You are on page 1of 15

Patios Inclusivos -Proxecto final (1º e 2º ESO)

 A realidade actual:

o Configuración do patio
 Está dividido en dúas zonas:
 Unha pista deportiva dunha superficie aproximada de 800 m² (40x20m)
con liñas marcadas no chan para fútbol e baloncesto.
 Un porche cuberto dividido en dúas zonas contiguas a distinto nivel con
bancos para sentar e delimitadas por un espazo axardinado.
 Pavillón polideportivo cuberto.

o Relacións que se producen nos recreos


 Os alumn@s xogan libremente e os profesores de garda vixían o patio
mediando nos conflitos.
 O fútbol é o deporte ao que máis se xoga. Xogan os nenos, e co
obxectivo de evitar os conflitos que viña xerando establecemos un
calendario de uso da pista deportiva: luns e venres para os alumnos de
1º e 2º ESO e martes alumnado de 3º e 4º ESO. Os mércores (1º e 2º
ESO) e xoves (3º e 4º ESO) a pista está destinada a Outros deportes.
 Os alumnos que non xogan ao fútbol e as alumnas, están no pavillón
cuberto, na zona do porche charlando cos compañeir@s, na biblioteca, e
algúns con NEE están sós no tempo de lecer e non xogan con ninguén.

Os roles que predominan son:

•Líderes que triunfan no fútbol. Disputas frecuentes nas que algún rapaz
agrede de xeito verbal e ás veces físicamente.
•Solitarios que non encaixan en ningún grupo e non se consegue integralos.
Acaban sentándose na entradiña do centro cos seus auriculares.
•Intelectuais, grupo de 2º da ESO que na hora de lecer en lugar de ir ao patio
fai uso da biblioteca para ler, estudar, usar os ordenadores,…
•NEAE e con gran diversidade funcional que é excluído e hai unha gran
distancia social.

o Perfil do alumnado susceptible de beneficiarse do programa


 Alumna con parálise cerebral.
 Alumno con TEA.
 Alumno con problemas emocionais, de conduta e trastornos de
aprendizaxe.
 Alumno de etnia xitana con discapacidade intelectual e problemas de
relación social.

Necesidades:

Este alumnado ten dificultades á hora de integrarse nos tempos de lecer.


Presentan condutas disruptivas e dificultades psicomotrices para
participar nos xogos deportivos debido ás súas limitacións. O alumnado
non emprega estratexias de acollida para facilitar a integración destes
rapaces.

 Os obxectivos a acadar:

Inclusivos

1.Respectar a quen xoga “diferente”.

2. Conseguir a participación e inclusión de todo o alumnado e previr, detectar e


eliminar calquera actitude de discriminación.

3.Fomentar que todos os alumn@s comprendan aos compañeir@s con NEE e


que aprendan a comunicarse e relacionarse con eles de xeito espontáneo.

4. Crear a figura de acompañantes afíns á alumna con parálise cerebral, ao


alumno TEA e aos rapaces con discapacidade intelectual e dificultades na
linguaxe e comprensión e con trastornos emocionais.

Coeducativos

1.Propoñer xogos coeducativos nos que os rapaces e rapazas xoguen en


igualdade de condicións.

2.Previr, detectar e eliminar calquera actitude sexista.

 A temporalización:
o Localización no curso
 Este proxecto levarase a cabo durante o segundo trimestre do curso (o
primeiro trimestre adicarémolo a observar e a elaborar o programa).

o Frecuencia

• Este programa de actividades de patio levarase a cabo 3 días por semana.


• No terceiro trimestre estudaremos a posibilidade de reducilo a dous días
semanais (por exemplo martes e xoves) dependendo da adquisición de
habilidades sociais por parte do alumnado participante no proxecto.

 Os recursos:
o Humanos

Alumn@s

Grupo de 20 alumn@s de 1º e 2º da ESO. Os alumn@s


voluntarios e implicados na dinamización acompañarán e
axudarán ao alumnado fixo favorecendo a súa inclusión. Coa
relación cos demais alumn@s (os itinerantes) procúrase
aumentar a autoestima dos rapaces e rapazas e a confianza nas
súas capacidades, motivando o sentemento de pertenza ao grupo
de iguais.

FIXOS: grupo de 4 alumn@s con NEAE: alumna con parálise


cerebral, alumno TEA, alumno con problemas emocionais, de
conduta e trastornos de aprendizaxe e alumno de etnia xitana con
discapacidade intelectual e problemas de relación social.

VOLUNTARIOS: grupo de 8 alumn@s afíns aos seleccioonados


como fixos e que queiran participar de forma voluntaria no
programa.

ITINERANTES:grupo de 8 alumn@s voluntarios para participar no


programa. Este grupo irá rotando para que poidan participar todos
os interesad@s.

Dinamizadores

A intervención directa levarana a cabo as 2 profesoras de PT do


centro, a profesora de Educación Física e o profesor de Música.

Coordinadores

A orientadora, xunto co resto dos membros que forman parte do


Equipo de Orientación, encargarase de coordinar o programa e
da formación dos axentes implicados.
Colaboradores

Os titores/as dos grupos participarán na elección dos alumn@s


voluntarios e itinerantes.

o Materiais
 Empregaranse recursos materiais diversos: apoios visuais con
pictogramas para sinalizar as diferentes zonas do patio e as súas
normas e para as secuencias e historias sociais coas regras dos xogos.

 Cada zona de xogo terá un panel informativo con pictogramas onde se


especificarán as normas de uso e funcionamento. Estas zonas serán de
libre circulación.

 Tamén se empregarán conos para delimitar as zonas de xogo, pelotas


de diferentes tamaños, aros, chapas, discos voadores, picas, material de
reciclaxe...
 As accións a levar a cabo:

Elaboraranse varios dosieres de xogos e enviaránselle aos titores para


que nas horas de titoría llos poidan dar a coñecer ao alumnado. Farase
un estudo onde se recollerán os diversos intereses dos rapaces e
rapazas, e ao final de cada mes, organizarase o plan mensual do mes
seguinte tendo en conta as posibilidades de adaptación dos xogos ás
características do alumnado prioritario. O proxecto difundirase por toda a
comunidade educativa e establecerase un calendario para que todo o
alumnado saiba as actividades que se van a realizar, os días do mes
que se van a levar a cabo e en qué zona se van a realizar. Cada
semana dedicarase a 2 ou 3 xogos e a derradeira semana do mes
farase un percorrido por todos os xogos que se levaron a cabo nese
mes. O profesor de música proporá unha serie de cancións que estean
de moda e farase unha votación por curso para elexir a preferida dos
alumn@s. Escoitando esta canción a través do sistema de megafonía do
IES comezarase cos xogos e tamén se dará por rematado o recreo e os
alumn@s deberán volver á súa aula de referencia.

A rutina que se empregará será a seguinte:

Ao comezo do tempo de lecer explicaranse as normas do xogo.


Empregaranse apoios visuais (pictogramas) para axudar aos alumn@s a
comprendelas. Tamén se empregarán pictos para explicar as regras do
xogo mediante secuencias e historias sociais. Colocaranse sinais visuais
no chan, como por exemplo: frechas pintadas para sinalizar os
percorridos ou o sentido da marcha, marcas de sinalización de saídas e
chegadas. En todo momento respectarase a negativa de calquera
alumn@ a participar no xogo.

Os dinamizadores do programa (as 2 profesoras de PT do centro, a


profesora de Educación Física, o profesor de Música e algúns alumn@s
implicados) axudarán aos rapaces e rapazas a realizar os xogos.

Faranse diferentes grupos dependendo do xogo que se vaia a levar a


cabo e procurarase mesturar a cada participante fixo cos seus afíns e
con outros voluntarios.

o Información e comunicación
 Os luns, cando os alumn@s cheguen ao colexio xa poderán ver os
carteis cos apoios visuais que estarán colocados na porta de entrada e
nos corredores do centro para darlles a coñecer os xogos que se levarán
a cabo durante a semana.

 Ademais os profesores que teñan clase a primeira hora da mañá


lembrarán aos rapaces os xogos que se van a realizar e formarán os
grupos de participantes itinerantes.

Durante o desenvolvemento do programa levaranse a cabo reunións


periódicas (unha por semana) entre os dinamizadores e a orientadora
para avaliar as actividades e intercambiar a información precisa para
traballar cos alum@s prioritarios do grupo, coñecer as necesidades de
cada participante e establecer propostas de mellora.

o Actividades

Será precisa unha formación previa en terapias de xogo e


dinamización de grupos que se solicitará ao Centro de Formación
e Recursos da zona a través dun grupo de traballo que se levará
a cabo no IES e no que participarán tódolos axentes implicados
no programa de actividades de patio.

•Adaptación de 2 xogos:

Xogo 1: “Cruzar o río”

Os alumn@s colócanse sobre dúas liñas paralelas separadas


aproximadamente 5 metros.
Un rapaz ou rapaza queda entre as dúas liñas. Detrás das liñas os alumn@s
están a salvo, pero entre elas corren o perigo de ser atrapados. Trátase de
cruzar dunha liña a outra sen ser tocado polo rapaz ou rapaza que queda entre
as dúas liñas.
Cando un alumn@ é tocado pasa a quedar entre as dúas liñas onda o que xa
quedaba.
Tampouco se poden sobrepasar os extremos das liñas, neste caso o que saia
pasa igualmente a quedar entre as dúas liñas.
É convinte limitar a lonxitude destas liñas, para iso utilizamos conos para
marcar os seus extremos.
Se non dispoñemos de liñas na pista de xogo, trazámolas con tizas, panos ou
cordas.

Quen será o derradeiro en quedar libre?

Xogo adaptado:
Como o desprazamento da alumna que está en cadeira de rodas é moi lento,
será convinte introducir un hándicap nos demais alumn@s para igualalos, para
iso atarémoslles os pés con panos ou cordas.
Para o alumno con TEA e os alumnos con discapacidade intelectual e
dificultades na linguaxe empregaremos ordes sinxelas e apoios visuais (uso de
pictogramas ou historias sociais) para facilitar a comprensión das normas e as
regras do xogo.
Simplificaremos as regras e abordarémolas de unha en unha.
Utilizaremos constantemente apoios adaptados ás necesidades de cada
alumn@.

Xogo 2: “As botellas boleras”

Este xogo pódese realizar para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente,
xa que para levalo a cabo precisamos material de refugallo.
Necesitamos varias botellas baleiras de plástico do mesmo tamaño.
Aproveitaremos a materia de Plástica para que os alumn@s as decoren como
máis lles guste.
Dentro das botellas poñeremos un pouco de area para que teñan algo de peso
e o aire non as tire.
Os alumn@s deben derrubalas. Para facelo empregarán pelotas de pequeno
tamaño, tipo tenis (tamén se poderían usar outros materiais como por exemplo
rolos de cartón duro).
A dinámica do xogo é a mesma ca nos bolos normais. Haberá que lanzar a
pelota directamente cara as botellas.
O xogo ímolo a levar a cabo de forma cooperativa e non competitiva. Por iso
faremos grupos e veremos, nun tempo determinado, cantas botellas son quen
de tirar entre todos os membros de cada grupo.

Xogo adaptado:

A alumna con discapacidade motora realizará os lanzamentos desde a cadeira


de rodas ou de pé suxeitada pola ATE ou un profesor.
As distancias de lanzamentos serán menores que para o resto de alumn@s.
Para o alumno TEA e os alumnos con discapacidade intelectual e dificultades
na linguaxe empregaremos apoios visuais (igual ca no xogo anterior) para
facilitar a comprensión das regras do xogo e tamén utilizaremos
constantemente apoios adaptados ás necesidades de cada alumn@.

 A avaliación
o Sistema

Avaliarase:

A temporalización:

QUE:

Necesidade de ampliación ou posibilidade de reducir o programa


a dous días semanais en función da adquisición de habilidades
sociais por parte do alumnado participante no proxecto.

QUEN:

A orientadora e os membros do Equipo de Orientación, que son


os encargados da coordinación do programa, previo acordo cos
titores dos diferentes grupos.

COMO:

A través de enquisas do profesorado titor do alumnado con NEAE


e posterior posta en común.

CANDO:

Ao remate do 2º trimestre do curso.

ONDE:

Reunións periódicas(1 por semana para a avaliación).

Alumnado:

QUE:

FIXO:

Inclusión. Comunicación e interacción. Constancia.


VOLUNTARIO:

Participación. Colaboración. Dinamización. Acompañamento e


axuda ao alumnado NEAE.

ITINERANTE:

Suficientes. Participación. Colaboración.

CANDO:

Unha sesión semanal (na hora de titoría do grupo).

ONDE:

Na propia aula.

No espazo reservado para as sesións.

COMO:

Mediante asembleas de aula, enquisas e a través da observación


directa non participante.

QUEN:

As persoas coordinadoras.

Profesionais:

QUE:

DINAMIZADORES

Fomento da motivación e interese por realizar os xogos.

COLABORADOR

Elección do alumnado voluntario.

QUEN:

As persoas coordinadoras.

O profesorado dinamizador.
COMO:

A través de enquisas e da observación directa non participante.

A través de enquisas e da observación directa participante.

Nas observacións tanto directas como participantes recollerase a


información nun rexistro anecdótico ou nun diario de campo.

CANDO:

Durante unha sesión semanal.

Durante as sesións.

ONDE:

No espazo reservado para as sesións.

Sistema de información

Canles

QUE:

Efectividade. Accesible. Linguaxe comprensible.

QUEN:

A orientadora e os membros do DO, que son os encargados da


coordinación do programa, previo acordo cos titores/as dos
diferentes grupos.

COMO:

A través de enquisas ao profesorado titor do alumnado con NEAE


e reunións para a posta en común.

CANDO:

Ao remate da 1º semana do 1º mes do trimestre.

DONDE:

Reunións periódicas para a avaliación (unha por semana).


Organización das sesións

QUE:

Comprensibles para o alumnado con NEAE. Contribúen á


motivación.

QUEN:

A orientadora e os membros do DO, que son os encargados da


coordinación do programa, previo acordo cos titores/as dos
diferentes grupos.

COMO:

A través da observación directa non participante.

CANDO:

Durante as sesións.

DONDE:

No espazo reservado para as sesións.

Actividades. Xogos.

QUE:

Adaptados aos intereses e ás características do alumnado


prioritario. Duración axeitada para contribuír á motivación do
alumnado NEAE. Fomentan a coeducación, aumentan a
autoestima e a confianza nas súas capacidades.

QUEN:

O profesorado dinamizador (as 2 profesoras de PT do centro, a


profesora de Educación Física e o profesor de Música). Alumnado
implicado.

COMO:

A través da observación directa participante.

CANDO:
Durante as sesións.

DONDE:

No espazo reservado para as sesións.

Materiais/recursos

QUE:

Suficientes e variados. Adecuados e adaptados para o alumnado


fixo.

QUEN:

O profesorado dinamizador ( as 2 profesoras de PT do centro, a


profesora de Educación Física e o profesor de Música). Alumnado
implicado.

COMO:

A través da observación directa participante. Enquisas.

CANDO:

Durante as sesións. Na hora de titoría.

DONDE:

No espazo reservado para as sesións. Na propia aula.

Espazos

QUE:

Axeitados para a realización dos diferentes xogos. Facilitan a


integración do alumnado con dificultades na atención e na
linguaxe.

QUEN:

O profesorado dinamizador. Alumnado.

COMO:

A través da observación directa participante. Enquisas.


CANDO:

Durante as sesións. Hora de titoría.

ONDE:

No espazo reservado para as sesións. Na propia aula.

o Instrumentos

Criterio Instrumento Quen o aplica Como se aplica Cando se aplica

Organización Folla de Profesorado Observación Semanalmente.


das sesións rexistro diario. implicado. directa e indirecta.
Folla de rexistro
diario.

Actividades/ Folla de Profesorado Observación Semanalmente.


xogos rexistro diario. implicado. directa e indirecta.
Enquisas. Folla de rexistro
Alumnado diario.
Asambleas co participante. Enquisas.
alumnado. Intercambios orais
co alumnado.

Exemplo Instrumento 1 FOLLA DE REXISTRO DIARIO: ACTIVIDADES E XOGOS

SEMANA:

RESPONSABLE:

ZONA DE XOGO:

ACTIVIDADE:

• ALUMNADO NON PRIORITARIO

A participación foi:

ALTA MEDIA BAIXA

A cooperación cara a inclusión do alumnado prioritario foi:


ALTA MEDIA BAIXA

O respecto a quen xoga “diferente” foi:

ALTO MEDIO BAIXO

A comunicación e a relación cos alumn@s NEAE foi espontánea:

SI NON

• ALUMNADO PRIORITARIO

A participación foi:

ALTA MEDIA BAIXA

O nivel de comprensión das regras dos xogos foi:

ALTO MEDIO BAIXO

Empregáronse ferramentas comunicativas para encauzar emocións e previr condutas


agresivas:
SI NON

Houbo conflitos e resolvéronse de xeito pacífico:

SI NON

• COEDUCACIÓN

Os alumn@s xogaron en igualdade de condicións:

SI NON

Creouse un clima de entendemento e respecto acerca das características persoais do


alumnado:
SI NON

Superáronse os estereotipos e as desigualdades sociais e de xénero:

SI NON

Apareceron actitudes sexistas e puidéronse eliminar:

SI NON
Exemplo Instrumento 2 ESCALA DE OBSERVACIÓN

CRITERIO ORGANIZACIÓN DAS SESIÓNS

1= mínimo 5= máximo 1 2 3 4 5

Temporalización das actividades

Adecuación dos espazos para o seu


desenvolvemento.

Adecuación e variedade dos recursos


materiais empregados

Emprego de apoios visuais axeitados e


suficientes para facilitar a comprensión
das normas e para explicar as regras
dos xogos.

Implicación dos dinamizadores do programa.

Adecuación das actividades aos intereses dos


rapaces e rapazas.

Duración dos xogos.

Profesorado suficiente.

Emprego de sistemas de comunicación e canles


axeitados.

Suficiente anticipación da información.

Emprego de linguaxe inclusiva.

Emprego de linguaxe coeducativa.

Implicación do alumnado voluntario itinerante.

Participación e implicación do alumnado fixo.

Coordinación do programa.

Formación dos axentes implicados no


desenvolvemento do proxecto.
Colaboración dos titores/as dos grupos.

You might also like