You are on page 1of 20

SANTIAGO DE COMPOSTELA 2022-23

Tema 1

Unha panorámica da
intervención do Sector Público
na Economía
Bruno Blanco Varela

GRAO EN CIENCIA POLÍTICA E DA


ADMINISTRACIÓN
ÍNDICE

Tema 1. Unha panorámica da intervención do Sector Público na Economía


1. Funcións do Sector Público e campo específico da Facenda Pública
2. Dimensións e funcións do Sector Público
3. Gastos e Ingresos
4. Os orzamentos

2
Campo específico da Facenda
Pública e funcións do Sector
Público
4

Campo específico da Facenda Pública


A facenda pública estuda o papel do sector público na economía. Isto recolle:
●Cando debería intervir o SP na economía
●Como podería intervir
●Que efecto ten esta intervención nos resultados económicos
●Por que os gobernos deciden intervir da maneira na que o fan

A economía é o estudo da escaseza, da forma en que se asignan recursos aos usos alternativos. A
economía do sector público centra a súa atención nas elección entre o sector público e o privado e nas
elección do propio sector público. Ocúpase das catro cuestións básicas: que se produce, como, para quen e
como é o proceso polo cal se toman estas decisións
A facenda pública estuda o papel do sector público na economía. Isto recolle:
●Cando debería intervir o SP na economía
○Fallos de mercado
○Redistribución
●Como podería intervir
○Impostos / subsidios
○Restrinxir ou obrigar á compravenda privada
○Provisión pública
○Financiamento público da produción privada
●Que efecto ten esta intervención nos resultados económicos
○Efectos directos
○Efectos indirectos
●Por que os gobernos deciden intervir da manera na que o fan
○Cuestión normativa e decisión política
Análise do SP
● Para abordar es preguntas fundamentais da organización económica (que,
como, para quen) necesitamos:

○ Describir que labores leva a cabo o Estado

○ Analizar as consecuencias das súas decisións/políticas

○ Avaliar as distintas medidas

○ Interpretar as forzas políticas que condicionan ás decisións que toman os gobernos


● Saber que actividades realiza o SP e como se organizan: o Estado leva a cabo moitas actividades e
isto fai complicado saber cales son os gastos totais e onde vai o diñeiro. O tipo de actividades
financiadas é diverso

● Comprender e prever as consecuencias das medidas do Estado: cando se pon un imposto sobre as
empresas tamén afecta ás/aos consumidoras/es; que consecuencias ten incrementar a idade de
xubilación... As medidas tomadas non se poden predicir con exactitude e, incluso despois da
implementación, xorden dúbidas sobre os efectos.

● Avaliar outras medidas posibles: ademais de establecer medidas alternativas, cómpre construír uns
criterios de avaliación. Ata que punto a medida escollida pode satisfacer os criterios de avaliación?

● Interpretar o proceso político. O feito de explicar porque se seleccionan determinadas medidas. Hai
certos grupos que saen gañando e perdendo. Algúns aspectos fundamentais son saber en que
medida afecta aos resultados a estrutura do Estado (por exemplo, a composición do Parlamento e a
relación deste coas empresas
Dimensións e funcións do SP

A medición do SP:
Descentralización: Gastos, ingresos,
o tamaño e
quen fai que? déficits e débedas
evolución

Distribución do Distribución do
gasto ingreso
Quen é o Estado?
● Parlamento? Goberno? Tribunal Supremo? Institucións?

● Os países occidentais teñen unha estrutura descentralizada do gasto: local,


provincial, rexional ou autonómica e a central
● Casuísticas relevantes: o Estado crea unha empresa mercantil... Entón onde se
encaixa? É SP?
características

○ Os responsables de dirixir as institucións públicas son elexidos democráticamente, directa ou


Dúas

indirectamente. Nunha empresa son os accionistas quen colocan nese posto directivo.

○ O Estado posúe dereitos de coerción, obriga a pagar impostos, embargar propiedades


Funcións do SP (I)
1. Establecemento do marco xurídico baixo o cal empresas e particulares poden realizar
transaccións económicas. Protexe os dereitos de propiedade. Vela polo cumprimento de
contratos e decide que é legal e que non. Establece leis de produtos defectuosos para
velar pola calidade dos produtos. A lexislación antimonopolio pretende fomentar a
competencia. É un gasto que xenera moito impacto a pesar de ser unha porcentaxe
pequena do gasto público total.
2. A produción do sector público de certos bens, do mesmo xeito que os fan as empresas
privadas. A educación pode ser de carácter público; o servizo de correos tamén; a
produción de subministros como o eléctrico pode ter natureza pública... Hai sectores
que tradicionalmente son privados (agricultura, comercio...)
1. Os sectores que pasan do ámbito público ao privado: privatización. Os sectores que pasan do
ámbito privado ao público: nacionalización
2. Difumínanse os limiares da produción pública e privada. Por exemplo: empresas públicas que
se corporatizan. Tamén xorden modelos híbridos (public-private partnership)
Funcións do SP (II)
● Influencia do Estado na produción privada: ainda que non consuma nin
produza o Estado pode modificar o sistema de incentivos económicos:

○ Subvencións, crédito oficial, impostos e regulación.

○ As subvencións poden darse en contías fixas ou en función do volume de producíón (PAC);


subvencións sectoriais ou tematicas (tecnoloxía e maquinaria); os aranceis tamén serven como
protección nacional

○ Crédito oficial con tipos de xuro inferiores aos do mercado (65)

○ Regulación das empresas: protexer o traballo, o medioambiente, prácticas anticompetitivas


Funcións do SP (III)
● Compras públicas de bens e servizos: apoio da defensa nacional, rede
de carreteras, servizos educativos
● Redistribución da renda:
○ Programas públicos de asistencia social: prestacións a persoas en situación moi
vulnerable Poden ser transferencias monetarias e prestacións en especie (cupones
de alimentos; comedores)
○ Seguridade social: prestacións a persoas maiores, parados, enfermos, xubilados.
Os dereitos que perciben os beneficiarios están relacionados coas súas cotizacións.
○ Programas redistributivos ocultos: Efectos indirectos do sistema tributario e outros
sistemas públicos (subvencións a persoas de rendas máis baixas ou en situación de
vulnerabilidade ou precariedade socioeconómica)
Como medimos o SP? Como é o seu tamaño?

● Crecemento do gasto e evolución

● Evolución das compoñentes de gasto

● Partidas de análise dos orzamentos públicos

● Composición e partidas dos ingresos públicos

● Administración pública e ámbito do SP: local, rexional, nacional, interrexional,

transfronteirizo
Gastos e Ingresos
Gastos
DESGLOSE DE GASTOS CLASIFICACIÓN POR PROGRAMAS
● Gastos de persoal ● Débeda pública
● Gastos correntes en bens e servizos ● Servizos públicos básicos
● Gastos financeiros ● Actuacións de protección e
● Transferencias correntes promoción social
● Fondo de continxencia e outros imprevistos ● Produción de bens públicos de
● Inversións reais carácter preferente
● Transferencias de capital ● Actuacións de carácter económico
● Activos financeiros ● Actuacións de carácter xeral
● Pasivos Financeiros

TOTAL GASTOS TOTAL GASTOS


Lectura dos orzamentos

Definición
Principios
Técnicas
Definición
● Reflicte os gastos e os ingresos previstos para un ámbito determinado do
Sector Público nun período de tempo determinado
● Mide, habitualmente para o intervalo dun ano, os créditos que como máximo
se destinarán ás distintas partidas de gastos, así como as previsións de
recadación e a estimación dos fondos provenientes doutras fontes de ingresos
● O orzamento público constitúe un documento político que recolle a
declaración de intencións dun goberno cuantificada monetariamente para un
exercicio anual
18

● Sintetiza desde a perspectiva económica e financeira o plan de


actuación que presidirá a xestión gobernamental e deberá responder
ás seguintes cuestións:
1. Que facer: que políticas van levar a cabo.

2. Quen pode gastar e ata que límite: clasificación orgánica do gasto.

3. Para que se fará o gasto: clasificación funcional e por programas do orzamento.

4. Como se fará o gasto: clasificación económica do gasto público.


Características do orzamentos (I)
● O carácter xurídico do documento orzamentario: o orzamento é unha
previsión normativa que ha de ser aprobada polo Parlamento e é obrigatoria
para o Goberno.
● É un documento de elaboración e execución periódica
● Exprésase en linguaxe ou forma contable , o cal significa a adopción de
determinadas estruturas de clasificación dos ingresos e gastos e, sobre todo,
que o orzamento ha de presentarse sempre equilibrado e gastos.
20

Características do orzamentos (II)


● O equilibrio contable entre ingresos , que obedece á forma de partida dobre
(calquera operación contable ten unha partida e unha contrapartida), non é
igual ao equilibrio económico ou financeiro , posto que este último excluiría o
endebedamento financeiro para financiar os gastos non financeiros.
● O orzamento constitúe un acto de previsión , fai unha estimación anticipada do
que deben ser os ingresos e os gastos nun exercicio, de aí, a importancia das
técnicas e das hipóteses de previsión sobre as que se desenvolve
● O orzamento representa  concreción do plan económico do grupo político
no poder para un período determinado

You might also like