You are on page 1of 4

MATERIA 102

Valor e Significado do Patrimonio Cultural

Introdución ós valores do PC
¿qué, cáles, cándo, ónde?

Fermín E. Pérez Losada
Prof. Titular de Arqueoloxía
Fac. Historia – Campus Ourense
Universidade de Vigo

Introdución ós valores do PC
¿qué, cáles, cándo, ónde?

 Patrimonio Cultural / Heritage  [1] 

* “conjunto de bienes materiales e inmateriales que hemos heredado del 


pasado, que estamos disfrutando en el presente y que merece la pena conservar
para el futuro” (Querol & Martínez 1996).
* “conjunto de bienes muebles, inmuebles e inmateriales que hemos heredado
del pasado y que hemos decidido que merece la pena proteger como parte de 
nuestras señas de identidad social e histórica” (Querol 2010)

* O concepto de Patrimonio Cultural (PC) é unha construción actual: 


todo ben do pasado pode chegar a ser considerado PC na medida en
que cumpra unha función social no presente, ou sexa, represente unha
serie de valores (civilización, coñecemento, cultura…) aprezados e 
recoñecidos pola sociedade actual.
Introdución ós valores do PC
¿qué, cáles, cándo, ónde?

 Patrimonio Cultural / Heritage [2]


* É precisamente esta atribución de valor o que permite que os
vestixios do pasado (PC potencial) poidan converterse en bens 
culturais (PC efectivo)

* Coñecer e discernir os valores do PC, malia que convencionais ou


teóricos, resulta básico e esencial para crear PC e, en consecuencia, 
para deseñar as intervencións de todo tipo que se fan sobre o 
mesmo (valorización, revalorización).

Introdución ós valores do PC
¿qué, cáles, cándo, ónde?

 Valores do PC [1]

* Valor = cualidade positiva que os individuos ou colectividades


atribúen a determinados obxectos, facéndoos merecentes de aprezo
porque satisfacen calquera necesidade ou desexo humano.

* Hai moitos valores recoñecidos, normalmente interaccionados entre 


sí: valor económico (traducible en diñeiro), valor sentimental, valor 
utilitario, valor de representación ou prestixio, etc.

* A atribución de valor non é inherente ás cousas senón que está


sometido ós vaivéns da percepción e comportamento humano. 
Depende, xa que logo, de cada contexto particular (espacio‐temporal, 
histórico, cultural, psicolóxico…)
Introdución ós valores do PC
¿qué, cáles, cándo, ónde?

 Valores do PC [2]


¿QUÉ SIGNIFICA VALORAR?
• A valoración de calquera elemento do patrimonio cultural supón a estimación 
(obxectiva?) da súa relevancia/importancia a partir duns criterios recoñecidos polo 
grupo social.
• Eses valores deben selo tanto para a comunidade actual como para as inmediatas 
xeracións futuras.
• A valoración se produce sempre dentro do contexto do grupo social considerado 
(un tempo e un espazo determinado)

¿POR QUÉ VALORAR?
• Para a inclusión dos bb.cc. en grupos especiales: BICs, Patrimonio Mundial, etc.
• Para organizar as prioridades de acción (en grupos patrimoniais amplos).
• Para decidir a conservación/destrución.
• Para decidir a proteción ou exhibición.
• Para dirixir os argumentos de difusión en sitios públicos.

Introdución ós valores do PC
¿qué, cáles, cándo, ónde?

 Valores do PC [3]

*** Os valores comunmente atribuídos ó PC son 4: asociativo/simbó‐


lico, estético/formal, informativo/histórico e económico.  Tamén se 
pode distinguir o valor utilitario/funcional.
Introdución ós valores do PC
¿qué, cáles, cándo, ónde?

 Valores do PC [4]

INFORMATIVO ESTÉTICO SIMBÓLICO ECONÓMICO

Cualidade que  Cualidades formais  Facultade que  Cualidade dos bb.cc. 


teñen os bb.cc.  e materiais dos  posúen os bb.cc. para  para se converteren
para proporcionar  bb.cc. que os  servir de vínculo  nun recurso
información sobre  converten en moi  directo e tactil co  económico, 
o pasado (valor  aprezables (dignos  pasado. Afirmación  xenerador directo de 
histórico, científico,  de mérito) polos  de identidade ou  riqueza e/ou de 
académico) sentidos idiosincrasia cultural  calidade de vida
propia da  (consecución do 
comunidade social  estado do benestar). 
Turismo cultural e 
desenvolvemento
sostible

Introdución ós valores do PC
¿qué, cáles, cándo, ónde?

 Valores do PC [5]


A identificación e caracterización destes valores do PC é moi recente, 
de finais do século XX:

* Formulación inicial dos valores do PC no ámbito anglosaxón


(EE.UU., Australia, Inglaterra) a finais dos 80 e inícios dos 90: W. 
Lipe (1984), Carta de Burra‐Australia (1989), S. Price (1990), B. 
Startin (1993). 
* Introducción en España a finais dos anos 90 (J. Ballart), con algúns
precedentes previos (F. Carrera 1992).
* Desenvolvemento teórico‐metodolóxico xa no século XXI, 
especialmente no relativo ó valor económico e simbólico.

You might also like