You are on page 1of 23

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA MÚSICA

MÚSICA

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

2º- 3º E.S.O.
Curso 2009-2010

Xefa de departamento
1
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA MÚSICA

Iria García Pazo


Táboa de contidos

1. CONTRIBUCIÓN DA MATERIA AO LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS..................3


2. OBXECTIVOS ESTABLECIDOS PARA CADA CURSO.........................................................5
3. CONTIDOS, SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN.......................................................6
3.1. CONTIDOS....................................................................................................................... 6
3.2. TEMPORALIZACIÓN...................................................................................................... 11
4. CRITERIOS DE AVALIACIÓN RELACIONADOS COAS COMPETENCIAS BÁSICAS.......12
5. METODOLOXÍA DIDÁCTICA................................................................................................ 13
6. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS............................................................................13
7. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN................................................14
7.1. PROCEDIMENTOS DE AVALIACIÓN............................................................................14
7.2 .INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN...............................................................................14
8. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN......................................................................................... 14
9. CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES PARA OBTER UNA AVALIACIÓN POSITIVA..............15
10. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE......................................................................18
11. PROGRAMA DE REFORZO PARA A RECUPERACIÓN DA MATERIA PENDENTE DE
CURSOS ANTERIORES............................................................................................................ 20
12. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES.........................................20
13. ACCIÓNS PREVISTAS DE ACORDO CO PROXECTO LECTOR......................................21
14. ACCIÓNS PREVISTAS DE ACORDO CO PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICS..............21
15. CRITERIOS PARA AVALIAR A PROPIA PROGRAMACIÓN..............................................22

2
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA MÚSICA

1. CONTRIBUCIÓN DA MATERIA AO LOGRO DAS


COMPETENCIAS BÁSICAS
 COMPETENCIA CULTURAL E ARTÍSTICA (C1)

A materia de música contribúe de forma directa á adquisición da competencia


cultural e artística en todos os aspectos que a configuran. Fomenta a
capacidade de apreciar, comprender e valorar criticamente diferentes
manifestacións culturais e musicais, a través de experiencias perceptivas,
expresivas e do coñecemento de músicas de diferentes culturas, épocas e
estilos. Pode potenciar así, actitudes abertas e respectuosas e ofrecer
elementos para a elaboración de xuízos fundamentados respecto das distintas
manifestacións musicais, establecendo conexións con outras linguaxes
artísticas e cos contextos social e histórico os que se circunscribe cada obra.

 COMPETENCIA DE AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL (C2)

Colabora ao desenvolvemento da competencia de autonomía e iniciativa


persoal, mediante o traballo colaborativo e a habilidade para planificar e
xestionar proxectos. A interpretación e a composición son dous claros
exemplos de actividades que requiren dunha planificación previa e de toma de
decisións para obter os resultados desexados. Por outra banda, naquelas
actividades relacionadas especialmente coa interpretación musical,
desenvólvense capacidades e habilidades tales como a perseveranza, a
responsabilidade, a autocrítica e a autoestima, sendo estes factores clave para
a adquisición desta competencia. Non pode esquecerse tampouco que a
organización e realización de actividades musicais no centro escolar require a
utilización de habilidades sociais para traballar en equipo co fin de levar a cabo
un proxecto común: poñerse no lugar doutro, valorar as ideas dos demais,
dialogar, negociar e traballar de forma cooperativa e flexible para un ben
común.

 COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ (C3)

A música contribúe tamén á competencia social e cidadá. A participación en


actividades musicais e de movemento de distinta índole, especialmente as
relacionadas coa interpretación e creación colectiva que requiren dun traballo
cooperativo, colabora na adquisición de habilidades para relacionarse cos
demais. A participación en experiencias colectivas, musicais e de movemento
dá a oportunidade de expresar ideas propias, valorar as dos demais e
coordinar as súas propias accións coas doutros integrantes do grupo
responsabilizándose na consecución dun resultado.
A toma de contacto cunha ampla variedade de músicas, tanto do pasado como
do presente, favorece a comprensión de diferentes culturas e da súa
contribución á sociedade en que vivimos, fomentando a valoración das distintas

3
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA MÚSICA

achegas e a percepción da progresiva fusión de estilos e culturas que se está a


realizar nesta arte.
A reflexión sobre a presenza incesante da música nas nosas vidas, sobre o uso
que dela se fai na publicidade e noutros medios como elemento de
manipulación emotiva, e sobre o seu papel na economía e na creación de
novas profesións, desenvolve a valoración crítica e a comprensión da
realidade.

 TRATAMENTO DA INFORMACIÓN E COMPETENCIA DIXITAL (C4)

A música tamén contribúe de xeito directo ao desenvolvemento do tratamento


da información e da competencia dixital. O uso dos recursos tecnolóxicos
no campo da música posibilita o coñecemento e dominio básico do hardware e
o software musical, os distintos formatos de son e de audio dixital ou as
técnicas de tratamento e gravación do son relacionados, entre outros, coa
produción de mensaxes musicais, audiovisuais e multimedia. Favorece, así
mesmo, o seu aproveitamento como ferramenta para os procesos de
autoaprendizaxe e a súa posible integración nas actividades de lecer.
Ademais, a obtención de información musical require de destrezas
relacionadas co tratamento da información aínda que desde esta materia,
merece especial consideración o uso de produtos musicais e a súa relación
coa distribución e os dereitos de autor.

 COMPETENCIA PARA APRENDER A APRENDER (C5)

A música tamén contribúe ao desenvolvemento da competencia para


aprender a aprender, potenciando capacidades e destrezas fundamentais
para a aprendizaxe guiada e autónoma como a atención, a concentración e a
memoria, á vez que desenvolve o sentido da orde e da análise.

 COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA (C6)

Respecto á competencia en comunicación lingüística, a música contribúe,


do mesmo xeito que outras áreas, a enriquecer os intercambios comunicativos,
e á adquisición e uso dun vocabulario musical básico. Tamén colabora coa
integración da linguaxe musical e da linguaxe verbal e coa valoración do
enriquecemento que a dita interacción xera.

 COMPETENCIA NO COÑECEMENTO E A INTERACCIÓN CO MUNDO


FÍSICO (C7)

Desde o punto de vista da competencia no coñecemento e a interacción co


mundo físico a música realiza a súa achega á mellora da calidade do
ambiente identificando e reflexionando sobre o exceso de ruído, a
contaminación sonora e o uso indiscriminado da música, co fin de xerar hábitos
saudables. Ao mesmo tempo os contidos relacionados co uso terapéutico da
música ou co uso correcto da voz e do aparello respiratorio, non só para

4
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA MÚSICA

conseguir resultados musicais óptimos, senón tamén para previr problemas de


saúde, inciden no desenvolvemento desta competencia.

 COMPETENCIA MATEMÁTICA (C8)

A música contribúe á competencia matemática poñendo en evidencia a


necesidade do manexo de principios matemáticos para a comprensión dos
elementos básicos da linguaxe musical: a relación entre as distintas figuras, o
compás, o timbre ou as agrupacións dos sons en distintos tipos de escalas. Por
outra parte non podemos esquecer a relación que teñen coas matemáticas e a
física correntes musicais como a música aleatoria, algorítmica e a escolástica.

2. OBXECTIVOS ESTABLECIDOS PARA CADA CURSO

A ensinanza da música nesta etepa son común aos dous cursos e terá como obxectivo
o desenvolvemento das seguintes capacidades:

 Utilizar a voz, o corpo, obxectos, instrumentos e dispositivos electrónicos para


expresar ideas e sentimentos, enriquecendo as propias posibilidades de
comunicación e respectando outras formas distintas de expresión.

 Desenvolver e aplicar diversas habilidades e técnicas que posibiliten a


creación, a interpretación vocal e a instrumental, o movemento e a danza, tanto
de forma individual como en grupo.

 Escoitar unha ampla variedade de obras, de distintos estilos, xéneros,


tendencias e culturas musicais, apreciando o seu valor como fonte de
coñecemento, enriquecemento intercultural e gozo persoal, interesándose por
ampliar e diversificar as preferencias musicais propias.

 Recoñecer as características de diferentes obras musicais como exemplos da


creación artística e do patrimonio cultural, recoñecendo as súas intencións e
funcións e aplicando a terminoloxía apropiada para describilas e valoralas
criticamente.

 Utilizar de forma autónoma diversas fontes de información -medios


audiovisuais, internet, textos, partituras e outros recursos gráficos- para o
coñecemento e gozo da música.

 Coñecer e utilizar diferentes medios audiovisuais e tecnoloxías da información


e da comunicación como recursos para a produción musical, valorando a súa
contribución ás distintas actividades musicais e a aprendizaxe autónoma da
música.

5
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA MÚSICA

 Participar na organización e realización de actividades musicais desenvolvidas


nos diferentes contextos, con respecto e disposición para superar estereotipos
e prexuízos, tomando conciencia, como membro dun grupo, do
enriquecemento que se produce coas contribucións dos demais.

 Comprender e valorar as relacións entre a linguaxe musical e outras linguaxes


e ámbitos de coñecemento, así como a función e o significado da música en
diferentes producións artísticas e audiovisuais e nos medios de comunicación.

 Elaborar xuízos e criterios persoais, mediante unha análise crítica dos


diferentes usos sociais da música, sexa cal sexa a súa orixe, aplicándoos con
autonomía e iniciativa a situacións cotiás e valorando a contribución que a
música pode facer á vida persoal e a da comunidade.

 Valorar o silencio e o son como fenómenos naturais e como elementos


musicais, tomando conciencia da súa función como parte integral do ambiente
e utilizando coñecementos da ecoloxía acústica para aproximarse a paisaxes
sonoras de diferentes épocas e espazos para combater a polución sonora.

3. CONTIDOS, SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN.

3.1. CONTIDOS

SEGUNDO ESO

UNIDADE 1

• O son: definición, discriminación son/ruído.


• O silencio.
• As calidades do son: definición e representación gráfica.
• Pentagrama, as claves e as notas.
• As liñas adicionais.
• As figuras.
• Os termos de intensidade.
• A articulación legato, a articulación picado.
• A voz como instrumento.
• Funcionamento dos aparatos respitatorio, fonador e resoador na produción da voz
cantada.
• Tipos de voz e principais agrupacións vocais.
• Nacionalismo musical.
• A clasificación dos instrumentos segundo o elemento vibratorio.
• Os instrumentos escolares: clasificación.

6
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA MÚSICA

• A música popular moderna.

UNIDADE 2

• Ritmos binarios e ternarios.


• Acento e compás.
• Compás binario, ternario e cuaternario.
• A subdivisión binaria: as síncopas.
• A anacruse.
• Os signos de prolongación: punto, ligadura e caldeirón.
• A forma: tema con variacións.
• Agrupacións instrumentais: orquestra de cámara, de corda, sinfónica agrupacións de
música de cámara.
• A banda.
• As orixes da canción popular americana: o blues e o country.

UNIDADE 3

• Signos de repetición.
• Notas a contratempo.
• Expresión vocal e instrumental
• Os instrumentos de corda fretada: Violín, Viola, Violoncello, Contrabaixo.
• Música e sociedade: O jazz.

UNIDADE 4
• Linguaxe musical: a melodía, os intervalos e tipos de intervalos: segundo a distancia,
melódicos, harmónicos.
• Expresión vocal e instrumental
• Descubrir a música: A primavera, 1º movemento de “As catro estacións” (Vivaldi).
• Coñecemento instrumental:
- A familia de corda punteada: a guitarra clásica, a arpa de orquestra e a arpa
celta.
- A familia de corda percutida: o piano.
• Música e sociedade:
- O rhythm & blues: Muddy Waters.
- O rock and roll: Elvis Presley.

UNIDADE 5

7
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA MÚSICA

• Linguaxe musical:
- A altura do son: ton e semitón, notas naturais e alteradas.
- As alteracións: sostido, bemol, becuadro.
- Tipos de alteracións: propias e accidentais.
• Expresión vocal e instrumental: Interpretación de pezas instrumentais coa frauta
doce e instrumentos de pequena percusión.
• Audición: Marcha turca (W. A. Mozart).
• Coñecemento instrumental:
- Os instrumentos de vento. A familia de vento-madeira:
-De bisel: frauta doce ou de pico, frauta galega de pico, frauta traveseira,
frauta traveseira galega (requinta).
-De lingüeta simple: o clarinete e o saxofón.
• Música e sociedade:
- Paso do rock and roll a The Beatles: The Beatles.
- Paso do rhythm & blues a The Rolling Stones. The Rolling Stones.

UNIDADE 6
• Linguaxe musical:
- As escalas.
- Tipos de escalas: diatónicas e pentatónicas.
• Expresión vocal e instrumental.
• Audición: Danza chinesa (Tchaikvosky).
• Coñecemento instrumental:
- Instrumentos con lingüeta de cana dobre: o óboe, o corno inglés, o fagot e o
contrafagot.
- Instrumentos populares galegos: a gaita, a zanfona, o bombo, o tamboril, a
pandeireta, o pandeiro e as tarrañolas.
• Música e sociedade: o folk, Bob Dylan e o heavy metal.

UNIDADE 7
• Os acordes: como se forman e como se empregan.
• Indicacións de aire e carácter. O metrónomo.
• Percusión corporal.
• Expresión vocal e instrumental.
• Audición: Contravento (Fía na roca).
• Familia do vento metal.
• Instrumentos populares galegos.
• A música soul e funk.
• Música galega contemporánea.

8
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA MÚSICA

UNIDADE 8
• A textura nunha obra musical.
• Percusión corporal.
• Expresión vocal e instrumantal.
• Instrumentos de vento mecánico.
• Audición: Danza húngara nº 5 de J. Brahms.
• O novo folk galego.
• A música disco e o rap.

UNIDADE 9

• O tresiño.
• O compás de 6/8.
• Percusión corporal.
• Expresión vocal e instrumental.
• Percusión orquestral e instrumentos electrófonos.
• A música e o cine.
• Audición: tema da Pantera Rosa de H. Mancini.
• Ritmos e danzas latinoamericanas.

TERCEIRO ESO

UNIDADE 1

• As calidades do son. Representación gráfica.


• Os compases.
• Clasificación das diferentes voces.
• Interpretación instrumental coa frauta doce e acompañamento con instrumentos de
pequena percusión: posicións e notas.
• Audición: “Zapateado” da Sonata en Re de Mateo Albéniz.
• A música tradicional.
• As grandes décadas do rock: os anos 50, o nacemento do folk. Audición: Rock
around the clock, observación das características aprendidas.

UNIDADE 2

• Figuras e silencios: plicas


• Ritmo: semicorcheas.
• Anacruse.
• Signos de repetición.
• Interpretación de pezas instrumentais coa frauta doce e instrumentos de pequena
percusión.
• Os instrumentos pétreos.
• Os instrumentos nos códices de Afonso X.

9
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA MÚSICA

• Audición: A Traviata de G. Verdi.


• Grandes intérpretes galegos: Emilio Cao, Fuxan os ventos, Cristina Pato e
•Susana Seivane.
• Os anos 60: a década prodixiosa, o triunfo británico, o contraataque americano, e
finais dos 60.

UNIDADE 3

• Liñas adicionais, signos de repetición, signos de prolongación e síncopa.


• Interpretación de pezas instrumentais coa frauta doce e instrumentos de pequena
percusión.
• Instrumentos de corda da orquestra.
• Instrumentos de corda populares.
• Audición: Concerto de Brandemburgo nº 2 de J. S. Bach e Moita festa de José
Pacheco interpretada por Carlos Nuñez.
• Grandes intérpretes galegos: Carlos Núñez e Xosé Manuel Budiño
• Os anos 70: son discoteca e punk, o retorno do soul: funk, rock sinfónico ou
progresivo, glam rock, pop persoal, techno pop, rock urbano, reggae, heavy metal e
rock latino.

UNIDADE 4

• A altura do son. As alteracións. Diferentes ritmos. A melodía.


• Interpretación de pezas instrumentais coa frauta doce e instrumentos de pequena
percusión ou interpretación de pezas vocais.
• Instrumentos populares galegos.
•Audición: Danza do sabre de Katchaturian.
• Grandes intérpretes galegos: Amancio Prada e Luar na Lubre.
• Os anos 80: O rexurdimento do pop. New wave. Novos románticos. Revivalismo
(pop jazz). Os selos independentes. A música baile: o triunfo do crossover. Heavy
metal: o rexurdimento da forza. O thrash metal.

UNIDADE 5

• O compás de 6/8. Outros compases.


• Interpretación de pezas instrumentais coa frauta doce e instrumentos de pequena
percusión ou interpretación de pezas vocais.
•Audición: Danza húngara de Brahms. Branle de Gay de P. Phalessee. Brincadeiro,
do disco O berro seco, de Milladoiro.
• Grandes intérpretes galegos: Berrogüeto.
• Os anos 90: o triunfo do mercado. Rap, hip-hop. Hardcore. Rock alternativo. Pop-
rock. Brit-pop. Metal.

UNIDADE 6

• Os intervalos. As escalas e os graos. Escala de Do Maior ,Fa Maior, La menor e Re


menor.
• Os instrumentos de percusión: a súa clasificación.
• Clasificación dos instrumentos da orquestra.
• Interpretación de pezas instrumentais coa frauta doce e instrumentos de pequena
percusión ou interpretación de pezas vocais.
• Audicións: A verbena da Paloma de T. Bretón. O bolero de M. Ravel.

10
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA MÚSICA

• O son gravado I: o fonógrafo, o grafófono, o disco e o gramófono.


• Grandes intérpretes galegos: Milladoiro.
• Instrumentos populares galegos.
• O rock en España. Os inicios ( mediados dos 50). Os anos 70, 80 e 90.

UNIDADE 7

• O acompañamento dunha melodía. Os acordes. O tresiño.


• Interpretación de pezas instrumentais coa frauta doce e instrumentos de pequena
percusión ou interpretación de pezas vocais.
• Instrumentos de vento madeira, vento mecánico e vento metal
• Audición:”Danza do lume” de O amor bruxo de Falla.
• Grandes intérpretes galegos: Leilía, Uxía Xenlle e o jazz en Galicia.
• O jazz e os seus instrumentos.

UNIDADE 8

• Escalas cromáticas. Semitón diatónico e cromático. Notas de adorno.


• Instrumentos da orquestra.
• Interpretación de pezas instrumentais coa frauta doce e instrumentos de pequena
percusión ou interpretación de pezas vocais.
• Audición: Sonata nº 20 op.49 de Beethoven.
• Grandes intérpretes galegos: novas músicas, o rock en Galicia e o bravú.
• A difusión da música: a radio e a televisión.
• O mundo das versión musicais.

UNIDADE 9

• A nomenclatura dos compases.Outros compases: 9/8 e 12/8. Escritura musical non


convencional.
• Interpretación de pezas instrumentais coa frauta doce e instrumentos de pequena
percusión ou interpretación de pezas vocais.
• Audición: A mañá (Peer Gynt) de Grieg.
• A música no cine.
• Grandes intérpretes galegos: Los Suaves. Os diplomáticos de Monte Alto.
Heredeiros da crus. Psicofónica de Conxo. Fía na Roca.
• O baile: movemento e música.

3.2. TEMPORALIZACIÓN

1ª Avaliación 2ª Avaliación 3ª Avaliación

2º ESO Unidades 1-3 Unidades 4-6 Unidades 7-9

3º ESO Unidades 1-3 Unidades 4-6 Unidades 7-9

11
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA MÚSICA

4. CRITERIOS DE AVALIACIÓN RELACIONADOS COAS


COMPETENCIAS BÁSICAS

 Recoñecer auditivamente e determinar a época e a cultura musical a que


pertencen distintas pezas escoitadas con anterioridade na aula.
(C1,C3,C4,C5,C6)

Con este criterio preténdese comprobar en que medida o alumnado é capaz de


situar axeitadamente unha obra musical no contexto que lle é propio.

 Identificar e analizar os compoñentes básicos dunha obra musical,


empregando a linguaxe musical coñecida a través do traballo na aula.
(C1,C4,C5,C6,C8)

Con este criterio trátase de avaliar a capacidade do alumnado de expresar coa


linguaxe propia do ámbito musical, os elementos básicos que configuran unha
obra musical.

 Ser quen de comunicar axeitadamente e con rigor valoracións persoais sobre


as distintas manifestacións musicais coñecidas con anterioridade na aula.
(C1,C3,C4,C5,C6)

Con este criterio preténdese avaliar a capacidade do alumnado de valorar


positivamente e con respecto distintas manifestacións musicais, facéndoo co
rigor e con criterios de profundidade, indo máis aló dunha simple opinión non
sustentada no coñecemento.

 Utilizar axeitadamente as tecnoloxías do coñecemento á hora de crear ou


escoitar unha peza musical. (C1,C2,C4,C5,C6,C8)

Con este recurso trátase de avaliar a disposición de apertura e a capacidade


de acción do alumnado á hora de utilizar as tecnoloxías do coñecemento no
eido musical.

 Coñecer cómo se desenvolve a interpretación en grupo, ben sexa


instrumental, vocal ou de movemento. (C1,C2,C3,C5,C6,C7,C8)

Con este criterio trátase de comprobar a capacidade do alumnado para levar a


cabo interpretacións conxuntas conforme as normas que emanan da disciplina
musical e do respecto polo quefacer dos demais.

 Elaborar axeitadamente un pequeno arranxo musical. (C1,C2,C3,C5,C6,C8)

Con este criterio trátase de avaliar a aplicación por parte do alumnado dos
coñecementos adquiridos na aula no ámbito da creación.

12
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA MÚSICA

 Ler axeitadamente as grafías musicais con que se escribe unha obra musical.
(C1,C2,C5,C6,C8)

Con este criterio preténdese comprobar o grao de coñecemento das grafías


básicas que lle permitan ao alumnado a lectura axeitada dunha peza musical.

5. METODOLOXÍA DIDÁCTICA

Se fundamenta na concepción constructivista do ensino e da aprendizaxe seguindo un


modelo de currículo aberto. Para que se produza unha aprendizaxe significativa e
motivador, os contidos que se inclúen parten da experiencia e do bagaxe musical do
alumnado, priorizándose as actividades de aprendizaxe que crean hábitos
procedimentais e actitudinais. Unha vez asimilados, progrésase na procura da
autonomía do alumnado e na inclusión de contidos conceptuais. Os conceptos xorden
deste xeito, como concreción teórica a partir da experimentación e a vivencia propias.

Desenvolverase unha aprendizaxe significativa a partir dos coñecementos previos


construíndo novos conceptos relacionándoos cos preexistentes. Se fomentará no
alumno a motivación e propiciarase a participación e o traballo persoal a partir da
aprendizaxe funcional ou desenvolvemento de habilidades desde a propia actividade
da aprendizaxe.

Tenderase a favorecer a creatividade e imaxinación, espírito crítico construtivo, o


respecto mutuo e o silencio ante a audición. Non hai que renunciar a ensinar aos
alumnos/as a comprender unha obra na primeira audición. A miúdo os compositores
xogan no discurso musical coas expectativas do oínte que sabe seguir o fío,
introducindo a sorpresa ou un efecto inesperado. Este só adquire todo o seu poder
expresivo nunha primeira audición. Tratarase de diversificar e enriquecer os gustos do
alumnado, así como contribuír a formar unha visión o máis global posible da creación
musical.

Farase fincapé nos contidos procedimentais dado o carácter práctico da materia:


interpretación vocal e instrumental, expresión corporal e danza, audición e comentario
de textos obras musicais e partituras.

Como complemento a esta metodoloxía favorecerase a participación de actividades


extraescolares complementarias:
- asistencia a ensaios e concertos
- visitas a museos , exposicións de interese,...

6. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS

 Os materiais que utilizarán os alumnos:

13
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA MÚSICA

Libro de texto, o establecido polo Departamento de Música como obrigatorio para cada
nivel no presente curso:

2º ESO: Música. Editorial Galinova.


3º ESO: Música. Editorial Galinova.

- Libreta de pentagrama.
- Cuaderno de traballo da editorial para cada curso.
- Frauta doce para cada alumno/a.
- Instrumentos de pequena percusión.
- Aparello de reproducción de música.

 Os materiais que utilizará a profesora :


- Libro de texto e caderno de traballo.
- Fichas fotocopiables e fichas de avaliación.
- CD audio.

7. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

7.1. Procedementos de Avaliación


As probas escritas e de interpretación vocal ou instrumental puntuaranse sobre 10,
especificando, na medida do posible o valor de cada pregunta para a nota final. Eso
suporá un 80% da nota final de cada avaliación.

A actitude e o comportamento (10%) e a participación positiva e activa durante os


ensaios das pezas (10%) computarán un 20% da nota final da avaliación, xunto coas
observacións do profesorado. Puntuarase ata un 20% negativo no caso de non ter una
actitude participación positivas.

7.2 .Instrumentos de Avaliación


- Probas escritas (teóricas e prácticas)
- Traballos realizados polo alumnado.
- Fichas de reforzo/ampliación proporcionadas polo profesorado.
- Libreta e cadernode traballo do alumno/a.
- Fichas de observación do profesorado ( de actitude durante a clase e de
participación nas clases de interpretación de pezas)
- Anecdotario.

8. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

Os criterios de cualificación serán os mesmos para todos os cursos:

1.Observación directa da evolución do alumno a través das anotacións


pertinentes: os negativos por actitude e comportamento suporán ata 1 punto menos na
nota global de cada avaliación, e os positivos ata 1 punto máis.Observarase tamén a

14
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA MÚSICA

participación positiva e activa durante os ensaios das pezas que suporán un 10%
positivo ou negativo da nota final de avaliación.

2. Probas obxectivas: teóricas e prácticas ( interpretación de pezas en


conxunto vocal ou instrumental), orais e/ou escritas polo menos unha vez por
avaliación. Suporán un 80% da nota final da avaliación.

3. Valoración dos traballos de clase e de investigación.

4. A entrega do caderno de traballo e da libreta ao remate de cada avaliación é


imprescindible para superar a avaliación. Valorarase a presentación, os contidos, levar
a materia ao día e a obriga de traer sempre o material necesario para desenvolver a
materia.

5. Realizarase unha proba inicial co obxecto de precisar os coñecementos


previos do alumno.

A cualificación de exercicios escritos será valorada de dúas formas: numérica e coa


terminoloxía tradicional. Do 1 ao 4: insuficiente (IN), 5: suficiente (SU), 6 : ben (BE), 7
e 8 : notable (NT), e 9 e 10: sobresaliente (SB).

As porcentaxes a aplicar serán as seguintes:

Contidos e interpretación de pezas vocais ou instrumentais: 80%


Actitude e comportamento: 10%
Participación activa e positiva nos ensaios das pezas: 10%

Esíxese un mínimo de 4 en contidos para poder aplicar positivamente as porcentaxes


por actitudes e participación.

Se un alumno/a obtén unha nota negativa ao final do curso, deberá ir ó exame global
de Xuño, ben coa avaliación que ten pendente, ben con toda a materia do curso se ten
dúas ou máis avaliacións suspensas.

No caso de suspender novamente en Xuño, o alumno/a tendrá unha nova


oportunidade no exame global do mes de setembro.

9. CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES PARA OBTER UNA


AVALIACIÓN POSITIVA
Contidos comúns para 2º e 3º cursos da E.S.O.

Bloque 1. Escoita.
 Utilización dos recursos necesarios para a comprensión da música
escoitada.

 Elementos que interveñen na construción dunha obra musical: melodía,


ritmo, harmonía, timbre, textura, forma, tempo, dinámica, etc.

15
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA MÚSICA

 Identificación dos elementos da música e das súas características na


audición e na análise de obras musicais.

 Clasificación e discriminación auditiva dos diferentes tipos de voces e


instrumentos e das distintas agrupacións vocais e instrumentais.

 Audición, análise elemental e apreciación crítica de obras vocais e


instrumentais de distintos estilos, xéneros, tendencias e culturas
musicais, incluíndo as interpretacións e composicións realizadas na
aula. Interese por coñecer músicas de distintas características e por
ampliar as propias preferencias musicais.

 A música en vivo: concertos e outras manifestacións musicais, da


propia cultura musical e doutras. Interese por desenvolver hábitos
positivos e de respecto aos demais durante a escoita.

 Aplicación de estratexias de atención, audición interior, memoria


comprensiva e anticipación durante a interpretación e creación musical.

 Valoración da audición como forma de comunicación e como fonte de


coñecemento e enriquecemento intercultural.

Bloque 2. Interpretación.

 As características da voz e da palabra como medios de expresión


musical. Habilidades técnicas e interpretativas, exploración e
descubrimento das posibilidades da voz como medio de expresión
musical.

 Os instrumentos e o corpo como medios de expresión musical:


características xenéricas e formais.

 Agrupacións vocais e instrumentais na música de diferentes xéneros,


estilos e culturas. A interpretación individual e en grupo.

 Práctica de pezas musicais aprendidas a través da memorización e da


lectura de partituras.

 As grafías e outras formas de notación musical, convencionais e


propias, empregadas como expresión musical.

 Experimentación e práctica das distintas técnicas do movemento e da


danza, expresión dos contidos musicais a través do corpo e do
movemento e a interpretación dun repertorio variado de danzas.

16
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA MÚSICA

 Coñecemento e emprego das tecnoloxías da información na


interpretación e gravación de pezas musicais.

 Práctica da relaxación, a respiración, a articulación, a resonancia e a


entoación.

 Exploración das posibilidades de diversas fontes sonoras e práctica de


habilidades técnicas para a interpretación.

 Práctica das pautas básicas da interpretación: silencio, atención ao


director/a e aos/ás e outros/as intérpretes, audición interior, memoria e
adecuación ao conxunto.

 Aceptación e cumprimento das normas que rexen a interpretación en


grupo e a aportación das ideas musicais que contribúan ao
perfeccionamento da tarefa común.

 Aceptación e predisposición para mellorar as capacidades técnicas e


interpretativas propias e respecto ante outras formas de expresión.

Bloque 3. Creación.

 A improvisación, a elaboración de arranxos e a composición como


recursos para a creación musical en todas as súas vertentes;
elaboración de arranxos de cancións e pezas instrumentais, con
acompañamentos sinxelos e a selección de distintos tipos de
organización musical.

 Composición individual ou en grupo de cancións e pezas instrumentais


para distintas agrupacións a partir da combinación de elementos e
recursos presentados no contexto das diferentes actividades que se
realizan na aula.

 Sonorización de representacións dramáticas, actividades de expresión


corporal e danza e imaxes fixas e en movemento na realización de
producións audiovisuais.

 Fomento da sensibilidade estética, desenvolvida a través da


comprensión e interiorización da música.

 Emprego e coñecemento dos recursos necesarios para a conservación


e a difusión das creacións musicais propias e alleas.

 Utilización das tecnoloxías da información nos procesos de creación


musical.

17
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA MÚSICA

Bloque 4. Contextos musicais.

 Recoñecemento e localización nas coordenadas espacio-temporais das


manifestacións musicais máis significativas do patrimonio musical
galego, occidental e doutras culturas.

 A pluralidade de estilos na música actual. Características culturais,


artísticas e formais.

 A música ao servizo doutras linguaxes; corporal, teatral,


cinematográfica, radiofónica ou publicitaria. Análise da música
empregada en diferentes tipos de espectáculos e producións
audiovisuais.

 Utilización de diversas fontes de información para indagar sobre


instrumentos, compositores e compositoras, concertos e producións
musicais en vivo e gravadas, tanto do patrimonio galego como da
música occidental en xeral e doutras culturas.

 O son e a música nos medios audiovisuais e nas tecnoloxías da


información e a comunicación. Valoración dos recursos tecnolóxicos
como instrumentos para o coñecemento e gozo da música.

 Sensibilización e actitude crítica ante o consumo indiscriminado de


música e a contaminación sonora.

10. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

A diversidade na aula pode tomar varios aspectos, sintetizables en catro: diversidade


cultural -xa sexa de orixe xeográfica ou determinada pola contorna socioeconómico-,
diversidade de intereses -alumnado cun interese específico pola área de música ou
con gustos estilísticos moi dispares-, diversidade de aptitudes ou capacidades e
presenza no aula de alumnado con algún tipo de discapacidade.

Tenderase a dar resposta ás necesidades educativas que suscitan estas diversidades


no aula de música. Xunto co libro de texto, a editorial deseñou uns materiais de
ampliación e reforzo que ofrecen unha serie de posibilidades diversificadas, aínda que,
sen dúbida, o instrumento máis importante será a actitude aberta e receptiva do
profesorado, capaz de captar esta realidade cambiante e ofrecer solucións adaptando
as estratexias de ensino en cada caso.

Na aula de música pode ocorrer tamén que coincidan nun mesmo grupo alumnos que

18
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA MÚSICA

estudan e/ou practican un instrumento extraescolarmente, con outros que soamente


practicaron música en Primaria. Isto supón nos primeiros un dominio superior da
linguaxe musical e da técnica do instrumento, aínda que, por outra banda, non hai que
esquecer que a predisposición musical natural pode ser similar en alumnos que non
teñen dita práctica. A través da avaliación inicial, obtense información achega da
experiencia musical do alumnado, a fin de tela presente na adxudicación de tarefas,
lectura de partituras e reparto de papeis.

A través da observación da dinámica no aula tratarase de detectar posibles problemas


de aprendizaxe e calibrar a necesidade de suscitar actividades de reforzo para
aqueles alumnos ou alumnas que presenten dificultades, ou de ampliación para
aqueles máis motivados.

Actividades de reforzo
1.- Adaptar os contidos do libro de texto.
2.- Actividades de repaso de coñecementos básicos.
3.- Actividades de reforzo para a asimilación dos contidos.

Actividades ampliación
1.- Actividades adicionais.
2.- Actividades de páxinas web.

Actividades de Recuperación

En canto á RECUPERACIÓN, o diálogo co alumno debe establecerse antes da


cualificación, sobre todo, cando se observe unha perda de atención e de interese pola
materia. Así mesmo é interesante implicar ós alumnos máis adiantados na
recuperación dos seus compañeiros. Pero si xa inevitablemente ten que recuperar:

1. Comentarase en conxunto os fallos xerais do grupo e de cada alumno en particular.

2. Concertarase unha cita co alumno que o solicite para aclararlle o porqué desa
cualificación.

3. Animarase ó alumno a non conformarse cos niveis mínimos.

4. Orientaráselle sobre as actividades que lle podan axudar. No caso de traballos que
resulten insuficientes indicarase ó alumno/a o xeito de corrixir as deficiencias, para que
así poida recuperar reelaborando o traballo ou ben facéndoo correctamente en
traballos posteriores.

5. Farase un exame de recuperación por cada avaliación suspensa despois de Nadal,


de Semana santa e de Xuño.

Ademais hai que ter en conta que moitos dos contidos e coñecementos repásanse ó
longo do curso xa que se repiten para comparalos cos novos que se van explicando.

19
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA MÚSICA

Por todo iso, o alumno pode volver sobre os contidos non aprendidos ou non
comprendidos.

11. PROGRAMA DE REFORZO PARA A RECUPERACIÓN DA


MATERIA PENDENTE DE CURSOS ANTERIORES

O Departamento de Música levará a cabo un seguimiento personificado do alumnado


coa materia de Música pendente.

Dito seguimento consistirá na entrega de fichas de traballo cos alumnos darán, en un


plazo establecido, o seu profesor/a para a sua corrección e valoración.

Ademais das fichas de seguimiento, e considerando que é unha materia de contidos


progresivos manterase o criterio de que o alumno que supere a primeira avaliación do
curso que está a fazer, superará a materia pendente do curso anterior. De non ser así,
encomendaríase un traballo de reforzo co que poder superar a materia, que deberán
entregar no mes de abril.

De non superar o reforzo, o alumnado presentarase ós exámenes extraordinarios de


maio e/ou septembro.

En ningún caso se pode superar a asignatura do curso actual sin ter superado antes a
do ano anterior.

No caso de duda será o Departamento na sua totalidade o que actúe como equipo
evaluador e decida sobre o resultado final do alumno ou alumna.

Haberá unha convocatoria extraordinaria no mes de setembro para aqueles que non
superaran a materia durante o curso.

Tendo en conta que os contidos de Música teñen carácter progresivo o Departamento


de Música decidiu establecer os seguintes criterios para avaliar aos alumnos coa
materia pendente do curso anterior :

 Aqueles alumnos que superen a primeira avaliación do curso no que están este
ano , daráselle por aprobada a materia do curso anterior.
 O resto dos alumnos terán a posibilidade de recuperar a materia por medio das
fotocopias de reforzo que o pofesor/a lle facilitará no mes de Xaneiro.
 Se ainda así non o conseguise debería presentarse a unha proba final no mes de
Maio.

12. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

20
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA MÚSICA

As actividades complementarias e saídas didácticas estarán en función do ofertado


polas distintas programacións de centros e institucións artísticas en Galicia e, máis
concretamente, nunha contorna próxima.

Estase polo tanto á espera de devanditas convocatorias dos entes que organizan
concertos para escolares: sindicatos, Concellos, Taller de Músicos, Festivais,
concertos locais, coa intención de realizar alomenos unha excursión con cada un dos
ciclos.

13. ACCIÓNS PREVISTAS DE ACORDO CO PROXECTO


LECTOR

A colaboración da materia de Música ao proxecto do plan lector realizarase


diariamente despois da explicación correspondente de cada sesión. Cada día un ou
varios alumnos lerán no seu libro de texto a materia explicada, así durante cada sesión
reforzarase a lectura.
Tamén se colaborará ao proxecto buscando información sobre distintos aspectos da
música ou compositores, tendo en conta que para buscar a información necesaria
terán que ler distintos artigos ou consultar en diferentes libros.

14. ACCIÓNS PREVISTAS DE ACORDO CO PLAN DE


INTEGRACIÓN DAS TICs

 Pizarra dixital.
 Aula de informática.
 CD do alumnado.
 Vídeo/DVD
 Actividades interactivas.

21
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA MÚSICA

15. CRITERIOS PARA AVALIAR A PROPIA PROGRAMACIÓN

AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA

CURSO ACADÉMICO CLASE GRUPO

PROFESOR

ÁREA

DATOS ESTATÍSTICOS

CUALIFICACIÓN N.º DE ALUMNOS NOTA MEDIA CLASE

INSUFICIENTE

SUFICIENTE

BEN NOTA MEDIA NIVEL

NOTABLE

SOBRESALIENTE

OBSERVACIÓNS:

22
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA MÚSICA

AVALIACIÓN DA PROGRAMACIÓN

OBXECTIVOS

Traballáronse todos os obxectivos?

Afondouse nalgúns especialmente?

Obxectivos non alcanzados polos alumnos:

Cales: Razón:

Grao de consecución de obxectivos:

Propostas de mellora:

CONTIDOS

CONCEPTOS

Traballáronse todos os conceptos?

Desenvolvéronse especialmente os seguintes:

Cales: Razóns:

 

Grao de adquisición de conceptos:

Propostas de mellora:

23

You might also like