You are on page 1of 6

MATERIA 1.

2
Valor e Significado do Patrimonio Cultural

Valores do PC: histórico,


utilitario, estético

Fermín E. Pérez Losada
Prof. Titular de Arqueoloxía
Fac. Historia – Campus Ourense
Universidade de Vigo

Valores do PC: histórico, utilitario, estético

 Valor informativo ou histórico [1] 

Recoñecemento da cualidade que teñen os bens culturais para 


proporcionar información sobre o pasado (valor informativo, histórico, 
de uso inmaterial, científico, académico)

* Directamente proporcional á investigación (histórica, científica) que se faga sobre o ben:


canto mais estudiado está, mais información proporciona e máis valor terá. 

* Amáis da intensidade da investigación realizada, o valor histórico dun ben cultural tamén


depende da entidade do mesmo: asociación con feitos históricos de relevancia nacional ou
mundial , excepcionalidade e singularidade do ben, nivel de representatividade do pasado, 
etc.

* Dimensión valorada especialmente por arqueólogos e historiadores (e persoas cultas en


xeral) –a historia se constroe a partir dos vestixios do pasado– pero non tanto polo conxunto
da sociedade, que aprecia mais outro  tipo de valores.
Valores do PC: histórico, utilitario, estético

 Valor informativo ou histórico [2] 


Torre Eiffel
París 1889

Atapuerca (Burgos)

Valores do PC: histórico, utilitario, estético

 Valor informativo ou histórico [3] 

* Ballart considera que o valor informativo é un valor de uso (sirve para 


facer algunha cousa ou satisface algunha necesidade humana) pero de 
tipo inmaterial (sirve para incrementar o coñecemento humano, 
respostando á necesidade humana de coñecer).

* O valor de uso inmaterial pode xenerar a longo prazo un beneficio


económico, converterse nun activo útil:
1.‐ O PC incorpora coñecementos sobre o pasado que son extraídos mediante a investigación.
2.‐ A investigación é acumulativa (un descubremento leva a outro e así sucesivamente), engadíndolle
valor ó PC (ademáis do que xá contén por sí mesmo) segundo mais se investiga.
3.‐ Resultado: o valor engadido implica finalmente unha renta, un beneficio económico (directo ou
indirecto, a curto ou a longo prazo)
Valores do PC: histórico, utilitario, estético

Valor informativo ou histórico [4] 


* EXEMPLO 1 [indirecto, longo prazo]: Valor actual do deseño italiano baseado en boa parte na
renta producida polo seu PC (logros materiais e intelectuais) e a súa investigación.
* EXEMPLO 2 [directo, curto/medio prazo]: Proxecto PACE (Proyecto agrícola de los Campos 
Elevados) no lago Titicaca (Perú).

Valores do PC: histórico, utilitario, estético

 Valor de uso utilitario [1] 

Valor utilitario: o ben é aprezado porque sirve para algo concreto ou


satisface algunha necesidade determinada. 
* Valor pouco común no PC  (bens mobles e inmobles normalmente arruinados e inservibles), a 
excepción de monumentos ben conservados que aínda cumpren a función orixinal (p.e.
Ponte de Alcántara, Catedral de Santiago) ou rehabilitacións de edificios históricos, 
industriais ou etnográficos para desempeñaren outras funcións (p.e. museo/sala de 
exposicións, sede de empresa/fundación, hotel, vivenda, etc.) 

* Problemática de friccións ou incompatibilidades (ás veces tamén complementaridades) entre 


o valor de uso utilitario e outros valores do PC, especialmente o estético/formal e o 
asociativo/simbólico. 
Valores do PC: histórico, utilitario, estético

 Valor de uso utilitario [2] 

Mosteiro de San
Estebo de Ribas Ponte de Alcántara
de Sil

Valores do PC: histórico, utilitario, estético

 Valor estético/formal
.
[1] 
.

Recoñecemento das cualidades formais


e materiais dalgúns bens culturais que os
converten en especialmente aprezables
(dignos de mérito) polos sentidos. 

Templo de Poseidón en Cabo Sounion (Grecia) Mosteiro medieval de Meteora (Grecia)
Valores do PC: histórico, utilitario, estético

Valor estético/formal [2] 

* Elementos habitualmente valorables como cualidades estéticas do PC: 


+ Material do que están feitos (cualidades intrínsecas, escaseza, singularidade, 
exotismo).
+ Antigüedade manisfestada nas súas pegadas (pátina, desperfectos, mutilacións…)
+ Artificio/tecnoloxía/monumentalidade. Apreciación da calidade e cantidade do traballo
contido no ben (talento, pericia, inxenio, utilidade, deseño, etc.)
+ Apreciación das cualidades estéticas (beleza, perfección, harmonía, proporción, 
etc.) do ben, normalmente reservado para aqueles bens considerados (polos
Historiadores da Arte) como “obras de arte”
+ Integración do ben no entorno circundante, en sinerxia co valor do patrimonio
natural e/ou da paisaxe cultural inmediata.

* Valor difícilmente aprehensible e mensurable pero probablemente un 


dos mais poderosos e influíntes no PC. 

Valores do PC: histórico, utilitario, estético

 Valor estético/formal
.
[3] 
* Cualidades estéticas ou formais entendidas segundo oposicións: 
* Estético / Utilitario
* Forma / Contido
* Obxecto autónomo / Contexto
* Contemplación / Uso
* Espectador / Usuario

* Teorías de atribución de valor estético ao PC: 


‐ Subxectivista: o valor está na mirada. Raíces no Romanticismo (s. XIX). Radicalmente 
continxente, depende de cada individuo.
‐ Obxectivista: o valor está no obxecto (cualidades intrínsecas). Immanuel Kant (s. XVIII): Estética 
Trascendental. Invariable, para todas as épocas, para todas as culturas, para todos os 
individuos.
‐ Sociolóxica: o valor o asigna un colectivo social dado, nun momento dado. Pierre Bourdieu 
(sociólogo francés do s. XX), incorpora nocións de Erwin Panofsky (historiador alemán da Arte 
do s. XX). Varía segundo as épocas, o colectivo e segundo evolucione o valor.
Valores do PC: histórico, utilitario, estético

 Valor estético/formal [3] 
* Teoría sociolóxica (Panofsky – Bourdieu)
* ”Es posible experimentar todo objeto, natural o fabricado por el hombre, desde un punto de 
vista estético. Hacemos esto, cuando nos limitamos a mirarlo (o a escucharlo) sin referirlo, ni 
intelectual ni emocionalmente, a nada que sea ajeno a él mismo”.
* Os obxectos fabricados polo ser humano poden non reclamar ser estéticamente 
experimentados (como vehículos de transmisión de ideas ou como utensilios funcionais) ou sí 
reclamar ser estéticamente experimentados (caso das obras de arte). A maioría pertence á 
primeira categoría, aínda que o interese pola idea (ou a función) está contrapesado polo 
interese pola forma, que incluso pode chegar a eclipsar á funcionalidade.  Non é posible medir 
científicamente en qué proporción destaca o elemento formal sobre o funcional.
* A intención estética do autor e a intención estética do espectador dependen de normas 
convencionais históricamente cambiantes.
* O modo de percepción estética privilexia a representación (as cualidades formais ou estéticas)
por riba do obxecto da representación (a cousa representada), a forma por encima da función. 
Este modo de percepción imponse a finais do s. XIX no mundo occidental, da mán dos grandes 
museos de arte, antigüidades ou calquera outro obxecto “non artístico” que sexa digno de ser 
conservado e exposto á admiración (á mirada estética) do público en xeral.

You might also like