You are on page 1of 6

TEMA 5: DESENVOLVEMENTO E EVOLUCIÓN DE OUTRAS NOCIÓNS (ECONOMÍA, SOCIOLOXÍA, POLÍTICAS)

Cando falamos de economía, socioloxía e CC políticas cabe detacar que estas están presentes nas nosas vidas desde
pequenos. Os nenos e nenas están baixo a influencia económica, social e política e comprenden moito máis do que
pensamos.

1. QUE É A ECONOMÍA?

“Arte” da administración de recursos


Disposicións técnicas e regulacións
QUE É A ECONOMÍA?
Administrar: xestionar con eficiencia e xustiza
Recursos: alimentarios, naturais, enerxéticos, laborais, financeiros, materiais.

A economía non son as finanzas, empresas, a riqueza; é a que facían e fan os nosos avós, administrar os recursos para
que dure certo tempo, para que se poda distribuir, aforrar. Esa administración de recursos e o que se chama
economía, en moitas ocasións se lle atribúe o termo arte, arte de administrar os recursos; se trata dun coñecemento
de clase popular, facíano as clases recolectoras, gardaban, admisitraban, repartían equitativamente.

Cando falamos de economía referminos a non malgastar recursos.

En que momento a humanidade deixou de coller só o que necesitaba a almacenar grandes cantidades, e para qué?
ese é o gran cambio económico.

O que nos interesa para ensinarlles aos nenos e nenas baseáse na arte de administrar recursos baseados nunha serie
de normativas baixo o dominio da lei, establecentdo por exemplo salarios mínimos, tributos como a facenda pública
(Non todo o que recibimos é para nós)...

A economía ten unha serie de leis, non é unicamente a lei do mercado. Necesitamos outras regulacións, as do estado
por exemplo para as leis da vivenda…

COMO ADMINISTRAMOS ESES RECURSOS?

A economía contén o principio da eficiencia e da xustiza económica.

• Eficiencia: se eu mato unha formiga cun mazo, son eficaz pero non eficiente. A eficiencia quere dicir conseguir
un fin con recursos limitados, só os recursos que necesito; ten que ver con non malgastar.
• Xustiza económica: ten que ver coa distribución económica. Por exemplo que non haxa un 10% de persoas
que teñan o 90% da riqueza do mundo. Repartición xusta.

Como administramos? Dúas maneiras: mundo privado ou mundo público, o que cambia é o obxeto da
administración.

• Privado: se administramos desde este punto de vista pensamos no individual.


• Público: pensamos no colectivo, no ben común.

Hai bens e recursos que son universais, por exemplo a auga, sempre debería estar administrada dende o punto de
vista público, porque é un recurso de todos e de todas.

1
QUE ADMINISTRAMOS?

Recursos, na actualidade son os cartos, que facilitan as cousas. Administramos unha cantidade de cartos, pero en
realidade cando se pensa en ciclos económicos os cartos son unha consecuencia da administración doutros bens, como
os alimentos (froitas, hortalizas, café) estes son recursos de primeira necesidade administrados dende o punto de
vista público, coa regulación de prezos… Outros son os recursos naturais (O máis importante é a auga), o vento, os
minerais (Carbón, petróleo), as pedras preciosas… recursos enerxéticos (luz, gasolina, gas); recursos laborais,
personas como mán de obra, as ferramentas… recursos financieiros como os cartos, os créditos, accións… recursos
materiais, que son os obxetos…

IMP: economía non é sinónimo de enriquecerse é a arte de administrar os recursos de maneira xusta, eficiente…

2. CALES SON OS CONCEPTOS BÁSICOS DA ECONOMÍA NA EI?

Relacións de produción A xeración de riqueza – O traballo – O salario – Os sectores produtivos – As empresas


O intercambio O comercio – O diñeiro – Os prezos – O consumo
A acumulación A riqueza – A pobreza – O aforro – Os bancos – Norte/Sur

Os conceptos económicos que manexamos na Educación Infantil son:

• Relacións de produción: refírese a producir cusas, imos a ver que necesitamos para produir cousas, bens de
consumo, para xerar riqueza. Qué necesitamos? por un lado para producir alimentos necesitamos unha horta,
un campo de cultivo un espazo, un lugar (forza de produción- a terra); o segundo que necesitamos e man de
obra, xente que traballe esa terra, podo ser eu solo como propietario ou ter empleados que desempeñen
diferentes tarefas; por último necesito capital, cartos para pagar a esas persoas e para xerar os meus propios
aforros, ese capital ben de un préstamo ou da miña producción. Ese capital axúdame a seguir producindo.

Dentro da escola en relación a esto traballamos o mundo das profesións a través do traballo/xogo simbólico
tamén traballamos o mundo dos sectores productivos, diferenza de sectores e o mundo da empresa, marcas,
organización e xetión das mesmas, coñecemento dos nomes dalguhas fábricas…

• O intercambio: a compraventa. Tema relacionado cos servizos, diñeiro, prezo das cousas… O intercambio non
comezou con cartos, comezou con bens de consumo (troco). Inventase a monetarización do intercambio, a
primeira moeda que s ecoñece en europa que non fose romana (desp. de roma) é unha moeda galega do s.V.
Essas primeiras moedas tiñan valor en sí mesmo porque eran de prata ou de ouro ao peso.

Aquí nos fixamos o consumo, prezos, canto valen as cousas, como son os billetes, moedas…Empezamos a ver
a utilidade do intercambio.

• A acumulación, o aforro. Por un oposto emparellado (riqueza-pobreza) comezamos a comprender a


importancia do aforro, diferenza entre ter e non ter, comezamos a ser previsores, a planificar o aforro… aquí
entra o mundo dos bancos, de onde se gardan os cartos… Traballamos tamén a solidariedade, o comercio
xusto… todos eses aspectos relacionados coa globalización.

2
3. QUE ACTIVIDADES PODEMOS REALIZAR?

Obradoiro de PROFESIÓNS Aprender distintos traballos e lugares de produción. Traballo Simbólico.

Obradoiro de MERCADO Organizar unha dinámica con distintos postos de venda e consumo. Familias.

Obradoiro “o noso PETO” Aprender a aforrar para saber distribuír e repartir equitativamente.

• Obradoiro de profesións:Aprender distintos traballos e lugares de produción. Traballo Simbólico.


• Obradoiro de mercado: Organizar unha dinámica con distintos postos de venda e consumo. Familias e visita
ao mercado.
• Obradoiro “o noso peto” :Aprender a aforrar para saber distribuír e repartir equitativamente.

4. QUE É A SOCIOLOXÍA?

Conxunto de coñecementos que tratan de explicar o comportamento do ser humano en


QUE É A sociedade
SOCIOLOXÍA?
Estuda a lóxica social, ocupándose das razóns que explican os comportamentos xerais das
persoas

A socioloxía é unha ciencia social que non ten tanta traxectoria como a economía, que dende un comezo
estuvo vinculada aos gobernantes; sen embargo a socioloxía e recente. Céntrase no estudo dos comportamentos
humanos dende un enfoque colectivo, como se comporta o ser humando en sociedade, porque se nos preocupamos
do comportamento individual sería psicoloxía; queremos ver cómo nos agrupamos, como nos identificamos, como
respondemos a distintos estímulos…

A socioloxía busca razóns para os comportamentos xerais dos grupos. Esta socioloxía aparece na vida dos
nenos e nenas dende moi pequenos porque pronto empézanse a identificar con colectivos, comunidades (familia,
escola, grupo de amigos, cidade, equipo de fútbol…) Tamén nos impos colectivizado en distintas normas e prácticas
culturais ou relixiosas… dalgún xeito é importante que nos como mestres e mestras saibamos que cando falamos de
socioloxía podemos observar diversidade dentro da aula, etnia, xénero…

5. CALES SON OS CONCEPTOS BÁSICOS DA SOCIOLOXÍA NA EI?

Grupos sociais Sexo – Idade – nivel de estudos - Emprego

Etnias, razas e diversidade Heteroxeneidade – Migracións - Minorías

O xénero e a igualdade Feminismo – LGTBIQ+ - Violencia

Ecoloxismo

GRUPOS SOCIAIS:

O primeiro que traballamos en socioloxia é o estudo dos grupos sociais. Hai grupos sociais de moitas clases en función
das variables que escollamos, podemos definir grupos sociais polo sexo, agora hai moitas clasificación: pola idade.

3
O nivel de estudos, cando cubrimos o censo, sabemos cantos nenos hai no fracaso escolar, matriculados….Hay 2
grupos: desempregados ou empregados, poboación activa ou inactiva.

Aqui poderiamos por grupos en función do idioma lingüístico, hispanofalantes, lusófonos… o galego non deixa de ser
unha lingua da lusofonía. Con isto podemos formar parte de distintos colectivos, non somos unilaterais, pero poderia
haber outros colectivos que nos identificamos como isiareiros dun grupo.

DIVERSIDADE SOCIAL:

A diversidade social: de procedencias… a sociedade é heteroxénea e polo tanto dende a socioloxía axudamos aos
nenos a acomprender a heteroxeneidade, a diversidade de rexións, culturas, persoas que proceden dun lugar pero
chegaron a outros, todo o que ten que ver coas minorias, pero poden ser maiorías noutro lugar do mundo. Cada vez
as aulas son máis multiculturais e multiraciais e como mestres temos que ter en conta eses costumes, tradicións que
aportan e chegan.

IGUALDADE:

Todo o que ten que ver co mundo do xénero, igualdade, son prácticas educativas que ás veces vinculamos a festexos
e celebracións pero que deberían traballarse a nivel máis formal. Poderiamos traballar a liberdade sexual, as violencias,
o feminismo; é moi importante un traballo activo dende a escola.

ECOLOXISMO:

O ecoloxismo, é un tema xa habitual, o coidado da reciclaxe, de non malgastar a auga, de non verter, non contaminar.
É un dos grandes núcleos da socioloxía.

DUALIDADE URBANO RURAL:

Poderiamos añadir unha máis que é a dualidade urbano rural, a dicotomía entre o mundo urbano que se lle
presupoñen uns valores de culto, liderazgo e riqueza, frente a un rural que normalmente é atrasado, inculto,
desconectado, onde hai pobreza. Reconstruir esas etiquetas e estereotipos.

6. QUE ACTIVIDADES PODEMOS REALIZAR?

A que grupo pertenzo? Aprender a identificarse na comunidade. Diversidade

Maleta viaxeira Cada semana incluiremos na nosa maleta obxectos de distintos lugares e culturas do Mundo.

Dramatización pola A partir dun conto, repartiranse personaxes para traballar distintas violencias e a cultura da
Igualdade Paz

Obradoiro de Reciclaxe

Na escola traballámos con distintas dinamicas, cambios de rol…

A QUE GRUPO PERTENZO:

Aprender a identificarse na comunidade. Organizando a clase cada un dos nenos pode identificarse cunha serie de
valores, pex identificaste cunha cor e vas ao recuncho desa cor.asi os nenos traballan a identificar coa diversidade, e
con outros persoas do meu grupo: colaboro, coopera, establezco relacións.

4
MALETA VIAXEIRA

Cada semana incluiremos na nosa maleta obxectos de distintos lugares e culturas do Mundo. Poderiamos ter na clase
unha maleta viaxeira donde incluir semanalmente obxectos con alguien da escola e nos estan ensinando cousas con
esa diversidade cultural que hai no mundo. asi ao rematar o curso a maleta estará chea de obxectos de procedencia
diversa.

DRAMATIZACIÓN POLA IGUALDADE:

A partir dun conto, repartiranse personaxes para traballar distintas violencias e a cultura da Paz. Facer unha
dramatización, obra de teatro, preparar un guión e nese guion tratar algun tipo de violencia, abuso, podemos antes
ver unha curtametraxe.

OBRADOIRO DE RECICLAXE:
Con distintos materiais, actividades…

7. QUE É A CIENCIA POLÍTICA?

Estuda empiricamente a política nas súas diversas dimensións.

QUE É A CIENCIA POLÍTICA? É o observable, non está referido ó que debería ser a política como tipo ideal ou conduta
desexada

Ten en conta o comportamento político efectivo e observable das persoas e as sociedades.

É unha ciencia social, que estuda empíricamente a política das súas diversas dimensións. Encárgase de facer todas
esas estadísticas demoscópicas. Cando falamos desta ciencia falamos de procesos electorais pero tamén das conductas
das persoas e iso non sería o que sería ideal, xa que o ideal sería máis ben materia da filosofía política.

8. CALES SON OS CONCEPTOS BÁSICOS DA CIENCIA POLÍTICA NA EI?

As relacións de poder Autoridade – Lexitimidade – Separación

A políticas públicas Xestión – Organismos – Sistemas Políticos

As institucións do Estado Constitucións – Parlamentos – Tribunais – Gobernos – Mapa político-


administrativo

Os partidos políticos e sistemas electorais

Falamos da organización institucional do estado e ahí hai 2 organismos distintos: un orgáno político administrativa e
as institucións do estado, é dicir, por un lado estudamos que hai 3 poderes: lexislativo (apróbanse as leis) executivo
(leva a cabo unha acción política a favor desas leis), xudicial (está nos altos tribunais). A división política territorial
que é como se divide a administracion do noso pais.

• As relacions de poder: A cuestión de autoridade. Como mestres seremos unha “autoridade”. A lexitimidade
do poder. Separación de poderes.
• A políticas públicas: Estamos falando de como se xestiona o poder, sabendo que hai organismos e institucións
que xestionan dito poder (mundo da escola, mundo do exercito…) e xestionamos para o público e para o

5
privado inda que deberiamos xestionar para todos. Os distintos sistemas políticos: democracia e ditadura ou
república e monarquía. (Podemos facer un mapa de cantas monarquías quedan en Europa).
• Os distintos sistemas políticos: democracia e dictadura ou república e monarquía, de tal xeito que poderiamos
facer un mapa de cantas monarquías quedan en Europa.

• Institucións do estado: de como temos unha constitución, existen unha serie de parlamentos, congreso ou
parlamentos autonómicos e temos tribunais, gobernos, poderes, provincias, concellos.

• Os partidos politicos e sistemas electorais: se son eleccións presidencialistas, listas abertas ou pechadas e os
distintos partidos políticos co seu abano ideolóxico.

9. QUE ACTIVIDADES PODEMOS REALIZAR?

Obradoiro “Eleccións” Votamos, deseñamos unha campaña.

Visita á Casa do Concello Observar a dinámica dunha institución. Consello Escolar

Obradoiro de Seguridade Vial Aprendemos a cumprir e respectar normas.

• Obradoiro elección: empezando polo deseño dunha campaña, quen se quere presentar, organizar unha
votacion e facer o xogo electoral.

• Visita á Casa do Concello: saída de campo como pode ser a visita do concello, comprendemos o protocolo
desa institucion, vemos o pleno e ver onde se senta a alcaldesa…

• Obradoiro de seguridade vial: aprendendo a cumprir e respectar normas., traballando con comics, contos.

You might also like