You are on page 1of 4

PLAN DE MEDICIÓN

MARCA PERSOAL COMO


FOTÓGRAFA DOCUMENTAL

Análise de métricas e avaliación da


eficacia en medios sociais
Xiana Matos García
PLAN ESTRATÉXICO
INICIATIVA
O obxectivo é xerar un plan estratéxico de contidos para a marca persoal Xiana Matos García.
Fotógrafa documental especializada en reportaxe e streetphotography. O intención é
constituírse como freelance xerando reportaxes de temática diversa (social, informativa,
cultural...) para transmitir historias e realidades a través da imaxe; onde a honestidade, a
veracidade, a ética e a calidade dos traballos conforman os pilares centrais.

MERCADO
O mercado fotográfico sufriu nas últimas décadas (sobre todo dende a chegada de Internet e
as plataformas dixitais) unha profunda transformación. Actualmente a sociedade fai un
consumo moi elevado de produtos visuais e as citadas plataformas conforman grandes
oportunidades para os distintos fotógrafos, sobre todo en canto a visibilidade.

A pesar de todo isto, a situación laboral actual é moi precaria. Está marcada pola forte
inestabilidade e o intrusismo e en canto as previsións de futuro atopamos moita incertidume.
Segundo un estudo da asociación Canon do ano 2019, o 37% dos fotógrafos españois creen
que haberá unha mellora considerable dentro do mercado mentres que o 32% afirman que o
fotoperiodismo seguirá en declive.

Por outro lado, a competencia é moi elevada polo que para conseguir facerse un oco no
mercado é necesario destacar como profesional nalgún aspecto.

COMPETENCIA
Para poder realizar unha estratexia dixital funcional e coherente é necesario coñecer a cal é a
competencia coa que conta a marca actualmente. Os principais competidores próximos son os
seguintes:

COMPETIDORES CERCANOS
Felipe Carnotto Fotógrafo documental e de marca @felipecarnottophoto

Ramón Fotógrafo documetal, DOP e


@ramonmartinezcabada
Martínez postprodución
Yovanna Otero Fotógrafa de street e paisaxe @fotorevoltallo
Tania Ríos Fotógrafa e produtora @osnapitzphoto

PÚBLICOS
Para conseguir desenvolver a misión planeada no presente documento da forma máis eficaz,
se identificaron e definiron os públicos obxectivos ós que dirixirse coas diferentes accións.

O público xenérico ó que nos orientaremos dende as distintas plataformas serán usuarios de
entre 17 e 55 anos. Así, dentro dos mesmos o público obxectivo estará composto por:
1. Redactores e editores xefe e reporteiros de medios de comunicación que teñan capacidade
de decisión á hora de comprar/contratar imaxes ou fotorreportaxes.

2. Homes e mulleres de entre 17 e 50 anos que residan en núcleos urbanos máis ou menos
grandes e que se preocupen polo mundo que os rodea. Estes serán activos en redes sociais e
consumidores de medios de comunicación. Ademais, terán marcados intereses culturais e
artísticos. Así, dos mesmos, se fixo unha segmentación máis precisa para poder xerar accións
máis afíns ós seus gustos segundo a súa idade. Adultos novos (17-28) e adultos maiores (29-
50).

PLAN DE MEDICIÓN
OBXECTIVOS
Nestes momentos, a marca está nun momento iniciático, polo que os obxectivos actualmente
se centran na notoriedade e a consideración da mesma. Por isto se decidiu que, nun prazo de 6
meses, os obxectivos principais a cumprir serán:

 Aumentar a notoriedade da marca un 5%.


 Aumentar 200 seguidores en Instagram, TikTok e LinKedIn.
 Aumentar un 5% o tráfico do sitio web.
 Aumentar un 5% o tráfico no blog.
 Conseguir que os contidos de Instagram sexan compartidos, polo menos, 4 veces.
 Conseguir vender unha publicación ou reportaxe a un medio/plataforma (físico ou dixital).

KPI´S
En relación cos obxectivos citados os KPI´s escollidos serán:

OBXECTIVOS KPI´S
Notoriedade Mencións
Impresións
Comentarios
Me gustas
Visualizacións
Consideración Visitas
Seguidores
Sesións
Tráfico
Taxa de rebote

DATOS DE PARTIDA
Actualmente contamos con un sitio web propio, unha conta de Instagram, unha de TikTok e
outra en LinKedin. Todas se atopan activas a excepción de TikTok na que aínda non hai ningún
contido compartido.
INSTAGRAM:

SEGUIDORES 246
PUBLICACIÓNS 41
ENGAGEMENT RATE (última publicación) 30.9%
2 veces por semana, aínda que dunha
FRECUENCIA DE PUBLICACIÓN
forma moi irregular.

LINKEDIN:

CONTACTOS 112
PUBLICACIÓNS 12
ENGAGEMENT RATE (última publicación) 3.23%
2 veces por semana, aínda que dunha
FRECUENCIA DE PUBLICACIÓN
forma moi irregular.

TIK TOK E SITIO WEB


Nestas dúas plataformas non hai datos que destacar de momento xa que, aínda que xa están
creadas, non contan con contido.

DATOS OBXECTIVOS
A partir dos datos cos que contamos actualmente, e

 Conseguir unha comunidade de seguidores sólida e activa en redes que interactúe cos
meus contidos.
 Chegar a 446 seguidores en Instagram, 200 seguidores en TikTok e 212 contactos en
LinKedin.
 Comezar a xerar tráfico tanto na web como en Tik Tok, xa que actualmente aínda non
están en funcionamento.
 Conseguir un engagement rate (total) en Instagram do 3%.
 Conseguir un engagement rate (total) en TikTok do 2%.
 Conseguir posicionar o noso nome dentro do sector e que comece a ter recoñecemento.

You might also like