You are on page 1of 44

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

Curso 2009-10

Xefe/a de departamento:
Marta Rodríguez Aguín
Membros do departamento:
Marta Rodríguez Aguín

CURSO 1º e 2º ESO

PROFESOR Marta Rodríguez Aguín

Título SPIRALE 1 e 2

Editorial OXFORD

LIBRO DE TEXTO Autor Marie Palomino.

Idioma Francés

Ano de
2006
implantación

1
CURSO 3º e 4º ESO

PROFESOR Marta Rodríguez Aguín

Título SPIRALE 3 e 4

Editorial OXFORD

LIBRO DE TEXTO Autor Marie Palomino.

Idioma Francés

Ano de
2006
implantación

ÍNDICE

1) Contribución de cada materia ao logro das competencias básicas

2
2) Obxectivos establecidos para cada curso/ciclo

3) Contidos secuencia e temporalización

4) Criterios de avaliación relacionados coas competencias básicas

5) Metodoloxía didáctica

6) Materiais e recursos didácticos

7) Procedementos e instrumentos de avaliación

8) Criterios de cualificación

9) Contidos mínimos esixibles

10) Medidas de atención á diversidade

11) Actividades de recuperación e reforzo para alumnos/as coa materia pendente

12) Actividades complementarias e extraescolares previstas

13) Accións previstas de acordo co proxecto lector

14) Accións previstas de acordo co plan de integración das TICS

15) Criterios para avaliar a propia programación

16) Dossier: Actividades de reforzo

1) CONTRIBUCIÓN DE CADA MATERIA AO LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS

3
No noso sistema educativo considérase que as competencias básicas que debe ter o
alumno cando finaliza a súa escolaridade obrigatoria para enfrontarse aos retos da súa
vida persoal e laboral son as seguintes:

 COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA (C1)


Esta competencia é a de maior relevancia que pode adquirirse nesta materia, xa
que todos os seus contidos están orientados á adquisición dos coñecementos,
destrezas e actitudes propios das habilidades comunicativas (orais e escritas),
aspectos todos eles que se aplicarán para adquirir coñecementos noutras áreas e
que son adquiridos noutras materias do currículo (Lingua castelá e Literatura e
Primeira Lingua Estranxeira, principalmente, por ter códigos comúns).

 COMPETENCIA EN APRENDER A APRENDER (C2)


Esta competencia mostra como uns determinados contidos que deben mellorar a
capacidade comunicativa serven para adquirir novos coñecementos de diferentes
áreas, non en van no código lingüístico está a base do pensamento e do
coñecemento (a representación da realidade), e para reflexionar sobre a propia
aprendizaxe (e fixar estratexias que a fagan máis eficaz, o que incide tamén na
competencia de autonomía e iniciativa persoal). Esta competencia é fundamental
nun mundo cunha constante evolución nos coñecementos, para cuxa adquisición
haberá de ter actitudes coma o esforzo, a responsabilidade, a autonomía, a
autocrítica, etcétera. O uso do Portfolio europeo das linguas pode ter unha gran
importancia para a adquisición desta competencia.

 COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ (C3)


O uso da lingua como instrumento de comunicación axudará a que o alumno
desenvolva a competencia social e cidadá, en canto que lle permitirá poñer en
práctica habilidades sociais como a convivencia, o respecto, a tolerancia, etc.,
froito do seu contacto con outras realidades diferentes da propia (a francesa neste
caso), non en van a comunicación é un acto eminentemente social mediante o que
transmitimos pensamentos, emocións... Aínda que unha das finalidades esenciais
desta materia é que o alumno aprenda a lingua francesa, tamén o é que coñeza e
comprenda a cultura, as institucións, a forma de vida da francofonía, etc., o que
converte a lingua nun sistema de comunicación e de coñecemento que lle permite
adquirir unha visión plural doutras realidades.

 TRATAMENTO DA INFORMACIÓN E COMPETENCIA DIXITAL (C4)


O coñecemento da lingua francesa amplía a posibilidade, grazas ao emprego das
tecnoloxías da información e a comunicación, de obter información nesta lingua e
sobre esta lingua. Ademais, estas mesmas tecnoloxías facilitan a comunicación
interpersoal, en tempo real, con mozos franceses, o que redunda positivamente no
coñecemento e emprego da mesma lingua (competencia en comunicación
lingüística).

 COMPETENCIA CULTURAL E ARTÍSTICA (C5)


Esta competencia adquírese, fundamentalmente, cando se achega o alumno ás
manifestacións culturais dos países de lingua francesa e ás creacións artísticas,
literarias, etc., de autores francófonos. Da súa importancia dá conta un dos
bloques de contidos da materia (Aspectos socio-culturais e consciencia
intercultural).

4
 COMPETENCIA EN AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL (C6)
O uso da lingua en contextos determinados fai que o alumno se enfronte a
diversas situacións nas que debe analizar e resolver problemas relacionados coas
destrezas comunicativas e as habilidades sociais, o que redunda na súa
capacidade para actuar reflexiva e autonomamente, con iniciativa e planificación,
en grupo.

2) OBXECTIVOS XERAIS DO CURSO OBXECTIVOS ESTABLECIDOS PARA CADA


CURSO/CICLO

1º ESO

 Recoñecer e utilizar algunhas expresións básicas en francés para comunicarse


dentro da aula.
 Utilizar as diferentes formas de saúdo en francés durante a clase.
 Preguntar e responder oralmente sobre o traballado na clase.
 Comprender un texto elemental oral e escrito.
 Deletrear.
 Contar de 1 a 100
 Expresarse oralmente sobre o traballado na clase.
 Formular por escrito frases negativas sobre gustos e afeccións.
 Redactar pequenas mensaxes escritas
 Comprender un texto oral sinxelo
 Expresarse oralmente e por escrito, saudando, identificándose, dicindo o que lle
gusta ou desgusta, utilizando a entoación e a pronunciación conveniente,
deletreando o seu nome se for necesario...
 Tomar nota das palabras aprendidas nas diferentes leccións.
 Ler e extraer a información global e certa información específica de textos escritos
sinxelos (unha axenda, un horario escolar), demostrando que se comprendeu e
sendo capaz de deducir o significado dalgúns elementos a través do contexto, do
apoio gráfico existente e dos coñecementos socioculturais
 Amosar aprecio por culturas distintas da propia e actitudes de respecto cara aos
valores e comportamentos doutros pobos.

5
 Traballar por escrito diversas frases cos contidos gramaticais vistos na unidade e
comparar as respostas cos/as compañeiros/as.
 Utilizar o léxico adecuado para o contexto traballado.

2º ESO

 Presentarse ao/á profesor/a e aos/ás seus/súas compañeiros/as.


 Construír frases interrogativas sinxelas dirixidas aos/ás compañeiros/as.
 Construír frases que impliquen negación
 Contar do 1 ao 100.
 Describir a súa clase
 Formular frases que inclúan os pronomes persoais complementos.
 Preguntar e responder sobre a colocación dos obxectos
 Preguntar e responder sobre as actividades da vida cotiá.
 Formular as preguntas pertinentes en cada situación concreta de comunicación.
 Dar a súa opinión sobre o que lles gusta e os/as desgusta
 Formular frases que inclúan les comparatifs.
 Realizar por escrito diversos tipos de invitacións para os/as seus/súas
compañeiros/as e amigos/as.
 Formular desexos que quererían ver realizados.
 Formular frases que inclúan o presente de indicativo.
 Responder oralmente a preguntas afirmativas e negativas sobre diversas
actividades.
 Presentar acontecementos ocorridos no pasado
 Formular frases que inclúan o que lle gustaría facer nun contexto concreto (viaxes,
xogos, deportes..).
 Formular frases que inclúan o traballado na clase no que se refire á concordancia
dos verbos no passé composé.

3º ESO
1º TRIMESTRE
UNITÉ 0

6
 Soletrear.
 Comunicar na clase.
 Presentarse.
 Describir o xeito de vestir.
 Comprender e utilizar as funcións discursivas para pedir e preguntar a hora .
 Contar acontecementos pasados.
 Describir paisaxes.
 Describir persoas.
 Expresar os seus gustos.

UNITÉ 1
 Saber extraer información global e específica de pequenos textos orais.
 Entender información esencial de pequenos textos escritos.
 Expresarse oralmente e por escrito describindo as súas afeccións.
 Falar da amizade.
 Dar a súa opinión.
 Manifestar os seus sentimentos e emocións.
 Expresar o acordo e o desacordo.
 Indicar a posesión.
 Empregar correctamente o vocabulario necesario en cada situación de
comunicación.
 Ler con corrección textos curtos e simples.

2º TRIMESTRE
UNITÉ 2
 Saber extraer información global e específica de pequenos textos orais.
 Entender información esencial de pequenos textos escritos.
 Describir oralmente e por escrito paisaxes e récords.
 Saber contar a partir de 100.
 Expresarse correctamente de maneira oral e por escrito falando de diferentes
tipos de accións.

7
 Dominar o presente de indicativo de certos verbos irregulares.
 Empregar correctamente o vocabulario necesario en cada situación de
comunicación.
 Saber utilizar as formas lingüísticas apropiadas para expresar a obriga, a
prohibición.
 Practicar aspectos gramaticais como o superlativo ou os pronomes relativos.
 Ler con corrección textos cortos e simples.
UNITÉ 3
 Saber extraer información global e específica de pequenos textos orais.
 Entender información esencial de pequenos textos escritos.
 Explicar oralmente e por escrito proxectos futuros.
 Expresar o interese por algo.
 Saber situar no tempo os acontecementos.
 Describir diferentes oficios empregando con corrección o vocabulario necesario e
as fórmulas lingüísticas apropiadas.
 Expresar por escrito e oralmente desexos.
 Dominar o futuro simple de indicativo dos tres grupos de verbos.
 Empregar correctamente o vocabulario necesario en cada situación de
comunicación.
 Ler con corrección textos cortos e simples.
 Redactar unha pequena carta.
 Repaso: dominar a formación do feminino dos substantivos e dos adxectivos.

UNITÉ 4
 Saber extraer información global e específica de pequenos textos orais.
 Entender información esencial de pequenos textos escritos.
 Explicar oralmente e por escrito os seus gustos literarios.
 Describir accións.
 Expresar por escrito e oralmente desexos.
 Coñecer a formación dos adverbios en –ment.
 Practicar con frases que conteñan dous pronomes persoais.
 Empregar os pronomes demostrativos.

8
 Revisar o passé composé.
 Empregar correctamente o vocabulario necesario en cada situación de
comunicación.
 Ler con corrección textos curtos e simples.
 Redactar e compoñer unha revista.
 Empregar correctamente o vous nas diferentes situacións da vida cotiá.

3º TRIMESTRE
UNITÉ 5
 Saber extraer información global e específica de pequenos textos orais.
 Entender información esencial de pequenos textos escritos.
 Describir costumbres e situacións pasadas.
 Explicar oralmente e por escrito acontecementos pasados.
 Dominar os tempos básicos do pasado: passé composé e imperfecto.
 Revisar o imperativo e empregalo cos pronomes tónicos.
 Empregar correctamente o vocabulario necesario en cada situación de
comunicación.
 Ler con corrección textos cortos e simples.
UNITÉ 6
 Saber extraer información global e específica de pequenos textos orais.
 Entender información esencial de pequenos textos escritos.
 Aprender a diferenciar cando se debe atuar ou chamar de vostede.
 Facer eleccións e propostas.
 Describir unha viaxe.
 Construir entrevistas, dominando os mecanismos lingüísticos para formular
preguntas e contestalas.
 Contar acontecementos pasados.
 Dominar o emprego dos pronomes: où, y, en.

 Revisar o passé composé e o imperfecto de indicativo.


 Empregar correctamente o vocabulario necesario en cada situación de
comunicación.

9
 Ler con corrección textos cortos e simples.

4ºESO

1º TRIMESTRE
UNITÉ 0
 Efectuar predicións.
 Relatar en pasado.
 Describir persoas.
 Falar dun mesmo.
 Empregar os dobres pronomes persoais.
 Comprender e utilizar as funcións discursivas e formular preguntas.
 Formar adverbios.
 Revisar os pronomes tónicos e posesivos.
 Coñecer a formación do imperativo.
 Explicar a súa maneira de traballar.

UNITÉ 1
 Saber extraer información global e específica de pequenos textos orais.
 Entender información esencial de pequenos textos escritos.
 Expresar estados físicos.
 Falar da saúde.
 Dicir o que é bo ou malo para a saúde.
 Explicar as vantaxes do deporte para o corpo e para a saúde.
 Presentar os valores do deporte.
 Dar a súa opinión sobre o tabaco.
 Formular frases exclamativas.
 Empregar pronomes demostrativos e indefinidos.
 Empregar correctamente o vocabulario necesario en cada situación de
comunicación.
 Ler con corrección textos curtos e simples.

10
2º TRIMESTRE

UNITÉ 2
 Saber extraer información global e específica de pequenos textos orais.
 Entender información esencial de pequenos textos escritos.
 Dar a súa opinión sobre os informativos.
 Falar da televisión.
 Expresar a opinión propia sobre a publicidade.
 Pedir e dar consellos.
 Explicar as diferentes utilidades de Internet.
 Saber utilizar as formas lingüísticas apropiadas para expresar a causa e a
finalidade.
 Formular hipóteses sobre o presente e o futuro.
 Dominar o condicional dos verbos regulares e irregulares.
 Empregar correctamente o vocabulario necesario en cada situación de
comunicación.
 Ler con corrección textos curtos e simples.

UNITÉ 3
 Saber extraer información global e específica de pequenos textos orais.
 Entender información esencial de pequenos textos escritos.
 Describir os seus compañeiros desde o punto de vista da personalidade e o
carácter.
 Expresar a oposición, a concesión e a finalidade.
 Falar das relacións pais-fillos.
 Explicar os seus valores persoais.
 Dar a súa opinión sobre a maioría de idade.
 Dominar o modo subxuntivo presente, tanto dos verbos regulares coma
irregulares.
 Empregar correctamente o vocabulario necesario en cada situación de
comunicación.
 Ler con corrección textos curtos e simples.

11
UNITÉ 4
 Saber extraer información global e específica de pequenos textos orais.
 Entender información esencial de pequenos textos escritos.
 Describir accións humanitarias e talleres ao aire libre de rapaces.
 Expresar a súa propia opinión sobre o voluntariado e citar as vantaxes que ofrece.
 Expresar a duración.
 Expresar por escrito e oralmente desexos.
 Empregar os pronomes interrogativos.
 Empregar correctamente o vocabulario necesario en cada situación de
comunicación.
 Ler con corrección textos curtos e simples.
 Realizar un póster sobre un proxecto solidario e presentarllo á clase.

3º TRIMESTRE

UNITÉ 5
 Saber extraer información global e específica de pequenos textos orais.
 Entender información esencial de pequenos textos escritos.
 Saber describir situacións de ocio: actividades, lugares, etcétera.
 Expresar a restrición.
 Falar de cine.
 Dar a súa opinión sobre os museos.
 Empregar a negación cando hai varios elementos sobre os cales recae esta.
 Coñecer o lugar do adxectivo dentro da frase, así como as modificacións de grafía
dalgún deles dependendo desta situación.
 Empregar correctamente a concordancia do participio pasado.
 Empregar correctamente o vocabulario necesario en cada situación de
comunicación.
 Ler con corrección textos curtos e simples.

UNITÉ 6

12
 Saber extraer información global e específica de pequenos textos orais.
 Entender información esencial de pequenos textos escritos.
 Transmitir opinións, peticións e preguntas en presente e en pasado.
 Describir o que nos fai felices.
 Decir cales son os seus centros de interese e dar a súa opinión sobre diferentes
temas.
 Dominar o estilo indirecto en presente e en pasado.
 Empregar correctamente o vocabulario necesario en cada situación de
comunicación.
 Ler con corrección textos curtos e simples.

3) CONTIDOS SECUENCIA E TEMPORALIZACIÓN

1º ESO
1ª Avaliación
 Saudar
 Preguntar e dicir o nome.

 Preguntar e dicir a idade.


 Preguntar e dicir onde vivimos.
 Presentar persoas.
 Preguntar e dicir a data do aniversario.
 Contar ata 31
 Expresar gustos.
 Felicitar o aniversario.
 Deletrear palabras.
 Coñecer os pronomes interrogativos
 Coñecer presente de indicativo

 Coñecer os pronomes persoais suxeito.

 Coñecer os pronomes persoais reflexivos.

 Expresar a negación

13
 Coñecer o léxico dos países

 Coñece o léxico das actividades de tempo libre.

 Coñece o léxico dos meses do ano.

2ª Avaliación
 Falar do material escolar.

 Expresar pertenza.

 Describir o instituto.
 Situar no espacio.
 Preguntar e dicir a materia favorita .
 Dicir a data.

 Presentar a súa familia.

 Contar ata 100.

 Describir un animal.

 Preguntar e dicir a hora.

 Falar dos hábitos cotiáns.

 Coñecer os presentativos

 Coñecer os artigos determinados e indeterminados.

 Coñecer as contraccións.

 Coñecer o número dos substantivos.

 Coñecer as preposicións de lugar

 Coñecer as cores.

 Coñecer a conxugación verbal no presente de indicativo.

 Coñecer o material escolar e as materias.

 Coñecer os días da semana.

 Coñecer os adxectivos posesivos.

 Coñecer o vocabulario da familia.

 Coñecer os números ata 100.

 Coñecer os animais de compañía e salvaxes

 Coñecer as accións cotiás

14
 Coñecer as partes do día

3ª Avaliación
 Describir fisicamente as persoas
 Falar de estado físicos
 Expresar gustos
 Coñecer os adxectivos para describir persoas

 Coñecer o xénero dos substantivos

 Vocabulario do corpo humano.


 Adxectivos de nacionalidade
 Preguntar e indicar un camiño.

 Dicir o enderezo.
 Describir un barrio
 O imperativo

 Vocabulario da cidade

 Vocabulario das tendas e comercios

 Vocabulario da rúa

 Vocabulario das profesións e oficios

2º ESO
1ª Avaliación
 O saúdo
 A presentación dun mesmo (idade, familia, gustos...).
 A descrición física
 A formulación de preguntas
 O vocabulario da vida cotiá
 O vocabulario da participación na vida da clase
 A frase interrogativa
 A frase negativa
 O presente de indicativo: verbos en –er, verbos pronominais.

15
 Os adxectivos para describir as persoas
 As actividades de tempo libre
 As cores
 Os números ata o 100.
 As actividades cotiás
 A descrición da vivenda
 As tarefas domésticas
 A frecuencia das actividades cotiás
 Os ordinais
 Os pronomes persoais complemento directo
 A negación
 Os cuartos da casa
 Os mobles e os obxectos do dormitorio
 As tarefas domésticas
 Repaso: les activités quotidiennes, la famille, l’heure, les jours de la semaine, les
parties de la journée.

2ª Avaliación
 A descrición das pezas de vestir
 A forma de dar a opinión
 A compra de pezas de vestir
 Os traballos que se realizan para ganar algo de diñeiro
 Repaso: Dire ses goûts, Exprimer la cause
 Os adxectivos demostrativos
 O número dos adxectivos de cor
 Os comparativos
 Os pronomes persoais complemento indirecto
 Repaso: le pluriel des noms et des adjectifs.

 O presente de indicativo de pouvoir.


 As pezas de vestir
 Os estampados

16
 Os adxectivos para describir pezas
 As pequenas encargas
 Repaso: Les adjectifs de couleur, les nombres.
 As actividades de tempo libre
 O deporte favorito.

 As invitacións (aceptación e rexeitamento).

 A expresión da obriga.
 A formulación de desexos
 Il faut + infinitivo

 O presente de indicativo de vouloir e devoir.


 Repaso: aller + infinitif.
 As actividades de tempo libre
 Os deportes.

 Internet …

3º Avaliación
 A indicación dos gustos alimentarios.

 A descrición dos pratos.


 A expresión de necesidades (sede e fame)
 A composición dos menús
 Os partitivos
 O pronombre en
 A contestación a preguntas (afirmativas e negativas)
 O presente de indicativo: finir e choisir.
 O imperativo (afirmativo e negativo).
 Os alimentos
 O relato de acontecementos pasados
 A indicación de cantidade
 A expresión de desexos
 O pretérito perfecto (formas afirmativa e negativa)
 A concordancia do participio

17
 As referencias temporais utilizadas co pretérito perfecto
 Peu, peu de/d’ - beaucoup, beaucoup de/d’.
 O pretérito perfecto (con avoir e être).
 O participio
 O presente de indicativo de savoir.
 Os verbos de movemento

3ºESO
1ª Avaliación
 O saúdo.
 A presentación dos profesores ..
 A presentación de si mesmo .
 O vocabulario da roupa.
 Dicir a hora.
 Os partitivos:
 Os adxectivos cualificativos
 O presente de indicativo: verbos do terceiro grupo.
 O imperativo.
 O pretérito perfecto simple (passé composé).
 O vocabulario da clase, o colexio, as materias..
 Os instrumentos de música.
 Os países.
 Os animais..
 Os números.
 A casa.
 Expresar obrigas.
 Os diferentes momentos da acción.
 Os pronomes posesivos.
 Revisión dos determinantes posesivos.
 O presente de indicativo de: aller + infinitif / être en train de + infinitif / venir
de + infinitif.

18
 Revisión do presente de indicativo dos verbos aller / venir / devoir.

2ª Avaliación

 Describir paisaxes e os récords dos animais.


 Explicar como proteger la naturaleza.
 Propoñer ideas para preservar o medio ambiente
 O superlativo:
 Os números desde a centena aos millóns.
 Expresión das obrigas xerais.
 Os pronomes relativos: qui
 A expresión da causa: à cause de, en raison de, parce que.
 Revisión do presente de indicativo de: croire, descendre, entendre,
prendre.
 Revisión do imperativo tanto en forma afirmativa como negativa coa persoa
vous: allez, prenez, écrivez, etc.
 As paisaxes
 Os continentes.
 Os animais salvaxes.
 A ecoloxía.
 Revisión dos alimentos.
 A organización do discurso.
 Formación do feminino dos substantivos e dos adxectivos.
 O plural dos substantivos.
 As preposicións: à, avec, par, contre, pour, de, dans.
 O futuro simple de indicativo.

3ª Avaliación
 Expresar o acordo / desacordo.
 Formación dos adverbios en –ment .

19
 Os pronomes persoais complemento de obxecto directo: me, te, le / la,
nous, vous, les.
 Os pronomes persoais complemento de obxecto indirecto: me, te, lui, nous,
vous, leur.
 Orde dos pronomes persoais.
 Os adxectivos demostrativos: ce, cet, cette, ces.
 Os pronomes demostrativos: celui-ci, celui-là, celle-ci, celle-là, ceux-ci,
ceux-là, celles-ci, celles-là.
 Revisión do presente de indicativo, do passé composé, do futuro e do
imperativo.
 A moda..
 As festas francesas.
 O relato en pasado: passé composé e imperfecto.
 Os pronomes tónicos para identificar unha persoa.
 Os pronomes tónicos despois dunha preposición.
 Os pronomes tónicos para reforzar o suxeito da frase
 Imperfecto de indicativo.
 Revisión do passé composé.
 Revisión do imperativo empregado cos pronomes tónicos.
 A música .
 Formular preguntas.
 O relato en pasado: passé composé e imperfecto.
 Emprego de tu e vous
 As preposicións e artigos cos países.
 O pronome où .
 O pronome y .
 O pronome en .

4ºESO
1ª Avaliación
 Os dobres pronomes personais.

20
 Os pronomes persoais tónicos.
 Os posesivos.
 Os adverbios en –ment .
 O emprego dos tempos de pasado
 frase interrogativa.
 O futuro simple.
 O passé composé .
 O imperativo (afirmativo/ negativo).
 Os verbos en –ger e en –cer en presente e en imperfecto.
 Falar das vantaxes do deporte.

 Os pronomes demostrativos.
 Os adxectivos indefinidos.
 Os pronomes indefinidos.
 Revisión do imperativo na forma tu:
 O corpo humano:

2ª Avaliación
 Expresar a súa opinión sobre a importancia dos informativos
 Expresar hipóteses sobre o presente e o futuro
 Expresar a súa opinión sobre a utilidade da publicidade.
 Expresión da causa:
 Expresión da finalidade:
 Efectuar hipóteses: si + imparfait de l’indicatif – conditionnel:
 Pedir e dar consellos.
 O condicional dos verbos regulares e irregularest.
 As rúbricas do informativo.
 Os programas da televisión.
 A publicidade.
 Internet: .
 Palabras que serven para expresar a oposición.

21
 Palabras que serven para expresar a concesión.
 Palabras que serven para expresar a finalidade.
 Revisión dos pronomes persoais: tónicos, obxecto directo, obxecto
indirecto.
 O subxuntivo presentet.
 Adxectivos para describir persoas (carácter e personalidade).
 Valores dos rapaces.
 Os apelidos franceses.

3ª Avaliación
 Falar das vantaxes que supón traballar dentro dunha asociación
humanitaria.
 Expresar desexos.
 A expresión da duración
 Os pronomes interrogativos
 A expresión de desexos.
 Revisión do presente de subxuntivot.
 O voluntariado.
 A auga.
 Talleres.
 A enerxía.
 O ski.
 A praia.
 A canción.
 Describir as súas actividades preferidas.
 Expresar os seus gustos en materia de cine
 Dar a súa opinión sobre os museos.
 A negación de varios elementos
 O lugar do adxectivo
 O adxectivoi.

22
 A concordancia do participio pasado: co auxiliar “être” e o pronome “on” ( =
nous):
 Os xéneros cinematográficos.
 Os museos
 O espazo.
 As árbores.
 Relatar as palabras de alguén.
 Contar o que che preguntan outras persoas.
 Explicar o que alguén dixo.
 O estilo indirecto en presente: referir unha afirmación, unha pregunta ou
unha petición.
 O estilo indirecto en pasado.
 Verbos que introducen frases en estilo indirecto

4) CRITERIOS DE AVALIACIÓN RELACIONADOS COAS COMPETENCIAS BÁSICAS

1. Comprender a información xeral e específica, a idea principal e algúns detalles


relevantes de textos orais sobre temas concretos e coñecidos, e de mensaxes
sinxelas emitidas con claridade por medios audiovisuais. C1, C2, C6
A través deste criterio apreciarase a capacidade para seguir instrucións, comprender
avisos, diálogos ou exposicións breves e cara a cara que xiren arredor de temas
coñecidos como lecer e tempo libre, preferencias, experiencias persoais, organización da
clase, e aqueles nos que identifiquen a intención do falante. Así mesmo preténdese medir
a capacidade para comprender tanto a idea xeral como informacións específicas de textos
orais procedentes dos medios de comunicación con pronunciación estándar.

2. Participar en conversas e simulacións breves, relativas a situacións habituais ou


de interese persoal e con diversos fins comunicativos, utilizando as convencións
propias da conversa e as estratexias necesarias para resolver as dificultades
durante a interacción. C1, C3, C5, C6
Con este criterio avalíase a capacidade para desenvolverse en conversas utilizando as
estratexias adecuadas para comprender e facerse comprender co fin de expresar gustos,
necesidades, sentimentos, dar e solicitar información, dar opinións e relatar experiencias.
As conversas daranse en relación directa cos interlocutores habituais na aula ou persoas
nativas conscientes de falar con estudantes estranxeiros.
Os intercambios comunicativos poderán presentar algunhas incorreccións que non
dificulten a comunicación.

3. Comprender a información xeral e todos os datos relevantes de textos escritos


auténticos e adaptados, de extensión variada diferenciando feitos e opinións e
identificando se é o caso, a intención comunicativa do autor. C1, C2, C3, C5, C6

23
A través deste criterio se avalía a capacidade para comprender diferentes tipos de textos
escritos (narrativos, descritivos e argumentativos) que traten temas de interese xeral, ou
relacionados con outras materias do currículo, aplicando as estratexias de lectura
coñecidas e outras novas como a identificación do tema por medio de elementos textuais
e para-textuais.
Con este criterio tamén se avalía a capacidade para ler de forma autónoma libros,
noticias, instrucións, explicacións, etc., de certa extensión, en diferentes soportes e con
finalidades diversas: solicitar ou comunicar información para a realización dunha tarefa
específica, aprender contidos doutras materias e ler por pracer ou entretemento.

4. Redactar de forma guiada textos diversos en diferentes soportes, coidando o


léxico, as estruturas, e algúns elementos de cohesión e coherencia para marcar a
relación entre ideas e facerllos comprensíbeis ao lector. C1,C2, C3, C4, C5, C6
Este criterio avalía a capacidade para comunicarse por escrito, para a elaboración e
revisión de borradores e para a elección do rexistro adecuado. Os textos presentarán
como mínimo unha sintaxe simple e facilmente comprensíbel, léxico limitado pero
adecuado ao contexto, e á ortografía e á puntuación correctas. Estes estarán
relacionados coas necesidades de comunicación máis usuais e as diferentes intencións
comunicativas. En todos os escritos, avaliarase tamén a presentación clara, limpa e
ordenada, e a habilidade no uso dos medios informáticos para a elaboración e
presentación de textos.

5. Utilizar de forma consciente en contextos de comunicación variados, os


coñecementos adquiridos sobre o sistema lingüístico da lingua estranxeira como
instrumento de autocorrección e de autoavaliación das producións propias orais e
escritas e para comprender as producións alleas. C1, C2, C3, C4, C5, C6
A través deste criterio apreciarase a capacidade para aplicar de forma cada vez máis
autónoma os seus coñecementos sobre o sistema lingüístico e reflexionar sobre a
necesidade da corrección formal que fai posíbel a comprensión tanto das súas propias
producións como das alleas.
6. Identificar, utilizar e explicar oralmente diferentes estratexias utilizadas para
progresar na aprendizaxe. C1, C2, C3, C5, C6
Este criterio pretende avaliar se os alumnos e alumnas utilizan as estratexias que
favorecen o proceso de aprendizaxe como a valoración dos seus progresos e a reflexión
sobre a propia aprendizaxe; a utilización de estratexias diversas para almacenar,
memorizar e revisar o léxico; o uso cada vez máis autónomo de dicionarios, recursos
bibliográficos, informáticos e dixitais; a análise e a reflexión sobre o uso e o significado de
diferentes formas gramaticais mediante comparación e contraste coas linguas que
coñece, a utilización consciente das oportunidades de aprendizaxe na aula e fóra dela ou
o uso de mecanismos de auto-corrección.

7. Usar as tecnoloxías da información e da comunicación de forma progresivamente


autónoma para buscar información, producir textos a partir de modelos, enviar e
recibir mensaxes de correo electrónico, e para estabelecer relacións persoais orais
e escritas, mostrando interese polo seu uso. C1, C2, C3, C4, C5, C6
Trátase de valorar con este criterio a capacidade de utilizar as tecnoloxías da información
e da comunicación como ferramenta de comunicación e de aprendizaxe en actividades
habituais de aula, e para estabelecer relacións persoais tanto orais como escritas. As
comunicacións que se estabelezan versarán sobre temas familiares previamente
traballados. Tamén se terá en conta se o alumnado valora a diversidade lingüística como

24
elemento enriquecedor, a súa actitude cara á lingua estranxeira e os seus intentos por
utilizala.

8. Identificar os aspectos culturais máis relevantes dos países onde se fala a lingua
estranxeira, sinalar as características máis significativas dos costumes, normas,
actitudes e valores da sociedade cuxa lingua se estuda, e mostrar unha valoración
positiva de patróns culturais distintos aos propios. C1, C2, C3, C5, C6
A través deste criterio apreciarase se os alumnos e alumnas son capaces de identificar en
textos orais ou escritos algúns trazos significativos e característicos da cultura xeral dos
países onde se fala a lingua estranxeira, pódense describilos de forma clara e sinxela e
mostran respecto cara aos valores e comportamentos doutros pobos, superando deste
xeito algúns estereotipos.

5) METODOLOXÍA DIDÁCTICA

A orientación metodolóxica pola que se optou no departamento terá como


obxectivo fundamental contribuír a que os alumnos desenvolvan a competencia
comunicativa. Destacarase a importancia de utilizar correctamente o código da lingua
estranxeira (morfoloxía, sintaxe e fonoloxía), tanto oralmente coma por escrito, para ter
éxito na comunicación. A reflexión sobre o funcionamento da lingua irá encamiñada a que
os alumnos poidan utilizar os coñecementos adquiridos sobre o novo sistema lingüístico
como instrumento de control e autocorrección das producións propias, e como recurso
para comprender mellor as alleas

Así pois, poderase conseguir que os/as alumnos/as se familiaricen coa nova
cultura, ademais de que este coñecemento intercultural os/as axude a superar as
diferenzas e as actitudes intolerantes debidas ao descoñecemento e a unha visión
egocéntrica e moitas veces totalitaria do mundo.

As destrezas comunicativas trátanse de maneira integrada. En cada unha das


unidades (subdivididas nas correspondentes leccións), todas as actividades realízanse en
catro vertentes:

 Comprensión oral.
 Expresión oral.
 Comprensión escrita.

25
 Expresión escrita.

6) MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS


Para o/a alumno/a:

O Livre de l’élève

O Cahier d’exercices

Magazine

Para o/a profesor/a:


Livre du professeur / Libro do profesor (francés / castelán).
Fichas fotocopiables e fichas de Avaliacións (probas que poden ser
utilizadas como referentes de exercicios de avaliación).
Livret de jeux et d’activités
CD audio
DVD ou vidéo

7) PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

A) Instrumentos de avaliación.
- Probas escritas.
- Traballos realizados polo alumnado.
- Fichas de reforzo/ampliación proporcionadas polo profesorado.
- Libreta do alumno/a.
- Fichas de observación do profesorado.

B) Procedementos:
As probas escritas puntuaranse sobre 10, especificando, na medida do posible o
valor de cada pregunta para a nota final.

Os traballos feitos polo alumnado computarán un 10% da nota final da avaliación


xunto coas observacións do profesorado.

8) CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

Os procedementos de avaliación serán os mesmos en todos os cursos:


1. As probas escritas constituirán o 90% da nota final da avaliación. Serán polo
menos dúas probas por avaliación. Cada proba incluirá unha pregunta de temas
anteriores – os diferentes tempos verbais estudados durante o curso- que

26
permitirá valorar se os alumnos/as que non obtiveron unha cualificación positiva
nas probas anteriores, alcanzaron un nivel mínimo de coñecemento da materia.
a. Se un alumno/a obtén unha nota negativa ao final do curso, deberá ir ó
exame global de Xuño, ben coa avaliación que ten pendente, ben con toda
a materia do curso se ten dúas ou máis avaliacións suspensas.
b. No caso de suspender novamente en Xuño, o alumno/a tendrá unha nova
oportunidade no exame global do mes de setembro.
2. O 10% restante da nota conformarano a actitude (no referente á participación,
resolución de dúbidas, interese etc.) e os diferentes traballos que sexan requeridos
e libretas.

9) CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES (DOGA, 13 XULLO 2007)

1º ESO
Bloque 1. Escoitar e falar.
* Comprensión de mensaxes orais sinxelas e básicas para realizar actividades da aula.

* Comprensión de textos orais sinxelos gravados ou en diferentes soportes multimedia,


conectados cos seus intereses e apoiados con imaxes, sons e xestos.

* Achegamento a aspectos elementais fonéticos, do ritmo, acentuación e entoación da


nova lingua.

* Participación con actitude de colaboración en situacións de comunicación sinxelas e


básicas, reais ou simuladas, seguindo modelos e empregando respostas verbais ou non
verbais.

* Memorización de producións orais breves significativas (saúdos, rutinas para iniciar ou


manter a quenda de palabra, fórmulas orais breves para manter a atención...).

* Interese por empregar a lingua estranxeira en situacións variadas de comunicación


(saúdo, despedida, presentacións, felicitación ás persoas da aula nos seus aniversarios,
expresións básicas de estados de ánimo...).

* Utilización das estratexias básicas que favorecen a comprensión e expresión oral: uso
do contexto visual e non verbal e dos coñecementos previos sobre o tema ou a situación
de comunicación transferidos desde as linguas que coñece á lingua estranxeira.

* Valoración da lingua estranxeira como instrumento para comunicarse e para achegarse


a persoas doutras culturas.

* Valoración positiva das intervencións orais propias e alleas.

* Recoñecemento e aprendizaxe de formas básicas de relación social en lingua


estranxeira.

27
Bloque 2.

Ler e escribir.
* Asociación e identificación de grafía, pronuncia, fonema e significado a partir de modelos
escritos, de imaxes, con palabras coñecidas e relacionadas con temas próximos ao
alumnado, en situacións contextualizadas empregando diferentes recursos visuais e
informáticos.

* Lectura e comprensión de diferentes mensaxes, (tiras de banda deseñada, karaoke,


menús, instrucións dun xogo, mensaxes de correo electrónico, xogos de pistas, anuncios
publicitarios) e adaptadas á súa competencia lingüística, en soporte papel e dixital, para
utilizar información global e específica no desenvolvemento dunha tarefa ou polo placer
da lectura.

* Escritura de palabras e enunciados moi sinxelos e coñecidos previamente en producións


orais utilizando distintos medios (xogos visuais e informáticos nos que o alumnado teña
que formar palabras e asocialas con imaxes, modelos, textos para completar) coa
intención de compartir información ou cunha intención lúdica e/ou funcional.

* Uso de programas informáticos educativos para ler, escribir e presentar mensaxes


sinxelas.

* Interese polo coidado na presentación dos textos escritos.

* Valoración positiva dos textos escritos propios e os do resto das persoas da aula,
colaborando na súa produción e exposición e integrando estas na rutina diaria (carteis,
calendario, cartafol colectivo).

* Uso de distintas fontes, en soporte papel, dixital ou multimedia, para obter información
co fin de realizar tarefas individuais ou en grupo.

Bloque 3. Coñecementos da lingua

Coñecementos lingüísticos
* Identificación de elementos morfolóxicos básicos e habituais no uso da lingua como o
substantivo, verbo, adxectivo, adverbio, preposición, e conectores básicos de adición -e,
ou, tamén...

* Identificación e uso de expresións comúns, de frases feitas sinxelas relativas ao saúdo,


á despedida, ás presentacións, aos parabens de aniversario, e de léxico relativo a
contextos concretos e cotiáns de prioridade inmediata (información persoal básica,
material e instrucións de aula, materias escolares, actividades de lecer, trazos básicos
físicos e de personalidade).

* Identificación de antónimos básicos e de uso habitual.

* Uso de estruturas lingüísticas e funcións comunicativas básicas relacionadas con


situacións cotiás.

28
* Identificación de sons e grafías de fonemas e produción de trazos fonéticos que
distinguen fonemas (nasalización, sonorización...).
* Recoñecemento e produción comprensible de patróns moi básicos de ritmo, entoación e
acentuación de palabras e frases.

* Soletreo do nome, enderezo, nacionalidade e outros datos persoais.Reflexión sobre a


aprendizaxe.

* Aplicación de estratexias básicas para organizar, adquirir, recordar e utilizar léxico.

* Uso guiado de estratexias que permiten a adquisición de novos coñecementos e a súa


integración na propia competencia: observación, repetición, memorización utilizando
estratexias de agrupación léxica, imaxes e representacións visuais de sons.

* Uso de estratexias para producir lingua adecuadamente: repetición por imitación e


recoñecemento e uso de modelos da lingua estranxeira.

* Reflexión guiada sobre o uso e o significado das formas gramaticais axeitadas a


distintas intencións comunicativas.

* Uso de estratexias de autoavaliación e autocorrección das producións orais e escritas


propias.

* Aceptación do erro como parte do proceso de aprendizaxe e actitude positiva para


superalo.

* Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe.

* Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula e


fóra dela.

* Participación activa e cooperativa en actividades e traballos grupais.

* Confianza e iniciativa para expresarse oralmente e na escrita.

Bloque 4. Aspectos socioculturais e consciencia intercultural.

* Recoñecemento e valoración da lingua estranxeira como instrumento de comunicación


na aula, ou con persoas doutras culturas.

* Identificación dos principais costumes e trazos da vida cotiá propios doutros países e
culturas onde se fala a lingua estranxeira.

* Comparación de aspectos da vida cotiá dos países nos que se fala a lingua estranxeira
cos propios, evitando os estereotipos.

* Uso de fórmulas de cortesía axeitadas nos intercambios sociais.


* Coñecemento de trazos moi básicos dos países da unión europea e identificación das
linguas que se falan neles.

29
* Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas pertencentes a
outras culturas.

* Toma de conciencia da diversidade lingüística e cultural europea e aceptación da propia


pertenza a esta, evitando actitudes etnocéntricas.

2º ESO

Bloque 1. Escoitar e falar.

* Comprensión de mensaxes orais de progresiva complexidade articuladas con claridade


e pausadamente, para realizar actividades da aula.

* Comprensión de textos orais de dificultade crecente-diálogos, anuncios, información


meteorolóxica, localización dunha persoa, obxecto ou lugar- conectados cos seus
intereses en soporte audiovisual e multimedia, para extraer información global e algunha
específica.

* Identificación e dominio progresivo de aspectos fonéticos, do ritmo, acentuación e


entoación da lingua estranxeira como aspectos fundamentais para a comprensión e a
produción oral.

* Participación en situacións reais ou simuladas de comunicación (conversas telefónicas,


peticións, autopresentación e presentación doutras persoas, compravenda, identificación
e localización de persoas, obxectos e lugares) dando respostas verbais e non verbais que
supoñan unha elección entre un repertorio cada vez máis amplo de posibilidades, en
contextos progresivamente menos dirixidos.

* Utilización das convencións propias do proceso comunicativo: prestar atención á persoa


que fala, quendas de palabra, contacto visual, actitude positiva e adecuación da resposta
á intervención das outras persoas.

* Utilización das estratexias básicas para apoiar a comprensión e expresión oral: uso do
contexto visual e non-verbal e dos coñecementos previos sobre o tema ou a situación
transferidos desde as linguas que coñece á lingua
estranxeira e solicitando repeticións para asegurar a comprensión.

* Valoración positiva das intervencións orais propias e alleas na lingua estranxeira como
instrumento para comunicarse e coñecer outras culturas.

Bloque 2. Ler e escribir.


* Asociación de grafía, pronunciación e significado a partir de modelos escritos e
expresións orais coñecidas e consolidación das asociacións grafía-son das mensaxes
empregadas en situacións funcionais de comunicación.

* Lectura e comprensión de diferentes mensaxes significativas (entrevistas de personaxes


de interese, bitácoras, instrucións dun novo xogo, mensaxes de correo, narración dun
suceso, historias curtas...) en soporte papel e dixital, adaptadas á competencia lingüística

30
do alumnado, para utilizar información global e específica, no desenvolvemento dunha
tarefa ou proxecto ou para gozar da lectura.

* Comprensión xeral e identificación de informacións específicas, solicitadas previamente,


en diferentes tipos de textos sinxelos auténticos e adaptados, en soporte papel e dixital,
sobre diversos temas axeitados á súa idade, que vehiculen aspectos socioculturais dos
países onde se fala a lingua estranxeira.

* Uso guiado de estratexias de lectura (utilización das imaxes, títulos e outras


informacións visuais, e dos coñecementos previos sobre o tema ou a situación de
comunicación transferidos desde as linguas que coñece o alumnado),identificando a
información máis importante e deducindo o significado de palabras e expresións non
coñecidas.

* Lectura expresiva e escritura de textos propios de situacións cotiás próximas como


invitacións, felicitacións, notas, avisos, billetes de transporte, entradas, etiquetas, xogos.

* Composición de textos sinxelos a partir de modelos, empregando expresións e


enunciados moi coñecidos oralmente, para transmitir información, ou con intencións
comunicativas propias da vida diaria.

* Utilización das tecnoloxías da información e a comunicación para ler e transmitir


información (webs, programas multimedia, correo electrónico).

* Interese polo coidado e a presentación dos textos escritos valorando o sentido estético
dos mesmos.

* Interese por cooperar na utilización da lingua estranxeira na súa forma escrita na aula,
por expoñela como recordatorio visual e para a aprendizaxe de novas palabras e
expresións (carteis para identificar os obxectos e espazos da aula, calendario, normas de
xogos...).

* Iniciación ao coñecemento e uso das estratexias básicas para producir textos (elección
da persoa destinataria, finalidade, planificación, redacción do borrador, revisión do texto e
versión final) a partir de modelos moi estruturados e con axuda.

Bloque 3. Coñecementos da lingua.

Coñecementos lingüísticos.
* Identificación de elementos morfolóxicos básicos e habituais no uso da lingua como o
substantivo, verbo, adxectivo, adverbio, preposición, e conectores básicos de adición - e,
ou, tamén...-, enumeración e clasificación -en primeiro lugar, a continuación, logo,
finalmente.

* Identificación e uso de expresións comúns, de frases feitas sinxelas relativas ao tempo


meteorolóxico, gustos, localización espacio-temporal, lugares e de léxico relativo a
contextos concretos e cotiáns de prioridade inmediata (comida e bebida, actividades
cotiás e de lecer, o corpo e o estado físico...).

* Identificación de antónimos básicos e de uso habitual.

31
* Recoñecemento e pronuncia intelixible de fonemas básicos.

* Recoñecemento e produción comprensible de patróns básicos de ritmo,entoación e


acentuación de palabras e frases.

Reflexión sobre a aprendizaxe.


* Ampliación de estratexias para organizar, adquirir, lembrar e utilizar léxico.

* Uso de estratexias que permiten a adquisición de novos coñecementos e a súa


integración na propia competencia: memorización, identificación de necesidades,
inferencia.

* Uso de estratexias para producir lingua adecuadamente: repetición por imitación e


recoñecemento e uso de modelos da lingua estranxeira.

* Uso de recursos para a aprendizaxe como dicionarios, libros de consulta, bibliotecas ou


tecnoloxías da información e da comunicación.

* Reflexión sobre o uso e o significado das formas gramaticais axeitadas a distintas


intencións comunicativas.

* Participación en actividades de avaliación compartida, na avaliación da propia


aprendizaxe e uso de estratexias de autocorrección.

* Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe.

* Interese por aproveitar as oportunidades da aprendizaxe creadas no contexto da aula e


fóra dela.

* Participación activa en actividades e traballos grupais.

* Confianza e iniciativa para expresarse oralmente e na escrita.

Bloque 4. Aspectos socioculturais e consciencia intercultural.

* Recoñecemento e valoración da lingua estranxeira como instrumento de comunicación


internacional.

* Identificación e respecto cara aos costumes e trazos da vida cotiá propios doutros
países e culturas onde se fala a lingua estranxeira respecto a patróns culturais existentes
en Galicia.

* Iniciación á competencia intercultural mediante a identificación de aspectos


socioculturais básicos dos países nos que se fala a lingua estranxeira coas culturas do
alumnado, se é o caso, analizándoos comparativamente, evitando os estereotipos e
incidindo nos trazos característicos da cultura galega.

* Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas pertencentes a


outras culturas.

32
* Respecto pola cultura da lingua estranxeira en comparación coa galega, acadando unha
consciencia intercultural que supere os estereotipos.

* Toma de conciencia da diversidade lingüística e cultural europea e aceptación da propia


pertenza a esta, evitando actitudes etnocéntricas.

3º ESO
Bloque 1. Escoitar e falar.

* Comprensión global e específica de textos orais auténticos ou pedagóxicos de


progresiva complexidade articulados con claridade e ritmo pausado e acentuación
estándar relacionados coas actividades propias da aula, cos intereses dos rapaces e das
rapazas, e cos seus sentimentos, desexos e gustos (entrevistas a persoas coñecidas,
sucesos, relato oral do que se está facendo, vendo ou escoitando, relato da vida diaria de
compañeiros/as e de persoas doutras culturas).

* Interese pola pronuncia coidada, ritmo, entoación e acentuación adecuadascomo


aspectos fundamentais para a comprensión e a produción oral.

* Participación activa en situacións cotiás sinxelas de comunicación espontáneas,


relacionadas coas actividades de aula, e planificadas (decidir sobre un asunto, facer
peticións, organizar a actividade, traballar en equipo, pedir aclaracións ou axuda, expoñer
un tema...), respectando e empregando as convencións propias do proceso comunicativo.

* Participación nas situacións de comunicación con pronuncia e entoación axeitadas para


conseguir a comunicación, e colaborando co seu interlocutor para facilitarlle a
comprensión, utilizando adecuadamente os conectores lóxicos, temporais, de causa e de
comezo e peche do discurso.

* Confianza no uso das estratexias básicas para apoiar a comprensión e expresión oral:
uso do contexto visual e non-verbal e dos coñecementos previos sobre o tema ou a
situación de comunicación transferidos desde as linguas que coñece á lingua estranxeira,
e solicitando repeticións e reformulacións para asegurar a comprensión.

* Interese por empregar a lingua estranxeira e por aprender o seu uso en novas situacións
de comunicación de progresiva complexidade, atendendo á correccióne á adecuación das
expresións.

* Valoración das actividades realizadas fóra da aula nas que a lingua empregada sexa a
lingua estranxeira.

* Valoración das linguas como medio para comunicarse e relacionarse con compañeiros e
compañeiras doutros países, como recurso de acceso á información, e como instrumento
de enriquecemento persoal ao coñecer culturas e maneiras de vivir diferentes.

* Actitude crítica ante as desigualdades amosadas nas mensaxes procedentes dos


diferentes medios de comunicación social, audiovisuais e multimedia.

Bloque 2. Ler e escribir.

33
* Comprensión de instrucións básicas para a resolución de actividades presentadas por
escrito.

* Comprensión da información xeral e específica en diferentes tipos de textos, auténticos


e adaptados, breves, en soporte papel e dixital, sobre asuntos familiares, que vehiculen
aspectos socioculturais dos países onde se fala a lingua estranxeira en resposta a unha
tarefa previamente coñecida.

* Recoñecemento da idea principal dun texto sinxelo, distinguindo os distintos núcleos de


información e as relacións lóxicas de cohesión e coherencia establecidas entre eles
(conectores textuais e estratexias de progresión do tema).

* Uso progresivamente autónomo de estratexias de lectura (utilización dos elementos do


contexto visual e dos coñecementos previos sobre o tema ou a situación de comunicación
transferidos desde as linguas que se coñecen previamente), identificando a información
máis importante, deducindo o significado de palabras e expresións non coñecidas e
empregando dicionarios ou tradutores dixitais.

* Exploración das posibilidades expresivas da lectura de mensaxes nas que a


expresividade sexa ingrediente fundamental para a comprensión e goce destas (breves
obriñas de teatro, chistes, poemas, cancións, conversas da vida cotiá...).

* Actitude crítica ante as mensaxes procedentes dos medios de comunicación social e da


internet e identificación de valores e ideas subliminais que supoñan calquera tipo de
discriminación ou manipulación.

* Interese pola lectura autónoma de textos en lingua estranxeira para obter información e
goce.

* Lectura e escritura de textos propios de situacións comunicativas habituais de relación


social, de medios de comunicación e de textos para aprender e para informarse.

* Valoración da lingua estranxeira como instrumento para comunicarse por escrito con
rapaces e rapazas doutros lugares (chat e correo electrónico) e para aprender costumes e
aspectos culturais propios dos países onde se fala a lingua estranxeira e doutros nos que
se estuda a lingua estranxeira (manifestacións artísticas e musicais, danzas, festivais,
paisaxe, climatoloxía, patrimonio histórico, comidas, deportes, xogos tradicionais e
actividades de lecer...).

* Produción de textos escritos sobre temas de interese elaborados, seguindo as


secuencias do proceso de produción (planificación, xeración de ideas, textualización e
revisión), tanto de forma individual como cooperativa, (buscando neste caso que o
resultado se acade a través da negociación entre o grupo), utilizando as tecnoloxías da
información para a produción destes.

* Interese polo coidado e a presentación dos textos escritos propios e alleos valorando o
seu sentido estético.

* Composición de textos de creación propia asociados a distintas situacións de


comunicación, progresivamente máis extensos e ricos en léxico e estruturas, seguindo as

34
secuencias do proceso de produción (planificación, xeración de ideas, textualización
-organización en parágrafos, e revisión), con diversas intencións comunicativas (contar
experiencias, sentimentos, preferencias, regular normas, informar de acontecementos,
invitar a actuar con responsabilidade ecolóxica...).

* Interese por empregar as TIC para producir textos e presentacións coa finalidade de
transmitir a outros rapaces e rapazas aspectos relacionados coa nosa identidade cultural
(adaptando ou creando poemas, lendas, cancións e describindo lugares do contorno,
personaxes da nosa cultura, xogos e festas populares...).

Bloque 3. Coñecementos da lingua.


Coñecementos lingüísticos.
* Uso de elementos morfolóxicos (substantivo, verbo, adxectivo, adverbio, pronomes,
preposición, conectores de adición, enumeración, clasificación -primeiramente,
finalmente- comparación e causativos que permitan recoñecer e formular enunciados.

* Uso progresivamente autónomo de expresións fixas, enunciados fraseolóxicos


-preguntas por preferencias, expresión de opinións- e léxico sobre temas de interese
persoal (traballos da xuventude, as festas, a amizade, as saídas, a compravenda...).

* Comprensión de palabras cos prefixos e sufixos máis habituais, e uso de antónimos.

* Uso de estruturas lingüísticas e funcións comunicativas asociadas a diferentes contextos


propios da idade do alumnado.

* Uso guiado de esquemas textuais relativos a textos narrativos descritivos e instrucionais.

* Recoñecemento e produción intelixible de diferentes patróns de ritmo, entoación e


acentuación de palabras e frases.

Reflexión sobre a aprendizaxe.


* Aplicación de diferentes estratexias para organizar, adquirir, lembrar e utilizar léxico.

* Uso de estratexias que permiten a adquisición de novos coñecementos, a súa


integración na propia competencia, e a súa progresiva reutilización: memorización,
recuperación, comparación con outras linguas coñecidas, transferencia.

* Uso de estratexias para producir lingua adecuadamente: repetición por imitación e


recoñecemento e uso de modelos da lingua estranxeira.

* Organización e uso, cada vez máis autónomo, de recursos para a aprendizaxe como
dicionarios, libros de consulta, bibliotecas ou tecnoloxías da información e da
comunicación.

* Análise e reflexión sobre o uso e o significado de diferentes formas gramaticais


mediante comparación e contraste coas linguas que coñece o alumnado.

* Participación na avaliación da propia aprendizaxe e uso de estratexias de


autocorrección.

* Valoración da capacidade persoal para progresar no coñecemento e no uso da lingua.

35
* Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe.

* Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula e


fóra dela.

* Participación activa en actividades e traballos grupais ou individuais.

* Confianza e iniciativa para expresarse oralmente e na escrita.

Bloque 4. Aspectos socioculturais e consciencia intercultural.

* Valoración do uso da lingua estranxeira como medio para comunicarse con persoas de
procedencias diversas.

* Identificación dos trazos comúns e das diferenzas máis significativas que existen entre
os costumes, usos, actitudes e valores da sociedade cuxa lingua se estuda respecto a
patróns culturais existentes en Galicia.

* Iniciación á competencia intercultural mediante a identificación de distintos aspectos


socioculturais característicos dos países nos que se fala a lingua estranxeira coas
culturas, se é o caso, do alumnado, analizándoos comparativamente, evitando os
estereotipos e incidindo nos trazos característicos da cultura galega.

* Coñecemento dalgúns trazos históricos e xeográficos dos países onde se fala a lingua
estranxeira, obtendo a información por diferentes medios, entre eles a biblioteca, a
internet e outras tecnoloxías da información e comunicación.

* Interese e iniciativa por comunicarse con falantes ou aprendices da lingua estranxeira


utilizando soporte papel ou medios dixitais ou tecnoloxías da comunicación que permiten
os intercambios orais e escritos.

* Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas pertencentes a


outras culturas.

* Interese e iniciativa na comunicación con falantes ou aprendices da lingua estranxeira,


utilizando soporte papel, medios dixitais e informáticos.

* Toma de conciencia da diversidade lingüística e cultural europea e aceptación da propia


pertenza á mesma, evitando actitudes etnocéntricas.

4º ESO

Bloque 1. Escoitar, falar e conversar.

* Comprensión detallada de textos emitidos dentro da aula relacionados coas actividades


habituais, e de textos curtos gravados ou emitidos en soporte multimedia e articulados
con claridade e ritmo e acentuación estándar.

36
* Obtención de información xeral de textos orais auténticos gravados e en soporte
multimedia que conteñan vocabulario relativo a lugares, persoas, obxectos,
acontecementos e accións ligados a temas de conversa habituais nesa idade escolar.

* Participación activa en situacións reais de comunicación ou simuladas empregando


expresións cada vez máis complexas, baseadas en modelos e estruturas lingüísticas
coñecidas (para falar da familia, doutras persoas, de actividades diarias, gustos, lugares e
obxectos, con estrutura lóxica e con pronunciación intelixible que non impida a
comunicación.

* Participación en conversas espontáneas, relacionadas coas actividades de aula, e en


simulacións sinxelas e comúns con todo tipo de interaccións (parellas, grupos, equipos)
dentro da aula, narrando historias ou describindo acontecementos, persoas e lugares,
plans e citas, con pronuncia e entoación axeitadas para conseguir a comunicación, e
colaborando co seu interlocutor para facilitarlle a comprensión, e utilizando
adecuadamente os conectores básicos necesarios para asegurar a cohesión e coherencia
do discurso.

* Uso de estratexias de cooperación na interacción e no traballo con outras persoas:


colaborando cos demais na interacción, verificando a comprensión propia e a dos demais
e cooperando activamente na realización das tarefas de comunicación.

* Consciencia no uso de estratexias de comprensión das mensaxes orais: uso do contexto


verbal e non-verbal e dos coñecementos previos sobre a situación (quen fala a quen, con
que intencións, onde, cando) que dan lugar a inferencias do significado baseadas no
contexto; uso dos coñecementos referenciais sobre o tema, así como identificación de
palabras clave.

* Uso de rutinas ou modelos de información que o destinatario vai recoñecer como


narración, descrición ou instrucións.

* Comprensión do sentido dun texto e reformulación na propia lingua coa finalidade de


facer o texto comprensible a un interlocutor próximo que descoñece a lingua estranxeira.

* Valoración das linguas como medio para comunicarse e relacionarse con compañeiros e
compañeiras doutros países, como recurso de acceso á información, e como instrumento
de enriquecemento persoal ao coñecer culturas e maneiras de vivir diferentes.

* Actitude crítica ante as desigualdades amosadas nas mensaxes procedentes dos


diferentes medios de comunicación social, audiovisuais e multimedia.

Bloque 2. Ler e escribir.

* Comprensión de instrucións e indicacións sinxelas e de comentarios sinxelos aos seus


traballos escritos.

* Comprensión da información xeral e específica de textos auténticos, en soporte papel e


dixital, breves, que conteñan vocabulario frecuente sobre temas cotiáns de interese xeral,
que vehiculen aspectos socioculturais dos países onde se fala a lingua estranxeira e
relacionados con contidos básicos doutras áreas do currículo.

37
* Análise da estrutura, contido, léxico e estruturas sintácticas dun texto para identificar o
tipo de que se trata: literario, informativo, científico, etc. distinguindo os distintos núcleos
de información e as relacións lóxicas de cohesión e coherencia establecidas entre eles
(conectores textuais e estratexias de progresión do tema).

* Uso de diferentes estratexias de lectura como a identificación do contido dun texto


escrito coa axuda de elementos textuais e paratextuais (tipografía, deseño gráfico,
imaxes...), uso do contexto, de dicionarios ou aplicación de regras de formación de
palabras para inferir significados e por comparación de palabras ou frases similares nas
linguas que se coñecen.

* Lectura autónoma de textos de certa extensión relacionados cos seus intereses


superando as limitacións dos coñecementos lingüísticos mediante a utilización de
estratexias de comprensión lectora, adecuadas á finalidade da lectura: intensiva, para
informarse minuciosamente; selectiva, en busca dunha información específica; extensiva,
lectura rápida dun texto longo; e oceánica, para facerse unha idea global do texto.

* Uso de distintas fontes, en soporte papel, dixital ou multimedia, para obter información
co fin de realizar tarefas individuais ou en grupo.

* Produción guiada de textos sinxelos e estruturados, utilizando elementos de cohesión


máis complexos (conectores, substitucións léxicas, mantemento de tempo verbal, etc.)
para marcar con claridade a relación entre ideas e utilizando adecuadamente a ortografía
da oración: coma, punto e coma, puntos suspensivos, parénteses e comiñas.

* Uso de diversas estratexias de expresión como a planificación, atendendo ao


destinatario e ao tipo de texto descritivo, narrativo, instrutivo- que corresponda á intención
de comunicación; a xeración de ideas mediante creación de listas, esquemas, remuíños
de ideas colectivos...; a textualización, organizando as ideas en parágrafos e encadeando
estes con marcadores temporais e lóxicos necesarios, atendendo ao tipo de texto;
localización de recursos coma dicionarios; e a revisión do texto, nos aspectos relativos a
ortografía, puntuación, orde das palabras e tempos verbais.

* Comunicación persoal con falantes da lingua estranxeira mediante a correspondencia


postal ou utilizando medios informáticos (e-mail, chats, etc.), identificando nestes últimos
a ausencia de corrección da gramática, a sintaxe e a ortografía debidos á velocidade a á
resposta instintiva e impulsiva que xera a súa inmediatez.

* Presentación coidada dos textos escritos, en soporte papel e dixital -uso de marxes,
espazos entre parágrafos, maiúscula ao inicio de parágrafo, guións nos diálogos-
utilizando as regras básicas de ortografía e puntuación e valorando da súa importancia
nas comunicacións escritas.

* Comprensión do sentido dun texto, desverbalización -desligándose da formulación


lingüística orixinal- e reexpresión do sentido na propia lingua, explicándoo a un
interlocutor próximo, que descoñece a lingua estranxeira, coa finalidade de facer o texto
comprensible e garantir a relación fluída entre falantes e culturas.

Bloque 3. Coñecementos da lingua.

38
Coñecementos lingüísticos.
* Uso de elementos morfolóxicos (substantivo, verbo, adxectivo, adverbio, pronomes,
preposición, conectores, ordenadores do discurso (de comezo e de conclusión); de
explicación -é dicir, isto é...- de resume, causa-efecto, exemplificación e condición que
permitan recoñecer, formular e organizar enunciados e mensaxes.

* Uso de expresións frecuentes e de locucións idiomáticas, frases feitas, circunloquios e


léxico sobre temas pertinentes para a súa vida diaria e temas relacionados con contidos
doutras materias do currículo.

* Uso de antónimos, sinónimos e «falsos amigos», substitución léxica sinxela e formación


de palabras a partir de prefixos e sufixos.

* Uso de estruturas lingüísticas e funcións comunicativas asociadas a diferentes contextos


propios da súa idade.

* Uso de esquemas textuais básicos relativos a textos narrativos descritivos e


instrucionais.

* Recoñecemento e produción autónoma e intelixible de diferentes patróns de ritmo,


entoación e acentuación de palabras e frases.

Reflexión sobre a aprendizaxe.


* Aplicación de estratexias para organizar, adquirir, lembrar e utilizar o léxico.

* Uso autónomo de estratexias que permiten a adquisición de novos coñecementos, a súa


integración na propia competencia e a súa reutilización: memorización, percepción de
diferenzas e similitudes entre linguas coñecidas, transferencia.

* Uso de estratexias para producir lingua adecuadamente mediante estratexias de


combinación: reconstruíndo o significado dunha secuencia ou ampliándoa ou
reformulándoa con elementos coñecidos.

* Organización e uso de recursos para a aprendizaxe como dicionarios, libros de consulta,


bibliotecas ou recursos dixitais e informáticos.

* Análise e reflexión sobre o uso e o significado de diferentes formas gramaticais


mediante comparación e contraste coas linguas que coñece ou mediante dedución das
regras de análise da lingua estranxeira.

* Participación na avaliación da propia aprendizaxe e uso de estratexias de


autocorrección.

* Valoración da capacidade persoal para progresar no coñecemento e no uso da lingua.

* Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe.

* Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula e


fóra dela.

* Participación activa en actividades e traballos individuais e cooperativa nos grupais.

39
* Confianza e iniciativa para expresarse oralmente e na escrita.

Bloque 4. Aspectos socioculturais e consciencia intercultural.

* Valoración da importancia da lingua estranxeira en todos os eidos das


relacións internacionais.

* Identificación das características máis significativas dos costumes, normas, actitudes e


valores da sociedade cuxa lingua se estuda e respecto por patróns culturais distintos aos
existentes en Galicia, obtendo a información por diferentes medios, entre eles a biblioteca,
a prensa, a internet e outras tecnoloxías da información e comunicación.

* Consciencia da propia competencia para axudar, servindo de mediadores entre


individuos que non teñan unha lingua común e carezan, por tanto, da capacidade para
comunicarse en situacións básicas.

* Interese e iniciativa por comunicarse con falantes ou aprendices da lingua estranxeira


utilizando soporte papel ou medios dixitais ou tecnoloxías da comunicación que permiten
os intercambios orais e escritos.

* Valoración do enriquecemento persoal que supoñen a relación e a comunicación con


persoas pertencentes a outras culturas.

* Interese e iniciativa na comunicación con falantes ou aprendices da lengua estranxeira,


utilizando soporte papel, medios dixitais e informáticos.

* Toma de conciencia da diversidade lingüística e cultural europea e aceptación da propia


pertenza a esta, evitando actitudes etnocéntricas.

10) MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

O método utilizado ten en conta a singularidade de cada alumno/a, en tanto que


como persoa e en proceso de formación permanente lle pode achegar ao grupo
elementos positivos, factores de enriquecemento e de variedade na clase. Todo isto
axúdanos: os/as alumnos/as en tanto que individualidades por separado progresan a
ritmos distintos e teñen formas diferentes de aprendizaxe (ademais das súas vivencias
persoais, familiares ou sociais).
O enfoque metodolóxico que imos utilizar ten en conta o anteriormente descrito,
dándolle un tratamento globalizado ao traballo por medio de:
 A adaptación dos obxectivos, dos contidos e das actividades propostas na
programación das unidades.
 As propostas de traballo graduadas e diversificadas para facer que a clase
sexa agradable e produtiva para os/as alumnos/as.
 O método de traballo propón exercicios repetitivos, cancións, xogos, pequenas
redaccións, debuxos, etc.

40
 A planificación de actividades con obxectivos comunicativos e extralingüísticos
que fomentan a comunicación para que poidan ser traballados polo alumnado
con diferentes niveis.
 O fomento da participación e da colaboración entre os/as alumnos/as con
diferentes capacidades, xa que posibilita o traballo en parellas e, sobre todo,
en equipo. Unha actitude positiva de traballo e unha boa participación nas
actividades de grupo serán moi importantes no seu rendemento posterior. O/a
profesor/a axudará a que os/as alumnos/as sexan conscientes disto.

o ACTIVIDADES DE REFORZO
Actividades adicionais propostas na Guía do Profesor.
Apartado Grammaire,do libro do alumno.
Apartado Vocabulaire do libro do alumno.
Cahier
Carpeta de recursos do profesorado.
Actividades do CD-ROM e da páxina web.

o ACTIVIDADES DE AMPLIACIÓN
Actividades adicionais, da guía do profesor.
Actividades do CD-ROM e da páxina web

11) ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN E REFORZO PARA ALUMNOS/AS COA


MATERIA PENDENTE.

* O Departamento de Francés levará a cabo un seguimiento personificado do alumnado


coa materia de Francés pendente.

* Dito seguimento consistirá na entrega de fichas de traballo cos alumnos darán, en un


plazo establecido, o seu profesor/a para a sua corrección e valoración.

* Ademais das fichas de seguimiento, e considerando que é unha materia de contados


progresivos manterase o criterio de que o alumno que supere a primeira avaliación do
curso que está a fazer, superará a materia pendente do curso anterior. De non ser así,
encomendaríase un traballo de reforzo co poder superar a materia, que deberán entregar
no mes de abril.

* De non superar o reforzo, o alumnado presentarase ós exámenes extraordinarios de


maio e/ou septembro.

* En ningún caso se pode superar a asignatura do curso actual sin ter superado antes a
do ano anterior.

* No caso de duda será o Departamento na sua totalidade o que actúe como equipo
evaluador e decida sobre o resultado final do alumno ou alumna.

Haberá unha convocatoria extraordinaria no mes de setembro para aqueles que non
superaran a materia durante o curso.

41
Tendo en conta que os contidos de Francés teñen carácter progresivo o
Departamento de Francés decidiu establecer os seguintes criterios para avaliar os
alumnos coa materia pendente do curso anterior :

 Aqueles alumnos que superen a primeira avaliación do curso no que están este ano ,
daráselle por aprobada a materia do curso anterior.
 O resto dos alumnos terán a posibilidade de recuperar a materia por medio das
fotocopias de reforzo que o pofesor/a lle facilitará no mes de Xaneiro
 Se ainda así non o conseguise debería presentarse a unha proba final no mes de
Maio.

12) ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES PREVISTAS

Para este ano non hai actividades previstas

13) ACCIÓNS PREVISTAS DE ACORDO CO PLAN LECTOR

 Fomento de lectura comprensiva.


 Utilización das bibliotecas de aula.
 Utilización magazine.

14)ACCIÓN PREVISTAS DE ACORDO CO PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

 Pizarra dixital.
 Aula de informática.
 CD do alumnado.
 Vídeo/DVD
 Actividades interactivas.

15) CRITERIOS PARA AVALIAR A PROPIA PROGRAMACIÓN

42
AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA

CURSO ACADÉMICO CLASE


PROFESOR
ÁREA
DATOS ESTATÍSTICOS
CUALIFICACIÓN N.º DE ALUMNOS NOTA MEDIA CLASE
INSUFICIENTE
SUFICIENTE
BEN NOTA MEDIA NIVEL
NOTABLE
SOBRESALIENTE
OBSERVACIÓNS

AVALIACIÓN DA PROGRAMACIÓN
OBXECTIVOS
Traballáronse todos os obxectivos?
Afondouse nalgúns especialmente?
Obxectivos non alcanzados polos alumnos:
Cales: Razón:


Grao de consecución de obxectivos:
Propostas de mellora:

CONTIDOS
CONCEPTOS
Traballáronse todos os conceptos?
Desenvolvéronse especialmente os seguintes:
Cales: Razóns:
 

Grao de adquisición de conceptos:
Propostas de mellora:

16) DOSSIER: ACTIVIDADES DE REFORZO

Adxunto reforzo educativo para 1º e 2º ESO

43
En Vigo, 21 de novembro de 2009

Relación e sinaturas de todos os profesores do departamento

44

You might also like