You are on page 1of 6

Concepto de mercado: Son os actos de compravenda de produtos ou servizos que se

producen entre as persoas e organizacións sen que sexa precisa unha referencia espacial
concreta.
Segundo o número de oferentes e demandantes distinguimos entre:
Competencia perfecta: Tipo de mercado no que participan un elevado número de
compradores e vendedores de un mesmo ben homoxéneo, que dispoñen dunha información
perfecta, e no que nin compradores nin vendedores teñen capacidade para influír nos
prezos. Monopolio: Tipo de mercado no que hai un único vendedor e moitos compradores
de xeito que o primeiro ten capacidade para influír no prezo ou nas cantidades a distribuír.
Monopsonio: Tipo de mercado no que hai un só comprador e moitos vendedores e polo
tanto o primeiro pode influír na cantidade a producir e no prezo de venda. Oligopolio: Tipo
de mercado no que hai un gran número de compradores e un número reducido de
vendedores, que desta forma poden influír sobre o prezo. Oligopsonio: Tipo de mercado no
que hai un gran número de vendedores pero un grupo reducido de compradores.
Competencia monopolística: Tipo de mercado no que hai moitos oferentes e
demandantes, pero cada produtor vende un ben percibido como diferente do que venden os
seus competidores

Segmentación de mercados: É o proceso de división dos mercados en grupos de clientes


de características similares, isto permite acceder a todo tipo de consumidores adecuando o
produto ós seus desexos, necesidades e características.

Segmentación xeográfica: diferencia ós consumidores segundo a súa rexión, país,


localidade, área rural ou urbana… Ex.: automóbiles “todoterreno” para zonas rurais, roupa
para zonas cálidas ou frías, etc. Segmentación demográfica: baséase en criterios como a
idade (libros infantís e para adultos, roupa de nenos e de adultos, etc.); xénero (colonia de
home ou de muller, roupa de home ou de muller…); tamaño e tipo de familia (bebidas en
envase familiar ou individual, coches familiares, etc.). Segmentación socioeconómica:
tómase como referencia o nivel de ingresos (roupa de marca, xoias ou quincalla,
automóbiles utilitarios ou de luxo…); a profesión (libros especializados, roupa para
profesionais…); o nivel de estudos (libros e revistas especializados, obras de literatura ou
best sellers…). Segmentación psicográfica: identifícase ás persoas segundo os seus
estilos de vida, comportamentos, actitudes, valores… Ex.: roupa para “pijos”, “góticos”,
“macarras”, etc.
Estratexias de segmentación:

Estratexia indiferenciada: A empresa non segmenta o mercado, vende o mesmo produto


para todos os clientes. Estratexia diferenciada: A empresa segmenta o mercado
ofrecendo un produto diferenciado para diferentes segmentos de clientes. Estratexia
concentrada: A empresa produce e vende para un único segmento de clientes, como por
exemplo as empresas de roupa de luxo.

Marketing Mix: Técnica de comercialización e distribución dun produto que combina a


análise e toma de decisións respecto ó seu prezo, á praza ou punto de venda, ó propio
produto e á promoción, por eso se lle chama tamén “as catro pes”.
6.2. Políticas do marketing-mix 6.2.1. Política de produto
A. Concepto de produto: Un produto é todo aquilo que se poida ofrecer no mercado para
que sexa adquirido ou utilizado co fin de satisfacer unha necesidade. Denóminase gama ou
carteira de produtos ó conxunto de produtos comercializados por unha empresa.
Denomínase liña de produtos a un grupo de produtos relacionados entre si ou con
características homoxéneas (cosméticos, xoiaría). O número concreto de liñas recibe o
nome de amplitude da gama.
B. O ciclo de vida do produto: É o tempo que está un produto no mercado. Vai dende a
súa introdución ata que desaparece. O ciclo de vida do produto consta das seguintes fases:
Fase de lanzamento: É o momento de aparición do produto no mercado. Nesta etapa a
empresa ten poucos competidores, as vendas son reducidas e hai que facer un importante
esforzo de promoción. Os custos de produción son altos así como o prezo de venda do
produto. Os beneficios son reducidos. Fase de crecemento: Nesta etapa o produto vai
sendo coñecido e empezan a medrar as vendas. Aparece competencia. Redúcense os
custos de produción e aumentan os beneficios. Empézase a segmentar o mercado. Os
gastos en promoción e publicidade seguen sendo altos. Fase de madurez: É maior a
competencia. As vendas, custos e beneficios estabilízanse. É necesario buscar novos
mercados nos que vender o produto e novos segmentos de clientes. Fase de declive:
Baixan as vendas. Aparecen novos produtos ou produtos substitutivos. Diminúe a
competencia. Aumentan os custos e diminúen os beneficios. É necesario pasar a fabricar
outro produto ou vender o mesmo no estranxeiro.
C. A creación de novos produtos: A creación de novos produtos supón a realización dun
investimento que pode ser analizado como tal. A rendibilidade esperada deberá ser maior
que o custo da súa financiación e, entre os novos produtos alternativos que cumpran tal
condición, darase preferencia, en principio, a aqueles que teñan maiores rendibilidades
internas ou valores actuais netos. As posibilidades que se lle ofrecen á empresa son:
diversificar, que consiste en introducir novos produtos en novos mercados; penetración no
mercado o que supón aumentar a participación da empresa no mercado actual cos produtos
actuais; desenvolvemento do mercado, consiste en introducir os produtos actuais da
empresa en novos mercados, e desenvolvemento do produto polo que se ofrecen novos
produtos nos mercados actuais.
D. A identificación do produto: Pódese facer a través da marca, do envase e da etiqueta.
A marca é o nome que permite diferenciar uns produtos doutros e vai asociada a un
logotipo ou anagrama que é a parte da marca que non se pode pronunciar. A marca
rexistrada quere decir que está legalmente protexida e non pode ser usada máis que polo
seu propietario. Unha empresa pode seguir diferentes estratexias de marca:
Marca Unica:A empresa asígnalle a mesma marca a todos os seus produtos Ex: Mercedes
Marcas múltiples:A empresa asígnalle marcas diferentes ós seus produtos. Ex.: Coca-Cola
Marcas brancas: Son marcas creadas polos distribuidores e non polos fabricantes do
produto. Ex.: Carrefour
Alianzas de marca: Nalgunhas ocasións empresas diferentes asó- cianse para a
fabricación e a comercialización dun determinado produto. Ex.: a marca Nestea é froito
dunha alianza entre Nestlé e Coca-Cola.
O envase ten diferentes funcións: protexe o produto, proporciona información sobre o
mesmo, diferénciao da competencia, facilita o seu uso e é foco de atracción para certos
bens en que case ten máis importancia que o propio produto.
A etiqueta é un elemento que diferencia uns produtos doutros ademais de proporcionar
información sobre os mesmos.
Os ingresos obtidos polos entes públicos catalóganse en dous grandes grupos:
fiscais ou tributarios e non fiscais ou extratributarios. Os tributos son ingresos de
Dereito público, é dicir, que poden ser exixidos obrigatoriamente polos entes públicos
debido ó poder especial que teñen fronte ó administrado, por dipoñelo así unha lei votada
polos órganos representativos da soberanía popular. Á súa vez, os tributos clasifícanse en
impostos, taxas e contribucións especiais. Os impostos son tributos exixibles sen
ningunha contraprestación, xa que non existe relación entre a cantidade pagada e o uso
que se faga dos servizos financiados con impostos. A maior parte dos ingresos obtidos
polos entes públicos proveñen dos impostos. Ex.: IRPF, IS, IVE, etc. As taxas son tributos
que se exixen a cambio da prestación de servizos por parte dos entes públicos ós
beneficiarios deses servizos. Por exemplo, as taxas académicas, pola expedición do DNI…

As contribucións especiais son os tributos que o contribuínte ten que pagar ó beneficiarse
de obras e servizos prestados polo Estado, como por exemplo a apertura de rúas e prazas.
Pola súa parte, os impostos clasifícanse, segundo o que gravan, en directos e
indirectos, e segundo o tipo impositivo, en proporcionais e progresivos. Os impostos
directos son tributos que recaen sobre o patrimonio e as rendas xeradas polos
contribuíntes. Son impostos nominativos que deben pagar cada cidadán atendendo ás
súas circunstancias especiais. Exs.: IRPF, IS, etc. Os impostos indirectos son tributos que
gravan o consumo de bens e servizos, con independencia das circunstancias persoais do
suxeito. Ex.: IVE. Dentro dos impostos directos atópanse dous tipos: Impostos reais
ou de produto: son tributos que se aplican sobre rendas, produtos ou elementos
patrimonias, e cuxo gravamen depende das características deses bens e non do titular dos
mesmos. Ex.: IBI. Impostos persoais: son tributos que se aplican sobre rendas ou
patrimonios pertencentes a persoas físicas ou xurídicas, e cuxo gravame está graduado en
función da capacidade de pago das mesmas. Ex.: IRPF. Os impostos proporcionais son
tributos que teñen un tipo de gravame ou tipo impositivo constante e non teñen en conta o
nivel de riqueza do suxeito ou o volume de ingresos. Exs.: IVE, IS, etc. Os impostos
progresivos son tributos que teñen un tipo de gravame ou tipo impositivo progresivo, é
dicir, que gravan en maior proporción ós contribuíntes que teñen un nivel máis alto de
ingresos ou de patrimonio, polo tanto quen ten máis riqueza paga máis. Ex.: IRPF. Os
ingresos non fiscais ou extratributarios son ingresos que ten o Estado pero que non
proceden dos tributos. Son os seguintes: Ingresos patrimoniais: están constituídos polas
rendas xeradas polos bens patrimoniais do Estado e que se ingresan no Tesouro Público.
Por exemplo os dividendos das empresas públicas. Transferencias correntes: son as
cantidades que a Administración Xeral do Estado recibe doutras entidades, como por
exemplo os ingresos xerados polas loterías. Ingresos por enaxenacións de
investimentos reais: son os ingresos obtidos polas vendas de bens patrimoniais do
Estado, como por exemplo, a venda de empresas públicas. Ingresos por transferencias
de capital: son os ingresos que veñen dos fondos estruturais da UE para que a
Administración desenvolva proxectos de investimento.
Conceptos tributarios basicos:
Suxeitos tributarios: Son dous, o suxeito activo e o suxeito pasivo. O suxeito activo é que
ten dereito a cobrar o tributo: Estado, CC. AA e Concellos. O suxeito pasivo é quen ten
que pagar o tributo: unha persoa física ou unha persoa xurídica. Cando o suxeito pasivo
actúa por sí mesmo chámaselle contribuínte e cando no nome do contribuínte actúa un
sustituto seu, denomínaselle representante.
Feito impoñible: É a razón pola que o suxeito pasivo debe tributar á Facenda Pública. Así
por exemplo, o feito impoñible do IRPF é ter unha renda.
Base impoñible: É a cuantificación e valoración do feito impoñible conforme ás normas e
métodos que a lei estableza para cada tributo.
Base liquidable: É o resultado de restar á base impoñible as cantidades que a lei permita
deducir. Se a lei non permite deducións a base impoñible e liquidable coinciden.
Tipo de gravame ou tipo impositivo: É a porcentaxe que se aplica sobre a base liquidable
ou a impoñible, resultando desta forma a cota tributaria. O tipo de gravame pode ser
proporcional ou fixo, de xeito que a porcentaxe que se aplica non varía en función da base
impoñible ou liquidable.
Cota tributaria: É o resultado de aplicar á base impoñible ou liquidable o tipo impositivo,
sería o que habería que pagar a Facenda se non hai recargos ou deducións.
Débeda tributaria: É a cantidade que finalmente hai que pagar a Facenda tras sumar ou
restar á cota tributaria as bonificacións ou recargos establecidos pola normativa de cada
tributo.
Domicilio fiscal: Para as persoas físicas é o seu domicilio habitual e para as xurídicas é o
domicilio social.
Período impositivo: É o período de tempo polo que hai que tributar, así para o IRPF é por
un ano. Período de devengo: É o momento no que hai que pagar o tributo, así para o IRPF
é entre maio e xullo.
Contribuínte: É a persoa física ou xurídica que paga os tributos ó Estado.
O IVE é un tributo indirecto e de tipo impositivo fixo que recae sobre o consumo. Aplícase
no territorio peninsular español e nas Illas Baleares
O feito impoñible son as entregas de bens e prestacións de servizos feitas por
empresarios e profesionais, as entradas de bens procedentes da UE e doutros países.
O suxeito pasivo son as empresas e profesionais que teñen a obrigación de ingresar en
Facenda o IVE; nas importacións o suxeito pasivo é o importador. No caso do IVE o suxeito
pasivo actúa como representante do contribuínte que é o consumidor final do ben ou servizo
sen que poida deducilo.
O suxeito activo é Facenda; o ámbito de xestión deste imposto é estatal.
A base impoñible é o valor do ben ou servizo comprado ó que se lle sumarán outros
gastos, como transporte, seguros, comisións, embalaxe, etc, e se lle descontarán as
rebaixas ou descontos feitos.
O tipo impositivo do IVE é fixo ou proporcional e hai tres tipos: • Tipo impositivo xeral
do 21 % que se aplica á maioría dos bens e servizos. • Tipo impositivo reducido do 10 %
que se aplica a determinados bens e servizos. • Tipo impositivo moi reducido do 4 % que se
aplica ós seguintes bens: alimentos de primeira necesidade, medicamentos, libros,
periódicos, revistas, prótesis e vehículos especiais para minusválidos, vivendas de
protección oficial.
IVE repercutido é o que percibe a empresa dos seus clientes polos bens vendidos ou
servizos prestados no mercado interior. O IVE soportado é o que paga a empresa ós seus
provedores polas compras que lles fai.
A dirección dos recursos humanos, DRRHH, é a función que realiza o departamento de
RR. HH. que se encarga do proceso de selección, formación, desenvolvemento e
consecución do número de persoas cualificadas necesario para conseguir os obxectivos da
organización; inclúense tamén nese proceso as actividades precisas para conseguir a
máxima satisfacción e eficiencia dos traballadores. O obxectivo da dirección de recursos
humanos é mellorar a contribución produtiva dos recursos humanos á empresa. Para
acadar eses obxectivos, a DRRHH ocúpase de obter, desenvolver, utilizar, avaliar, manter e
reter a cantidade e calidade de recursos humanos que a organización precisa. As funcións
que desempeña este departamento son cada vez maiores:Selección e contratación do
persoal que precisa a empresa. ➢ Xestión administrativa: nóminas, horarios, licencias,
períodos vacacionais… ➢ Formación dos traballadores. ➢ Avaliación do rendemento
laboral. ➢ Xestión de conflitos laborais. ➢ Plans de motivación dos traballadores. ➢ Vixiar
polo respecto á normativa laboral e mantemento dos valores da empresa. ➢ Comunicación

As habilidades duras: son os coñecementos e capacidades adquiridas ó longo da


formación académica e profesional polo traballador. Obtéñense coa formación reglada e coa
experiencia laboral e mellóranse e amplíanse coa formación profesional continuada.
As habilidades brandas son habilidades persoais que permiten á persoa interactuar de
maneira efectiva cos demáis. Son habilidades brandas a capacidade de negociación, a
creatividade, o dinamismo, a empatía …As habilidades brandas son máis importantes que
as duras xa que son máis difíciles de ensinar e aprender. Estas identifican o comportamento
e as cualidades persoais que permiten prosperar no lugar de traballo.

O contrato de traballo é un acordo entre un empresario e un traballador, mediante o que


este se compromete a prestar os seus servizos de forma persoal e continuada, baixo a
dirección de aquel, a cambio de recibir periodicamente unha remuneración, aténdose
ambos os dous ás normas vixentes en cada momento. Algúns contratos teñen un período
de proba que deberá estar establecido no convenio colectivo correspondente, e que en
ningún caso poderá ser superior ós seis meses para os técnicos titulados e de dous meses
para o resto dos traballadores.Elementos para que sexa válido:consentimento, obxecto e
causa.
CONTRATOS INDEFINIDOS: Son contratos nos que non se especifica a data de
finalización da prestación dos servizos. Poden formalizarse verbalmente ou por escrito.
CONTRATO INDEFINIDO PARA O FOMENTO DO EMPREGO:É un tipo de contrato que
ten por obxecto facilitar a colocación de persoas desempregadas con dificultades de
inserción laboral, ou suxeitas a contratos temporais.
CONTRATOS FORMATIVOS: Son contratos que teñen como finalidade a inserción no
mundo laboral de persoas sen experiencia, con titulación académica ou sen ela. Hai dous
tipos: contrato para a formación e contrato en prácticas.
- Contrato para a formación: É un tipo de contrato que ten por finalidade a formación
teórica dunha persoa para desempeñar un oficio. Os requisitos que se exixen son: ser maior
de 16 anos e menor de 21, non ter titulación, non estar contratado antes polo tempo máximo
de duración deste contrato (dous anos), non ter traballado na mesma empresa nun traballo
da mesma cualificación por tempo superior a doce meses. A duración deste contrato vai de
seis meses a un máximo de dous anos. Téñense que facer por escrito e en modelo oficial.
- Contrato en prácticas: Ten como finalidade formar profesionalmente ó traballador. Este
tipo de contrato permite a contratación de traballadores que non teñen a experiencia
necesaria para ocupar o posto, pero sí teñen os coñecementos teóricos.
Os requisitos que se exixen para formalizalos son: ter unha titulación de grao medio ou
superior con recoñecemento oficial; ter rematado os estudios nos catros últimos anos
anteriores á contratación e non estar contratado anteriormente en prácticas para a mesma
titulación polo tempo máximo de duración deste contrato (dous anos). A duración mínima é
de seis meses e a máxima, dous anos. Téñense que formalizar por escrito e en modelo
oficial.
CONTRATOS TEMPORAIS CAUSAIS: Son contratos de traballo nos que se especifica a
data de finalización do mesmo. Hai os seguintes tipos:
Contrato temporal para a realización dunha obra ou servizo: Son contratos que teñen
como finalidade a realización dunha obra ou servizo determinado, dentro da empresa, pero
independente da mesma. Ex:campaña publicitaria
- Contrato eventual por circunstancias da produción: Teñen por finalidade poder
contratar máis persoal cando aumenta a produción da empresa, de forma temporal, por
circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos. Ex.: contratación
de máis persoal nos grandes almacéns durante a campaña de Nadal.
- Contrato para o lanzamento dunha nova actividade: Son contratos que poden facer as
empresas de novo establecemento ou aquelas que amplíen a súa actividade, lanzando
unha nova liña de produción, abrindo novos centros de traballo, etc. A súa duración será de
seis meses a tres anos.
- Contrato de interinidade: Son contratos de traballo que teñen por finalidade substituír a
traballadores que teñen dereito a que o seu posto de traballo sexa reservado ou para cubrir
de forma temporal un posto de traballo durante un proceso de selección de persoal. Poden
ser verbais ou por escrito. Duran o tempo que o traballador substituído estea fóra da
empresa. Ex.: para substituír a un traballador que estea de baixa.

CONTRATOS DE TRABALLO A TEMPO PARCIAL: Son contratos polos que o traballador


presta os seus servizos durante un número de horas ó día, semana, mes ou ano inferior á
xornada de traballo dun traballador a tempo completo. Hai os seguintes tipos:
- Contrato a tempo parcial: Tipo de contrato polo que o traballador ten unha xornada de
traballo inferior á dos traballadores a tempo completo. Poden ser de duración indefinida ou
temporal. Fanse por escrito e en modelo oficial.
- Contrato a tempo parcial de traballadores fixos discontinuos: Tipo de contrato que se
fai a traballadores fixos da empresa pero que realizan o seu traballo de forma discontinua.
Ex.: equipos de mantemento da instalación, equipos de limpeza, recolección de produtos
agrarios, etc.
- Contrato de relevo: Tipo de contrato que se utiliza para cubrir a parte da xornada que
deixa libre un traballador xubilado parcialmente por anticipado. Duran o tempo que falte
para que o traballador xubilado parcialmente o estea de forma definitiva.

A SUSPENSIÓN DO CONTRATO DE TRABALLO


Concepto: É o cese dos efectos do contrato durante un período de tempo, volvendo á
normalidade cando desaparecen as causas que motivaron a suspensión.
Causas: A lei distingue ata trece causas que poden provocar a suspensión, que serían o
mutuo acordo das partes, as causas que se acorden no contrato, a incapacidade temporal
dos traballadodres, a maternidade, o cumprimento do servizo militar ou da prestación social
substitutoria, o exercicio de cargo público representativo, a privación de liberdade do
traballador mentras non haxa sentencia condenatoria, a suspensión de soldo e emprego por
razóns disciplinarias, por forza maior temporal, por causas económicas…

You might also like