You are on page 1of 5

TEMA 1.

- AS ACTIVIDADES ECONÓMICAS E OS ESPAZOS


XEOGRÁFICOS.
*QUÉ É A ACTIVIDADE ECONÓMICA?
A actividade económica é o conxunto de tarefas realizadas polas persoas para obter bens cos que satisfacer
as súas necesidades. Estes bens poden ser:
*MATERIAIS, como alimentos, manufacturas ou automóbiles;
*INMATERIAIS, é dicir, servizos como a educación ou a sanidade.
A actividade económica inclúe tres compoñentes básicos que lles permiten ás persoas satisfacer as súas
necesidades: a PRODUCIÓN, a DISTRIBUCIÓN e o CONSUMO DE BENS.
- A PRODUCIÓN é o conxunto de bens proporcionados pola actividade económica;
- A DISTRIBUCIÓN consiste no traslado da produción ata o consumidor e a súa venda no mercado;
- O CONSUMO é a utilización dos bens proporcionados pola produción.

*CALES SON OS TRES SECTORES DA ACTIVIDADE ECONÓMICA?


A actividade económica adoita agruparse en TRES SECTORES ECONÓMICOS, ou conxunto de actividades
que presentan certos trazos comúns:
- O SECTOR PRIMARIO inclúe as actividades dedicadas a extraer os recursos naturais destinados á
produción, á distribución ou ao consumo. Son a AGRICULTURA, a GANDERÍA, a EXPLOTACIÓN
FORESTAL e a PESCA.
- O SECTOR SECUNDARIO inclúe as actividades dedicadas a transformar os recursos naturais
proporcionados polo sector primario, como a INDUSTRIA ou a CONSTRUCIÓN.
- O SECTOR TERCIARIO comprende as actividades que proporcionan servizos. Entre elas, o
TRANSPORTE, o TURISMO, o COMERCIO, o ENSINO ou a SANIDADE.

*QUEN SON OS AXENTES ECONÓMICOS?


Os AXENTES ECONÓMICOS son os suxeitos encargados de levar a cabo a actividade económica. Estes
suxeitos son as empresas, as familias e o Estado. Relaciónanse entre si constituíndo un circuíto económico
no que intercambian traballo, bens e servizos a cambio de pagamentos.

*QUE SON E COMO SON AS EMPRESAS?


As EMPRESAS son as unidades básicas de produción de bens económicos. A súa FUNCIÓN é producir,
distribuír e venderlles bens aos consumidores, e o seu OBXECTIVO é a obtención de beneficios económicos.
No circuíto económico, as empresas véndenlles os bens que producen ás familias e ao Estado. A cambio
reciben ingresos, cos que lles pagan os salarios ás familias polo seu traballo e os impostos ao Estado.
1
Os TIPOS DE EMPRESAS son moi variados. Diferenciaremos segundo:
-O TAMAÑO. Distínguese entre pequenas, medianas e grandes empresas, segundo empreguen ata 50,
ata 250, ou máis de 250 traballadores, respectivamente.
-A TITULARIDADE DO CAPITAL. Permite distinguir entre empresas públicas, cando a xestión e o capital
proceden do Estado; empresas privadas, cando están en mans de particulares; e empresas mixtas, de capital
público e privado.
-A ORGANIZACIÓN SOCIAL. Diferencia entre empresas pertencentes a particulares e sociedades. Estas
últimas responden a diversas formas:
-Sociedades anónimas (S.A.), nas que o capital se divide en accións, que se reparten entre os
socios inversores segundo a cantidade de diñeiro aportada por cada un. Desta maneira, cantas
máis accións teña un socio, maior será o seu peso na compañía. Estas accións poden venderse
libremente, e este tipo de empresas son as que poden cotizar en Bolsa1.

-Sociedades limitadas (S.L.), nas que o capital está fraccionado en participacións ou cuotas
iguais que non se poden vender libremente, só entre os propios membros da Sociedade
Limitada ou a súa familia, polo que este tipo de empresas non cotizarían en Bolsa.

-Cooperativas, xestionadas colectivamente polos socios que achegan o capital.

*CAL É A FUNCIÓN DAS FAMILIAS E O ESTADO COMO AXENTES ECONÓMICOS?


As FAMILIAS son as unidades básicas de consumo. A súa función é gastar na adquisición de bens co
obxectivo de satisfacer as súas necesidades. No circuíto económico, véndenlles o seu traballo ás empresas
privadas e públicas no mercado de traballo. A cambio cobran un salario, co que pagan os bens que lles
compran ás empresas e os impostos ao Estado.

O ESTADO é, desde o punto de vista económico, unha unidade de produción e de consumo. As súas
funcións son producir bens materiais e servizos públicos necesarios para toda a sociedade, a través das súas
empresas, e consumir bens e servizos das empresas privadas. O obxectivo do Estado é conseguir o benestar
social. No circuíto económico, o Estado proporciónalles ás empresas e ás familias bens e servizos
(infraestruturas, axudas, subvencións, pensións, seguros de enfermidade e de paro, etc.), contrata
traballadores públicos, e cóbralles impostos ás familias e ás empresas.

*CALES SON OS FACTORES DE PRODUCIÓN? DEFINAMOS CADA UN.


Para levar a cabo a súa actividade, as empresas utilizan catro recursos básicos, coñecidos como FACTORES
DE PRODUCIÓN: os recursos naturais, o capital, a tecnoloxía e o traballo.

1
Mercado público onde se realizan operacións financeiras sobre valores, accións, mercadorías etc.
2
-Os RECURSOS NATURAIS son os elementos proporcionados pola natureza que teñen unha utilidade
económica. O aproveitamento destes recursos orixina as actividades económicas básicas: agricultura,
explotación forestal, gandería, pesca, minaría e produción enerxética e industrial.

-O CAPITAL é o conxunto de elementos non naturais necesarios para producir. Inclúe:

 O capital físico ou elementos materiais, como as instalacións e a maquinaria;


 O capital financeiro ou fondos dispoñibles para producir, como diñeiro e créditos;
 O capital humano ou capacidade produtiva das persoas, que depende de aspectos como a súa
formación e experiencia.

-A TECNOLOXÍA é o conxunto de coñecementos, métodos e procedementos empregados no proceso


produtivo. Pode ser:

 Manual, se a persoa achega a forza e o manexo das ferramentas;


 Mecanizada, se as máquinas achegan a forza e as persoas manexan as máquinas;
 Automática ou robotizada, se as máquinas achegan ambas as dúas cousas (forza e manexo das
ferramentas) e as persoas só as programan e controlan.

-O TRABALLO é o esforzo físico ou intelectual realizado polas persoas para a produción de bens materiais
e servizos.
En relación co traballo e o emprego, a poboación divídese en activa e inactiva

 A poboación activa está integrada polo conxunto de persoas que teñen traballo remunerado
(poboación ocupada); e polas que se encontran dispoñibles para desempeñalo (poboación parada ou
desocupada).

 A poboación inactiva inclúe ás persoas que non realizan nin están dispoñibles para desempeñar
un traballo remunerado, como pensionistas, rendistas, estudantes ou traballadores domésticos.

*QUE SON OS SISTEMAS ECONÓMICOS? A QUE PROBLEMAS TEÑEN QUE DAR RESPOSTA?
Os SISTEMAS ECONÓMICOS son distintas formas de organizar e levar a cabo a actividade económica.
Para iso, deben dar resposta a tres problemas económicos básicos:
-Que bens producir e en que cantidade;
-Como producilos;
-Para quen producilos.

3
*CALES SON OS PRINCIPIOS BÁSICOS DO SISTEMA ECONÓMICO CAPITALISTA?
Os principios básicos do sistema son:
-Predominio da propiedade privada;
-Libre circulación de persoas e mercadorías;
-Libre competencia entre as empresas;
-Busca do máximo beneficio individual.
Na actualidade, o sistema capitalista foi adoptado pola maioría dos países do mundo.

*CALES SON OS PRINCIPIOS BÁSICOS DO SISTEMA ECONÓMICO COMUNISTA?


Os principios básicos do sistema son:
-Propiedade estatal das empresas e dos medios de produción;
-A planificación económica faina o Estado;
-Parten da idea de buscar a igualdade social.
Na actualidade, este sistema só subsiste en China, Cuba, Vietnam, Laos e Corea do Norte. Aínda así, nos
últimos anos, algúns destes países están favorecendo a iniciativa privada.

*CALES SON OS PRINCIPIOS BÁSICOS DO SISTEMA ECONÓMICO MIXTO?


Os principios básicos son:
-Propiedade privada, aínda que existen empresas públicas;
-Busca do máximo beneficio individual, aínda que adoptando medidas para redistribuír a
riqueza (ESTADO DE BENESTAR).
Na actualidade, os sistemas mixtos funcionan en moitos países do mundo, especialmente en Europa.

*CALES SON OS PROBLEMAS DO CAPITALISMO?


-ECONÓMICOS. A libre competencia non funciona en certos casos. Así, se as empresas eliminan os
seus competidores e controlan o mercado, poden impoñerlles os prezos aos consumidores
independentemente da lei da oferta e a demanda. O capitalismo xera tamén CRISES ECONÓMICAS
PERIÓDICAS, xa que cando a competencia reduce os beneficios das empresas, estas diminúen a
contratación de traballadores. Con iso, decrece a demanda de produtos, as empresas entran en crise, e
aumenta o paro.

-SOCIAIS. Ás veces, a busca do máximo beneficio individual determina un insuficiente investimento


en bens e servizos sociais, o que prexudica aos grupos sociais máis desfavorecidos.

-AMBIENTAIS. O capitalismo promove un crecemento insostible, baseado no aumento constante da


produción e do consumo (esgotamento e sobreexplotación dos recursos).

4
*QUE É A GLOBALIZACIÓN ECONÓMICA?
A globalización económica consiste na crecente integración das economías nacionais nunha economía de
mercado mundial na que case todas as áreas da Terra están interconectadas.
Cales son as causas da globalización?
 O PROGRESO DAS TELECOMUNICACIÓNS proporciona información instantánea e permite o
contacto entre persoas e empresas de calquera lugar do planeta.

 A MELLORA DOS TRANSPORTES facilita o traslado de mercadorías e persoas a escala mundial,


e permítelles ás empresas ampliar as súas áreas de produción e de mercado a todo o mundo.

 A XENERALIZACIÓN DO SISTEMA CAPITALISTA favorece os intercambios mundiais de todo


tipo ao defender a liberdade económica.

You might also like