You are on page 1of 4

PROXECTO DE PAÍS

O proxecto desta avaliación consiste na creación dun partido político co seu programa,
mitin e propaganda electoral. Neste documento explícanse as pautas para realizar o programa
político de maneira axeitada. Antes de nada lembra: a linguaxe da calquera programa político debe
ser formal e expresar seriedade e convicción.

Primeira parte: sistema de goberno (Tema 7)


Nos primeiros parágrafos tedes que facer unha presentación do voso proxecto, sinalando o
nome do partido e unha síntese que resuma cal sería a vosa proposta para o país que imos crear.
A continuación escolleredes cal é a forma de goberno que propón o voso partido,
defendéndoa mediante argumentos. Para elo é preciso que sigades a seguinte orde:
 Réxime democrático ou tiránico.
 Monarquía ou república.
 Tipo e grado de nacionalismo.
 Modelo de estado unitario ou federal.
 Centralismo ou Estado descentralizado.
 Que relacións mantén cons distintos movementos sociais.
É importante que afondedes nos temas e non teñades medo de ser orixinais. O ideal e que
máis aló de explicar e defender as características da monarquía, por exemplo, especifiquedes como
funciona a vosa monarquía. A orixinalidade tamén é importante: !atrevédevos a propoñer
solucións novas que se salgan dos parámetros dados!
Segunda parte: problemas actuais (xornais e investigación)
No segundo apartado o voso partido deberá aportar o seu punto de vista e as súas solucións a
unha serie de situacións actuais do país:
 Problemática da vivenda (prezo dos alugueres, problemática dos desahucios).
 Transición ecolóxica (enerxías renovables, reciclaxe, cambio climático, parques naturais).
 As pensións (conxelación das pensións, recortes, beneficiarios).
 O paro (índices de paro e paro xuvenil, inestabilidade laboral).
 As migracións (dereitos humanos, dereito de asilo, os CIEs, refuxiados).
 Movemento feminista e LGBTIQ+ (novas leis, dereitos, educación).
 Nacionalismo español e independentismo (problemas de convivencia, modelo de Estado).

Para informarnos sobre estes temas e formarnos unha opinión fundamentada sobre eles
utilizaremos xornais e outros medios de comunicación seguindo as pautas aportadas polo profesor.
Terceira parte: sistema económico (Tema 8)
Nesta terceira parte explicaredes como debería funcionar para vos a economía no país. Por
iso tedes que explicar se o voso programa electoral ten as características do socialismo, do
capitalismo ou dun sistema mixto.
O ideal e que mesturedes aqueles elementos de cada un dos sistemas que vos parezan máis
razoables. Canto máis maticedes en que eidos ides a aplicar cada medida mellor. Tamén se valorará
a orixinalidade, facendo propostas económicas propias.
Cuarta parte: sectores económicos (Tema 8)

 Como queredes que sexa o sector primario no noso país?


◦ Para responder a esta cuestión en primeiro lugar debedes informarvos dos recursos
naturais e materias primas que posúe o territorio, e, utilizando os apuntes responder:
▪ Que sistemas agrarios e gandeiros vai a ter o país? Que produtos agrarios e
gandeiros importará e exportará de outros países? Xustificádeo.
▪ Como será a pesca no voso país? Que caladoiros utilizaredes? Xustificádeo.
▪ De que minerais dispoñedes? Teremos un importante sector mineiro no país ou
non? Xustificádeo.

 Como queredes que sexa o sector secundario no noso país?


◦ Para responder esta cuestión en primeiro lugar debes obter información sobre o tipo
de industria que posuía o país antes da catástrofe, e utilizando os apuntes responder:
▪ Que tipo de industria será a máis importante do voso país? Xustifica a túa resposta
(en base as materias primas, a cualificación, a rendibilidade, as infraestruturas...)
▪ Que política enerxética terá o voso partido? É dicir: por que fontes de enerxía
apostades? Xustificade a vosa resposta (en base ao rendemento económico, a
sostenibilidade ou a existencia de materias primas ou recursos naturais).

 Como queredes que sexa o sector terciario no noso país?


◦ Para poder responder esta cuestión en primeiro lugar infórmate de que tipo de turismo
pode darse no voso país e cales poden ser bos socios comerciais, e utilizando os
apuntes responde:
▪ Que tipo de turismo terá o voso país e en que partes do país estará situado?
▪ Que exportacións realizaremos a outros países? E importacións? Xustifica a partir
disto cales serán os nosos socios comerciais.
▪ Que servizos públicos ofreceremos? (Isto depende do apartado referido ao
socialismo e capitalismo).

You might also like