución colaborativa de
problemas, reforzando a autoestima, a autonomía, a reflexión e a responsabilidade.

As competencias poden entenderse como unha combinación de coñecementos, capacidades e


actitudes, nas que os coñecementos se compoñen de feitos e cifras, conceptos, ideas e teorías que
xa están establecidos e apoian a comprensión dunha temática concreta. As capacidades entén-
dense como a habilidade para realizar procesos e utilizar os coñecementos existentes para obter
resultados. As actitudes describen a mentalidade e a disposición para actuar ou reaccionar ante as
ideas, as persoas ou as situacións.

Nese sentido, as competencias son aquelas que as persoas precisan para o seu desenvolve-
mento persoal, para resolver situacións e problemas en distintos ámbitos da vida, para crear novas
oportunidades de mellora, así como para desenvolver a súa socialización, lograr a continuidade do
seu itinerario formativo, e inserirse e participar activamente na sociedade na que vivirán e no coi-
dado da contorna natural e do planeta. Estas competencias desenvólvense cunha perspectiva de
aprendizaxe permanente, desde a primeira infancia ata a vida adulta, e mediante a aprendizaxe
formal, a non formal e a informal en todos os contextos, incluídos a familia, o centro educativo, o
lugar de traballo, a contorna e outras comunidades.

As competencias poden aplicarse en contextos moi distintos e en diversas combinacións, nas


que se solapan e entrelazan, xa que determinados aspectos esenciais nun ámbito apoian a compe-
tencia noutro. Entre estas competencias intégranse capacidades como o pensamento crítico, a re-
solución de problemas, o traballo en equipo, as capacidades de comunicación e negociación, as
capacidades analíticas, a creatividade e as capacidades interculturais.

Deste xeito, a área de Proxecto Competencial pode configurarse como un traballo monográfico
ou un proxecto interdisciplinario ou de colaboración cun servizo á comunidade, e as actividades que
se propoñan reforzarán os aspectos máis transversais do currículo, favorecendo a interdisciplina-
riedade e a conexión entre os diferentes saberes.

Para facilitar a concreción curricular desta área establécense tres bloques. No primeiro bloque,
o propósito é que cada alumna e cada alumno adquiran as competencias necesarias para prever
un plan de traballo de cara á realización de proxectos ou a resolución de problemas.

Edificio Administrativo San Caetano, s/n


15781 Santiago de Compostela
www.edu.xunta.gal Páxina 369 de 375

You might also like