You are on page 1of 16

Estudo de mercado e Plan de Marketing 1

Estudo de Mercado e Plan de Marketing

Datos identificativos do proxecto


Nome e apelidos do alumno ou alumna

Blanca Penabad Villar

Breve descrición do plan de empresa


(Ten como finalidade lembrar ao profesorado as referencias básicas do plan de empresa: idea de negocio, nome da
empresa ...)

A miña empresa, denominada Compostela Dixital Consulting ou CD Consulting vaise


adicar a elaborar estratexias e plans de marketing dixital, así como asesoramento
tecnolóxico e xestión/posicionamento de redes sociais para negocios ubicados no casco
histórico da cidade de Santiago de Compostela. En resume, todo o relacionado coa
dixitalización de pequenos negocios.

O noso principal obxectivo é cubrir as necesidades e ofrecer solucións no que se refire á


obsoletización tecnolóxica de moitos negocios do casco histórico da cidade compostelá
así como reforzar a visibilidade e posicionamento fronte a grandes empresas.

A proposta de valor de Compostela Dixital Consulting é ofrecer solucións de alta


calidade a un colectivo con características e tendencias propias, cun alto compromiso co
pequeno comercio, así como unha planificación e control constante dos proxectos.
Estudo de mercado e Plan de Marketing 2

1. Diagnóstico da situación inicial

Caracterización xeral do sector da actividade

Código e literal de CNAE correspondente á actividade 1

6201 Actividades de programación informática.

6202 Actividades de consultoría informática.

6203 Xestión de recursos informáticos

6209 Outros servizos relacionados coas tecnoloxías da información e a


informática

Interesa coñecer como está a evolucionar o sector. Nesta fase tomaremos como referencia o mercado ao que nos
diriximos, posto que a nosa empresa probablemente terá un carácter local, non debemos ir máis aló do ámbito
nacional. En concreto haberá que caracterizalo en canto a: tamaño, taxa de crecemento, tipoloxía de empresas,
momento do ciclo de vida do mercado, tipo de competencia, existencia de empresas líderes ou de barreiras de
entrada e calquera outro dato de interese.

1
Consulta https://www.cnae.com.es/lista-actividades.php
Estudo de mercado e Plan de Marketing 3

O sector TIC en España rexistrou un crecemento do 16,9% en 2022 o que significa que as
compañías de servizos dixitiais continúan xerando emprego.
O ano 2022 concluiu con cifras moi positivas tanto a nivel de emprego como en facturación,
acadando un crecemento anual do 16,9%, superior ao crecemento interanual do 2021, que foi
do 11,4%.

Ademáis, en 2021, máis do 86% das empresas que se dixitalizao nen españa son pymes e
autónomos.

O mercado ao que nos diriximos é un mercado en fase de crecemento, expasión e cunha alta
demanda.

Consumidores/Cliente potencial
Definir o segmento de mercado ao que se dirixe a empresa, a súa «target group» e as razóns que motivan o
consumo. Identificación de quen interveñen o proceso de compra: Prescritores, influenciadores, etc.

Dentro do noso target group atópanse principalmente dous tipos de clientes:


- Pequenas e medianas empresas: Ningún sector en específico é alleo ao ámbito das
tecnoloxías, do márketing dixital ou das redes sociais, por tanto calquera empresa da
zona vella de Santiago será un cliente potencial. Moitas empresas precisan ter unha
páxina web ou pretender dar o salto ás ventas online ou estar presentes e activos nas
redes sociais, pois todos estes factores poden afectar significativamente á súa
actividade.
- Particulares: Sen distinción de sexo. Poden ser propietarios dun pequeno
establecemento ou profesionais que buscan darse a coñecer nas redes sociais. Para
atraer este tipo de clientes é preciso ubicarse nunha zona transitada para que coñezan a
CD Conulting o maior número de persoas posible.
- Outro cliente potencial, aínda que non o consideramos como principal, podería ser a
administración pública. O concello de Santiago atópase no casco histórico
compostelán e en numerosas ocasións atópase en demanda de soporte tecnolóxico.

No noso sector, os motivos polos cales un cliente pode preferir CD Consulting fronte a outra
empresa poden ser:
- Motivos de calidade, atención e prezo da nosa oferta de servizos.
- Motivos de proximidade e coñecemento do entorno Composteán.
Estudo de mercado e Plan de Marketing 4

A demanda actual e potencial


Trátase de cuantificar a demanda en termos globais (unidades consumidas e/o cifra de vendas) polo noso mercado
de referencia 2.Trátase de tomarlle o pulso ao consumo. É importante determinar tanto o mercado real como o
potencial, a diferenza entre ambas as magnitudes infórmanos do oco de mercado dispoñible. . É posible que non
dispoñas de toda a información para o teu ámbito de actuación xeográfica, nese caso podes extrapolar os datos
obtidos de ámbitos territoriais máis amplos. Sempre é importante coñecer que está a suceder na contorna xeral, que
pode estar a marcar unha tendencia que tarde ou cedo nos afectará.

O sector TIC en España rexistrou un crecemento do 16,9% en 2022 o que significa que as
compañías de servizos dixitiais continúan xerando emprego.
O ano 2022 concluiu con cifras moi positivas tanto a nivel de emprego como en facturación,
acadando un crecemento anual do 16,9%, superior ao crecemento interanual do 2021, que foi
do 11,4%.

Ademáis, en 2021, máis do 86% das empresas que se dixitalizao nen españa son pymes e
autónomos.

2
O mercado de referencia é o conxunto de individuos que consumen o produto, o mercado real ou actual.
Estudo de mercado e Plan de Marketing 5

Provedores e Intermediarios
Sinala as características máis relevantes destes axentes do mercado para o teu negocio segundo o que comentamos
na Unidade de Traballo

Compostela Dixital Consulting suministrará o servizo directamente ao cliente, sen pasar por
intermediarios. Trátase dunha distribución directa que nos servirá para controlar o correcto
funcionamento e adaptamento do servizo ,así como de posibles seguimentos e actualizacións
ao longo do tempo.

Para que os nosos servizos cheguen aos clientes contamos cos nosos
traballadores/promotores, que son persoas cualificadas para o asesoramento e manexo dos
nosos servizos.

Competencia
É posible que penses que ter competencia é unha desvantaxe, pero se sabes sacarlle proveito, ter competencia
librarache de cometer moitos erros. Identifica a túa competencia, estúdaa para aprender dela, para identificar os
seus puntos débiles e superala. Resume neste apartado a información que poidas localizar sobre a túa competencia
directa: Nome, localización, servizos prestados, prezos, tamaño, vantaxes competitivas, debilidades, etc..

Existe un crecemento interanual en canto ao número de empresas do sector da informática,


similar ao do nivel nacional. As principais empresas de nvoa creación soen aparecer e
instaurarse en grandes cidades como Madrid e Barcelona, máis captan clientes do resto do
país.

A competencia a nivel local coa que me enfrentarei será:


- SquareetLabs
- Ladium Software Solutions
- 2beDigital

Entre os servizos que ofertan estas empresas, SquaretLabs e Ladium destacan o deseño e
desenvolvemento de aplicacións web, sofware a medida e solucións informáticas mentres que
2beDigital destácase no márketing dixital.

No que respecta ás redes sociais e posicionamento, moitas pymes tratan de buscar


traballadores da propia compañía que dispoñan de coñecementos básicos de manexo de redes
para que se encarguen de crear contas, subir contido e atender consultas, en lugar de poñerse
en contacto cunha empresa especializada.
Estudo de mercado e Plan de Marketing 6

Por isto, CD Consulting debe ofrecer aos clientes unha serie de servizos que lle aporte valor
engadido, que o consumidor sexa quen de valorar e percibir.

Existen outros competidores remotos que afectan á nosa empresa xa que ofertan servizos
similares aos nosos de forma online/telemática. Estas compañías medran rápido e non
precisas ter establecementos físicos.

Analizamos brevemente os nosos competidores locais:

- Ano de constitución: 2015


- Web: http://www.ladium.es/#hacemos
Trátase dunha empresa de solucións dixitais que se dedica ao deseño web e programación a
medida ademáis de funcionar como consultora de márketing.

- Ano de constitución: 2024


- Web: https://www.squareet.com
Empresa de desenvolvemento de aplicacións móviles e software a medida. Desenvolvemento
de apps Android e iOS para automatización de tarefas.

- Web: https://2bedigital.com/
Empresa dedicada á dixitalización de negocios, publicidade dixital, solucións de e-commerce
(comercio electrónico) así como creación de contidos para campañas dixitais.
Estudo de mercado e Plan de Marketing 7

Conclusións: diagnóstico da situación inicial


Realiza unha valoración da información recollida.

A continuación enumeraránse as conclusións de CD Consulting:

- A empresa tratará de diferenciarse do resto de competidores da cidade centrándose


nun target group moi concreto e particular e e ofrecendo aos clientes servizos de
valor engadido (servizos e presupostos personalizados, garantías, atención directa,
comunicación continua...).
- A empresa conta inicialmente con dous profesionais perfectamente cualificados para
desenvolver as actividades dentro da empresa (os dous promotores).
- A empresa conta cunha ampla clientela dende particulares ata pequenos negocios e
PYMES.
- Os nosos servizos atópanse en auxe de demanda.
- Ou auxe de dixitalización de PYMES e pequenos negocios (o noso target group)
indícanos un interese no noso tipo de servizos por parte destes grupos.

Referencias ao material consultado para a realización do


apartado
Non te esquezas de incluír as fontes de información que utilizaches como notas ao final de documento. Se se trata
de documentos publicados na internet, por favor inclúe a ligazón .

SoftDoit : https://www.softwaredoit.es/estudio/estudio-demanda-software-empresarial-espana-
2021.html

itReseller: https://www.itreseller.es/en-cifras/2023/03/el-sector-tic-en-espana-registro-un-
crecimiento-del-169-en-2022
Estudo de mercado e Plan de Marketing 8

2. Definición da misión e establecemento de


obxectivos

Misión
A misión de CD Consulting é a creación, desenvolvemento e mantemento de servizos ou
plans de márketing dixital para pymes, comercios ou persoas autónomas da zona vella de
Santiago de Compostela.

Partindo do principio de “mellora continua”, pretendemos ofrecer servizos de calidade


totalmente personalizados e adaptados ás necesidades e posibilidades de cada cliente e das
súas particularidades, mediante un trato cercano e a oferta de variedade de servizos cuns
prezos competitivos e financiación flexible.

Para acadar a nosa misión, en Compostela Dixital Consulting nos esforzamos por tentar
acadar un servizo técnico cualificado mediante o noso persoal.

Obxectivos que pretendemos

Obxectivos de CD Consulting
Obxectivo xeral:
- Ofrecer servizos e solucións tecnolóxicas a negocios do casco histórico de Santiago
de Compostela
Obxectivos cuantitativos:
- Fidelización de 5-6 empresas da zona vella no primeiro ano.
Obxectivos cualitativos:
- Fidelización de clientes mediante un asesoramento e atención personalizada por parte
do noso persoal altamente cualificado.
- Optimización da relación calidade-prezo, isto é ofrecer prezos competitivos mantendo
a calidade no servizo.
- Ser unha empresa recoñecida e seleccionada como “socio tecnolóxico” dos/as clientes
pola calidade das propostas e o estrito cumprimento dos compromisos asumidos.
Estudo de mercado e Plan de Marketing 9

- Desenvolvemento coidadoso dos nosos recursos humanos para asegurar unha


cultura institucional baseada na ética, innovación e búsqueda continua da
excelencia, facendo de estas as bases para un crecemento sostible que asegure o
futuro do noso negocio.
Estudo de mercado e Plan de Marketing 10

3. Estratexias do Marketing Mix

O produto
• Descrición dos tres niveles de deseño do produto:
Básico
Real: Deseño, calidade, marca, logo, envase, etiquetaxe. Se o que ofreces é un servizo, substitúe os apartados
referidos ao envase por todo o que ten que ver coa presentación do servizo: decoración, uniformes, etc..
Aumentado: Servizos de apoio e vantaxes asociadas ao consumo
• Etapa do ciclo de vida na que se atopa o produto e estratexia a seguir.

Entre os servizos que ofrecemos destacan:

- Deseño, desenvolvemento e mantemento de páxinas webs tanto para particulares


como para empresas/negocios.
- Deseño de plans de márketing e posicionamento en redes sociais, tanto para
particulares como para empresas/negocios.
- Asistencia técnica de aplicacións, webs e distintos aspectos software.
- Asesoramento e atención personalizada aos clientes así como elaboración de
presupostos adaptados ás necesidades que demanden.
- Desenvolvemento dunha aplicación na rede, que será dedicada para aqueles clientes
que non poden achegarse ao noso local. Mediante esta aplicación eles poderán
enviar as súas propias ideas e tamén terán un catálogo informativo dos nosos
servizos, prezos, ofertas especiais, descontos... coa idea de que todos os nosos
clientes estean informados día a día sobre todos os nosos servizos.

O noso local contará cunha recepción en tonos branco, violeta e azul, inspirados no logo de
CD Consulting:

Este logo tamén formará parte do uniforme dos traballadores, que consistirá nunhas
camisetas e sudaderas (de cores branco ou negro).

É moi importante que a recepción estea ben iluminada, para o que escollimos o uso de
bandas LED ao longo de teito e noutros sitios estratéxicos. O deseño e a decoración será de
tipo futurista.
Estudo de mercado e Plan de Marketing 11

Contaremos con dúas salas na parte traseiras, unha de traballo (equipada con ordenadores,
teléfonos e demais ferramentas para desenvolver a nosa actividade) e unha sala de reunións,
onde poder recibir aos nosos clientes e manter conversas e negociacións dun xeito privado e
cómodo.

Para prestar un servizo de calidade e que se adapte ás necesidades do cliente, é necesario


analizar a empresa, a súa imaxe, os seus obxectivos, o seu grao de posicionamento… co fin
de acadar una integración dos aspectos tecnolóxicos e os corporativos. Para isto, é
fundamental manter unha boa comunicación co cliente, buscando que sempre forme parte
do proceso de prestación dos nosos servizos.

Ciclo de vida do servizo:


O ciclo de vida dun productor/servizo descríbese a través da evolución das ventas e os
beneficios dende o lanzamento do produto ata a súa retirada. En cada etapa varían os
resultados e as actuacións da competencia polo que deben empregarse estratexias de
márketing diferentes. Compostela Dixital Consulting debe darse a coñecer no mercado polo
que estamos aínda e fase de lanzamento.

E de suma importancia para nos contar cos recursos precisos para actualizar os nosos
servizos no caso de que os cambios na contorna o requiran.

O prezo
Aínda que de momento non tes información respecto a os teus custos si que podes fixarche unha estratexia para
seguir (revisa o documento sobre os distintos métodos de establecemento de prezos). Investiga os prezos da
competencia para telos como referencia. Xustifica a túa resposta.

O prezo non é so a suma de cartos que se paga por un servizo, tamén inflúe a cantidade de
tempo empregada para implantalo. Somos conscientes de que o prezo ten un alto impacto
sobre un servizo, pois un prezo alto e sinónimo, moitas veces, de calidade, mentres que un
prezo baixo do contrario. O prezo tamén impactará os ingresos e beneficios da nosa
empresa.
As decisións tomadas acerca dos prezos abarcan as seguintes estratexias:
- Analizar os prezos que oferta a competencia por servizos similares aos nosos. Posto
que CD Consulting é unha empresa de recente creación, é preciso chamar á atención
do cliente e gañarse a súa confianza. Para isto, os nosos prezos estarán un pouco por
debaixo da competencia.
- Análise do tempo invertido para cada servizo, xa que o coste de cada servizo verase
influenciado por este factor.
Estudo de mercado e Plan de Marketing 12

Distribución
Selecciona as canles de distribución e o tipo de distribución que vas realizar (intensiva, selectiva ou exclusiva). É
importante tamén que definas a localización, especialmente se se trata dun servizo. Se te animas podes incluír un
mapa coa localización da túa empresa. Razoa todas as túas decisións.

A distribución ten como obxectivo por os produtos/servizos á disposición do mercado. Para


escoller a distribución tivemos en conta non son aspectos económicos senón tamén o grao
de control do mercado así como a capacidade de adaptación da contorna aos cambios.

- Canles de distribución: Compostela Dixital Consulting suministrará o servizo


directamente ao cliente, sen pasar por intermediarios. Trátase dunha distribución
directa que nos servirá para controlar o correcto funcionamento e adaptamento do
servizo ,así como de posibles seguimentos e actualizacións ao longo do tempo.
Para que os nosos servizos cheguen aos clientes contamos cos nosos
traballadores/promotores, que son persoas cualificadas para o asesoramento e
manexo dos nosos servizos. Para poder desplazarnos, contaremos cun vehículo de
empresa aínda que a nosa prioridade principal e dar cobertura á zona vella de
Santiago, para a cal non precisamos ningún medio de transporte.

A localización de CD Consulting será nun local ubicado na Rúa das Orfas. Trátase dunha
rúa exclusivamente peatonal que conta cun tránsito de persoas moi abundante e cunha gran
presenza de negocios e empresas de todo tipo. Atopáse nunha zona céntrica da cidade e
preto dela existen numerosos párkings que poden ser de interés para aqueles traballadores
que non vivan en Santiago.

Empresas que forman parte da nosa competencia adoitan ubicarse en zonas periféricas da
cidade, así como en polígonos comerciais, polo que situarnos preto do noso target é
importante para destacarnos.

O coñecemento da contorna por parte dos promotores facilitará o acceso aos clientes.
Estudo de mercado e Plan de Marketing 13

Comunicación
Revisa as dúas presentacións que se inclúen este epígrafe da unidade de traballo. Tes que: Identificar a audiencia
obxectivo, os obxectivos da campaña, a mensaxe, os medios ou canles e as ferramentas. Á hora de seleccionar os
medios ten en conta tanto o teu ámbito xeográfico como os costumes dos teus clientes.

Tomando en conta as características dos nosos servizos, de target group, do mercado e da


competencia, concluímos que a mellor promoción de venta é a persoal.

Dito isto, elaboramos un pequeno plan de comunicación:


Os nosos clientes poden coñecer a CD Consulting mediante

- a nosa páxina web,


- redes sociais,
- folletos enviados as súas empresas,
- mailing (correos electrónicos directos coas empresas),
- chamadas directas coas empresas e
- visitas.
Estudo de mercado e Plan de Marketing 14

Realizaremos tamén un catálogo dixital onde se describirán os nosos servizos e as súas


características, incluíndo tamén recomendacións sobre a utilidade e beneficios que poden
proporcionar. Este catálogo está pensado para ser enviado por email aos nosos clientes
potenciais e que estes podan curiosear e informarse sen ningún tipo de compromiso e sin ter
que desplazarse.

Aínda así, para CD Consulting, é fundamental a comunicación directa co cliente para poder
negociar con el, que nos expoña as súas ideas, necesidades e expectativas así como para
asesoralo acerca dos nosos servizos, de novas ofertas que lle podan interesar, de modo que
sexa quen de tomar a mellor opción de compra. O obxectivo é crear relacións estables e
duradeiras. Para isto, as portas do noso local sempre están abertas para recibir clientes e
reunirnos con eles, e tamén existe a vía telefónica e emails. Os nosos traballadores estarán
encantados de atender e resolver calquera dúbida ou cuestión.

Como promoción periódica realizaremos ofertas naqueles servizos máis solicitados ou que
resulten máis interesantes para os clientes co fin de que os adquiran xunto co servizo de
asistencia técnica.

Dito isto, cando un cliente ou potencial, acuda ás nosas instalacións ou se poña en contacto
con nos por calquera vía, será informado sobre ás tecnoloxías que se adapten mellor ao que
busca e necesita, indicándolle os beneficios que estas lle poden aportar. Realizarase
primeiro unha análise sobre os recursos dos que dispón a empresa, as súas necesidades e
por último elaborarase un presuposto personalizado.
Estudo de mercado e Plan de Marketing 15

4. Orzamento para estudo de mercado e plan de


marketing
Terás que investigar un pouco máis para resolver este apartado. Internet pódeche resultar de gran axuda.
Este orzamento refírese ao diñeiro que precisarás para desenvolver o estudo de mercado e o plan de marketing
previo, atá o día cero, xusto antes de abrir a actividade económica.

Estimar una cuantificación da inversión que precisamos para iniciar o estudo de mercado e
plan de márketing non é unha tarefa sinxela, pois non hai un prezo fixado que se axuste ás
necesidades de todas as empresas ou proxectos. O custe determínase en función dunha serie
de factores que van dende os obxectivos da empresa ata quen e como se fai a investigación
e plan.

Factores que inflúen no prezo dun estudio de mercado:


- Público a avaliar (target group)
- Metodoloxía empregada
- Duración do estudo
- Cantidade de participantes
- Incentivos que ofrezas.

Existen ademais diferentes tipos de análise de mercado que se poden levar a cabo. Cada un
obedece a un obxectivo distinto, polo que é importante que, antes de decidir que proxecto
emprender, se teña clara que información estase a buscar e con que finalidade, para poder
escoller a opción máis adecuada.

Tipos de análise de mercado:


- Análise PESTEL: Estuda a controna da empresa
- Análise da competencia
- Proba de produto
- Cuestionarios
- Entrevistas
- Estudo de comportamento do cliente
- Estudo de localización

Para CD Consulting, unha empresa en fase de lanzamento, consideramos unha boa opción
levar a cabo un estudo de mercado mediante entrevistas cara a cara. Isto permite coñecer
con mellor detalle que sinte o público respecto ao teu servizo. En promedio precísanse facer
entre 15 a 30 entrevistas. Este traballo vai moito máis aló de sentarse a conversar.
Necesítase identificar ás persoas, crear un cuestionario, levar cabo cada entrevista,
transcribir e analizar. En España, pódese esperar que o precio dun estudo de mercado desde
Estudo de mercado e Plan de Marketing 16

tipo oscile arredor dos 8.000€ dependendo do número de persoas a entrevistar.

Os plans de márketing poden ir desde os 1.900€ (si se trata dunha pyme) ata os 38.000€.
Posto que na nosa empresa vai adicarse en parte a iso, no contrataremos ningunha empresa
para a elaboración dun plan de márketing, polo menos durante o noso primeiro ano.

You might also like