You are on page 1of 2

Arte e iconografía

URL: http://www.arteiconografia.com/

Consulta realizada : 7/12/2015

Este é un blog que, ademáis de presentar unha enorme calidade visual e


estética, ten como principal obxectivo introducirmos na análise e comprensión
da obra de arte ao longo da historia dende unha perspectiva iconográfica. O
autor ten recompilado un gran número de obras artísticas de pintura, escultura,
arquitectura e outras formas de expresión artísticas, explicadas no seu contexto
histórico e sociocultural e nas que se describe ademáis, o significado das súas
temáticas e os seus elementos formais.

Os diversos contidos do blog organízanse nun menú inicial que permite


acceder aos seus diferentes apartados. Na páxina principal, preséntanse as
últimas obras artísticas analizadas; a través do segundo elemento do menú,
podemos consultar o amplo catálogo de obras comentadas, clasificadas
cronolóxicamente e pertencentes a todos os períodos da historia da arte
universal.

A información recollida complétase cunha serie de vídeos de obras artísticas


comentadas, unha recompilación de recursos didácticos e ligazóns
relacionados coa didáctica da historia da arte e unha selección de visitas
virtuais á diferentes manifestacións artísticas. Detrás de cada comentario
podemos descubrir un interesante traballo de documentación e investigación
cara a presentar os diferentes significados e interpretacións da obra artística no
seu contexto, por riba dos aspectos meramente descritivos ou formais.

Área lingüístico social

Mª Ascensión Maqueda Blasco


Atlas del mundo
Un insólito viaje por las mil curiosidades y maravillas del mundo
Aleksandra Mizielińska y Daniel Mizieliński
Editorial: Maeva Young, 2015, 115 páx.
Formato: 27,2 x 27 cm (Cartoné)
I.S.B.N.: 978-84-16363-46-9

Estamos ante un atractivo libro ilustrado en


gran formato que, dende as súas primeiras
páxinas, nos invita dun xeito peculiar e
motivador, a achegarmos á tremenda
variedade e riqueza natural e cultural do noso
planeta. Tomando como base unha cartografía
máis ou menos convencional, podemos ir
descubrindo curiosidades e peculiaridades dos
distintos conxuntos xeográficos terrestres.
A información xeográfica seleccionada é moi básica; para cada un dos
estados recóllense datos de poboación, superficie, idioma, capital, principais
cidades, accidentes naturais e escala gráfica. Lonxe de ser un atlas
convencional, a finalidade da obra é presentar e transmitir os aspectos máis
curiosos e salientables do medio natural e das características culturais e
humanas dos diferentes espazos xeográficos terrestres, empregando algo
máis de 4.000 divertidas ilustracións en miniaturas.
En cada conxunto xeográfico, os autores van presentando as
curiosidades e peculiaridades de cada territorio: todo tipo de animais,
monumentos, costumes gastronómicas, formas de vestir e tamén algo de
historia, cun certo convencionalismo e tendencia á presentación de
estereotipos.
En definitiva, trátase dunha obra que invita en cada páxina, sen importar
a idade, a recrearmos no divertido que pode ser aprender xeografía viaxando
polo mundo e espertar nos lectores a curiosidade e as gañas de percorrer e
coñecer o noso planeta. O interese e a utilidade didáctica desta obra
maniféstase tamén polo feito de ter recibido máis de dez premios
internacionais.

Área lingüístico social


Mª Ascensión Maqueda Blasco

You might also like